Selección de baloncesto de Galicia

A selección galega de baloncesto é o equipo de básquet formado por xogadores galegos, e que compite a nivel internacional, independentemente de que o faga ou non contra outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIBA.

Traxectoria

A selección galega absoluta disputou ata o momento oito encontros internacionais de carácter amigábel, catro en categoría feminina e catro en masculina.

Selección feminina

Partido Resultado Data Lugar
Galiza - Xapón 59-75 29.06.06 Vigo • As Travesas
Galiza - Cuba 63-81 20.06.07 Vilagarcía de Arousa • Fontecarmoa
Galiza - Euskadi 96-62 16.05.08 Santiago de Compostela • Santa Isabel
Galiza - Cataluña 51-66 17.05.08 Santiago de Compostela • Santa Isabel

Selección masculina

Partido Resultado Data Lugar
Galiza - Xapón 63-58 28.06.06 LugoMunicipal
Galiza - Cuba 76-89 21.06.07 Ourense • Paco Paz
Galiza - Portugal 70-62 06.06.08 Xirona • Pavelló Fontajau
Galiza - Euskadi 72-80 07.06.08 Xirona • Pavelló Fontajau

Seleccións femininas

2006

Nome Posición Club na ocasión Lugar e data de nacemento
María Vilouta Escolta Galiza Universitario de Ferrol 21 de abril de 1983, Santiago de Compostela
Rexina Gómez Escolta Galiza Extrugasa Vilagarcía 18 de outubro de 1982, Nigrán
Tamara Abalde Á-Pivote Galiza Celta Vigo Urban 6 de febreiro de 1989, Ferrol
Sara Gómez Escolta Galiza Extrugasa Vilagarcía 1 de setembro de 1986, Vilagarcía de Arousa
Arantxa Gómez Base Galiza Extrugasa Vilagarcía 20 de decembro de 1982, Ferrol
Raquel Álvarez Escolta Galiza Universitario de Ferrol 15 de novembro de 1983, Lugo
Elvira Fernández Pivote Galiza Universitario de Ferrol 27 de febreiro de 1979, A Coruña
Lidia Gesteira Escolta Galiza CD Zamarat 9 de decembro de 1972. Ferrol
Mafalda González Alegre Á-pivote Galiza CB Majadahonda 4 de xaneiro de 1985, Vigo
Iria Villar Fernández Pivote Galiza Ciudad de Burgos 19 de abril de 1978, As Palmas de Gran Canaria
Xoán Corral Adestrador Galiza

2007

Nome Posición Club na ocasión Lugar e data de nacemento
María Elena Sánchez Iglesias Á-pivote Galiza Universitario de Ferrol 14 de febreiro de 1978, Monforte de Lemos
Rexina Gómez Escolta Galiza Ensino Porta XXI 18 de outubro de 1982, Nigrán
Tamara Abalde Á-Pivote Galiza Celta Vigo Urban 6 de febreiro de 1989, Ferrol
Sara Gómez Escolta Galiza Extrugasa Vilagarcía 1 de setembro de 1986, Vilagarcía de Arousa
Arantxa Gómez Base Galiza Ensino Porta XXI 20 de decembro de 1982, Ferrol
Raquel Álvarez Escolta Galiza Universitario de Ferrol 15 de novembro de 1983, Lugo
Mónica Jorge Portela Escolta Galiza Segle XXI 28 de marzo de 1989, O Porriño
Lidia Gesteira Escolta Galiza Zamarat Verona 9 de decembro de 1972. Ferrol
Mafalda González Alegre Á-pivote Galiza CB Majadahonda 4 de xaneiro de 1985, Vigo
Iria Villar Fernández Pivote Galiza Ciudad de Burgos 19 de abril de 1978, As Palmas de Gran Canaria
Ana María Román Maseda Pivote Galiza CB Pío XII 24 de novembro de 1982, Caracas
Natalia Soage Portas Pivote Galiza Arxil Comervía 15 de marzo de 1980, Pontevedra
Miguel Martínez Méndez Adestrador Galiza
Maite Méndez Fernández Adestradora Galiza

2008

Nome Posición Club na ocasión Lugar e data de nacemento
María Elena Sánchez Iglesias Á-pivote Galiza CB Pío XII 14 de febreiro de 1978, Monforte de Lemos
Rexina Gómez Escolta Galiza Ensino Porta XXI 18 de outubro de 1982, Nigrán
Marta Cobián Base Galiza Arxil Comervía 16 de xuño de 1984, Vigo
Sara Gómez Escolta Galiza Extrugasa Vilagarcía 1 de setembro de 1986, Vilagarcía de Arousa
Arantxa Gómez Base Galiza Basket Rivas Futura 20 de decembro de 1982, Ferrol
Isa Suárez Á Galiza CB Pío XII 2 de novembro de 1984, Santiago de Compostela
Mónica Jorge Portela Escolta Galiza Celta Vigo Urban 28 de marzo de 1989, O Porriño
Lidia Gesteira Escolta Galiza Zamarat Verona 9 de decembro de 1972. Ferrol
Ana María Román Maseda Pivote Galiza CB Pío XII 24 de novembro de 1982, Caracas
Natalia Soage Portas Pivote Galiza Arxil Comervía 15 de marzo de 1980, Pontevedra
Susana Senra Pivote Galiza CB Alcobendas 3 de outubro de 1976, Ourense
Candy Navarro Pivote Galiza Biurrarena UPV 18 de febreiro de 1975, Alcoi
Miguel Martínez Méndez Adestrador Galiza
Julia Pena Adestradora Galiza

Seleccións masculinas

2006

Nome Posición Club na ocasión Lugar e data de nacemento
Fran Vázquez Á-pivote Galiza Akasvayu 1 de maio de 1983, Chantada
Xosé Anxo Antelo Á-pivote Galiza CAI Zaragoza 7 de maio de 1987, Noia
Xabi Rodríguez Base Galiza Club Baloncesto Breogán 22 de abril de 1979, O Porriño
Rubén Fernández Vila Á Galiza Club Ourense Baloncesto 27 de marzo de 1979, Ourense
Lino López Base Galiza Celso Míguez Baloncesto 2 de xaneiro de 1976, Ferrol
Xavi Román Escolta Galiza Celso Míguez Baloncesto 5 de agosto de 1980, Caracas
Manu Gómez Pivote Galiza Forum Valladolid 23 de decembro de 1978, Betanzos
Sony Vázquez Á Galiza Club Ourense Baloncesto 21 de febreiro de 1975. Ferrol
Xosé Ramón Esmorís Á Galiza Bruesa Basket 23 de maio de 1975, A Laracha
Lucho Fernández Á Galiza Celso Míguez Baloncesto 4 de agosto de 1975, Ferrol
Koke Rama Á Galiza CB Chantada 21 de xaneiro de 1969, A Coruña
Quino Salvo Adestrador Galiza

Fran Vázquez foi convocado, pero non chegou a acudir por outros compromisos. Xulio González foi o máximo anotador do equipo con 14 puntos. O resto dos anotadores foron Koke Rama (7), Lucho Fernández (8), Xosé Antelo (9), Xavi Román (5), Esmorís (10), Rubén Fernández (3), Lino López (5) e Xavi Rodríguez (2). Sony Vázquez e Manuel Gómez non anotaron.

2007

Nome Posición Club na ocasión Lugar e data de nacemento
Fran Vázquez Á-pivote Galiza FC Barcelona 1 de maio de 1983, Chantada
Xosé Anxo Antelo Á-pivote Galiza Bilbao Basket 7 de maio de 1987, Noia
Lolo Castro Base Galiza Sabadell Gapsa 15 de novembro de 1973, Arzúa
Rubén Fernández Vila Á Galiza Club Ourense Baloncesto 27 de marzo de 1979, Ourense
Lino López Base Galiza Marín Peixe Galego 2 de xaneiro de 1976, Ferrol
Xavi Román Escolta Galiza CB La Laguna 5 de agosto de 1980, Caracas
Manu Gómez Pivote Galiza CB Los Barrios 23 de decembro de 1978, Betanzos
Sony Vázquez Á Galiza Club Ourense Baloncesto 21 de febreiro de 1975. Ferrol
Xosé Ramón Esmorís Á Galiza Ford Burgos 23 de maio de 1975, A Laracha
Xesús Castro Á Galiza Maristas - Provincia de Palencia 29 de maio de 1983, Éibar
Estevo Gómez Á Galiza CB Chantada 10 de decembro de 1971, Lugo
Carlos Uzal Pivote Galiza Club Básquet Coruña 27 de marzo de 1971
Quino Salvo Adestrador Galiza

Fran Vázquez foi convocado, pero non participou por estar a disputar a final da Liga ACB co seu club

2008

Nome Posición Club na ocasión Lugar e data de nacemento
Xosé Anxo Antelo Á-pivote Galiza CB Hospitalet 7 de maio de 1987, Noia
Antonio Pantín Pivote Galiza Real Madrid B 14 de maio de 1988, Santiago de Compostela
Xavi Román Escolta Galiza CB Canarias 5 de agosto de 1980, Caracas
Lucho Fernández Á-pivote Galiza TAU Cerámica 4 de agosto de 1975, Ferrol
Xosé Ramón Esmorís Á Galiza Ford Burgos 23 de maio de 1975, A Laracha
Xesús Castro Á Galiza CB Almería 29 de maio de 1983, Éibar
Devin Wright Pivote Galiza CB Granada 5 de outubro de 1986, Huesca
Darío Suárez Jorge Base Galiza Club Básquet Coruña 31 de agosto de 1987, A Coruña
Víctor de la Fuente Rodríguez Base Galiza Club Básquet Coruña 14 de xuño de 1986, Ourense
Rubén Fernández Vila Á Galiza Gestibérica Vigo 27 de marzo de 1979, Ourense
Manuel Gómez Cagiao Á Galiza Ford Burgos 23 de decembro de 1978, Betanzos
Sony Vázquez Escolta Galiza Farho Gijón 21 de febreiro de 1975. Ferrol
Sergio Gómez Cagiao Á Galiza Estudantes de Lugo 25 de xaneiro de 1987, Betanzos
Diego Ocampo Adestrador Galiza

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Baloncesto

O baloncesto (basketball en inglés) é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor de Educación Física James Naismith, na Asociación Cristiá de Mozos de Springfield, EUA. Cada un dos dous equipos está formado por cinco xogadores. Ten como obxectivo pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Actualmente pode xogarse tamén en pistas ao aire libre. Neste deporte pódense facer os cambios de xogadores que o adestrador estime necesarios. As posicións máis comúns dos xogadores son: base, escolta, aleiro, ala-pivote e pivote. O base ten a función de dirixir o xogo.

Os xogadores poden camiñar na pista sempre que boten contra o chan a pelota a cada paso dado. Tamén é posíbel dar un pase, ou sexa, lanzar a pelota en dirección a un compañeiro de equipo.

Cesta ou canastra é o nome dado comunmente ao tiro de facer a pelota pasar por ese aro; entón márcanse puntos:

Dous puntos no caso do lanzamento entre a liña de fondo e a chamada liña dos 3 puntos

Tres puntos se o lanzamento viñer de fóra desa área

E un punto cando o lanzamento viñer dun tiro libre.Unha grande habilidade no baloncesto é a puntería certeira. Polo tanto, os equipos deben facer puntos sempre do mesmo lado - é a media pista de ataque - e defender a cesta oposta - na media pista de defensa. Obviamente o equipo que defende tenta impedir que o equipo que ataca faga canastra, a través da marcación, da interceptación de pases ou ata mesmo do bloqueo ao lanzamento. No entanto, os contactos máis fortes púnense como falta. Se o xogador fixer cinco faltas, debe ser substituído e non pode volver á pista. A partir da cuarta falta colectiva dun equipo, o equipo adversario ten dereito a tiros libres toda vez que sufra unha falta. En caso de que estea no acto do lanzamento e a pelota entre na cesta, terá dereito a un tiro libre. No caso de a pelota non entrar na cesta, terá tantos tiros libres como o valor do lanzamento tentado ao sufrir a falta.

Actualmente o baloncesto internacional atópase organizado na FIBA - Federación Internacional de Baloncesto. A súas determinacións valen para todos os países onde se xoga o baloncesto, excepto para a liga profesional dos EUA, a NBA, que mantén regras propias un pouco diferentes das internacionais. A expectativa é que as dúas entidades aproximen cada vez máis os seus regulamentos.

Para xogos regulamentados pola FIBA, o tempo de xogo oficial é de 40 minutos, divididos en catro períodos iguais de 10 minutos cada un. Entre o 2º e 3º períodos, hai intervalo de 15 minutos, e invértense as pistas de ataque e defensa dos equipos; logo, cada equipo defende en dous períodos cada cesta. Ao contrario doutros deportes colectivos, non hai sorteo para definir quen ten a posesión de pelota no comezo do xogo: a pelota lanzase para cima por un árbitro, e un xogador de cada equipo (naturalmente o máis alto) colócase para saltar e tentar obter a posesión.

Non se permite saír dos límites da pista, e nos xogos oficiais tampouco se permite que o xogador leve a pelota para a pista de ataque e retorne para a pista de defensa. Alén diso, hai tamén unha limitación de tempo (24 segundos) para facer a cesta, e a prohibición de que o atleta salte e retorne ao chan coa posesión de pelota, sen executar lanzamento ou pase. As faltas cóbranse da lateral de pista, así como as demais violacións; no entanto, en caso de que un equipo cometa máis de 4 faltas nun período, as faltas do adversario pasan a cobrarse na forma de tiro libre: o xogador colócase nunha liña a 4,60 metros da cesta e lanza sen a marcación dos rivais. O tiro libre tamén se cobra cando un xogador sofre falta no momento en que está tentando un lanzamento - independentemente do número total de faltas do equipo adversario.

Alén da NBA, que se considera unha liga moi emocionante e espectacular, o principal torneo de clubs de baloncesto é a Euroliga. Se dun lado a NBA conta cos xogadores de maior poder defensivo e de forza, a Euroliga conta con xogadores máis cerebrais e técnicos. Xa entre as seleccións, o torneo máis importante aínda é o Olímpico.

O baloncesto en cadeira de rodas é unha modalidade bastante coñecida entre os deportes para persoas discapacitadas.

O Mini Baloncesto é a forma de disputa do deporte para nenos con menos de 12 anos. Foi desenvolvido como unha forma divertida de descubrir o baloncesto. Algunhas regras son diferentes do baloncesto tradicional. A altura da cesta (do aro ata o solo) é de 2,60 m. O tempo de xogo recomendado pola FIBA é de 2 (dous) períodos de 20 minutos; no entanto, algúns Estados introduciron adaptacións a esta regra visando un maior desenvolvemento do xogo. No Río de Xaneiro, por exemplo, úsanse 3 (tres) períodos de 5 minutos. Xa en Sao Paulo se empregan 2 (dous) períodos de 7 minutos.

Tamén como recomendación da FIBA, visando a participación do maior número de xogadores, existe unha regra referente á substitución de atletas: "cada xogador debe xogar no mínimo en dous períodos, excepto aqueles que tiveren sido substituídos por lesión, descualificación ou que teñan cometido 5 faltas persoais." Esta regra tamén sofre adaptacións nalgúns Estados.

Outra gran diferenza cando se compara co baloncesto tradicional obsérvase ao final do xogo, en caso de que o partido presente empate, este é o resultado final, non se debendo xogar ningunha prorrogación.

Basket Xiria

O Basket Xiria é un equipo de baloncesto pertencente á AD Xiria, da cidade de Carballo, A Coruña (Galiza), que compite na Liga EBA.

Club Baloncesto Breogán

O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Leite Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga LEB tras descender en 2019 desde a Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 7.500 espectadores, estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. O seu actual presidente é Jesús Lázare, mentres que o director xeral é Tito Díaz. O club tamén dispón dun filial na liga EBA, o Club Estudiantes, contando ademais con múltiples equipos que xuntan a rapaces de tódalas idades, formando unha das mellores canteiras do Estado.

Club Baloncesto Peixefresco

O Club Baloncesto Peixefresco Marín, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Marín Ence Peixegalego, é un equipo de baloncesto español con sede na cidade de Marín (Pontevedra), que compite na LEB Ouro, a segunda división do baloncesto español. Disputa os seus partidos no Pavillón de A Raña. Na tempada 2015–16 proclamouse campión da Copa LEB Prata e da LEB Prata, conseguindo así o ascenso á LEB Ouro.Tras unha tempada na Liga EBA por descenso administrativo, o club competirá na LEB Ouro por segunda vez na tempada 2019-20, tras acadar dous promocións consecutivas.

Club Baloncesto Rosalía de Castro

O Club Baloncesto Rosalía de Castro ou Beirasar Rosalía por cuestións de patrocinio é un club de baloncesto da cidade de Santiago de Compostela. Xoga na liga LEB Prata do baloncesto español e disputa os seus partidos como local no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro da capital galega.

Club Bosco de Baloncesto

O Club Bosco de Baloncesto foi un equipo de baloncesto que tiña a súa sede na cidade da Coruña. Fundouse o 3 de setembro de 1960 e desapareceu o 7 de febreiro de 1988. O equipo xogaba os seus encontros como local no ximnasio da antiga Universidade Laboral Crucero Baleares, no Burgo, e máis adiante tamén no Pazo dos Deportes de Riazor. As cores principais do club eran o branco e o azul.

A tempada 1967-68 foi a máis exitosa do club, acadando o ascenso á 1ª División da liga española, equivalente á actual Liga ACB.

Dese xeito, na tempada 1968-69 o Club Bosco converteuse no primeiro equipo galego que competía na máxima categoría do baloncesto nacional. Nesa tempada dentro da elite, o equipo gañou seis encontros, empatou 1 e perdeu 15. O debut tivo lugar na cancha do CF Barcelona o 24 de novembro de 1968, co resultado de derrota. As seis vitorias chegaron nas xornadas 2ª (vs Náutico), 4ª (vs San José), 6ª (vs Mataró), 11ª (vs Manresa), 12ª (vs Barcelona) e 21ª (vs At.San Sebastian), e o empate na 19ª (vs Joventut). Todos estes resultados foron xogando como local, e non chegaron abondo para acadar o obxectivo da permanencia.

Tralo descenso, o equipo mantívose varios anos na segunda categoría do baloncesto nacional até a súa desaparición.

O presidente fundador do club foi Claudio San Martín, e o que levou ó equipo á Primeira División foi Antonio Álvarez. Outro presidente moi salientable foi Francisco Javier Vázquez Fidalgo, que creou o novo local social da entidade. Trala morte deste presidente o club comezou a ter problemas económicos que levaron ó club á súa desaparición.

Club Básquet Coruña

O Club Básquet Coruña, tamén coñecido coma Leyma Coruña por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto galego, que xoga na liga Liga LEB Ouro do baloncesto español e que disputa os seus encontros como local no Pazo dos Deportes de Riazor.

Club Estudiantes de Lugo

O Club Estudiantes de Lugo, é un club de baloncesto da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1962, actualmente milita na Liga EBA. É o equipo filial do Club Baloncesto Breogán e ten equipos con rapaces de tódalas idades. Forma unha das mellores canteiras do Estado.

Club Ourense Baloncesto

O Club Ourense Baloncesto, tamén coñecido como Río Ourense Termal por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional da cidade de Ourense (Galicia). Fundado en 1979 como Club Bosco-Salesianos, ascendeu por primeira vez á Liga ACB en 1989. Na actualidade xoga na Liga LEB Ouro.

A súa pista de xogo é o Pazo Paco Paz, que conta con capacidade para 5 500 persoas. O seu actual presidente é Camilo Álvarez, mentres que o seu adestrador é Gonzalo García de Vitoria .

Club Xuventude Baloncesto

O Club Xuventude Baloncesto é un club de baloncesto galego da localidade pontevedresa de Cambados que milita na Liga LEB Prata.

Copa Galicia (baloncesto)

A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.

Federación Galega de Baloncesto

A Federación Galega de Baloncesto (FGB ou FEGABA) é o organismo reitor do baloncesto en Galicia. A FGB ordena, dirixe e planifica as actividades do baloncesto galego. Tamén organiza a Copa Galicia e diferentes competións de tódalas categorías. A FGB ten delegacións na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Dirixe tamén á selección galega de baloncesto.

Lucho Fernández

Xosé Luís Fernández, chamado Lucho Fernández, nado en Ferrol o 4 de agosto de 1975, é un xogador de baloncesto galego.

Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto

O Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Santiago de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite por sexta ocasión na máxima categoría do baloncesto nacional.

Rubén Domínguez

Rubén Domínguez Domínguez, nado o 18 de xuño de 1973 en Vigo, é un adestrador profesional de baloncesto galego, sendo o seu útlimo equipo o Club Ourense Baloncesto na Liga LEB Prata. É tamén licenciado en Psicoloxía.

Tamara Abalde

Tamara Abalde Díaz, nada en Ferrol o 6 de febreiro de 1989, é unha xogadora de baloncesto galega. Mide 1,91 e xoga de á-pivote.

Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Pavillóns
Páxina web

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.