Segundo Ventín Cerviño

Segundo Ventín Cerviño, nado en Monteagudo (Codeseda, A Estrada) en 1936, e finado en Combarro (Poio) o 21 de xullo de 2016, foi un mestre e escritor galego.

Segundo Ventín Cerviño
Nacemento1936
 Monteagudo, Codeseda, A Estrada
Falecemento21 de xullo de 2016
 Combarro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e escritor

Traxectoria

Naceu nunha familia labrega. En decembro de 1936 o seu pai e dous irmáns, canteiros, foron fusilados en Zamora pola súa militancia socialista. Aos oito anos comezou a ir á escola no Codesal, no colexio de Miguel Sieiro e Manuel Iglesias Cabada (curmán de Xosé Manuel Cabada). Rematou os estudos na Estrada, e na revista do centro publicou o seu primeiro poema.

Comezou a estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, pero logo de dous anos deixouno e estudou Maxisterio en Pontevedra. En 1956 montou unha academia privada na casa de Vilas, e tras aprobar as oposicións públicas en 1960 comezou a dar clase na escola mixta de Armonda (Moimenta, Campo Lameiro). Logo de dous anos alí estivo cinco cursos en Anllares del Sil (Páramo del Sil, provincia de León) e despois pasou á escola mixta de Chacente (O Campo, Campo Lameiro), onde foi director do centro. Participou na vida social de Campo Lameiro, e foi secretario de Cámara Agraria, correspondente do INSS, tenente de alcalde, secretario da sociedade de caza e do club de fútbol. Pasou a dar clase no CP Isidora Riestra de Poio e despois foi profesor de lingua castelá no IES dese mesmo concello até a súa xubilación en 2001.

Obra

  • O rei de Ovisterre (conto infantil, 1992)
  • Instantes de sentimiento (poesía en castelán e galego, 1993)
  • Biografía da primavera en catro tempos (teatro, inédito)
  • A fuga a Exipto (teatro, inédito)
  • A nova mestra (teatro, inédito)
  • O coelliño (relato, inédito)
  • A deusa do mar (relato, inédito)
Ventín

O topónimo Ventín pode referirse a:

Ventín, parroquia do concello de Fornelos de Montes;

Ventín de Abaixo, lugar de dita parroquia;

Ventín de Arriba, lugar de dita parroquia;

Ventín, lugar da parroquia de Biduído, no concello de Ames;

O Coto de Ventín, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Cañiza;

Ventín, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Cañiza;

Ventín, lugar da parroquia de Mazaricos, no concello de Mazaricos;

Ventín, lugar da parroquia de Abelleira, no concello de Muros;

Ventín, lugar da parroquia de Louro, no concello de Muros;

Ventín, lugar da parroquia de Silva, no concello de Pol;

Ventín, lugar da parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira;

Ventín da parroquia de Touro, no concello de Touro.

río Ventín, en Fornelos de Montes, afluente do río Parada;praia de Ventín, no concello de Muros.Amais, como apelido pode referirse a:

Rafael López Ventín, futbolista galego, máis coñecido como Cabezo I (n. 1905);

Honorato López Ventín, futbolista galego, irmán do anterior, máis coñecido como Cabezo II (n. 1914);

Segundo Ventín Cerviño, escritor galego (n. 1936).

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.