Seminario de Estudos Galegos

O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución creada en 1923[1] polo galeguismo para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores.

Seminario en Ortoño
AQUÍ NACEU
O SEMINARIO
DE ESTUDOS GALEGOS
XII-X-MCMXXIII

Creación

Anteproyeito de Estatuto da Galiza, 1931.pdf
Anteproyeito de Estatuto da Galiza (1931), íntegro en pdf.

Antón Losada Diéguez tivo a idea de crear un órgano que tivese como función poñer en valor a cultura galega, unha función que a universidade galega da época, a de Santiago, non cumpría ó desenvolver programas académicos alleos á realidade, á historia e á cultura galegas. Fórmase, pois, na casa de Losada en Pontevedra a Xuntanza de Estudos e Investigacións Históricas e Arqueolóxicas.

Paralelamente, como conta Lois Tobío Fernández, en 1923, Wenceslao Requejo Buet proponlle a un grupo de estudantes de primeiro de Dereito formar un grupo "cos que se interesasen por problemas de cultura, arte, literatura e historia principalmente, algo así como unha tertulia ou ateneo"[2]. Nese grupo, que primeiro collería xente como Filgueira Valverde, Ramón Martínez López, Manuel Magariños ou Lois Tobío Fernández, estenderíase despois a estudantes maiores (Fermín Bouza Brey, Romero Cerdeiriña...) e aos profesores, como Armando Cotarelo Valledor. De feito, foi Cotarelo quen lle deu o nome de Seminario de Estudos Galegos, que foi como pasou á historia.

Nunha xuntanza celebrada o 12 de outubro de 1923 en Ortoño (Ames), na casa onde vivira Rosalía de Castro, onde participan estes nove estudantes recollendo a tradición da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, acordan a creación do seminario. Ós poucos días, o 23 de outubro, intégranse nel boa parte da intelectualidade galeguista que se movía ó redor da revista Nós e asinan a acta fundacional no domicilio de Armando Cotarelo Valledor. Porén Lois Tobío sinala que Losada Diéguez non se sumou ao seminario nese momento inicial, senón pouco despois, canda o Grupo Nós, Castelao, Antón Villar Ponte, Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré Alvarellos ou Gonzalo López Abente.[2]

No escudo, deseño de Castelao, a tipografía discorre sobre dous círculos concéntricos que xiran arredor dun cáliz con cinco estrelas e unha pomba, coas lendas SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS · COMPOSTELA e DEUS · SCIENTIA · GRATRESQUE · GALLÆTIÆ.[3]

Nos anos seguintes incorporaríase a maior parte de intelectualidade galeguista, dende o arquiveiro do concello de Santiago de Compostela, Pablo Pérez Costanti, ata o arcebispo Manuel Lago González, pasando por Ramón María Aller, Federico Maciñeira ou Xesús Carro.

Consolidación

En 1925 Cotarelo trasládase a Madrid e a presidencia pasa a Salvador Cabeza de León. Comezan tamén a recibir axudas económicas e en 1927 empezan a publicar os Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, que editará Ánxel Casal e que recompilará as publicacións da institución. Con anterioridade os seus produtos editábanse a través da Real Academia Galega. Contou con local propio desde 1925, situado nos baixos do Colexio Maior San Clemente[4] e pasou de contar con só un cento de asociados nos seus comezos a chegar aos 500 no curso 1925-1926[5].

Obxectivos e estrutura

Alexandre Bóveda Seminario de Estudos Galegos
Alexandre Bóveda foi nomeado socio aitivo o 20 de outono do 1928, Sant-Iago, 28 de outono de 1931.

O programa do Seminario fíxase os seguintes obxectivos: "o estudo de todas as manifestacións da cultura galega, tendendo á formación dos investigadores e á divulgación do resultado dos traballos".

SEG, Xosé Filgueira Valverde, 3 de novembro do 1923, 28 de outono de 1931
Filgueira Valverde foi nomeado socio aitivo o 3 de novembro do 1923, Sant-Iago, 28 de Outono de 1931.

O SEG estaba estruturado en doce seccións e utilizaba como método de traballo os equipos interdisciplinarios e aínda que non todos os traballos feitos estiveran en galego, é certo que foi o SEG quen por primeira vez utilizou a lingua galega de xeito significativo para facer traballo científico, mesmo sendo obrigatorio a lectura dun traballo orixinal en galego para adquirir a condición de socio numerario. As doce seccións, e os seus presidentes, son as seguintes:

Xoaquín Lourenzo Fernández. Seminario de Estudos Galegos
Xoaquín Lourenzo foi nomeado socio aitivo o 1º de Maio do 1926, Sant-Iago, 14 de Xaneiro de 1932.

Estudos das comarcas galegas

Entre os obxectivos do Seminario estaba a creación de estudos das comarcas galegas, a través de cada unha das súas seccións científicas, e destes traballos publicaron varios libros:[6]

Disolución

En 1936 o SEG, tras trece anos de actividade, foi desmantelado polo novo réxime xurdido do 18 de xullo. En 1944 co patrimonio do SEG creouse o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento dependente do CSIC.[10]

Notas

  1. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5.
  2. 2,0 2,1 Tobío Fernández, Lois: As décadas de TL, Ediciós do Castro, 1994, pp. 123-126
  3. Díaz, Xosé: "As liñas da conciencia. Castelao ilustrador e deseñador" p. 235 en Boletín da RAG n.º 375, 2014.
  4. Tobío Fernández, Lois: As décadas de TL, Ediciós do Castro, 1994, p. 131
  5. Emilio Xosé Ínsua e xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais, pp. 341-342
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 O libro Terra de Melide
  7. Ficha do libro en Galiciana
  8. Ficha en Galiciana
  9. Ficha do libro en Galiciana
  10. Ayán, Xurxo: «Saudades do Seminario» 1/7/2010.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

  • Arquivos do Seminario de Estudos Galegos

Ligazóns externas

Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.

Antón Iglesias Vilarelle

Antón Iglesias Vilarelle, nado en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 1891 e finado en Pontevedra o 11 de maio de 1971, foi un mestre e músico galego.

Federico Maciñeira

Federico Guillermo Maciñeira Pardo de Lama, nado no Barqueiro (Mañón) o 3 de setembro de 1870 e falecido en Ortigueira o 25 de xaneiro de 1943, foi un arqueólogo e político galego.

Florentino López Cuevillas

Florentino López Alonso-Cuevillas, nado en Ourense o 14 de novembro de 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, foi un historiador e escritor galego. En 1968 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Está considerado o pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu ás Irmandades da Fala, a Xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política en pro do galeguismo, na época en que se volveu nacionalista trala fase rexionalista.

Porén, o seu labor socio-político viuse profundamente trastornado trala guerra civil española e a chegada do franquismo, se ben continuou a divulgación da cultura galega a través da Real Academia Galega, da que foi membro numerario, e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Como fixeron o resto de compañeiros da súa xeración, contribuíu á maduración da prosa galega, pero realmente polo que destacou foi polo seu intenso labor dentro do ámbito científico. Catapultado pola obra do alemán Hugo Obermaier (Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia), Cuevillas acometeu a complexa tarefa de desenvolver o campo da arqueoloxía en Galicia co obxectivo de reconstruír e estudar unha parte do tempo que até aquel momento fora esquecida.

Leandro Carré Alvarellos

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego..

Luís Iglesias Iglesias

Luís Iglesias Iglesias, nado en Teis (Vigo) o 2 de xullo de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 29 de decembro de 1977, foi un científico galego.

Manuel Lugrís Freire

Manuel Lugrís Freire, nado en Sada o 11 de febreiro de 1863 e finado na Coruña o 15 de febreiro de 1940, foi un poeta, ensaísta e dramaturgo galeguista, un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do século XX. Fundou o primeiro periódico americano redactado en lingua galega. Foi director ou cofundador da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia Galega, do sindicato Solidaridad Gallega, das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista e membro do Seminario de Estudos Galegos. Foi pai do pintor Urbano Lugrís González. En 2006 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Pablo Pérez Costanti

Pablo Pérez Costanti Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 2 de decembro de 1857 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1938, foi un arquiveiro e escritor galego.

Palmeira, Ribeira

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Paulino Pedret

Paulino Pedret Casado, nado en Santiago de Compostela o 20 de agosto de 1899 e finado o 26 de maio de 1969, foi un sacerdote e escritor galego.

Praza do Seminario de Estudos Galegos

A Praza do Seminario de Estudos Galegos de Santiago de Compostela é unha praza axardinada situada no Campus Sur da Universidade de Santiago.

Está limitada polo oeste pola avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri, e polo norte, leste e sur pola avenida de Lope Gómez de Marzoa.

Todo o seu flanco norte está ocupado pola fachada da Facultade de Farmacia, no flanco leste está a Unidade de Xestión Académica Sur (UXA Sur) da Universidade de Santiago de Compostela, e no flanco leste encóntrase a Facultade de Dereito.

Ramón María Aller

Ramón María Aller Ulloa, nado no pazo de Filgueiroa de Donramiro (Lalín) o 3 de febreiro de 1878 e finado na vila de Lalín o 28 de marzo de 1966, foi un astrónomo galego, ademais de sacerdote e matemático.

Ribeira, Ribeira

Santa Uxía de Ribeira é unha parroquia pertencente ao Concello de Ribeira na Comarca do Barbanza (A Coruña). Segundo o IGE en 2013 tiña 14.823 habitantes (7.433 mulleres e 7.390 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumenton en relación ao ano 1999 cando tiña 12.770 habitantes.

Salvador Cabeza de León

Salvador Cabeza de León, nado en Betanzos o 4 de febreiro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1934, foi un destacado galeguista, profesor e político galego.

Sebastián González García-Paz

Sebastián González García-Paz, nado en Pontevedra o 16 de maio de 1908 e finado na mesma cidade o 5 de agosto de 1967, foi un historiador e arqueólogo galego, secretario do Seminario de Estudos Galegos.

Victoriano Taibo

Victoriano Taibo García, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1885 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1966, foi un mestre, poeta e narrador galego, discípulo literario de Ramón Cabanillas, galeguista, de esquerdas, membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega.

Xesús Carro

Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884 e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1973, foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.