Septimio Severo

Septimio Severo, nado en Leptis Magna (África) o 11 de abril do 145 e finado o 4 de febreiro de 211 en Eburacum (actual York), foi un Emperador romano. De orixe púnica, foi o primeiro emperador de orixe africana e fundador da Dinastía dos Severos que gobernaría Roma e o seu Imperio preto de 47 anos.

Septimio Severo
Septimius Severus Glyptothek Munich 357
Nacemento11 de abril de 145 e 146
 Leptis Magna
Falecemento4 de febreiro de 211 e 211
 Eboracum
SoterradoCastelo de Sant'Angelo
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico e militar
PaiPublius Septimius Geta
CónxuxeJúlia Domna
FillosCaracalla e Xeta
IrmánsPublius Septimius Geta
Septimius Severus busto-Musei Capitolini
Busto de Septimio Severo en alabastro no Museo Capitolino de Roma.

Traxectoria

Fora nomeado cónsul e era gobernador de Panonia e Iliria, cando foi asasinado Pertinax. A entronización de Didio Xuliano creou un grande descontento no seo do exército nas provincias romanas. En Britania, foi nomeado emperador Clodio Albino e nas provincias orientais foi Pescenio Níxer o proclamado. Foi en Carnutum onde Lucius Septimius Severus Pertinax foi nomeado emperador. Como estaba máis achegado a Italia, dirixiu as súas lexións cara a Roma. Fíxose co control da frota ancorada en Rávena e, despois de rexeitar compartir o imperio con Didio Xuliano, chegou a Roma, sendo recoñecido polo Senado como o novo Emperador.

As súas primeiras medidas, foron o de darlle as honras debidas a Pertinax, nome que asociou ao seu para conseguir o apoio do pobo romano. A segunda grande medida foi a de ordenar a disolución das cohortes pretorianas, que foron trocadas por militares das súas lexións e que lle eran completamente fieis. Viaxou cara a Britania para se entrevistar con Clodio Albino e asocialo ao trono, entregándolle Britania, Galia e Hispania. A continuación levou o seu exercito cara o Oriente, onde Pescenio Níxer non tomara medida ningunha para loitar, senón que fuxía das tropas de Septimio considerando o grande apoio que tiña entre os militares e reis de Oriente. Deste xeito, Septimio chegou a Bizancio esixindo a súa entrega, pero se negaron os seus gobernantes esperando a axuda de Pescenio Níxer e confiando nas súas inexpugnábeis defensas. Deixando asediada a cidade, Septimio continuou cara ao exército sublevado, ao que venceu en Isos, dando morte a Pescenio Níxer no mesmo campo de batalla. Virando sobre as súas costas, o sitio de Bizancio chegou ao seu terceiro ano, e a cidade rendeuse pola fame. Derrubou as murallas e fixo matar a todos os seus gobernantes. Comezaba o que seria un sinal de identidade de Septimio Severo: a crueldade coa que se desfacía dos seus inimigos.

Unha vez resolta a cuestión de Oriente, volveu a Roma e Clodio Albino xa estaba a facer movementos para unha nova guerra, xa que supoñía que Septimio non quedaría sen se mover para volver de novo á unidade do Imperio. O encontro das dúas forzas foi preto da actual Lión, e de novo Septimio Severo foi o vencedor, vitoria que outra vez o levaría a unha matanza entre os partidarios de Clodio e confiscacións dos seus bens.

Septimius Severus - Cologne
Cabeza de Septimio Severo conservada no Cologne, Römisch-Germanisches Museum.

O 2 de xuño do 197, Septimio entra de novo en Roma, e no seu primeiro discurso promete desenmascarar os senadores partidarios de Clodio Albino, rehabilitar a Cómodo do que se nomea irmán e dar garantías de continuidade á dinastía Severa, asociando ao trono aos seus fillos Xeta e Caracalla. Foron asasinados 41 senadores e os seus bens confiscados. A continuación deu festas ao pobo, aumentoulle a paga aos soldados, permitíndolles vivir coas súas mulleres nos campamentos e nomeou a C. Fulvio Plautiano prefecto dos pretorianos. Logo marchou de novo cara a Oriente para castigar aos partidarios de Pescenio Níxer e reconquistar as terras perdidas. Pacificou a xudeus e samaritanos, o rei de Armenia suplicou a amizade de Roma, conquistou Seléucida, Ctesifonte e Babilonia e firmou a paz cos partos. Con estas vitorias, conseguiu que o seu fillo Xeta fose nomeado César e Caracalla recoñecido como augustus.

Na súa viaxe de volta a Roma, Septimio visitou Siria e máis Exipto, pasando o inverno en Antioquía, reparando as vías de comunicación que unían esta provincia co Danubio. Celebra en Roma os dez anos de goberno. No 203-204 visita África. Embeleceu Leptis Magna, a súa cidade natal, con grandes obras públicas e edificios, mellorou a agricultura da zona e por vez primeira permitiu os africanos nas cohortes pretorianas. Volta a Roma no 204, prodúcese o asasinato de Plautiano no pazo imperial, ao parecer por Caracalla e en presenza do emperador, grande inimigo da dona de Emperador, Xulia Domna, que a partir de entón, comeza a súa influencia na política romana. Ata entón, dedicárase á filosofía, rodeándose especialmente de sofistas e o seu máis grande colaborador foi Emilio Papiniano, o derradeiro grande xurista do período clásico.

Estes anos de goberno foron de grandes revoltas en todo o Imperio. Houbo de loitar en Mauritania, e na Hispania aínda había partidarios de Clodio Albino, e a loita contra dos "inimigos públicos" de Numancia. En Milasa de Caria xurdiron dificultades económicas pola desvalorización do denario de prata. En Britania, os caledonios e os meatos combatían as lexións romanas.

Despois da desvalorización do denario de prata, o Emperador, e para salvar as finanzas, concentrou nas súas mans a meirande parte dos ingresos. Todos os bens procedentes das confiscacións ingresábanse na caixa imperial, coñecida como ratio privata, os procedentes do ager publicus ían ao patrimonium. Para o desenvolvemento do comercio creou novos mercados (Pysos en Tracia) e ampliou os xa existentes. Prestou o maior interese en todo o que gardaba relación co exército. Permitiu que aos soldados se lles concedese a annus aureus con que a orde ecuestre quedou moi ampliada cos privilexios que iso comportaba. A paga dos soldados elevouse de 300 a 500 denarios anuais, a cobrar en metálico e non en especie como era o vello costume. Concedeu especiais prerrogativas aos centurións, creando unha caixa de auxilio e permitindo que os seus fillos accedesen ao Senado.

Aureus Septimius Severus-193-leg XIIII GMV
Aureus cuñado en 193 na honra da XIIII Gemina Martia Victrix, a lexión que o proclamou emperador.

Equiparou as restantes provincias cos mesmos dereitos de Italia, creando algunha nova como Mesopotamia, a cidades que lle foran fieis durante a súa loita polo poder concedeulles a cidadanía romana. Levou ao Exipto a división municipal e sobre todo, o Senado perdeu a súa importancia política e a súa lexislación criminal referente aos seus propios membros. A lexislación, con mais de 400 leis publicadas tendeu a ser máis humanitaria e tendeu a mellorar as clases máis febles.

Tivo unha gran cultura grega e latina, interesándose pola filosofía e astroloxía. Era máis supersticioso que relixioso, pois coidaba e daba máis saña aos oráculos, soños e horóscopos, estando imbuído polo misticismo oriental, en parte influído pola súa dona,filla do sumo sacerdote de Baal en Siria. Nun primeiro intre amosouse tolerante cos cristiáns, elixindo un preceptor cristián para o seu fillo Caracalla, pero trocou despois da guerra pártica e incluso disgregando a Escola de Alexandría. A súa esposa rodeouse dun grupo de intelectuais, entre os que destacaba Filóstrato. Prestou especial atención ao embelecemento de Roma con novas construcións, como o Arco que leva o seu nome, erguido despois das súas campañas en Oriente. Restaurou o templo de Vesta, Vespasiano, o pórtico de Octavio, o Panteón, o teatro de Pompeio etc, comezando a construción das termas de Caracalla e do Trastevere, rematadas no 216.

No 208, acompañado da súa esposa e os seus fillos e o prefecto do pretorio Papiniano marchou cara a Britania para conquistar toda a illa. O tipo de guerra que facían os nativos, de guerrilla, non se prestaba á loita tradicional das armas romanas. Morre en Eburacunm (York) o 4 de febreiro do ano 211, e existen dúbidas históricas se foi de morte natural ou envelenado polo seu fillo Caracalla, xa que foi aquí onde se destapou o odio mutuo entre os seus fillos e futuros emperadores, Xeta e Caracalla.

Imperio Romano

Segue a:
Pertinax
Septimio Severo
Precede a:
Caracalla
Dinastía dos Severos

Véxase tamén

Outros artigos

  • Arco de Septimio Severo
Arco de Constantino

O Arco de Constantino (en italiano: Arco di Costantino) é un arco de triunfo que se atopa a entre o Coliseo e a cuíña do Palatino, en Roma. É un dos 3 arcos que permanece na Vía do Foro Imperial, xunto co Arco de Tito (81) e o Arco de Septimio Severo (202-203).

O arco foi ergueito polo Senado para conmemorar a vitoria de Constantino I o Grande contra Maxencio na batalla de Ponte Milvio, o 28 de outubro de 312, e para conmemorar, tamén, a outros emperadores anteriores. Foi inaugurado o 25 xullo de 315 sendo, polo tanto, o máis moderno dos arcos triunfais alzados na Roma Antiga, diferenciándose tamén por estar construído a partir dos materiais de edificios anteriores.

Britania

Britania (Britannia en latín) é o nome dado polos romanos á provincia que ocupaba o sur da actual illa de Gran Bretaña. Como provincia romana, existiu entre os séculos I e V.

O xentilicio é britano/aBritania romana (latín: Britannia ou, posteriormente, Britanniae, "os Británicos") era a área da illa de Gran Bretaña que estivo gobernada polo Imperio romano, do 43 ao 410 d.C. Comprendía case a totalidade de Inglaterra e Gales e, por un curto período, o sur de Escocia.

Xulio César invadíu Gran Bretaña nos anos 55 e 54 a.C. como parte da súa Guerra das Galias. De acordo con César, os britóns, foran invadidos ou culturalmente asimilados por outras tribos celtas durante a Idade de Ferro británica e axudaron aos inimigos de César. Recibiu tributos, instalou ao rei amigo Mandubracio sobre os trinovantes e volveu á Galia. As invasións planificadas por Augusto canceláronse nos anos 34, 27 e 25. No ano 40, Calígula reuniu 200.000 homes na parte da canle do continente, só para recoller cunchas ('Mexillóns segundo Suetonio, quizais como un xesto simbólico para proclamar a vitoria de Calígula sobre o mar. Tres anos máis tarde, Claudio dirixiu a catro lexións para invadir Gran Bretaña e restaurar ao rei exiliado Verica sobre os Atrebates. Os romanos derrotaron aos Catuvellaunos, e logo organizaron a súa conquista como a Provincia de Gran Bretaña (latín: Provincia Britannia). No ano 47, os romanos ocuparan as terras ao sueste da Fosse Way. O control de Gales demorouse polos reveses e os efectos da revolta de Boadicea, pero os romanos estendéronse de forma constante cara ao norte.

A conquista romana de Gran Bretaña continuou baixo o mando de Cneo Xulio Agrícola (77–84), que expandiu o Imperio Romano ata Caledonia. No verán do 84, Agrícola enfrontouse aos exércitos dos Caledonianos, liderados por Calgaco, na Batalla do monte Graupius. Tácito estimou que as vítimas de batalla estaban en torno aos 10.000 homes no lado caledonio e ao redor de 360 homes do lado romano. O baño de sangue de Monte Graupius concluíu a conquista durante corenta anos de Gran Bretaña, un período que causou a morte de entre 100.000 e 250.000 británicos. No contexto da guerra preindustrial e dunha poboación total de cerca de 2 millóns de británicos, estas son cifras moi elevadas.Baixo os emperadores do século II, Adriano e Antonino Pío, construíronse dous muros para defender a provincia romana dos caledonianos, cuxos reinos nas Highlands escocesas nunca foron controlados. Ao redor do 197, as reformas de Septimio Severo dividiron a Gran Bretaña en dúas provincias: Britannia Superior e Britannia Inferior. Durante as reformas de Diocleciano, a finais do século III, Britannia foi dividida en catro provincias baixo a dirección de un vicario, que administrou a Diocese dos Britanicos. Unha quinta provincia, Valentia, é testemuñada no século IV. Durante gran parte do período posterior da ocupación romana, Britania estivo suxeita a invasións bárbaras e a miúdo estivo baixo o control de usurpadores romanos imperiais e pretendentes imperiais. O fin do dominio romano en Britania ocorreu ao redor do 410. Considérase que os reinos nativos da Britania posromana se formaron entón.

Trala conquista dos británicos, xurdiu unha cultura romano-británica distintiva cando os romanos introduciron melloras na agricultura, planificación urbana, producción industrial, e arquitectura. A deusa romana Britannia converteuse na personificación feminina de Gran Bretaña. Despois das invasións iniciais, os historiadores romanos xeralmente mencionan a Gran Bretaña de pasada. Deste xeito, a maioría dos coñecementos actuais derivan de investigacións arqueolóxicas e evidencias epigrafcas ocasionaisalabando os logros en Britania dun emperador romano. Roman citizens settled in Britain from many parts of the Empire.

Caracalla

Marcus Aurelius Antoninus Basianus, nado en Lugdunum o 4 de abril de 188 e finado o 8 de abril do ano 217, político romano e fillo do entón gobernador da Galia Septimio Severo, foi un emperador romano co nome oficial de Marcus Aurelius Severus Antoninus Augustus. O seu nome de Caracalla fai referencia a unha capa de orixe gala que usaba decote e co alcume pasou á historia.

Didio Xuliano

Marcus Severus Didius Iulianus (137-193) foi un emperador romano, nado en Mediolanum (Milán) probabelmente o 29 de xaneiro do ano 137.

Pertencía a unha familia senatorial e a súa nai era orixinaria de Hadrumentum (África), en relacións coa familia Antonina, polo que gozou dos favores de Domitila, a nai do emperador Marco Aurelio.

Década de 190

A década de 190 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 190 e remata o 31 de decembro de 199.

Década de 200

A década de 200 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 200 e remata o 31 de decembro de 209.

Leptis Magna

Leptis Magna (árabe:لَبْدَة ) tamén coñecida como Lectis Magna (ou Lepcis Magna, na escrita), tamén chamada Lpqy, Neapolis, Lebida ou Lebda hoxe en día polos libios, foi unha importante cidade do Imperio Romano. As súas ruínas atópanse en Khoms, Libia, a 130 km ao leste de Trípoli, na costa onde a Lebda Wadi se atopa co mar. O sitio é unha das ruínas romanas máis espectaculares e virxes do Mediterráneo.

Lista de emperadores romanos

Esta é a lista dos emperadores romanos, indicando a data en que estes controlaron o Imperio Romano, até á caída do Imperio do Occidente.

Nótese que, ao contrario do que moita xente pensa, Xulio César nunca foi emperador (princeps), aínda que foi nomeado ditador vitalicio en -45 (a pesar de teren existido outros ditadores romanos antes del) e, aínda, a pesar dalgúns historiadores romanos así o designaren. Por outro lado, o nome César tornouse nome de familia da primeira dinastía, sendo usado como un título, manténdose esa tradición por todo o imperio. Suetonio, por exemplo, fala dos Doce Césares, incluíndo as dúas primeiras dinastías e o propio Xulio César, que sen o ter sido era xa, case lendariamente, o primeiro emperador romano.

Para a adoración do emperador romano como Deus, véxase Culto imperial

Muralla de Hadrián

O Muro ou Muralla de Hadrián (en latín: Vallum Hadriani) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erguida entre os anos 122-132 por orde do emperador romano Hadrián para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos pictos que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser Escocia trala invasión dos escotos provenientes de Irlanda. A muralla tiña como función tamén manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de Britania ao sur, así como marcar fisicamente a fronteira do Imperio. Hoxe día aínda subsisten importantes treitos da muralla.

Este limes fortificado estendíase durante 117 km desde o golfo de Solway, no oeste, ata o esteiro do Tyne no leste, e estaba flanqueado polas poboacións de Pons Aelius (actual Newcastle) e Maglona (Carlisle). A muralla en si estaba construída na súa totalidade con perpiaños, tiña un canto de 2,4 a 3 m e unha altura de entre 3,6 e 4,8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns que albergaban gornicións en puntos claves de vixilancia, así como un foxo na súa parte setentrional de 10 m e un camiño militar que a percorría polo seu lado meridional. O seu nome úsase en ocasións como sinónimo da fronteira entre Escocia e Inglaterra, aínda que na maioría da súa lonxitude, o muro segue unha liña máis ao sur que a fronteira moderna.

A súa función defensiva foi asumida pola muralla de Antonino, erguida máis ao norte e abandonada tras un breve período de tempo diante da hostilidade dos tribos caledonias, volvendo a muralla de Hadrián a ser o límite setentrional do territorio romano de Britania. Os pictos atravesaron a muralla en tres ocasións, en 197, 296 e 367. Foi reparada e ampliada en 209, durante o reinado de Septimio Severo, e definitivamente abandonada no ano 383.

A UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987. A "English Heritage", unha organización gobernamental a cargo do contorno histórico de Inglaterra, descríbeo como "o monumento máis importante construído polos romanos en Gran Bretaña".

Papiniano

Emilio Papiniano (en latín, Aemilius Papinianus), tamén coñecido simplemente polo nome de Papiniano, nado en Siria en 142 e finado en Roma no 212, foi un xurisconsulto romano, magister libellorum e prefecto do pretorio do emperador Septimio Severo. Foi discípulo do xurista Quinto Cervidio Escévola.

Pupieno

Marcus Clodius Pupienus Maximus, nado no 164, foi un emperador romano. De familia humilde, a súa carreira baseouse no exército e a política e estivo apoiada por Septimio Severo.

Xeta

Publius Septimius Xeta foi un emperador romano, fillo de Septimio Severo e que gobernou apenas un ano xunto co seu irmán Caracalla. Naceu no 189 en Mediolanum (actual Milano) e era o fillo pequeno. Durante as campañas orientais do seu pai, foi nomeado césar, e designado para gobernar o imperio xunto co seu irmán.

Pouco antes da morte do seu pai, foi nomeado augustus, e asumiu a corexencia no 211 xunto con Caracalla. De carácter máis afable que Caracalla, a finais dese mesmo ano é asasinado polo seu irmán no pazo imperial. As causas que o levaron á morte nunca foron explicadas. Para uns o problema era que o que quería era rachar o imperio en dúas partes, non sendo isto ben visto polo Senado; outros apuntan aos celos e ó carácter irascible de Caracalla ao ver medrar a popularidade do seu irmán. A que era moi coñecida en Roma era a gran rivalidade entre os dous irmáns e a menor intelixencia de Xeta.

Á súa morte, Caracalla fixo borrar as inscricións públicas e a súa lembranza dos monumentos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.