Senado de España

O Senado é a cámara alta das Cortes Xerais, órgano constitucional que representa ao pobo español. É a cámara de representación territorial.

Senado
XII lexislatura
Escudo del Senado de España
Datos xerais
ÁmbitoEspaña España
Creación1977
TipoCámara Alta das Cortes Xerais
Inicio de sesións19 de xullo de 2016
Liderado
PresidentePío García-Escudero (PP)
desde o 13 de decembro de 2011
VicepresidentePedro Sanz (PP)
desde o 13 de xaneiro de 2016
Composición
Membros266 senadores
Senado de la XII legislatura de España
Grupos representados266 membros      Grupo Popular no Senado     Grupo Socialista     Grupo Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea     Grupo deEsquerra Republicana     Grupo Vasco no Senado (EAJ-PNV)     Grupo Mixto
Salario375.186 /ano
Sen contar pagas extra[1]
Título III da Constitución
Eleccións
Sistema electoralEscrutinio maioritario plurinominal parcial con listas abertas
Última elección26 de xuño de 2016
Sede(s)
Senado fachada Madrid
Palacio del Senado
Plaza de la Marina Española, Madrid
Sitio web
www.senado.es
Senado madrid
Palacio do Senado

Antecedentes

O Senado ten o seu antecedente máis remoto no Estatuto Real, outorgado pola raíña María Cristina, rexente durante a minoría de idade de Isabel II, e que estableceu por primeira vez en España a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.

O Estamento dos Próceres do Reino tiña unha composición mixta, con membros natos tales como os fillos do rei e os Grandes de España e membros de nomeamento real, limitado a individuos de clase, polo que quedaba unha cámara cuxa natureza correspondía en esencia á representación dos nobres e a xerarquía eclesiástica nas Cortes do Antigo Réxime.

A Constitución de 1837, aprobada como consecuencia dun motín que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleu por primeira vez a denominación de «Senado» para a Cámara Alta das Cortes Xerais. O seu primeiro presidente foi José María Moscoso de Altamira, conde de Fontao.

Nas sucesivas Constitucións de 1845, 1856, 1869 e 1876 o Senado figurou como Cámara Colexisladora, en pé de igualdade co Congreso dos Deputados, salvo, nalgúns casos, en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público, e ademais tivo en determinadas ocasións reservada a facultade de xulgar aos membros do Goberno acusados pola Cámara Baixa.

Durante a Segunda República Española quedou suprimido o Senado, decisión adoptada na sesión do 27 de outubro de 1931 por 150 votos contra 100. Tras perder a votación, Ángel Ossorio y Gallardo acusou os deputados conservadores e agrarios, que se retiraron do Parlamento, de non apoiarlle para impedir o triunfo do unicameralismo que preconizaban os socialistas.

Composición

Componse de 259 senadores, distribuídos da seguinte maneira:

O Senado é elixido por catro anos.

Funcións

Entre as súas funcións está:

  • Integración territorial:
  • Autorización de acordos entre Comunidades Autónomas.
  • Toma de medidas para forzar ás Comunidades Autónomas a cumprir a legalidade.
  • Control do Fondo de Compensación Interterritorial.
  • Lexislativa.
  • Control e impulso político.
  • Control da política exterior.

Composición

Resultado das eleccións

Eleccións xerais de España, 26 de xuño de 2016: Senadores

Candidatura Electos Dif. Designados Total
Partido Popular (PP) 130 +6 ' '
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 43
40
0
3
–4 19
17
1
1
62
Podemos 8 -1 ' '
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 10 +4 2 12
Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) 2 –4 2 4
Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) 5 -1 1 6
En Comú Podem 4 = 1 5
En Marea 1 -1 0 1
Compromís 1 = 1 2
Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (CC-PNC) 1 = 1 2
Agrupación Socialista Gomera (ASG) 1 = 0 1
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (C's) 0 = ' '
Euskal Herria Bildu (EH Bildu) 0 = 1 1
Total 208 58 266

Mesa do Senado

Mesa do Senado[2]
Cargo Titular Lista
Presidente Pío García-Escudero PP
Vicepresidente primeiro Pedro Sanz PP
Vicepresidente segundo Joan Lerma PSOE
Secretario primeiro Luis Aznar PP
Secretaria segunda Adela Pedrosa PP
Secretaria terceira María Eugenia Iparragirre EAJ-PNV
Secretario cuarto Juan Carlos Raffo PSOE

Notas

  1. "Un "diputado raso" cobra 5.245 euros al mes" El Imparcial, 18/3/2008.
  2. RTVE.es, ed. (19 de xullo de 2016). "Pío García-Escudero é reelixido presidente do Senado". Consultado o 19 de xullo de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arsenio Martínez-Campos Antón

Arsenio Martínez-Campos Antón, nado en Segovia o 14 de decembro de 1831 e finado en Zarautz o 23 de setembro de 1900, foi un militar español. En 1874 proclamou un pronunciamento en contra da Primeira República Española, iniciando a restauración borbónica. Foi máis tarde Capitán Xeneral de Cuba e Presidente do Goberno Español en 1879.

Candidatura Democrática Galega

A Candidatura Democrática Galega foi presentada de xeito conxunto nas elección xerais de 1977 ó Senado de España. Estaba formada polo MCG, o PPG, o PCG, o PSOE e máis o PSG.

Circunscrición electoral da Coruña

A Circunscrición electoral da Coruña é unha das 52 circunscricións (distrito electoral) utilizados para elixir os representantes no Congreso dos Deputados e o Senado de España. O da Coruña é un dos catro distritos que corresponden ás provincias galegas. Dentro da circunscrición, a cidade da Coruña é a máis grande e a única con máis de 100.000 votantes, tras esta Ferrol e Santiago de Compostela son as cidades máis poboadas.

Esperanza Aguirre

Esperanza Aguirre Gil de Biedma, nada en Madrid o 3 de xaneiro de 1952, é unha política española. Foi a presidenta da Comunidade de Madrid dende o 21 de novembro de 2003 ata o 26 de setembro de 2012.

Eugenio Montero Ríos

Eugenio Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1832 e finado en Madrid o 12 de maio de 1914, foi un destacado xurista e político galego, alcumado o "cuco de Lourizán" onde residiu até pouco antes de morrer.Foi partidario da separación entre Igrexa e Estado, e á súa iniciativa débense a Lei do Rexistro Civil e a Lei do Matrimonio Civil.

Francisco Serrano Domínguez

Francisco Serrano Domínguez, nado en Isla de León (Cádiz) o 17 de decembro de 1810 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1885, Duque de la Torre, foi un militar e político español. Capitán Xeneral de Cuba (1859-1862), Presidente do Senado (1865-1866 e 1883-1884), Presidente do Consello de Ministros (1868-1868, (1871-1871) e (1872-1872), Rexente (1869-1870) e Presidente do Goberno de España (1874-1874).

Javier Rojo

Francisco Javier Rojo García, nado en Pamplona, Navarra o 2 de marzo de 1949, normalmente chamado Javier Rojo, é un político español, membro do PSE-EE e presidente do Senado de España entre 2004 e 2011.

José Elduayen

José Elduayen Gorriti, Marqués do Pazo da Mercé, nado en Chinchón, Comunidade de Madrid o 22 de xuño de 1823 e finado en Madrid o 24 de xuño de 1898, foi un enxeñeiro e político español, ministro de Facenda durante o reinado de Amadeo I, ministro de Ultramar e ministro de Estado durante o reinado de Afonso XII e novamente ministro de Estado e ministro de Gobernación durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

José Gutiérrez de la Concha

José Gutiérrez de la Concha Marqués de la Habana, nado en Córdoba (Arxentina) o 4 de xuño de 1809 e finado en Madrid o 5 de novembro de 1895, foi un político e militar español.

José López Domínguez

José López Domínguez, nado en Marbella (Málaga) o 29 de novembro de 1829 e finado en Madrid o 17 de outubro de 1911, foi un militar e político español. Ocupou a presidencia do goberno dende o 6 de xullo de 1906 ó 30 de novembro de 1906.

José María Moscoso de Altamira

José María Moscoso de Altamira Quiroga, nado en Mondoñedo o 25 de maio de 1788 e finado en Madrid o 1 de marzo de 1854, foi un político galego.

Lista de Presidentes do Senado de España

De seguido, amósase a lista de presidentes do Senado de España. O senado correspóndese coa Cámara Alta nos sistemas políticos bicamerais como o español e serve como cámara de representación territorial (art.69.1 da Constitución). O Presidente do Senado de España elíxese na sesión constitutiva do Senado por maioría absoluta entre os seus membros. Segundo a Constitución Española de 1978, é a cuarta autoridade en importancia de España.

Manuel Allendesalazar Muñoz

Manuel Allendesalazar y Muñoz de Salazar, nado en Gernika-Lumo o 24 de agosto de 1856 e finado en Madrid o 17 de maio de 1923, foi un enxeñeiro e político vasco, Presidente do Goberno de España entre 1919 e 1920, e en 1921. Foi ademais, senador, deputado, presidente do Senado e alcalde de Madrid.Foi ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo e presidente do Consello de Ministros, ministro de Instrución Pública e Belas Artes, de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas, de Gobernación, de Estado, de Fomento e de Mariña durante o reinado de Afonso XIII.

Manuel García Prieto

Manuel García Prieto, nado en Astorga (provincia de León) en 1859 e falecido en Donostia o 8 de marzo de 1938, foi un político español.

Ocupou a presidencia do goberno en 1912, 1917 (dúas veces), 1918 e 1922. Como membro da familia sanguínea e política de Montero Ríos desempeñou un papel de primeira orde na política galega e española das dúas primeiras décadas do século XX.

Manuel Pando Fernández de Pineda

Manuel Pando Fernández de Pineda, nado en Madrid en 1792 e falecido na mesma cidade o 20 de febreiro de 1872, foi Marqués de Miraflores e de Pontejos, Conde de Villapaterna e da Ventosa, Señor de Villargarcía del Pinar e de Miraflores. Político, diplomático e historiador español.

Foi embaixador de España en Londres en 1834 durante a Regencia de María Cristina de Borbón sendo un dos artífices da Cuádrupla Alianza. En 1838 foi embaixador en París. Foi nomeado durante pouco máis dun mes Presidente do Consello de Ministros en 1846, pero a convulsión dos primeiros días derribaron o seu goberno en favor de Ramón María Narváez. Posteriormente foi Ministro de Estado en 1851, e de novo Presidente do Consello en 1863. Pouco antes da Revolución de 1868 foi Presidente do Senado.

Foi membro da Real Academia da Historia.

Marcelo Azcárraga Palmero

Marcelo de Azcárraga Palmero, nado en Manila o 4 de setembro de 1832 e finado en Madrid o 30 de maio de 1915 foi un militar e político español, presidente do Consello de Ministros en tres ocasións durante o reinado de Afonso XIII.

Pío García-Escudero

Pío García-Escudero Márquez, IV conde de Badarán, nado en Madrid o 28 de outubro de 1952, é un arquitecto e político español, actual presidente do Senado de España.

Foi deputado da Asemblea de Madrid (1991-2003) e senador por Madrid (desde 1995), así como presidente do Partido Popular na Comunidade de Madrid (1993-2004).

Álvaro Gómez Becerra

Álvaro Gómez Becerra, nado en Cáceres en 1771 e finado en Madrid en 1855, foi un político español.

Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta

Álvaro de Figueroa Torres Mendieta, Conde de Romanones, nado en Madrid o 9 de agosto de 1863 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1950, foi un político español. Foi 17 veces ministro e 3 veces presidente do goberno con Alfonso XIII.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.