Serantes, Ferrol

San Salvador de Serantes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ferrol na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.901 habitantes (961 mulleres e 940 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.066 habitantes.

Coordenadas: 43°29′54.85″N 8°14′41.85″O / 43.4985694, -8.2449583

Serantes
Igrexa de San Salvador de Serantes
Igrexa de San Salvador de Serantes.
ConcelloFerrol
Poboación1.901 hab. (2013)
Entidades de poboación9

Historia

A parroquia de San Salvador de Serantes foi a capital do concello de Serantes. En 1972 inaugurouse en Serantes a Escola Universitaria Politécnica de enxeñería naval e industrial.

Patrimonio

Petroglifo de Serantes Ferrol A Coruña
Debuxo do petróglifo de Chamorro (Serantes).

A ermida de Chamorro, construída no século XVI, está situada na aba do monte do mesmo nome e desde o seu adro, a 175 m de altitude, contémplase unha magnífica vista panorámica da comarca ferrolá, co val de Serantes en primeiro termo e ao fondo a cidade de Ferrol. A porta está situada nun lateral, ao que se engadiu un beiril para integrar a peaña coa estatua da Virxe, chamada do Nordés, parece ser románica do século XII. Neste lugar celébrase unha concorrida romaría o luns de Pascua, desde o ano 1628, como acción de grazas a Virxe pola súa intersección nun forte temporal.

Na zona na que está ermida hai varios petróglifos[1][2].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Serantes, Ferrol.
Chamorro-206

Ermida de Chamorro.

Chamorro-203

Vista desde a ermida de Chamorro.

Casa natal de Torrente Ballester

Casa natal de Torrente Ballester.

Polideportivo A Malata

Polideportivo da Malata.

Viladóniga

Viladóniga coa ermida de Chamorro no monte.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ferrol

Notas

  1. "Aparecen en Chamorro petroglifos que podrían aumentar la antigüedad del lugar de culto"[Ligazón morta], artigo no blog Antigua y Medieval, marzo de 2011.
  2. O Petroglifo de Chamorro (San Salvador de Serantes, Ferrol) Juan A. Carneiro Rey, Ramón Fábregas Valcarce Gallaecia, ISSN 0211-8653, Nº 22, 2003 , págs. 73-86

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carneiro Rey, J. A. e Fábregas Valcarce, R. (2003): O Petroglifo de Chamorro (S. Salvador de Serantes, Ferrol). Universidade de Santiago de Compostela. ISSN 0211-8653

Outros artigos

A Malata, Serantes, Ferrol

A Malata é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña na comarca de Ferrol. Tiña 128 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 63 homes e 65 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2004 cando tiña 112 habitantes.

No lugar da Malata podemos atopar o meirande espazo dedicado ó equipamento deportivo da cidade de Ferrol, con estadio de fútbol, polideportivo, pistas de fútbol sala, pista de atletismo, canchas de tenis e pádel e piscina de Kaiak polo.

Aneiros, Serantes, Ferrol

Aneiros é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Tiña 172 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 78 homes e 94 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2004 cando tiña 176 habitantes.

Avenida do 19 de Febreiro, Serantes, Ferrol

Avenida do 19 de Febreiro é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Tiña 105 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 55 homes e 50 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2004 cando tiña 70 habitantes.

Bosque, Serantes, Ferrol

Bosque é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Tiña 85 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 39 homes e 46 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2003 cando tiña 90 habitantes.

Catabois, Serantes, Ferrol

Catabois é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña na comarca de Ferrol.

Francisco Rodríguez Sánchez

Francisco Rodríguez Sánchez, nado en Serantes, Ferrol, o 22 de novembro de 1945, é un político e crítico literario galego.

Galería de imaxes de Serantes, Ferrol

Serantes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ferrol.

Gonzalo Torrente Ballester

Gonzalo Torrente Ballester, nado en Serantes (Ferrol) o 13 de xuño de 1910 e finado en Salamanca o 27 de xaneiro de 1999, foi un novelista galego en lingua castelá. Entre outros recoñecementos, recibiu o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Literatura.

Juan Beceiro

Juan Beceiro Amado, nado en Serantes (Ferrol) en 1903 e falecido en Madrid o 13 de maio de 1990 foi un tradutor, lexicógrafo e militar galego.

Luns de Pascua

O luns de Pascua é o día seguinte (luns) á Pascua católica (domingo). É o primeiro día da Oitava de Pascua (popularmente coñecida como semana de Pascua).

É festivo local no concello de Rois, e neste día celébrase a romaría de San Cibrán na parroquia de Tomeza (Pontevedra), a romaría da Virxe de Chamorro en Serantes (Ferrol), o Lance da Cruz en Sobrada (Tomiño), a romaría da Virxe dos Desamparados nos Vilares (Guitiriz), a romaría na capela da Virxe das Neves no monte da Peneda (Redondela), a romaría do San Bieito da Uceira en Cerredelo (Sandiás), e a festa de San Bieito en San Salvador de Asma (Chantada) e Penouta (Vilamartín de Valdeorras). Tamén se festexa en Esposende (Cenlle) e Circes (Touro).

En España é tamén festivo en Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Navarra, País Vasco. Cantabria e A Rioxa, nalgunhas localidades da zona oriental de Aragón, de Asturias e de Estremadura.

O Coto, Serantes, Ferrol

O Coto é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Tiña 63 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 26 homes e 37 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2004 cando tiña 57 habitantes.

Os Corrás, Serantes, Ferrol

Os Corrás é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Tiña 372 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 181 homes e 191 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2004 cando tiña 434 habitantes.

Pazos, Serantes, Ferrol

Pazos é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Tiña 401 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 181 homes e 220 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2004 cando tiña 405 habitantes.

Serantellos, Serantes, Ferrol

Serantellos é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2011 tiña 252 habitantes, dos cales 132 eran homes e 120 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2005 cando tiña 238 habitantes.

Viladóniga, Serantes, Ferrol

Viladóniga é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Tiña 381 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 190 homes e 191 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2004 cando tiña 377 habitantes.

Vilasanche, Serantes, Ferrol

Vilasanche é un lugar do concello de Ferrol na provincia da Coruña. Xeograficamente Vilasanche pertence á parroquia de Doniños[Cómpre referencia].

Xosé Manuel Blanco

José Manuel Blanco Suárez, nado en Catabois (Serantes, Ferrol) o 7 de xullo de 1952, é un político galego que foi alcalde de Narón.

Ángeles Alvariño

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005 e coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetognatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial, pois en 1953-1954 participou como investigadora na expedición do buque británico Sarsia. Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación en pesca da NOAA.Ángeles Alvariño recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015. O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.