Septicemia

A septicemia[1] ou sepse[2] é unha síndrome de anormalidades fisiolóxicas, patolóxicas e bioquímicas potencialmente mortal asociadas a unha infección. Estas anormalidades son secundarias a unha resposta inmunitaria desbalanceada fronte á infección, que termina danando os tecidos e órganos propios e conducindo a unha disfunción multiorgánica. A síndrome de resposta inflamatoria sistémica asóciase coa sepse, pero non é causa absoluta desta, xa que a sepse involucra a activación tanto de respostas proinflamatorias como antiinflamatorias.[3]

Sepse
Clasificación e recursos externos
upright=1.06}}}}}
A activación da cascada da coagulación causada polas citocinas xera microtrombos capilares e ó final a isquemia de diversos órganos.
DiseasesDB11960
MedlinePlus000666
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Definicións

Infección

Artigo principal: Infección.

Chámase infección a todo proceso patolóxico secundario á invasión por microorganismos patóxenos ou potencialmente patóxenos dun tecido, líquido ou cavidade anatómica que en condicións normais deben permanecer estériles. Porén, está definición non é perfecta, xa que, por exemplo, o colon non é estéril e unha infección por Clostridium difficile pódese xerarse alí. As manifestacións da infección por este xerme non se relacionan coa invasión, senón coa exotoxina que produce.[4][5]

Sepse

Sepse, até o ano 2015, significaba, de acordo cos expertos, unha infección con manifestacións de resposta inflamatoria sistémica (SRIS), como febre ou hipotermia, taquicardia, taquipnea, leucocitose ou leucopenia, entre outras. Dende o ano 2017, segundo os mesmos expertos, o termo sepse defínese como a disfunción orgánica causada por unha resposta anómala do hóspede á infección que supón unha ameaza para a supervivencia. En canto á disfunción orgánica, con fins de operatividade clínica pode ser definida como un aumento de dous puntos ou máis no sistema de medición SOFA (Sequential [Sepsis-related] Organ Failure Assessment ou Avaliación Secuencial da Insuficiencia Orgánica —relacionada coa sepse—), o que se asocia cunha mortalidade hospitalaria maior do dez por cento e polo tanto merece unha resposta rápida e axeitada.[3][4][5][6]

Sepse grave

O termo «sepse grave», até o ano 2015, significaba, de acordo cos expertos, a presenza de sepse en asociación con manifestacións de disfunción orgánica ou de hipoperfusión tisular, como hipoxemia, oliguria, acidose láctica, elevación de enzimas hepáticas, alteración mental e trastorno da coagulación, entre outras. Dende o ano 2015, segundo os mesmos expertos, considérase un termo redundante (a sepse sempre é grave) e por tanto debe deixar de usarse.[3][5]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para septicemia.
  2. "Entrada sepse en Digalego". Consultado o 21 de xaneiro de 2019.
  3. 3,0 3,1 3,2 Singer; Deutschman; Seymour,. "The Third International Consensus Definitions for Sepsis and Septic Shock (Sepsis-3)" 315 (8). American Medical Association. PMID 26903338. doi:10.1001/jama.2016.0287.
  4. 4,0 4,1 Andrade. "Antibioticoterapia en las infecciones graves" 28 (1). Perú: Scielo.
  5. 5,0 5,1 5,2 Levy; Fink; Marshall; Abraham; Angus; Cook; Cohen; Opal; Vincent. "2001 SCCM/ESICM/ACCP/ATS/SIS International Sepsis Definitions Conference" (PDF) 2003 (29). Rhode Island, Estados Unidos: Springer-Verlag. doi:10.1007/s00134-003-1662-x.
  6. "The Third International Consensus Definitions for Sepsis and Septic Shock (Sepsis-3)" (PDF).

Véxase tamén

Alcaligenes

Alcaligenes é un xénero de bacterias gramnegativas, aerobias, con forma de bacilo. Comprende especies móbiles con flaxelos xeralmente peritricos, e máis raramente especies inmóbiles. Algunhas cepas de Alcaligenes poden realizar a respiración anaerobia, pero no seu medio debe haber nitrato ou nitrito; doutro modo, o seu metabolismo é respiratorio aerobio e nunca fermentativo. O xénero non usa carbohidratos para a súa nutrición. Viven nos solos e auga, e tamén sobre materiais en descomposición e produtos lácteos, e algunhas nos tractos intestinais de vertebrados. Atopáronse tamén en mostras de sangue, urina, feces, oídos, líquido cefalorraquídeo e feridas. Informouse de infeccións zoonóticas procedentes de furóns. Ocasionalmente causan infeccións oportunistas, incluíndo a septicemia nosocomial.Algunhas especies de Alcaligenes foron utilizadas para a produción industrial de aminoácidos non estándar A. eutrophus tamén serve para producir o biopolímero polihidroxibutirato.

Especies de Alcaligenes foron atopadas cada vez con máis frecuencia en pacientes de fibrose quística. Nestes pacientes a especie identificada maiormente foi Alcaligenes xylosoxidans.A. faecalis é a especie tipo. É móbil, flaxelada, fina e un pouco curvada, non forma esporas, ten crecemento lento, non fermenta nin se encapsula, e é aerobia e gramnegativa. A. faecalis pode oxidar o arsenito a arsenato. Esta especie atópase principalmente no tracto gastrointestinal, onde vive como un saprófito inofensivo no 5 ao 19% da poboación normal. Alcaligenes faecalis causa septicemia nosocomial, orixinada en hemodiálises ou fluídos intravenosos contaminados, en pacientes inmunocomprometidos. A infección sistémica por este organismo é moi rara, pero pode producir sepse, meninxite, peritonite, febre entérica, apendicite, cistite, otite, abscesos, artrite, pneumonite, e endocardite. Foi asociada con desenlaces finais mortais porque é resistente a varios dos antibióticos usados comunmente.

Aminoglicósido

Os amminoglicósidos son unhas substancias químicas constituídas por un grupo glicosídico modificado con grupos amínicos, cuxos principais representantes son certo tipo de antibióticos bactericidas. Tal estrutura confírelles as súas propiedades químicas básicas, como elevada solubilidade en auga e hidrofilia, que dificultan a súa difusión a través da membrana celular, a cal é tan baixa que requiren transporte activo.

A estreptomicina foi o primeiro aminoglicósido que se describiu, e o seu descubridor, o ruso Selman Abraham Waksman, recibiu por elo o Premio Nobel de Medicina de 1952. A estreptomicina foi illada da actinobacteria Streptomyces griseus, da que deriva o seu nome. En realidade toda esta clase de antibióticos deriva de dous xéneros de microorganismos: a estreptomicina, neomicina, kanamicina e tobramicina foron illadas do xénero Streptomyces; mentres que a xentamicina e a sisomicina foron illadas do xénero Micromonospora.

Chlamydophila psittaci

Chlamydophila psittaci (antes chamada Chlamydia psitacci) é unha especie bacteriana intracelular que pode causar a psittacose respiratoria en humanos, a clamidíase aviaria endémica, e estalidos infecciosos epizoóticos en mamíferos. Entre os hóspedes potenciais están as aves silvestres e domésticas e o gando vacún, porcos, ovellas e cabalos. Chlamydophila psittaci transmítese por inhalación, contacto ou inxestión entre as aves e a mamíferos. A psittacose en aves e humanos adoita comezar con síntomas semellantes aos dun arrefriado e despois convértese nunha pneumonía que pode ser mortal. Moitas cepas permanecen quiescentes en aves ata que se activan polo estrés. As aves son excelentes vectores, pola súa grande mobilidade, para a distribución das infeccións clamidiais, e porque se alimentan ou teñen acceso a detritos de animais infectados de todas clases.

Chlamydophila psittaci clasificábase anteriormente como Chlamydia psittaci. As antigas cepas aborto, felina e de cobaias de Chlamydia psittaci "de mamíferos" foron reclasificadas en tres novas especies, que son: Chlamydophila abortus, Chlamydophila felis, e Chlamydophila caviae. Agora hai unha corrente de opinión entre os expertos de que se debe restablecer o antigo xénero Chlamydia como xénero único para estas bacterias, polo que propoñen que se volva a chamar Chlamydia psittaci.C. psittaci en aves pode ser sistémica con infeccións non aparentes, grave, aguda ou crónica con intermitencia. As cepas de C. psittaci de aves infectan a células epiteliais mucosas e a macrófagos do tracto respiratorio. Xeralmente acaba por desenvolverse unha septicemia e a bacteria queda localizada nas células epiteliais e macrófagos da maioría dos órganos, conxuntiva, e tracto gastrointestinal. Pode tamén transmitirse aos ovos. O estrés pode activar o comezo dos síntomas graves, que dan lugar a unha deterioración rápida e á morte. As cepas de C. psittaci son similares en virulencia, crecen rapidamente en cultivo celular, os seus xenes do ARNr 16S difiren <0,8%, e pertencen a oito serovares. Todas se consideran doadamente transmisibles aos humanos.

C. psittaci serovar A é endémico entre as aves psittacinas (papagaios) e ten causado doenzas zoonóticas esporádicas en humanos, outros mamíferos e tartarugas. O serovar B é endémico entre os pombos, e foi illado dos pavos, e identificado como causa de abortos en vacas leiteiras. Os serovares C e D poden causar enfermidades profesionais aos traballadores de matadoiros e ás persoas que están en contacto con aves. Os illados do serovar E (chamados Cal-10, MP ou MN) obtivéronse de diversos hóspedes aviares en todo o mundo e, aínda que foron asociados cun estalido infeccioso en humanos nas décadas de 1920–1930, non se identificou un resevorio específico para o serovar E. Os serovares M56 e WC foron illados durante estalidos infecciosos en mamíferos. Moitas capas de C. psittaci son susceptibles aos virus bacteriófagos.

Erisipeloide

O erisipeloide é unha doenza infecciosa humana causada pola bacteria Erysipelothrix rhusiopathiae que afecta o ser humano e transmítese por contacto sanguíneo cun animal ou carne infectado (xeralmente por abrasións nas mans por un rabuñazo, mordida ou por contacto con carne crúa ou case crúa). Xeralmente a infección restrínxese á pel (erisipeloide cutáneo ou de Rosenbach), fundamentalmente nas mans, mais en casos raros migra ao interior do corpo e causa unha infección xeneralizada (septicemia). Esta bacteria produce unha doenza parecida en animais, que son a fonte de contaxio para o home. É máis común entre persoas que tratan con carne e animais, como veterinarios, pescadores, carniceiros, cociñeiros e tratantes de animais.Non se debe confundir coa erisipela humana, a cal é causada por outras bacterias, os estreptococos, e ten outras características.

Escherichia coli

Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas. As células desta bacteria poden sobrevivir fóra do corpo durante un tempo bastante limitado, o cal fai que sexan un organismo indicador ideal para comprobar a contaminación fecal en mostras extraídas do ambiente. Porén, hai un crecente número de investigacións que atoparon E. coli persistentes no ambiente, que poden sobrevivir por longo tempo fóra do hóspede.A bacteria pode tamén cultivarse de forma fácil e barata no laboratorio, e foi intensamente investigada durante 60 anos, de modo que se pode dicir que E. coli é o organismo modelo procariota máis estudado, e unha importante especie no campo da biotecnoloxía e microbioloxía, onde serviu como organismo hóspede para a maioría dos traballos sobre o ADN recombinante.

Fusobacterias

As fusobacterias (Fusobacteria) son un filo de bacterias con forma de bacilos, gramnegativas, anaerobias obrigadas e non formadoras de esporas. Desde os primeiros informes sobre estes microorganismos de finais do século XIX téñenselle aplicado diversos nomes, e ás veces aplicouse un mesmo nome a especies diistintas e había unha certa confusión entre os xéneros Fusobacterium e Leptotrichia. Anteriormente estaban clasificados coa familia dos Bacteroides, dos que foron separados. Máis recentemente, non só houbo cambios na súa nomenclatura, senón tamén intentos de diferenciar especies que se cre que son ou ben patóxenas ou ben comensais ou ambas as cousas. Debido á súa natureza asacarolítica (non consomen azucres), e a escaseza xeral de resultados positivos nas probas bioquímicas rutineiras, a identificación no laboratorio das fusobacterias foi difícil. Porén, a aplicación de novas técnicas de bioloxía molecular á taxonomía permitiron establecer un certo número de especies, e determinar a subspeciación de Fusobacterium necrophorum e F. nucleatum, e proporcionaron novos métodos para a identificación. Recoñeceuse a implicación das fusobacterias nun amplo espectro de infeccións humanas que causan a necrose dos tecidos e septicemia, e, máis recentemente, informouse da súa importancia en infeccións intraamnióticas, partos prematuros e úlceras tropicais.

É moi posible que a taxonomía das fusobacterias siga desenvolvéndose no futuro, con novos cambios.

Gertrude Elion

Gertrude Belle Elion, nada en Nova York o 23 de xaneiro de 1918 e finada en Chapel Hill o 21 de febreiro de 1999, foi unha bioquímica estadounidense.

Haemophilus

Haemophilus é un xénero de bacterias gramnegativas xeralmente con forma de cocobacilos. Aínda que a forma típica é a cocobacilar, considéranse pleomórficas porque poden variar drasticamente a súa morfoloxía. Todos os membros de Haemophilus son aerobios ou aerobios facultativos.

O xénero inclúe organismos comensais cun certo grao de patoxenicidade, como:

H. influenzae, que causa septicemia e meninxite en nenos pequenos. Orixinariamente considerouse que era o axente causal da gripe (ou influenza), o que non era certo, pero a iso débese o epíteto "influenzae" do taxon.

H. ducreyi, que produce chancros xenitais.Outras especies patóxenas menos frecuentes son: H. parainfluenzae (pneumonía e endocardite), e H. aegyptius (conxuntivite ou febre purpúrica brasileira).As especies de H. influenzae clasifícanse segundo as características da cápsula. Describíronse sete serogrupos nomeados do a ao f, xunto cun grupo e' (chamado así porque o seu polisacárido está moi relacionado co do tipo e). A cápsula de tipo b é a que está máis correlacionada coa virulencia da bacteria.

As paredes celulares conteñen lipopolisacáridos similares aos típicos das gramnegativas, pero con cadeas laterais máis curtas, polo que se denominan oligosacáridos. Crese que Haemophilus non segrega toxinas.

Heinrich Rudolf Hertz

Heinrich Rudolf Hertz, nado en Hamburgo o 22 de febreiro de 1857 e finado en Bonn o 1 de xaneiro de 1894, foi un físico alemán. Na súa honra noméase hertz á unidade de frecuencia do SE.

En 1888, foi o primeiro en demostrar a existencia da radiación electromagnética construíndo un aparello para producir ondas de radio.

Heroína (droga)

A heroína é unha droga obtida da síntese do extracto de opio semisintético que procede da durmideira (Papaver somniferum), coa que se elabora a morfina que logo se somete a un proceso de acetilación co anhídrido acético para obter a heroína.

Klebsiella

Klebsiella é un xénero de bacterias gramnegativas con forma de bacilo, inmóbiles, oxidase negativas, que presentan unha gran cápsula de composición basicamente polisacarídica. Recibe o seu nome polo microbiólogo alemán Edwin Klebs (1834–1913). É un patóxeno humano frecuente, que pode orixinar unha ampla variedade de doenzas, principalmente pneumonía, infeccións do tracto urinario, septicemia, e infeccións de tecidos brandos. Produce infeccións nosocomiais (hospitalarias) e algunhas cepas son moi resistentes aos antibióticos.As especies de Klebsiella son ubicuas na natureza. Están presentes no tubo dixestivo e no aparato respiratorio de homes e animais como bacterias comensais. Son frecuentes nas feces e poden ser un indicador de contaminación fecal. Abundan no solo, e auga e son fixadores de nitróxeno.

Listeria monocytogenes

Listeria monocytogenes é unha especie de bacterias grampositivas que causa unha infección chamada listeriose. É un organismo anaerobio facultativo, que pode sobrevivir en presenza ou en ausencia de oxíxeno. Pode crecer e reproducirse dentro das células hóspede e é un dos patóxenos máis virulentos que poden estar presentes nos alimentos, ata o punto de que entre o 20 e o 30 % das infeccións clínicas por esta bacteria acaban sendo mortais. A listeriose é a principal causa de morte por infeccións alimentarias, superando en taxas de mortalidade a Salmonella e Clostridium botulinum.

Presenta motilidade por medio de flaxelos a 30 °C ou menos, pero xeralmente non a 37 °C, L. monocytogenes pode moverse entre as células eucariotas sen usar os flaxelos pola polimerización explosiva de filamentos da proteína actina, o que se coñece como "colas de cometa" ou "foguetes de actina".

Algúns estudos suxiren que ata o 10% do tracto gastrointestinal humano pode estar colonizado por L. monocytogenes. Con todo, as enfermidades clínicas debidas a L. monocytogenes son máis frecuentes en veterinaria que en medicina humana, especialmente as meningoencefalites en ruminantes.

Debido á súa frecuente patoxenicidade, que causa meninxite en neonatos (adquirida transvaxinalmente), as nais preñadas deben ter coidado ao comer queixos que poidan estar contaminados coa bacteria. É a terceira causa máis común de meninxite en neonatos.

Morte

A morte é o final permanente das funcións biolóxicas ou funcións vitais que definen un ser vivo. Refírese tanto á terminación en si da vida como ao estado posterior do antigo organismo, do que se di que está morto. A auténtica natureza do que vén despois da morte foi, desde hai milenios, unha preocupación central das tradicións relixiosas e filosóficas de todo o mundo. Moitas relixións teñen fe ben nunha vida no máis alá, ben na reencarnación.

O efecto da morte física sobre a mente ou a alma segue a ser unha pregunta aberta. Para a ciencia contemporánea, a morte dun organismo é o final.

Neisseria meningitidis

Neisseria meningitidis, tamén chamada meningococo, é unha especie de bacterias que pode causar a meninxite meningocócica e outras formas de infección como a meningococcemia (unha septicemia que pode ser mortal). Porén, hai outros axentes infecciosos que poden causar tamén meninxite. N. meningitidis é unha causa importante de morbilidade e mortalidade durante a infancia nos países industrializados e foi responsable de epidemias en África e Asia. Coa tinguidura de Gram mostra ser un diplococo gramnegativo e os cultivos da bacteria dan positivo na proba do encima citocromo c oxidase.A bacteria vive como parte da flora normal non patoxénica na nasofarinxe dun 5-15% dos adultos. Causa a única forma de menixite bacteriana que orixina epidemias. O Streptococcus pneumoniae (ou pneumococo) é outra especie bacteriana común causante de meninxite. Os meningococos só infectan a humanos e nunca foron illados de animais porque a bacteria só pode obter ferro de fontes humanas, como as proteínas transferrina e lactoferrina.O meningococo espállase por medio do intercambio de saliva e outras secrecións respiratorias durante actividades como tusir, bicar ou morderen xoguetes os nenos. Infecta a célula hóspede ao adherirse a ela utilizando adhesinas autotransportadoras triméricas (TAA). Aínda que produce inicialmente síntomas xerais como fatiga, pode rapidamente progresar desde a febre, dor de cabeza e rixidez de pescozo ao coma e morte. Os síntomas da meninxite meningocócica confúndense doadamente cos producidos por outros organismos como Hemophilus influenzae e Streptococcus pneumoniae. Prodúcese a morte en aproximadamente o 10% dos casos. Os que teñen a súa inmunidade alterada teñen maior risco de contraer infeccións por meningococo (por exemplo, os que teñen síndrome nefrótica ou sufriron esplenectomía); adminístranse vacinas cando foi estirpado ou non funciona o bazo.

Salmonelose

A Salmonelose é unha intoxicación alimentaria causada pola bacteria Salmonella enterica. Causa diarrea intensa e outros síntomas abdominais. A febre tifoide é unha enfermidade relacionada, mais causada por subespecies diferentes.

Vibrio

Vibrio é un xénero de bacterias gramnegativas que ten unha característica forma de bacilo curvado con forma de coma, entre as que está a especie que produce o cólera (Vibrio cholerae). As bacterias con forma de coma (do xénero Vibrio e doutros) chámanse xenericamente vibrios ou vibrións e son un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos cocos, bacilos e espirilos. O nome Vibrio deriva da palabra vibrión, que utilizou Filippo Pacini para chamar aos microorganismos que illou de pacientes de cólera en 1854, e ten que ver coa súa mobilidade (vibraban).Ademais do cólera causado por V. cholerae, varias especies do xénero Vibrio poden causar infeccións alimentarias, xeralmente asociadas co consumo de alimentos pouco cociñados, e outros poden infectar feridas abertas e producir septicemias. Os Vibrio atópanse xeralmente na auga salgada, pero tamén na doce e son anaerobios facultativos que dan positivo na proba da oxidase, son fermentativos e non forman esporas. Todos os membros do xénero son móbiles e teñen un flaxelos polares con vaíñas. As filoxenias recentes elaboráronse baseándose nun conxunto de xenes (análise de secuencia multilocus).

Vibrionáceas

As Vibrionáceas ou Vibrionaceae son unha familia do filo Proteobacteria, e única familia da orde Vibrionales. Habitan as augas doces e salgadas, hai varias especies patóxenas, como Vibrio cholerae, causante do cólera. A maioría das bacterias bioluminescentes pertence a esta familia, e son xeralmente simbiontes de animais do mar profundo.As Vibrionaceae son organismos gramnegativos e anaerobios facultativos, con capacidade de fermentación. Conteñen oxidase e presentan un ou máis flaxelos, que son xeralmente polares. Orixinalmente, estas eran as características que definían a familia, que foi dividida en catro xéneros. Deses catro, dous, Vibrio e Photobacterium, seguen manténdose no grupo moderno, ao cal se engadiron despois outros varios xéneros máis. Polo contrario, os estudos xenéticos mostraron que os outros dous xéneros orixinais da familia, Aeromonas e Plesiomonas, pertencían a outras familias. A familia Vibrionaceae actualmente comprende oito xéneros validamente publicados, que son: Aliivibrio, Catenococcus, Enterovibrio, Grimontia, Listonella, Photobacterium, Salinivibrio, e Vibrio; aínda que o status de Listonella foi cuestionado.

Algúns membros desta familia tamén sintetizan a tetrodotoxina (TTX), un alcaloide mariño e poderosa neurotoxina (inhibe a bomba de Na+, e 1 mg pode matar a un home adulto). Viven en simbiose cos peixes da orde dos Tetraodontiformes, ao que pertence ao fugu, que adquiren así a toxina. Moitas outras vibrionáceas viven en simbiose con organismos mariños. No caso do peixe fugu, e outros organismos mariños que levan bacterias vibrionáceas produtoras de TTX, a simbiose é moi antiga, e proporciona aos organismos que albergan a estas bacterias protección contra a predación, mentres que as bacterias atopan neles un medio protexido e con moitos nutrientes onde crecer.

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Xentamicina

A xentamicina é un antibiótico aminoglicósido utilizado no tratamento de moitos tipos de infeccións bacterianas, especialmente as causadas por bacterias gramnegativas. Porén, a xentamicina non se usa para combater a Neisseria gonorrhoeae, a Neisseria meningitidis ou a Legionella pneumophila. A xentamicina ten ototoxicidade e nefrotoxicidade, xa que pode afectar aos oídos e riles, e esta toxicidade é o seu principal problema no uso clínico.A xentamicina é sintetizada por Micromonospora, un xénero de bacteria grampositiva moi común nas augas e solo . A xentamicina é un antibiótico bactericida que actúa uníndose á subunidade de 30 S do ribosoma bacteriano, interrompendo a síntese de proteínas.

Como ocorre con todos os aminoglicósidos, a xentamicina non é activa administrada oralmente. Isto débese a que non se absorbe en cantidades apreciables no intestino delgado. Adminístrase por vía intravenosa, intramuscular ou de modo tópico. Elimínase pola urina. Para recuperar totalmente unha dose de xentamicina que foi administrada, debe recollerse a urina durante moitos días, xa que o antibiótico se une avidamente a certos tecidos.

A bacteria E. coli, malia ser gramnegativa, mostra certa resistencia á xentamicina. A reticencia a usar terapeuticamente a xentamicina levou a aumentar o uso de antibióticos alternativos de amplo espectro, e algúns expertos consideran que fixo aumentar a frecuencia da resistencia bacteriana aos antibióticos nas infeccións por Staphylococcus aureus e outras especies denominadas "superbacterias".A xentamicina é un dos poucos antibióticos estables á calor, xa que permanece activa mesmo despois de pasar por unha autoclave, o que a fai especialmente útil na preparación dalgúns medios de crecemento microbiolóxico. Utilízase en cirurxía ortopédica cando esta require altas temperaturas para fixar os cementos (na colocación de próteses de cadeira, por exemplo).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.