Semana Santa

A Semana Santa é a festa máis importante do calendario cristiano. Conmemora a entrada de Xesucristo en Xerusalén, a súa morte na cruz e a súa resurrección.

Aínda que comeza o Domingo de Ramos e termina o Domingo de Pascua, a Semana Santa inclúe varias celebracións:

A Semana Santa celébrase na primavera, pero non coincide cunha data determinada do calendario, xa que ven determinada polo calendario lunar. As igrexas occidental e oriental utilizan calendarios diferentes para determinar o día de Pascua (o gregoriano en occidente e o xuliano en oriente), e aínda non chegaron a ningún acordo para unificar o criterio.

En Galicia destacan as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol, ambas declaradas Festas de interese turístico internacional.

Procesion del Silencio 2014 554
Procesión do Silencio, Zamora.
Servitas 01
Imaxe da morte de Xesucristo na Semana Santa sevillana.
Albudeite

Albudeite é un concello español da Rexión de Murcia, situado na comarca do Río Mula. Tiña unha poboación de 1.383 habitantes en 2014.

Atópase a 26 km da cidade de Murcia. Limita ao norte, leste e sur con Campos del Río e ao oeste con Mula.

Destaca a celebración da Semana Santa.

Calafell

Calafell é un municipio de Cataluña, España. Pertencente á provincia de Tarragona, na comarca do Baix Penedès, está situado na costa. Segundo datos de 2009, a súa poboación era de 24.265 habitantes. O termo está formado por tres núcleos principais: Calafell, Segur de Calafell e Platja de Calafell, ademais de 28 urbanizacións.

Limita ó leste con Cunit, ó norte con Castellet i la Gornal, ó noroeste con Bellvei, polo oeste con El Vendrell, e polo sur co Mar Mediterráneo.

O principal motor económico do concello é o turismo, concentrado principalmente entre Semana Santa e outubro.

Cieza, Murcia

Cieza é un concello español situado ao norte da Rexión de Murcia, capital da comarca da Vega Alta del Segura e porta natural á Rexión de Murcia polo norte desde a meseta manchega. Actualmente ten 34.987 habitantes (INE 2017), sendo a sexta cidade por poboación da rexión, detrás de Murcia, Cartagena, Lorca, Molina de Segura e Alcantarilla.

Cieza posúe un rico e vivo patrimonio cultural, no que cada ano pódese gozar das súas festas, como as de Semana Santa e San Bartolomé; tamén garda moitos tesouros arqueolóxicos que percorren todas as épocas: pinturas rupestres, poboados íberos, restos romanos, e a impresionante Medina Siyâsa -cidade árabe-, que domina o actual emprazamento de Cieza desde a saia do Castelo e con exposición permanente no museo da cidade.

Confraría relixiosa

Unha confraría ou irmandade é unha asociación de fieis católicos, pública ou privada, establecida conforme aos canons do Título V do Código de Dereito Canónico.

As confrarías reúnen aos crentes ao redor dunha advocación de Cristo, da Virxe ou dun santo, un momento da Paixón ou unha reliquia, con fins piadosos, relixiosos ou asistenciais. De tal modo poderíase falar de irmandades sacramentais, cristolóxicas, marianas, santísticas, de ánimas, mixtas, paixonarias etc. Pero de forma xeral, e á marxe do establecido polo Dereito, admítense, tradicionalmente, tres tipos de confrarías:

Penitenciais, as que fan pública estación de penitencia en Semana Santa.

Sacramentais, as que cultivan, como obxectivo básico, a devoción e adoración cara ao Santísimo Sacramento.

De Gloria, que é como se denomina, nalgunhas partes, ás irmandades que non encadran en ningún dos dous segmentos anteriores; normalmente, fomentan o culto a algunha advocación mariana ou a algún santo.Moitas confrarías adoitan organizar unha procesión, polo menos unha vez ao ano, ben soas ou reunidas a outras confrarías.

Cuenca, España

Cuenca é unha cidade de España, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É a capital da provincia de Cuenca e está situada na confluencia dos ríos Xúcar e Huécar, que forman profundos canóns. En 2008 a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de Castela-A Mancha.

Domingo de Ramos

Para os cristiáns, o Domingo de Ramos é o primeiro día da Semana Santa, período en que conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret. Iníciase rememorando a Entrada de Xesús en Xerusalén. A data de celebración varía cada ano, sempre na contorna dos meses de marzo e abril.

A liturxia do Domingo de Ramos comeza coa bendición das palmas e ramas de oliveira.

Festas de interese turístico internacional de España

A declaración de Festa de interese turístico internacional é unha distinción de carácter honorífico que se concede en España pola Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España, ás festas ou acontecementos que supoñan manifestacións de valores culturais e de tradición popular, con especial consideración ás súas características etnolóxicas e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico.

Festas de interese turístico nacional de España

A declaración de Festa de interese turístico nacional é unha distinción de carácter honorífico que se concede en España pola Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España, a festexos ou acontecementos que se celebran en España e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico.

La Bañeza

La Bañeza é un concello español da provincia de León, na zona noroccidental da comunidade autónoma de Castela e León. Capital da comarca de Tierra de La Bañeza, aos pés da Serra do Teleno, é tamén cabeza de partido xudicial.

Zona de asentamento ástur, o seu territorio foi parte do Conventus Asturum durante a dominación romana. A poboación xurdiu por orde do Conde Gatón no século IX, a partir de dous núcleos, San Pedro de Périx e Bani Eiza. Sede dun Marquesado durante a Idade Moderna, a finais do século XIX comezou a súa transformación económica e urbana, dando lugar a un dos núcleos máis importantes da provincia.

Dentro da súa actividade económica destaca a industria alimentaria, grazas á presenza da azucreira, e o sector servizos, debido á súa posición como importante centro comarcal. Ao longo do ano teñen lugar varias celebracións de notable participación cidadá, como os Entroidos, a Semana Santa e as festas patronais, durante as cales celébrase unha das poucas carreiras urbanas de motociclismo existentes en España.

Lorca

Lorca é unha cidade e concello español da Rexión de Murcia situado no sueste da península Ibérica. Pertence á comarca do Alto Guadalentín. Ten 92.869 habitantes (INE 2011), sendo a terceira cidade en poboación da comunidade, tras Murcia e Cartagena. É o segundo municipio máis extenso de España, tras Cáceres, con 1.676 km².

Lorca é coñecida polo seu castelo, a súa arquitectura barroca e as súas procesións de Semana Santa, declaradas como Festa de Interese Turístico Internacional.

Grazas ao seu denso patrimonio heráldico é tamén chamada "a cidade dos cen escudos", nome que lle outorgou o antigo alcalde José Antonio Gallego, mentres que do seu nome orixinal (Eliocroca) toma o título de "cidade do sol". A súa zona vella e o recinto do castelo foron declarados conxunto histórico-artístico o 5 de marzo de 1964, sendo a primeira da Rexión de Murcia con esta distinción.

O 11 de maio de 2011, dous terremotos de 4,5 e 5,1 graos con epicentro na localidade deixaron un balance de 9 mortos, centos de feridos e notables danos materiais.

Paradela, Meis

Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o IGE, en 2016 tiña 934 habitantes (469 mulleres e 465 homes), o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 960 habitantes, e 2005, cando eran 1 006 veciños.

A celebración da Semana Santa de Paradela foi declarada festa de interese turístico galego.

Pascua cristiá

A Pascua (grego: Πάσχα) é a festividade relixiosa máis importante do ano litúrxico cristián en conmemoración da resurrección de Xesús de entre os mortos, segundo conta o Novo Testamento, o terceiro día desde a súa crucifixión. Os cristiáns celebran esta resurrección o Domingo de Pascua ou Resurrección, dous días despois do Venres Santo e tres despois do Xoves Santo.

A Pascua tamén se refire ó Tempo Pascual, período do ano litúrxico cristián, que tradicionalmente duraba corenta días entre o Domingo de Pascua e a Ascensión pero agora dura cincuenta días ata Pentecoste, a primeira semana coñécese como Semana Santa. A Pascua marca tamén a fin da Coresma, época de xaxún, oración e penitencia.

A Pascua é unha festa que non ten data fixa en relación co calendario civil. O Primeiro Concilio de Nicea (325) estableceu o día de Pascua como o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera, eclesiasticamente establecido o 21 de marzo, na práctica a data varía entre o 22 de marzo e o 25 de abril para a Igrexa católica latina e as protestantes que basean os seus cálculos no calendario xuliano, as igrexas orientais, que se basean no calendario gregoriano celébrana entre o 4 de abril e o 8 de maio.

A Pascua cristiá está relacionada coa Pascua xudía, a Pessach, non só no simbolismo senón tamén pola súa disposición no calendario

Nas celebracións modernas da Pascua introducénse novos elementos, como en Galicia o ovo de Pascua ou a rosca de Pascua que os padriños regalan ós afillados, que celebran tanto cristiáns como non cristiáns. Tamén hai unhas poucas confesións cristiás, como os cuáqueros, que non celebran a Pascua.

Procesión

Unha procesión é un desfile relixioso organizado de persoas que realizan un percorrido, dun lugar a outro, ou ben partindo dun lugar e volvendo a el mentres levan e adoran un ídolo.

As procesións existen na maioría das grandes relixións: hinduísmo, xintoísmo, xudaísmo, islam, catolicismo. Doutra banda, existen tamén confesións cristiás (protestantes, evánxelicos e testemuñas de Xehová, entre outros), que exclúen esta práctica por considerala unha forma de idolatría, segundo o seu entendemento da Biblia.

Actualmente perviviron con diferente fortuna en diversos lugares do mundo. Se algunhas son especialmente coñecidas, son as procesións relixiosas en España, Perú e Guatemala, moi habituais en Semana Santa, aínda que tamén fóra dela.

Semana Santa de Viveiro

A Semana Santa de Viveiro é unha celebración católica que ten lugar de xeito anual, na cidade galega de Viveiro. É unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se vén realizando de modo ininterrompido dende o século XIII. Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Xesús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías. Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa de Viveiro é tamén considerada coma un acontecemento cultural, popular e de atracción turística.A Semana Santa de Viveiro é un dos principais reclamos turísticos da localidade conseguindo ano a ano atraer a miles de visitantes que chegan chamados polo carácter único destas celebracións. Como reflexo da súa importancia, a celebración da Semana Santa de Viveiro alcanzou a declaración de Interese Turístico Internacional, recoñecemento que logrou no ano 2013. Esta Semana Santa destaca polo gran valor artístico da imaxinería e ourivaría, ademais de ter un carácter xeralmente sobrio e austero, que fai que se asemelle máis á Semana Santa castelá, en comparación con exemplos quizais máis soados como a Semana Santa andaluza.Os actos centrais da Semana Santa de Viveiro dan comezo o Venres de Dores e a súa celebración prolóngase durante máis dunha semana, finalizando o Domingo de Resurrección. Nela participan un total de oito Confrarías e Irmandades que compoñen a Xunta de Confrarías, encargada de coordinar os diferentes actos e desfiles procesionais que representan a Paixón de Cristo.

Sábado Santo

O Sábado Santo (tamén coñecido como Sábado de Gloria) é o segundo día do Triduo Pascual, que conclúe coas segundas Vésperas do Domingo de Resurrección culminando así para os cristiáns a Semana Santa. Tras conmemorar o día anterior a morte de Cristo na Cruz, espérase o momento da Resurrección. É a conmemoración de Xesús no sepulcro e o seu Descenso ao Abismo. Unha vez anoiteceu, ten lugar a principal celebración cristiá do ano: a Vixilia Pascual.

Venres Santo

O Venres Santo é un das principais celebracións litúrxicas do cristianismo. Este día conmemórase a morte de Xesús de Nazaret, crucificado no século I. A Semana Santa chega a un dos seus días máis transcendentais, no que son numerosas as manifestacións tradicionais de devoción popular ao longo de todo o mundo.

Virxe das Dores

A Virxe das Dores é unha advocación da Virxe María. Tamén é coñecida como Virxe da Amargura, Virxe da Piedade, Virxe das Angustias, Virxe da Caridade, Virxe da Soidade ou A Dolorosa. A súa festa é o Venres de Dores ou o 15 de setembro.

A Virxe das Dores aparece frecuentemente representada no momento da Piedade co seu fillo Xesús morto no seu colo, tralo Descendemento da cruz, e outras veces con expresión de desconsolo ao pé da Cruz, sostendo sedente a coroa de espiñas do seu fillo.

En ocasións, represéntase con sete espadas que lle traspasan o corazón en alusión ás sete dores:

A profecía de Simeón.

A persecución de Herodes e a fuxida a Exipto.

Xesús perdido no Templo durante tres días.

María encontra a Xesús, cargado coa Cruz.

A Crucifixión e Morte de Xesús.

María recibe a Xesús baixado da Cruz.

A sepultura de Xesús.A súa imaxe é procesionada durante a Semana Santa, sendo a patroa de numerosas localidades dos países de tradición católica. É moi venerada en España, Portugal, Panamá, México e Colombia. En Galicia é a patroa, entre outros lugares, de Escairón, Lalín e Couto; ademais un considerábel número de romarías galegas fanse na honra da Virxe das Dores.

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Xoves Santo

O Xoves Santo, celébrase o xoves anterior ao Domingo de Resurrección, no transcurso da Semana Santa cristiá. É o primeiro día do Triduo Pascual. Neste día a Igrexa Católica conmemora a institución da Eucaristía na Última Cea de Xesús, e do Sacerdocio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.