Sello, Lalín

Santiago de Sello é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo IGE, en 2008 tiña 336 habitantes (171 mulleres e 165 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 363 habitantes.

Limita coas parroquias de Filgueira, Erbo, Bermés, Goiás, Palmou e Santiso. A altitude máxima é de 560 metros. Dista 4 quilómetros da vila de Lalín, capital do concello. O seu código postal é 36517.

Coordenadas: 42°42′35″N 8°07′32″O / 42.7098379, -8.1256679

Sello
Igrexa de Santiago de Sello, Lalín
Igrexa de Santiago de Sello.
ConcelloLalín
Área5 km²
Poboación287 hab. (2017)
Densidade57,4 hab./km²
Entidades de poboación10

Economía

Unha gran parte dos habitantes da parroquia dedícase á agricultura e á gandería, sendo as explotacións de tamaño medio. Actualmente, a parroquia atópase nos trámites de inicio dunha futura concentración parcelaria.

Entre a década de 1960 e a de 1990 estivo instalada na parroquia de Sello unha importante fábrica de cerámica dedicada á produción de ladrillo.

Antigamente esta parroquia era coñecida pola fabricación de tella de maneira artesanal, en fornos improvisados, como complemento á actividade agraria. Motivo polo cal aos seus habitantes se lles deu en alcumar como barrosos, denominación xa en desuso. Aquelas familias dedicadas á produción deste tipo de cerámica cubrían as súas casas con aquelas tellas con pouca saída comercial (enténdase isto, como pouco ou moi cocidas, de tonalidade distinta á habitual etc), polo que ata hai pouco tempo os tellados de moitas casas posuían un aspecto pintoresco.[Cómpre referencia]

Lugares e parroquias

Parroquias de Lalín

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

As Penas das Valiñas, Sello, Lalín

As Penas das Valiñas é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

Barrio, Sello, Lalín

Barrio é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

Cima de Sello, Sello, Lalín

Cima de Sello é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín.

Corvillón, Sello, Lalín

Corvillón é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2013 estaba deshabitado, ao igual que no ano 2000.

Fontecabalos, Sello, Lalín

Fontecabalos é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 23 habitantes.

Horta, Sello, Lalín

Horta é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

O Barreiro, Sello, Lalín

O Barreiro é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

O Burgo, Sello, Lalín

O Burgo é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

O Casariño, Sello, Lalín

O Casariño é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

Sello, Sello, Lalín

Sello é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

Valado, Sello, Lalín

Valado é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 18 habitantes (7 homes e 11 mulleres), o que supón unha diminución de 3 habitantes con respecto ao ano 2000.

Vilameá, Sello, Lalín

Vilameá é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

Vilasancho, Sello, Lalín

Vilasancho é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

Xesteira, Sello, Lalín

Xesteira é un lugar da parroquia de Sello, no concello pontevedrés de Lalín.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.