Sempre en Galiza

Este artigo trata sobre o libro de Castelao, para o artigo sobre programa de radio véxase Sempre en Galicia.
Sempre en Galiza
Autor/aAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
OrixeGaliza
LinguaGalego
Tema(s)Política
Xénero(s)Ensaio
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1ª edición, 1944
Páxinas584 páx. (22ª edición, Galaxia)
ISBN978-84-8288-729-6

Sempre en Galiza é un libro de ensaio político escrito por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego. A obra publicouse o 10 de marzo de 1944 en Buenos Aires e os primeiros exemplares que chegaron a Galicia fixérono de xeito clandestino.

No libro axúntanse artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra. O limiar da obra, Adro, comprende os artigos que dende Badaxoz escribiu para A Nosa Terra en 1935. A primeira parte escribiuna entre Valencia e Barcelona en 1937, orixinariamente publicouse na forma de artigos no xornal que os galegos exiliados publicaban en Madrid, Nueva Galicia. A segunda parte escribiuna en Nova York e durante a viaxe que o levou a Buenos Aires en 1940. O resto escribiuno en Buenos Aires entre 1942 e 1943.

Contido

Adro

Constituído por 14 capítulos que apareceran como artigos co título xenérico de "Verbas de chumbo" n' A Nosa Terra, teñen como eixo o posicionamento de Castelao no seo do Partido Galeguista verbo da súa orientación ideolóxica e da súa alianza co centro esquerda español, o que chocaba coa orientación do ata entón principal ideólogo do galeguismo, Vicente Risco, e que conduciría á súa marcha do PG.

Castelao realizou algunhas modificacións ó texto dos artigos, na maior parte de tipo lingüístico ou de estilo.

Libro I

Escrito durante a guerra civil española, o texto apareceu no xornal Nueva Galicia entre xullo de 1937 e setembro de 1938 co título de Verbas de chumbo, agás a primeira que apareceu co título Nós. De novo publicouse en Nova Galiza de Barcelona tamén entre os anos 1937 e 1938. Castelao pensou en publicar un libro con estes textos co título de Verbas de chumbo, pero o desenvolvemento da guerra impediu que se editase. Trala derrota da república, Castelao modificou o texto para axeitalo á nova situación política.

O libro xira arredor do problema político galego e da súa resolución, a consideración de Galicia como nación e o repaso do posicionamento dos diferentes grupos políticos ante o problema nacional e analiza as vantaxes dunha república federal, a historia do galeguismo e do Estatuto.

Libro II

Este libro comezouno a escribir Castelao en Nova York ó alborexar 1940. Consta de 26 capítulos que finalizou no paquebote que o levaba á Arxentina e estaba pensado como unha segunda parte do libro anterior (Verbas de chumbo) para reflectir o afastamento político de Castelao das forzas republicanas motivado pola actitude destas cara ao Estatuto de Autonomía de Galicia e a súa actitude política no exilio.

Libro III

Este libro, que consta de 35 capítulos, escribiuse durante o desenvolvemento da segunda guerra mundial, entre febreiro de 1942 e abril de 1943, no que se albiscaba un triunfo dos aliados que levase á desfeita do réxime franquista e reflicte unha posición política pragmática e posibilista, de colaboración cos republicanos españois. É o libro máis ideolóxico de todos os que compoñen o Sempre en Galiza.

Libro IV

Este libro non figuraba na primeira edición senón que foi engadido na segunda edición (1961) con textos escritos por Castelao entre 1947 e 1948, tralo seu paso polo goberno de José Giral e a súa volta á Arxentina desilusionado coa situación política. Os sete capítulos do libro céntranse no federalismo. No capítulo primeiro inclúe o comezo do discurso Alba de Groria pronunciado no Teatro Arxentino de Buenos Aires o 25 de xullo de 1948.

Edicións

Algunhas das edicións máis coñecidas da obra son:

Recoñecemento

O Consello da Cultura Galega polo 70 aniversario da súa edición fixo accións de visibilización.[6]

Notas

  1. Esta é unha versión censurada, comenza cunha nota do director da colección, Xesús Alonso Montero titulada "Esclarecendo un pouco", na que se dí textualmente "Os leutores disimularán -i entenderán- as pequenas omisiós -non chegan a duas páxinas en total-, omisios que foron debidas a necesidade de publicar hoxe o texto -texto completo que aparecerá completo cando aquí poda aparecer completo- e que non mancan nin imprecisan ningún dos planteamentos de Castelao". A continuación reproducense os textos omitidos:
    Páxina Ubicación Texto censurado
    34 liña 11, despois de "Felipe II" para faceren esta guerra noxenta
    191 liña 6, despois de "países retrógadas!..." Non se daría nada maís risible se non eisistira un Exército regular e a Garda Civil para defender esta hipocresía, esta ficción, esta falsedade; pero xa non é risible senón indiñante, a posición suicida das "esquerdas" e do mesmo proletariado.
    195 liña 5, despois de "miliatarismo" que se consideraba ferido nos seus sentimentos patrióticos e hipotecou a independencia da patria,
    195 liña 15, despois de "en pólvora" Eles representaban o orgullo, a soberbia e a vaidade; é decir, o máis vello, máis negro e máis podre da Hespaña centralista. Veles aí van:

    MILITARISMO

    A bravura dos militares hespañoes era o medo que metía medo.

    O coartel era un convento onde se xuraba, se blasfemaba, se conspiraba contra o Goberno, se pegaban labazadas, se depelicaban patacas e se tocaba a corneta. Alí os xefes e oficiaes escollían asistentes. Os militares usaban bigotes e padecían de catarro crónico. Adobiábanse con plumas, charoles, ferros e botóns dourados, para namoraren mulleres. Gostaban máis das procesións que das batallas. Perdían as guerras —eso é verdade—; pero perdíanas groriosamente. Eran cabaleiros no Casino e arrieiros no fogar. Chegaban a xeneraes polo riguroso turno de antigüedade. Morrían de prostatitis crónica (nos militares hespañoes todo era crónico).

    Os militaristas amaban a “intanxible unidade da patria”. Creían que Isabel a Católica descobrira as Américas. Tiñan unha espiña cravada no corazón: Xibraltar. Arruináranse comprando “marcos” e seguían sendo xermanófilos.

    Por algo foron vencidos polo povo.

  2. 2,0 2,1 Inclúe textos de Justo G. Beramendi, Xulio Cabrera, X. Castro, I. Cochón, F. Dubert, R. Máiz, A. Mato, H. Monteagudo, Xan Moreno e Ramón Villares.
  3. Conmemora o quincuaxésimo aniversario do pasamento do autor.
  4. Edición galega en portugués adaptada polo profesor Fernando Vázquez Corredoira. Con anotacións de Fernando Vázquez Corredoira e Ernesto Vázquez Souza, e textos de Camilo Nogueira, Francisco Rodríguez, Xosé Manuel Beiras, Margarita Ledo, Encarna Otero e Luís Gonçales Blasco ‘Foz’. Inclúe a separata 'Sempre Castelao'.
  5. Ficha de Forever in Galicia na páxina web da editorial.
  6. "Unha iniciativa para conmemorar o 70º aniversario da edición de Sempre en Galiza". Consello da Cultura Galega. Consultado o 24 de outubro de 2018.

Véxase tamén

Bibliografía

10 de marzo

O 10 de marzo é o 69º día do ano do calendario gregoriano e o 70º nos anos bisestos. Quedan 296 días para finalizar o ano.

Aldea

Unha aldea ou lugar é unha división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación. As aldeas integran a parroquia e estas o concello, e están constituídas polos barrios ou lugares.

Cita de Castelao sobre as aldeas en Sempre en Galiza:

Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50% das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un millón de topónimos e microtopónimos a maioría destes ligados a aldeas e lugares espallados por toda a xeografía do país. Outros expertos elevan este número ata uns tres millóns, é dicir, Galicia conta con máis topónimos que habitantes.Nas últimas décadas Galicia vén sufrindo unha sangría de poboación rural que marcha cara as cidades, quedando a miúdo as aldeas do rural baleiras. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), no ano 2007 o país tiña 1.261 lugares abandonados (sen un só habitante censado); no ano 2006 eran 1.183; en 2000 apenas superaban o millar. Ademais hai uns 1.700 lugares que só contan con un a tres veciños.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

Alfonso Mato

Alfonso Mato Domínguez, nado en Ribadavia en 1956, é un historiador e documentalista galego.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Caciquismo

O caciquismo foi unha práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, empregando o sistema de encadramento, pucheirazo, "resurrección de mortos" etcétera.

Carlos Babío Urkidi

Carlos Babío Urkidi é un investigador e escritor galego.

É autor, canda o historiador Manuel Pérez Lorenzo, do ensaio Meirás. Un pazo, un caudillo, un expolio, editado pola Fundación Sempre en Galiza en 2017.

Diccionario bio-bibliográfico de escritores

O Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores é unha obra enciclopédica de Antonio Couceiro Freijomil en lingua castelá. Trátase dunha referencia biobibliográfica de diferentes autores literarios que publicaron en Galiza. Foi editada de 1951 a 1954 en Santiago de Compostela pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos, dentro da colección Enciclopedia Gallega. Inclúe 4169 entradas.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

La Noche

La Noche foi un xornal vespertino que se editou en Santiago de Compostela entre 1946 e 1967.

Nacionalismo galego

O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego. Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así:

É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, desde a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade. A corrente política á que se refire o nacionalismo galego nace a finais do século XIX con movementos culturais que logo foron ós poucos dando o paso a partidos políticos.

Ruín Bois

Ruín Bois foron unha banda musical de oi!, formadad en Bueu en 1995. O seu álbum Sempre en Galiza (1997), con certa repercursión nos anos 90, foi reeditado en 2016.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Sempre en Galicia

Este artigo trata sobre o programa de radio, para o artigo sobre o libro de Castelao véxase Sempre en Galiza.Sempre en Galicia é un programa de radio en lingua galega realizado en Uruguai, emitido por Radio Oriental os domingos das 9:00 ás 10:00 da mañá (hora de Uruguai). É o programa decano en lingua galega, a primeira transmisión realizouse o 3 de setembro de 1950 e durante moitos anos foi o único programa realizado en galego.

Nace en 1950 por iniciativa de oito galegos residentes no Uruguai: Manuel Meilán, Lois Tobío Fernández, Antón Crestar, Pedro Couceiro, Xesús Canabal, Emilio Pita, Manuel Leiras e Alfredo Somoza. A continuidade e o grao de implicación dos seus promotores sería desigual. Colaborarán nela persoas como Marisa Barrio, Cristina Samuelle ou Iolanda Díaz Gallego.

Sempre en Galiza (álbum)

Sempre en Galiza é o primeiro álbum de estudio do grupo musical de oi! galego Ruín Bois. Foi publicado en 1997, baixo o selo belga Pure Impact. En 2016 foi reeditado en formato vinilo, por Common People Records. As letras do álbum están en galego, inglés e castelán.

Todos os temas foron compostos polo grupo, agás "Zipaioak" (Puñetazo Oi!) e "Dodot no ha muerto" (Decibelios).

Vaca

A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén é animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, xovencas. Existen os adxectivos vacún/vacúa e bovino.

Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto da Unión Europea por número de cabezas de gando bovino.

Vicente Risco

Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

Xosé Ramón Pena

Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.

Obra
Familia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.