Semana Santa de Ferrol

A Semana Santa de Ferrol é o conxunto de actos de conmemoración da Paixón de Cristo que se celebran na cidade de Ferrol, en Galicia. Desde o ano 1995, está declarada Festa de interese turístico nacional, e desde o 2014 de interese turístico internacional[1].

Dá comezo o Domingo de Ramos e finaliza o Domingo de Resurrección. Durante todos os días comprendidos entre ambos, saen á rúa diversas procesións, organizadas polas cinco confrarías con sede na cidade. Os días máis destacados son o Xoves Santo e Venres Santo.

Semana Santa de Ferrol
Os Caladiños 012
A Santísima Virxe das Dores sae da Concatedral de San Xiao, ao comezo da procesión de "Vos Caladiños" de 2007.
Datos da festa
Nome oficialSemana Santa en Ferrol
TipoRelixiosa católica
Celebrada por:Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa Ferrolá
ComezoVenres de Dores, (venres anterior ao Domingo de Ramos).
FinDomingo de Resurrección
DataVariable (Ver Computus).
ConcelloFlag maritime ferrol.svg Ferrol
ParticipantesConfrarías integrantes da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa Ferrolá:
  • Venerable, Real e Moi Ilustre Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores
  • Pontificia, Real e Ilustre Confraría da nosa Señora das Angustias
  • Confraría da Venerable Orde Terceira de San Francisco
  • Confraría de Cabaleiros do Santo Enterro
  • Confraría da Mercé
  • SignificadoConmemoración da Paixón de Cristo
    CostumesProcesións e outros actos de carácter relixioso
    Recoñecementos
  • Festa de interese turístico nacional(1995)
  • Festas de interese turístico internacional de España (2014)
  • Páxina webPáxina oficial

    Confrarías

    Son un total de cinco, agrupadas todas elas na Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa Ferrolá:

    Galería de imaxes

    Ecce Homo 008

    Procesión do Ecce Homo, o Domingo de Ramos de 2010.

    Santo Encuentro 075

    A Stma. Virxe das Dores na Procesión do Santo Encontro.

    Coronación de Espinas y Virgen de la Amargura 036

    A Stma. Virxe da Amargura, o Luns Santo de 2008.

    Jesús Atado a la Columna y Virgen Esperanza 055

    Retirada da Stma. Virxe da Esperanza, o Martes Santo de 2006.

    Cristo Misericordia y María Stma. Piedad 024

    O trono de María Santísima da Piedade percorre a rúa Real ferrolá na Semana Santa de 2008.

    Notas

    1. "La Semana Santa de Ferrol obtiene el reconocimiento de Fiesta Interés Turístico Internacional" artigo en EFE, 16 de xaneiro de 2014 (en castelán).
    Ferrol

    Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

    Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

    O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

    Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

    Festas de interese turístico de Galicia

    A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria.

    As Festas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

    Festas de interese turístico internacional de España

    A declaración de Festa de interese turístico internacional é unha distinción de carácter honorífico que se concede en España pola Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España, ás festas ou acontecementos que supoñan manifestacións de valores culturais e de tradición popular, con especial consideración ás súas características etnolóxicas e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico.

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

    Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

    O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

    Semana Santa de Viveiro

    A Semana Santa de Viveiro é unha celebración católica que ten lugar de xeito anual, na cidade galega de Viveiro. É unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se vén realizando de modo ininterrompido dende o século XIII. Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Xesús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías. Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa de Viveiro é tamén considerada coma un acontecemento cultural, popular e de atracción turística.A Semana Santa de Viveiro é un dos principais reclamos turísticos da localidade conseguindo ano a ano atraer a miles de visitantes que chegan chamados polo carácter único destas celebracións. Como reflexo da súa importancia, a celebración da Semana Santa de Viveiro alcanzou a declaración de Interese Turístico Internacional, recoñecemento que logrou no ano 2013. Esta Semana Santa destaca polo gran valor artístico da imaxinería e ourivaría, ademais de ter un carácter xeralmente sobrio e austero, que fai que se asemelle máis á Semana Santa castelá, en comparación con exemplos quizais máis soados como a Semana Santa andaluza.Os actos centrais da Semana Santa de Viveiro dan comezo o Venres de Dores e a súa celebración prolóngase durante máis dunha semana, finalizando o Domingo de Resurrección. Nela participan un total de oito Confrarías e Irmandades que compoñen a Xunta de Confrarías, encargada de coordinar os diferentes actos e desfiles procesionais que representan a Paixón de Cristo.

    Semana Santa en Galicia

    A Semana Santa en Galicia é o período sagrado do Cristianismo comprendido entre o Domingo de Ramos e o Domingo de Resurrección, celebrado en Galicia. Aínda que vai perdendo forza en comparación con outras rexións de España, aínda destacan as procesións dalgunhas vilas coma Ferrol e Viveiro.

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.