Serie 596 de Renfe

A Serie 596 de Renfe (TRDL) é unha familia de automotores rexionais diésel dun só coche dedicados a cubrir liñas de Media Distancia de Renfe Operadora.

Ourense 30-07-2008 02 596 592
Un automotor S-596 estacionado en Ourense-Empalme.

Poden acadar unha velocidade máxima de 120 km/h en tipo A e realizan servizos denominados Rexional e Rexional Exprés. Ás veces son alcumadas como Tamagochi ou Galindos polo seu pequeno tamaño[1]. Tamén se lles alcuma como Tamagochis pola continua atención que requiren.

Historia

O nacemento desta serie responde á baixa demanda das liñas que atendían os automotores da serie 593, o que levou a que RENFE adoptara a decisión de crear un tren máis pequeno e lixeiro. En lugar de crear un novo modelo, e dado que estaban destinados a substituír á serie 593, RENFE construíu a serie 596 reformando trens da 593.

Cada unidade da serie 593 estaba composto de tres coches: dous motores extremos e un remolque intermedio. A serie 596 está composta dos motores extremos, obténdose dúas novas unidades e refugando o remolque intermedio.

A maior transformación consistiu en engadir unha cabina a cada motor polo lado no que antes estaba o remolque intermedio. Debido á escasa fiabilidade dos seus predecesores, RENFE tamén introduciu melloras no sistema de transmisión, como o autómata que coordina e sincroniza todos os movementos que afectan a engrenaxes e embragues. Ademais, modificouse a sala de viaxeiros. Toda a reforma levou a cabo no TCR de Integria en Valladolid.[2]

RN596-001
As 6 primeiras unidades reformadas tiñan un frontal semellante aos camelos 593 pero sen porta.

Servizos

Os 596 realizaron principalmente servizos denominados Rexional e Rexional Exprés, en liñas de baixa demanda (Granada-Linares-Baeza, A Coruña-Ferrol, A Coruña-Monforte de Lemos, Madrid-Chamartín-Soria, Zamora-Pobra de Seabra...) ou como tren de reforzo en liñas de maior demanda (Lleida-Pobla de Segur, Murcia-Cartaxena, Sevilla-Santa Justa-Osuna,...).

Na maioría das liñas foron relevados por trens con maior capacidade, en ocasións máis da necesaria.[3][4] Posteriormente, moitos trens foron recuperados para volver prestar servizo, tanto en liñas de baixa ocupación como en novos servizos turísticos cunha decoración especial.[5]

Notas

  1. FFE, José Mariano Rodríguez -. "Material - Revista VÍA LIBRE - Fundación de los Ferrocarriles Españoles". vialibre.org (en castelán). Consultado o 2018-01-01.
  2. Casas, Juan Carlos (2006). "Trenes diesel 593-596" (PDF). www.docutren.com (en castelán). Vía Libre. Consultado o 01-01-2018.
  3. Europa Press (2009-11-24). "RENFE retirará desde mañana los trenes automotores 596 de la línea Zaragoza-Teruel-Valencia". europapress.es (en castelán). Consultado o 2018-01-01.
  4. "Servicios de los trenes 592, 593 y 596" (PDF). Vía Libre (en castelán). Consultado o 01-01-2018.
  5. "La nueva oferta de trenes turisticos de jornada de Renfe en Galicia". www.vialibre-ffe.com (en castelán). Consultado o 2018-01-01.
Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles máis coñecido pola contracción do seu nome: CAF, é unha empresa vasca con sede social en Beasain (Guipúscoa) que leva décadas a construír trens e material ferroviario para as redes de tranvía, ferrocarril metropolitano e suburbano, de medio e longo percorrido e de alta velocidade máis importantes do mundo.

Rexional Exprés

Os trens Rexional Exprés, pertencentes á Unidade de Negocio Media Distancia Renfe, son os encargados de comunicar de forma rápida os principais municipios de cada provincia coa capital provincial, autonómica ou estatal. A diferenza cos trens de Media Distancia marcados como Rexional estriba en que nestes últimos non existe a reserva de praza. Orixinalmente os Rexional Exprés caracterizábanse tamén por ter menos paradas, regra que xa non adoita cumprirse.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.