Serie 121 de Renfe

A serie 121 de Renfe ou AVR (Ancho Variable Rexional) é unha familia de trens automotores eléctricos de alta velocidade de largo variábel fabricados por CAF e Alstom. Realizan servizos denominados Avant, MD e Rexionais dentro da área de Media Distancia de Renfe Operadora, ademais de servizos Intercity.

Dispoñen de cambio de largo e poden operar con dúas tensións (3 kV cc e 25 kV ca). Teñen unha velocidade máxima de 250 km/h. Existe unha versión destinada a servizos de Longa Distancia, denominada serie 120.[1]

A Coruña station 2015 (3)
Tren da serie 121 de Renfe estacionado na Coruña.

Descrición

A serie foi deseñada posteriormente á versión de Longa Distancia, a serie 120, da que se diferencia en que todos os asentos dos 121 pertencen a unha única clase, e non existe cafetaría a bordo. A diferenza das primeiras unidades da serie 120, a 121 completa dispón do equipo eléctrico duplicado, condición de seguridade imprescindíbel para atravesar grandes túneles coma os de Guadarrama.

O sistema de tracción é distribuído, e os bogies son BRAVA (Bogie de Rodaxe de Ancho Variable). Pode cambiar de largo sen se deter en menos de 1 minuto. Os trens son bitensión, podendo circular por liñas de alta velocidade con ancho internacional a unha velocidade máxima de 250 km/h e por vías convencionais de ancho ibérico a 220 km/h. O cambio de ancho permítelle realizar servizos que discorren en parte por liñas de alta velocidade e en parte por liñas convencionais.

A serie 121, do mesmo xeito que a 120, é mantida por ACTREN mantemento ferroviario, sociedade conformada ao 51% por CAF e ao 49% por Renfe. Para o seu correcto mantemento e seguridade conta cun avanzado sistema de mantemento intelixente do seu bogie de ancho variable baseado en temperaturas e aceleracións correspondentes aos equipos e sistemas que compoñen os eixos e bogies do tren. O sistema de mantemento intelixente recibe o nome de ''A.Ou.R.A".[2] Actualmente é o sistema de mantemento automático intelixente máis avanzado no territorio español.[3]

Servizos

Nun primeiro momento foron destinados a prestar servizo como AVE Lanzadeira entre Madrid-Chamartín, Segovia-Guiomar e Valladolid-Campo Grande así como a realizar unha relación rexional transversal en Andalucía entre Xaén e Cádiz, usando a LAV Madrid-Sevilla entre o Cambio de ancho de Alcolea e o Cambio de ancho de Marajabique dando uso á súa función de largo variábel. Nestes momentos, utilízase en Galiza esta serie nas seguintes rutas:

Notas

  1. "TREN DE ALTA VELOCIDAD AVR S/121 RENFE". www.caf.net (en castelán). Consultado o 2018-01-04.
  2. "S-121". www.actren.es (en castelán). Consultado o 2018-01-04.
  3. "NEM Solutions, filial de CAF, trabaja en sistemas inteligentes de diagnosis y mantenimiento de trenes". www.vialibre-ffe.com (en castelán). Consultado o 2018-01-04.

Véxase tamén

Artigos relacionados

Ligazóns externas

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles máis coñecido pola contracción do seu nome: CAF, é unha empresa vasca con sede social en Beasain (Guipúscoa) que leva décadas a construír trens e material ferroviario para as redes de tranvía, ferrocarril metropolitano e suburbano, de medio e longo percorrido e de alta velocidade máis importantes do mundo.

Estación de Redondela AV

A estación de Redondela AV é unha estación de Adif na cidade de Redondela, pertencente ao Eixe atlántico de alta velocidade. Está situada no leste do núcleo urbano de Redondela, na confluencia entre a rúa dos Eidos e a estrada de Pazos.

Estación de Vigo-Urzáiz

A estación de Vigo-Urzáiz é unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo, constitúe unha das cabeceiras da liña 06-850 "Vigo-Urzáiz - Bifurcación de Arcade", integrada no Eixe atlántico de alta velocidade. Foi inaugurada oficialmente o 16 de abril de 2015 e dous días máis tarde abríu ao público.Está situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca da cidade, próxima á rúa Urzáiz (que da nome á terminal) e no mesmo lugar onde se atopaba a antiga estación de Vigo, derrubada en 2011 e substituída provisionalmente pola estación de Vigo-Guixar. Actualmente, Guixar concentra os servizos de Longa Distancia, Rexionais e internacionais; mentres que Urzáiz é punto de chegada e partida dos trens directos entre Coruña e Vigo.

Intercity, Renfe

Intercity é a denominación comercial dun produto ferroviario prestado por Renfe Operadora en España. Foi creado en 1980 e usado de forma ininterrompida ata o ano 2008. Nesta primeira etapa o servizo cubría esencialmente traxectos de longa distancia.

En xuño de 2012, tras unha paréntese de catro anos, Renfe decidiu recuperar a marca Intercity dándolle un carácter híbrido entre a media e a longa distancia. Os trens realizan traxectos que polo seu percorrido catalogaríanse dentro de Longa distancia pero con todo ofrecen tarifas para traxectos de curto ou medio percorrido que se igualan ás ofrecidas por trens de media distancia. O gran número de paradas que ofrecen os diferentes traxectos recalcan aínda máis o carácter de trens de Media Distancia.

Liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León

A liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León é unha liña de alta velocidade que se estende entre a estación de Valladolid-Campo Grande e a estación de León pasando pola estación de Palencia. Constitúe parte do ramal norte/noroeste do ferrocarril de alta velocidade de España e inaugurouse o 29 de setembro de 2015, estando operativa para viaxeiros desde o día seguinte.O trazado foi deseñado de acordo coas especificacións técnicas de interoperatibilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Cunha lonxitude total de 166,141 km e un novo trazado de 165,217 km (desde o cambiador clausurado de San Isidro, en Valladolid), consta de plataforma para vía dobre con ancho estándar (1435 mm), con tramos de vía dobre (80,967 km) e outros de vía única (84,250 km), e será apta para unha velocidade máxima de 350 km/h.

Con esta liña dáse continuidade á LAV Madrid-Segovia-Valladolid e fai posible as futuras conexións cara a Asturias, Cantabria e Euskadi.

Sistema europeo de xestión do tráfico ferroviario

O sistema europeo de xestión do tráfico ferroviario (ERTMS, siglas en inglés de European Rail Traffic Management System) un estándar europeo de seguridade do sector ferroviario.

O ERTMS ten dúas compoñentes:

O sistema europeo de control ferroviario (ETCS, European Train Control System), estándar para o control ferroviario.

O sistema global para as comunicacións móbiles nas vías de tren (GSM-R, Global System for Mobile Communications – Railway), un sistema de comunicacións de voz e datos tren-terra baseado no GSM pero con frecuencias propias.O sistema está formado pola infraestrutura en terra, balizas e sinais, e os equipos que levan os trens.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.