Selección de rugby de Galicia

A Selección de rugby de Galicia representa a Galicia no deporte de rugby en competicións internacionais de carácter oficial e amigábeis[1], independentemente de que os xogadores participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola IRB.

Flag of Galicia.svg
Galicia
Team colours
Kit body bluehorizontal.png
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Na casa
Team colours
Kit body unknown.png
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Fóra
Unión Federación Galega de Rugby
Fundación: 1983
Emblema: A Flor do Toxo
Alcume: O XV do Toxo
Estadio: Manuel Anxo Cortizo, Lalín (8.000)
Adestrador: Carlos Bernardos Vallejo
Evaristo Martínez Barallobre
Capitán:
Estrea internacional
Galicia Galicia : Flag of Portugal.svg Portugal
1999
Maior vitoria
Navarra Navarra 5:45 Galicia Galicia
17 de decembro de 2006
Maior derrota
País Vasco País Vasco 59:0 Galicia Galicia
21 de decembro de 2003
Copa do Mundo de Rugby
Participacións 0
Mellor resultado -
Copa de Europa
Participacións 2
Mellor resultado -

Historia

A Federación Galega de Rugby data do ano 1983, malia que houbo algúns clubs anteriores á fundación da federación coma o Club de Rugby Arquitectura Técnica da Coruña. Hoxe en día os recursos do rugby galego son moi limitados e a nivel de clubs o rugby galego non pasa por un bo momento, a pesar diso o XV do Toxo está a xogar a un grande nivel estando entre as mellores do estado[2], e chegando a participar en competicións internacionais de rugby oficiais, sendo a primeira selección galega en acadalo[3].

O seu primeiro partido foi unha derrota fronte a potente Selección de rugby de Portugal en Santa Isabel na capital galega, os seguintes partidos que xoga a selección son no Campionato de Seleccións territoriais, campionato no que nunca venceu pero no que ten acadado moi boas clasificacións, que a levaron a xogar na Copa de Europa de rexións, onde até o de agora saíu derrotada en tódolos partidos.

O seu debut nun partido internacional foi contra o equipo de Bearn, equipo que representa a esta rexión do Iparralde de fala gascona, no estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín. Os do Toxo saíron derrotada 8 a 26 nunha data histórica para o deporte galego, ao ser o primeiro partido oficial disputado por unha selección do país.

Os símbolos

Ulex europaeus3
Flor do toxo, símbolo da selección.[Cómpre referencia]

A Flor do Toxo

O símbolo da selección galega de rugby é a flor do toxo, a chorima (tamén coñecido coma xorima, e outras formas dialectais) a cal é considerada flor nacional de Galiza[4], debido a súa abundancia nas terras galegas e ao seu significado, unha fermosa flor que xermina entre espiñas.

O himno

O himno da selección é "Os Pinos", coma himno de Galicia, con trazas do celtismo (común a grandes seleccións europeas de rugby coma Irlanda, Escocia ou Gales) e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal.

Estadios representativos do XV do Toxo

A selección galega ten disputado xogos por toda Galicia. Os primeiros partidos do equipo foron xogados en Santa Isabel, en Santiago de Compostela. Este estadio foi inaugurado o 22 de setembro de 1963, tiña un peche sinxelo cunha cuberta, e en 1969 instalouse nel unha tribuna e uns focos luminosos, cun custo de 1 millón de pesetas e capacidade para 8.000 espectadores. O equipo de fútbol SD Compostela xogou neste campo até 1993. En 2003, o campo foi remodelado como parte do Centro Municipal de Deportes, co nome de Santa Isabel.

Posteriormente pasa a xogar partidos tanto en Vigo coma en Culleredo, na cidade olívica no Estadio Universitario e na cidade da comarca coruñesa no Complexo Deportivo de Acea de Ama. Os partidos internacionais xogados até o de agora en territorio galego foron xogados no Estadio Manuel Anxo Cortizo en Lalín, na comarca do Deza, estadio moderno (recentemente en remodelación), e con capacidade para 8.000 seareiros.

Rexistros

Relación de tódolos partidos xogados pola Selección de rugby de Galiza en campionatos estatais e internacionais[5]

Partidos amigábeis

Data Lugar Equipo Local Equipo Visitante Resultado
1999 Santa Isabel, Compostela Galicia Galicia Flag of Portugal.svg Portugal
-

Campionato de seleccións territoriais

Data Lugar Equipo local Equipo visitante Resultado
12-10-2003 Campo Municipal de Santa Isabel, Santiago de Compostela Galicia Galicia Cataluña Cataluña
20 - 26
21-12-2003 País Vasco País Vasco Galicia Galicia
59 - 0
10-10-2004 La Foixarda, Barcelona Cataluña Cataluña Galicia Galicia
23 - 3
18-12-2004 As Lagoas-Marcosende, Vigo Galicia Galicia País Vasco País Vasco
6 - 65
16-01-2005 Campos de Pepe Rojo, Valladolid Galicia Galicia Principado de Asturias Asturias
26 - 22
29-10-2005 Acea de Ama, Culleredo Galicia Galicia Navarra Navarra
7 - 0
27-11-2005 Instalacións Deportivas UNBE, Éibar País Vasco País Vasco Galicia Galicia
51 - 0
25-11-2006 Acea de Ama, Culleredo Galicia Galicia País Vasco País Vasco
5 - 37
17-12-2006 Nafarroako Unibertsitate Publikoa, Pamplona Navarra Navarra Galicia Galicia
5 - 45
13-01-2007 Las Mestas, Xixón Galicia Galicia Castela e León Castela e León
25 - 26
22-09-2007 Estadio Universitario, Vigo Galicia Galicia Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana
24 - 29
29-09-2007 Plaiaundi, Irún País Vasco País Vasco Galicia Galicia
35 - 7
16-12-2007 Santa Bárbara de Llaranes, Avilés Galicia Galicia Castela e León Castela e León
9 - 10

Copa de Europa de Rexións

Data Lugar Equipo local Equipo visitante Resultado
07-10-2006 Manuel Anxo Cortizo, Lalín Galicia Galicia Béarn flag.svg Bearn
8 - 26
04-11-2006 Antoine Béguère, Lourdes Gascogne flag.svg Armagnac-Bigorre Galicia Galicia
43 - 8
22-12-2007 Manuel Anxo Cortizo, Lalín Galicia Galicia Gascogne flag.svg Armagnac-Bigorre
22 - 51

Notas

  1. A Nosa Terra
  2. "Entrevista a Manuel Espiña" en Vieiros.
  3. "Cal é a primeira Selección Galega que ten un partido internacional oficial?"[Ligazón morta] Nova en www.xornal.com.
  4. "Flores nacionais", no Setestrelo do Portal das Palabras, 25 de xullo de 2014.
  5. FER Outras Competicións (en castelán)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Almallo Rugby Clube Ferrol

O Almallo R.C. foi un equipo de rugby galego, da cidade de Ferrol, fundado en 1997.

Campionato de Seleccións Territoriais

O Campionato de Seleccións Territoriais é un torneo de rugby organizado pola Federación Española de Rugby, iniciado na tempada 1983/84, no que se enfrontan cada ano as principais seleccións autonómicas de España. O campión acada o dereito a participar na Copa Ibérica de Rexións fronte ó campión territorial portugués.

Club Deportivo Zalaeta

O Club Deportivo Zalaeta é un club de rugby galego da cidade da Coruña, que compite na Liga Galega de Rugby. Dende o ano 2008 disputa os seus encontros no campo de Suevos, do concello de Arteixo.

Club de Rugby Arquitectura Técnica

O Club de Rugby Arquitectura Técnica, popularmente chamado polo seu acrónimo CRAT, é un club de rugby da cidade da Coruña, fundado en 1976, que xoga os seus encontros como local no campo de rugby do Complexo Deportivo de Acea de Ama, en Culleredo. Por mor do convenio de colaboración que o club ten asinado coa Universidade da Coruña, tódolos seus equipos compiten baixo a denominación CRAT UDC.

O primeiro equipo sénior masculino compite na División de Honra B, a segunda división do rugby español. Pola súa banda, o primeiro equipo sénior feminino compite na División de Honra feminina, acadando dous títulos de liga nas tempadas 2014/15 e 2018/19.

Club de Rugby Fendetestas

O Club de Rugby Fendetestas é un equipo galego de rugby da vila das Pontes, Provincia da Coruña, fundado en 1989, que compite na segunda división da liga galega. O equipo xoga os seus partidos como local no estadio Monte Medulio da capital pontesa.

Club de Rugby Ferrol

O Club de Rugby Ferrol é un equipo de rugby da cidade de Ferrol, fundado en 2008. Compite na Liga Galega de Rugby e xoga os seus encontros como local no estadio de atletismo de A Malata. Ten dous títulos da Liga Galega acadados nas tempadas 2016/17 e 2017/18.

Club de Rugby Lalín

O Club de Rugby Lalín é un club de rugby galego da vila de Lalín, na Comarca do Deza (Pontevedra). Xoga no Grupo A Primeira División Nacional de Rugby, e disputa os seus partidos como local no estadio Manuel Anxo Cortizo, cunha capacidade para 8000 seareiros.

Copa Xunta de Rugby

A Copa Xunta de Rugby é unha competición de rugby por eliminatorias organizada pola Federación Galega de Rugby que se disputa anualmente tralo remate das competicións de liga. Os equipos compiten entre eles independentemente da súa categoría. A competición disputouse por primeira vez no ano 86. O máximo dominador do torneo ao longo da súa historia é o Vigo Rugby Club.

Federación Galega de Rugby

A Federación Galega de Rugby ou FGR é o ente encargado do fomento e a difusión do rugby en Galicia, rexida conforme ó disposto nos estatutos da Federación Española de Rugby, á cal representa no territorio galego.

Ignacio Gutiérrez Müller

Ignacio Gutiérrez Müller, nado en Rosario (Arxentina) o 19 de xullo de 1986, é un xogador de rugby, máis coñecido como Nacho Müller. Xoga nas posicións de apertura, centro ou zagueiro, e é internacional coa Selección de rugby de España dende o 3 de febreiro de 2007, tamén ten defendido as cores da Selección de rugby de Galicia cando xogaba no Vigo Rugby Club.

Liga Galega de Rugby

A liga galega de rugby e a competición que enfronta ós clubs de rugby galegos, divididos en dúas divisións, a LGR1 e a LGR2. A liga está organizada pola FGR, que tamén organiza a Copa Xunta de Rugby. Tódolos clubs galegos participan na liga galega, mesmo os que compiten nas dúas competicións nacionais (a División de Honra A e División de Honra B), xa que os clubs que compiten en competicións nacionais teñen a obriga de ter equipos filiais nas súas ligas rexionais.

Mareantes Rugby Clube Pontevedra

O Mareantes Rugby Clube Pontevedra é un club de rugby galego da cidade de Pontevedra.

Muralla Rugby Club

O Muralla Rugby Club é un equipo galego de rugby da cidade de Lugo, que compite na primeira división da Liga Galega de Rugby. O club naceu no ano 1986 co nome de E.U.I.T.A., e foi refundado en 2003 coa súa actual denominación. O nome do equipo fai referencia á Muralla de Lugo, o monumento máis representativo da cidade. Dende 1999 o Muralla R.C. xoga os seus encontros como local no Estadio de Atletismo Gregorio Pérez Rivera, de titularidade municipal, tamén chamado Estadio das Pedreiras pola súa localización.

Entre o palmarés do club salientan os títulos da liga galega das tempadas 1998-99, 2004-05 e 2005-06, así como a participación do primeiro equipo en categoría nacional durante tres tempadas.

As cores representativas do club son o negro, o verde e o amarelo.

Os Ingleses Rugby Club

Os Ingleses Rugby Club é un club de rugby de Vilagarcía de Arousa, fundado en 1988, que xoga os seus encontros como local no estadio de atletismo do Complexo Deportivo Municipal de Fontecarmoa.

Ourense Rugby Club

O Ourense Rugby Club (ou Campus Ourense) é un equipo galego de rugby da cidade de Ourense que compite na Liga Galega de Rugby. O equipo ten vínculos coa universidade, e xoga os seus encontros como local no novo estadio universitario de atletismo do campus de Ourense. Nas tempadas 2010-11 e 2014-15 acadou o campionato galego de liga.

O Campus Ourense RC é o equipo que representa ó rugby ourensán nas competicións oficiais despois do traballo feito ate 2009 coa denominación ARVO tanto na Liga Galega de Rugby como na Primeira División Nacional, na que competíu 4 anos, entre as tempadas 2006-07 e 2009-10.

Pontevedra Rugby Club

O Pontevedra Rugby Club é un club de rugby da cidade de Pontevedra, Galiza.

Primeira División Nacional de Rugby

A Primeira División Nacional foi a terceira categoría do rugby en España dende 1998 ate 2014, sendo a División de Honra B a segunda, e a División de Honra a primeira (as 3 divisións organizadas pola Federación Española de Rugby). Por debaixo da Primeira Nacional estaban as ligas rexionais, xestionadas polas distintas federacións autonómicas. Antes de 1998 (ano da creación da División de Honra B) a Primeira Nacional era a segunda división do rugby español (1972-1998). No ano 2014 a FER tomou a decisión de eliminar a Primeira Nacional, aumentando o número de participantes da División de Honra B.

Rugby Ourense Keltia

O Rugby Ourense Keltia é un club de rugby da cidade galega de Ourense, fundado o 6 de xuño de 2014. Xoga os seus encontros como local no Estadio Universitario, que comparte co outro equipo da cidade, o Ourense Rugby Club. As súas cores son o verde, amarelo e negro.

Na tempada 2014/15, a do seu debut, participou na segunda división da liga galega, acadando un cuarto posto que lle valeu para disputar as eliminatorias polo ascenso, caendo nas semifinais fronte ó Club de Rugby Lalín por 34-12.

Na tempada 2015/16 rematou primeiro na segunda división gañando tódolos encontros. Nas eliminatorias polo ascenso bateu ó Santiago Rugby Club nas semifinais e ó Club de Rugby Fendetestas na final, acadando o ascensó á primeira división da liga galega.

Na tempada 2016/2017, tras o ascenso conseguido o ano anterior, acadou o segundo posto na fase regular da primeira división autonómica Galega. Nas eliminatorias polo título de liga venceu os Ingleses RC nas semifinais, sucumbindo na final ante ó CR Ferrol.

Santiago Rugby Club

O Santiago Rugby Club é un equipo de rugby de Santiago de Compostela que compite na segunda división da Liga Galega de Rugby na tempada 2017-18. O equipo disputa os seus encontros como local no Campo de Rugby da USC.

O club é o herdeiro da antiga tradición rugbística que existe na capital galega, e que no seu tempo estivo representada sobre todo polo equipo universitario. Despois de varios anos sen equipo de rugby na cidade, en 2007 fundouse o Gallaecius Rugby Club, que en 2011 trocou o seu nome polo actual Santiago Rugby Club.

Rugby masculino en Galicia
Equipos
Outras competicións
Nivel 1
Nivel 2
Nivel 3
Outras

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.