Senado romano

O senado (do latín "senex, senis", ancián) foi unha das institucións do goberno da Roma antiga. Orixinouse como unha institución consultiva da monarquía romana, formado exclusivamente por patricios (un representante de cada gens), e adquiriu maiores prerrogativas coa República, en que pasou a referendar a través da súa auctoritas os actos dos cónsules, estendendo a súa competencia aos actos doutros maxistrados e Comicios, temas relixiosos, conflitos entre maxistrados, policía, crimes con pena capital cando esta era conmutada, cuestións militares e financeiras e tratados internacionais.

Roma
Monarquía
República
Imperio
Principado Dominado
Imperio de Occidente Imperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
  • Edil
  • Tribuno da plebe
  • Censor
  • Gobernador
Maxistrados Extraordinarios:
  • Triumvirato
  • Decemviro
Oficiais e Títulos:
  • Pontífice Máximo
  • Legatus
  • Dux
  • Officium
  • Praefectus
  • Vicarius
  • Vigintisexviri
Institucións e normas:
  • Asembleas romanas
  • Senado romano
  • Constitución republicana

Historia

Na República

A mediados da época republicana o senado contaba cuns 300 membros; estaba composto por todos os cidadáns que exerceran maxistraturas curuis —cónsules, pretores e edís, os conscripti—, así como dos patres, as cabezas das familias patricias. Adicionalmente, os censores podían incluír senadores que non exerceran maxistraturas, aínda que estes tiñan restrinxido o seu dereito a tomar a palabra e eran denominados senatores pedarii.

Co acceso aos dereitos cidadáns dos plebeos, o Senado perdeu o dereito a referendar os actos dos Comicios Centuriados. Pero pola contra asumiu o dereito de nomear ditador, e pronto lexislou sobrepoñéndose ás Asembleas Tribunadas, acadando un gran poder.

No século -III o Senado sufriu as modificacións propias da nova situación. Os asentos senatoriais continuaron en mans dos censores e todos os maxistrados curuis que abandonaban o seu cargo accedían ao Senado.

O Senado pasou de ser un corpo consultivo dos cónsules, ao principio da República (e subordinado a estes en moitos aspectos), a ser unha corporación de gobernantes, sen dependencia de ninguén. O Senado dirixía a guerra a través dos cónsules, e toda a política da República.

Co tempo o Senado asumiu o nomeamento de diversos cargos curuis, o que implicaba a designación dos seus propios membros, e ademais influíu cada vez máis nos censores. Mantívose a distinción entre Senadores patricios e plebeos.

A desaparición da figura do ditador permitiu ao Senado ocupar certas funcións en casos graves, en especial o conferir aos cónsules facultades especiais, similares á Ditadura, por tempo limitado.

Xulio César, despois de derrotar ao seu rival Pompeio e aos seus aliados, a maior parte das familias senatoriais tradicionais, procedeu a incrementar o número de senadores ata case 1000, promocionando á orde senatorial a familias ecuestres, mandos militares, centurións de orixe proletaria do seu exército, e provinciais, como o seu conselleiro financeiro Cornelio Balbo, natural de Gades (Cádiz, España); aos ollos da nobilitas senatorial supervivente do bando pompeiano e de moitos partidarios de César isto era unha aberración, e iso foi unha das causas do asasinato de César.

No Imperio

Augusto, e os outros triúnviros, reduciron novamente o número de senadores a 300, aínda que mantiveron algúns dos nomeamentos de César, que tiñan a consideración de homines novi, pero as proscricións por eles emprendidas baleiraron os bancos do Senado, que foron enchidas coa promoción de partidarios dos triúnviros extraídos da orde ecuestre e do exército.

Terminada a guerra entre Augusto e Marco Antonio en -30, Augusto procedeu a cribar a lista de senadores, intentando recuperar como senadores aos superviventes das familias tradicionais, pero favorecendo tamén aos seus partidarios, sen ter en conta a súa orixe, caso de Mecenas , Agripa, Planco ou Asinio Polión. Tamén incrementou os poderes nominais do Senado, transmitindo os poderes de elección de maxistrados das asembleas ou comitia ao senado, aínda que realmente reduciu os seus poderes, xa que case todas as provincias con exército pasaron ao control directo do emperador, as maxistraturas convertéronse en cargos honoríficos, e os candidatos a elas necesitaban do visto e prace do emperador, quen asumiu a potestade xurisdicional dos Comitia Tributa, polo que os Edictos imperiais se superpuxeron aos Senadoconsultos.

A partir de Claudio, numerosos provinciais, especialmente hispanos, foron admitidos no Senado, aínda que a estes novos senadores se lles impoñía o requisito de investir o censo mínimo senatorial -1.000.000 de sestercios- en propiedades rústicas en Italia, culminando o proceso coa elección dun emperador procedente dunha familia senatorial provincial hispana: Traxano.

Ao longo do Alto Imperio, as relacións entre os emperadores e os senadores foron as dunha tira e afrouxa continuo, e, se ben é certo que moitos colaboradores dos emperadores eran senadores, o certo é que estes, aínda os máis respectuosos, tendían a deixar de lado as expectativas e desexos dos senadores. Ademais, os senadores tendían a ignorar que a verdadeira fonte de poder do estado romano era o exército, polo cal pasaban por curtos períodos de tempo. A consecuencia foi que algúns emperadores, como Tiberio, Calígula, Nerón, Domiciano, Hadriano ou Cómodo sostiveron relacións moi difíciles co Senado, e promoveron a persecución de moitos dos seus membros.

Coa chegada da dinastía Severa, de orixe militar, o senado foi progresivamente acurrunchado en favor da orde ecuestre e da nova burocracia imperial nada do exército, ata que o emperador Aureliano excluíu aos senadores dos postos militares.

No Baixo Imperio, o Senado de Roma foi duplicado con outro igual a el creado por Constantino I na nova capital, Constantinopla (Istambul, Turquía), e converteuse nun simple club de notables.

Cicerón denuncia a Catilina, por Cesare Maccari
Representación dunha reunión do Senado Romano: Cicerón ataca a Catilina, nun fresco do século XIX

A súa desaparición

O senado romano desapareceu nos turbulentos anos do século VI nos que as tropas do rei ostrogodo Tótila loitaban á desesperada contra as tropas de imperiais de Xustiniano, dirixidas por Belisario, mentres que no resto dos reinos bárbaros nados da ruína de Roma, os senadores foron fundíndose progresivamente coa nobreza xermánica dirixente.

Nas cidades sometidas pola antiga Roma establecíase un Consello de Cen Anciáns (Centumviri), cada un dos cales era o cabeza de dez casas (dez casas = unha gens), de onde xorde a denominación.

18 de maio

O 18 de maio é o 138º día do ano do calendario gregoriano e o 139º nos anos bisestos. Quedan (227) días para finalizar o ano.

8 de xuño

O 8 de xuño é o 159º día do ano do calendario gregoriano e o 160º nos anos bisestos. Quedan 206 días para finalizar o ano.

9 de xuño

O 9 de xuño é o 160º día do ano do calendario gregoriano e o 161º nos anos bisestos. Quedan 205 días para finalizar o ano.

Damnatio memoriae

Damnatio memoriae é unha locución latina que significa literalmente "condena da memoria". Era unha práctica habitual na antiga Roma, consistente, coma o seu propio nome indica, en condenar a lembranza dun inimigo do Estado trala súa morte.

Cando o Senado Romano decretaba oficialmente a damnatio memoriae, procedíase a eliminar todo canto lembrase ao condenado: imaxes, monumentos, inscricións, e incluso chegábase á prohibición de usar o seu nome. Moitos emperadores víronse tamén afectados por esta práctica, como se amosa a continuación.

Ditador

Un ditador é un gobernante que exerce a autoridade absoluta ou autocrática e que asume solitariamente o poder sobre o Estado (a pesar do termo non se aplica as monarquías absolutistas). Un estado gobernado por un ditador chámase ditadura. A palabra ditador proben do título dun maxistrado da Roma Antiga proposto polo senado romano para gobernar o estado en tempo de emerxencias.Do mesmo xeito que o termo "tirano" (que orixinalmente era un título respectable do grego antigo), e en menor grao "autócrata", "ditador" chegou a ser usado case exclusivamente como un termo non nominal para o dominio opresivo, mesmo abusivo, con todo era raro o uso coa acepción moderna de ditador.

Dux

Dux é unha verba latina que significa "condutor", "guía" (dux, ducis), correspondendo á palabra galega de orixe inglesa "líder", e designaba calquera persoa que comandase tropas, como, por exemplo, xefes tribais.

A palabra latina dux deu orixe ao termo duque, e os seus correspondentes noutras linguas (duc, en francés; duke, en inglés; duca, duce e doge, en italiano etc.).

Década de 40

A década de 40 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 40 e remata o 31 de decembro de 49.

Guerras púnicas

As guerras púnicas foron guerras sostidas nos séculos III e II antes de Cristo entre Roma e Cartago. A causa foi a competencia económica e militar da emerxente Roma coa potencia marítima hexemónica no Mediterráneo occidental e central dos cartaxineses.

República Romana

Para os Estados modernos do mesmo nome, véxase República Romana (1798-1799) e República Romana (1849).

A República Romana (Res Publica Romanorum, en latín) foi o goberno representativo de Roma e os seus territorios dende o ano 510 a.C. ata o establecemento do Imperio Romano no 27 a.C.

Senado

O Senado é a cámara alta do corpo lexislativo (Congreso, Asemblea Nacional, Parlamento, entre outros) daqueles países nos que o Parlamento está formado por dúas asembleas de representantes. Existe principalmente en países cunha forma de goberno federal, nos que a Cámara Alta da lexislatura representa ás divisións territoriais (Estados, cantóns ou provincias).

Na maioría dos países democráticos, os senadores -nome que reciben os membros dun senado- son elixidos polos cidadáns. Porén, nalgúns países, como Alemaña, os membros do senado (Bundesrat) non son elixidos directamente polos cidadáns, senón polos gobernos dos respectivos Estados (Länder).

Uxío III, papa

Beato Uxío III O.Císt., nado co nome de Bernardo Paganelli di Montemagno en Pisa e finado en Tívoli o 8 de xullo de 1153, foi o papa da Igrexa católica de 1145 a 1153.

Xoán II, papa

Xoán II, nacido co nome de Mercurio, foi Papa da Igrexa católica desde o 2 de xaneiro de 533 ao 8 de maio de 535.

Non se sabe a data do seu nacemento pero naceu en Roma fillo dun tal Projectus, foi presbítero da basílica de San Clemente al Laterano. O Anuario Pontificio para o ano 2001, indica que foi o primeiro papa en cambiar de nome, o seu nome era pagán derivado do deus (Mercurio, despois da súa elevación ao papado.

A súa elección realizouse dous meses despois da morte do seu predecesor, Bonifacio II, ese período de interregno papal caracterizouse pola simonía (compravenda de cargos eclesiásticos), fomentada polos aspirantes ao papado. Diante o escándalo o senado romano coa confirmación do rei ostrogodo Atalarico condenou a simonía nas eleccións papais.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.