Serafín Avendaño

Serafín Xoaquín Avendaño Martínez, nado en Vigo en 1838 e finado en Valladolid o 23 de agosto de 1916, foi un pintor galego.[1]

Serafín Avendaño
Serafín de Avendaño
Avendaño nunha fotografía da revista Blanco y Negro
NomeSerafín Avendaño Martínez
Nacemento12 de outubro de 1838 e 2 de agosto de 1837
 Vigo
Falecemento23 de agosto de 1916
 Valladolid
NacionalidadeEspaña
Eidopaisaxista
Influenciado porAntonio María Esquivel
Jenaro Pérez Villaamil

Traxectoria

Fillo do pedagogo Joaquín Avendaño, criouse no barrio de Teis. Moi novo, trasládase co seu irmán Teodomiro a Madrid. Foi discípulo de Esquível e de Villaamil. Vivamente apaixonado pola luz, o vigués sitúase no campo co cabalete, para captar directamente a realidade non desde as formas estritas, senón desde o cromatismo.

Serafín Avendaño 1838-1916, A carreta de argazo
A carreta de argazo. Museo de Pontevedra.

Foi un exemplo do preimpresionismo da pintura galega. De lento pero firme recoñecemento internacional na actualidade, aínda que en vida gozou de considerable prestixio, especialmente en Italia, onde residiu longos anos.

Comeza moi novo a conseguir galardóns, xa que en 1858 alcanza medalla de prata na Exposición de Galiza, cunha acuarela aínda anecdótica, titulada «A miña tristura». A súa pintura parte da escola paisaxística creada polo belga Carlos de Haes, aínda que pronto se afasta dos seus modos un tanto preciosistas e fríos.

Elegant Figures on the Beach the Bay of Livorn
Elegant Figures on the Beach the Bay of Livorn.

A posición económica familiar de Avendaño permítelle viaxar polo mundo. Na década dos sesenta coñece Estados Unidos, onde se fan famosos os seus cadros coa impresión dos torrentes fluviais das cataratas do Niágara. Viaxa tamén a Inglaterra, Francia e Suíza. Competindo con Martín Rico, alcanza pensión para Roma. En 1864 consegue a terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes, galardón que repite en 1892, e a segunda en 1899, compartíndoa con outro galego prematuramente falecido, Jenaro Carrero Fernández.

As súas correrías por Europa lévano a establecerse en Italia a partir de 1876. Alí reside ata finais da centuria, integrándose na escola paisaxística de Rivara, na que exerce notable influencia.

A súa fama lévalle a conseguir distincións da Coroa belga e a amizade íntima do gran compositor Giuseppe Verdi, en cuxa leira «La Traviatta» pasa tempadas de traballo e relacións cordiais.

De cando en vez regresa a España para participar en certames e mostrar a súa obra. En Vigo traballa na leira familiar de Bellavista, no arranque da barriada de Teis. O seu prestixio levoulle a formar parte do xurado de exposicións nacionais, e a colaborar na revista Blanco y Negro, a partir do ano 1893 e ata 1911. Os últimos anos da súa vida pásaos en Valladolid, onde lle chega a morte en 1916, en plena guerra europea.

Serafín Avenaño, Paisaje con campesina
Paisaxe con campesiña, 1904.
Serafín Avendaño 1838-1916, Paisaje con casas y barcos 1907
Paisaxe con casas e barcos, 1907.

En Italia organízanse numerosas exposicións póstumas das súas obras, desde 1930 a 1990, en Roma, Turín, Xénova e Milán. En España dedícaselle atención a partir de 1940, cando o Museo de Pontevedra, por iniciativa de Xosé Filgueira Valverde, organiza a mostra titulada Enrique Campo e os seus precedentes.

Galería de imaxes

Paisaxe de inverno.
Paisaxe de inverno
Paisaxe con galega, 1891.
Paisaxe con galega, 1891. 
Bois arando a terra.
Bois arando a terra
Procesión.
Procesión
Paisaxe con gansos.
Paisaxe con gansos
Serafín Avendaño 1838-1916
 

Notas

  1. Blanco y Negro, 3 de setembro de 1916.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Manuel Murguía: Os precursores. A Coruña, 1886.
  • Pantorba, Bernardino de: Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes. Madrid, 1980.
  • Lafuente Ferrari, Enrique: Breve historia de la pintura española. Madrid, Edit. Tecnos. 1953.
  • Chamoso Lamas, Manuel: «Arte», en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer. 1976.
  • Álvarez Blázquez, X. M. (2008) [1960]. (A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo) [La ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo] (en galego [en castelán]). Ed. e trad.: Manuel Bragado e X. P. Sánchez. Vigo: (Xerais) Monterrey. p. 218. ISBN 978-84-9782-716-4.
  • Pablos, Francisco: Pintores galegos do Novecentos. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1981.
  • Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixavigo, 1981.
  • Caamaño Fdez. Rosa E.: Serafín Avendaño. Tese doutoral e textos no catálogo da exposición antolóxica. Vigo, Caixavigo, 1991.
  • VV. AA.: Vigo na súa historia. Vigo, Caixavigo, 1979.
  • Arias Anglés, Enrique: La pintura de paisaje en España en el siglo XIX.
  • Consuelo Bouzas: A pintura galega. A Coruña, Porto, 1950.
  • Murguía, Manuel (1886). Los precursores. A Coruña, Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia.

Outros artigos

Ligazóns externas

Adolfo Gregorio Espino

Adolfo Gregorio Espino, finado en Madrid o 13 de abril de 1962, foi un perito agrícola, avogado e político galego.

Benedicto Conde

Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en 1895 en Castrelos, Vigo, e finado en Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.

Benito Castro Nogueira

Benito Castro Nogueira, nado en 1923 en Aldán e finado en Cangas o 27 de outubro de 2010, foi un párroco galego.

Camilo Veiga Prego

Camilo Veiga Prego, nado o 25 de novembro de 1905 en Bouzas, Vigo, e finado o 2 de setembro de 1978, perito mercantil, foi un filántropo galego.

Casiano Martínez Fernández

Casiano Martínez Fernández, finado en Bouzas o 22 de xullo de 1925, foi un empresario e político galego.

Colección Afundación

A Colección Afundación, anteriormente Colección Novacaixagalicia e antes Colección Caixanova, é unha colección artística de Afundación, obra social de Abanca, a mellor colección privada de arte galega.

Enrique Suárez Guntín

Enrique Suárez Guntín, nado en 1931 no antigo concello de Lavadores e finado en Vigo o 15 de decembro de 2011 foi un médico vigués

Faustino Álvarez Álvarez

Faustino Álvarez Álvarez, nado en Gondomar e finado en 1994, foi un empresario, comerciante e político galego.

Francisco Pablos

Francisco Pablos Holgado, nado en Salamanca en 1934 e residente en Galicia desde 1959, é un novelista, ensaísta, crítico e experto en arte.

Joaquín Avendaño

Joaquín Avendaño Bernárdez, nado en Vigo o 19 de marzo de 1812 e finado en Biarritz no verán de 1886, foi un pedagogo, escritor e xornalista galego.

Joaquín García Picher

Joaquín García Picher, nado o 29 de agosto de 1932 en Vigo e finado o 12 de setembro de 1985, foi un político galego, alcalde de Vigo.

José Ramón Fontán

José Ramón Fontán González, nado en Mos en 1915 e finado en Vigo en 1996, foi un político galego.

Museo Municipal Quiñones de León

O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.

Policarpo Sanz

José Policarpo Sanz Souto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en Nova York en 1889, foi un industrial e mecenas galego.

Precursores

Denomínanse como precursores aqueles escritores que desenvolveron a súa actividade literaria entre os anos 1833 e 1863. Son as voces ilustradas e patrióticas dos galegos que denuncian a situación da lingua e a cultura galegas.[Cómpre referencia] A súa temática é máis próxima ao realismo xa que primordialmente reflicten acontecementos que lles toca vivir a eles e aos do seu redor. Reciben este nome por cumpriren o papel de iniciadores da literatura galega e o renacemento da súa cultura. Os precursores desenvolven órganos xornalistas na lingua galega e así prepararon o terreo para a chegada do Rexurdimento pleno.

Ramón Abeleira Menéndez

Ramón Abeleira Menéndez foi un político de mediados do século XIX, alcalde presidente de Vigo.

Ángel Ilarri

Ángel Ilarri Gimeno, nado en 1913 en Corella, Navarra, e finado en 1998 en Vigo, foi durante corenta anos administrador e director do Museo Quiñones de León de Vigo.

Ángela Iglesias Rebollar

Ángela Iglesias Rebollar, alcumada A Protestante, nada en Tui ou na Guarda e finada o 11 de abril de 1937 en Vigo, foi unha muller asasinada aos 26 anos de idade, durante a Guerra Civil Española.

Onomástica do rueiro de Vigo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.