Segundo

O segundo (símbolo no SI: s[1]) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Tradicionalmente, o segundo é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día)[2], mais a definición oficial de segundo é a duración equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.

A miúdo os prefixos do SI son combinados coa palabra segundo para denotar subdivisións do segundo, por exemplo, o milisegundo (unha milésima parte dun segundo) e o nanosegundo (unha mil millonésima parte dun segundo). Aínda que os prefixos do SI poden ser usados para formar múltiplos do segundo (tales como o «quilosegundo» ou mil segundos), estas unidades son rara vez usadas na práctica. As unidades máis usadas neste caso son outras non pertencentes ao SI: o minuto a hora e o día.

O segundo tamén ten a unidade base de tempo nos sistemas de unidades centímetro-gramo-segundo, metro-quilogramo-segundo, metro-tonelada-segundo e pé-libra-segundo.

Calatrava1
Reloxo con agulla de medir segundos.

Etimoloxía

A palabra segundo provén do latín sequire (seguir); porén, o seu uso para denominar a medida de tempo é semellante á orixe do termo minuto. Este provén do latín minuta (parte pequena); é dicir, unha «minuta de hora» é unha parte pequena da hora. A hora dividíase en 60 fraccións ás que se denominaba pars minuta prima (primeira parte pequena), e á súa vez estas dividíanse novamente en 60 partes chamadas pars minuta secunda (segunda parte pequena).[3]

Historia

As primeiras civilizacións construíron divisións do día, mais ningunha delas empregou o termo segundo nin estableceu unha unidade análoga. No ano 1000 o estudoso persa al-Biruni, que escribía en árabe empregou por primeira vez a expresión segundo e definiu a división de tempo entre as lúas novas dalgunhas semanas específicas en días, horas, minutos, segundos, terzos e cuartos despois do mediodía do domingo.[4] En 1267 o científico Roger Bacon definiu a división de tempo entre lúas cheas como o número de horas, minutos, segundos, terzos e cuartos (horae, minuta, secunda, tertia e quarta) tralo mediodía nunhas datas especificadas.[5]

Os primeiros reloxos mecánicos apareceron na segunda metade do século XVI, e nese momento puido medirse o segundo de xeito máis exacto e en 1579 Jost Bürgi construíu para Guillerme de Hesse un reloxo que marcaba os segundos.[6] En 1644, Marin Mersenne calculou que un péndulo cunha lonxitude de 0,994 metros tería un período de dous segundos, permitindo a medida dun segundo mediante un péndulo.[7]

En 1832, Gauss propuxou empregar o segundo como unidade fundamental de tempo no seu sistema milímetro-miligramo-segundo. A British Association for the Advancement of Science (BAAS) declarou en 1862 que "todos os homes de ciencia estaban de acordo en empregar o segundo de tempo medio solar como unidade de tempo".[8] BAAS propuxo formalmente o sistema CGS n 1874, aínda que foi substituído gradualmente polo MKS durante os seguintes anos. En ambos sistemas a definición de segundo era 1/86 400 do día solar medio.

En 1956 modificouse a definición para relacionala co ano, polo que o segundo definiuse como 1/31 556 925,9747 do ano tropical para o 0 de xaneiro de 1900 as 12 horas do tempo ephemeris.[9] Co desenvolvemento dos reloxos atómicos a principios da década de 1960 decidiuse empregar o tempo atómico como base para a definición do segundo, establecendo que o segundo é "a duración equivalente a 9.192.631.770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio".

En 1997 modificouse a definición para incluír a aclaración "esta definición refírese ao átomo de cesio estable a unha temperatura de 0 K".

Múltiplos e submúltiplos do segundo no SI

Os prefixos do SI empréganse habitualmente para medidas de tempo inferiores ao segundo, pero apenas aparecen para múltiplos do segundo (o coñecido como "tempo métrico"). Pola contra, adoitan usarse unidades que non forman parte do sistema como o minuto, a hora o día ou o ano.

Múltiplo Nome Símbolo Submúltiplo Nome Símbolo
100 segundo s      
101 decasegundo das 10−1 decisegundo ds
102 hectosegundo hs 10−2 centisegundo cs
103 quilosegundo ks 10−3 milisegundo ms
106 megasegundo Ms 10−6 microsegundo µs
109 gigasegundo Gs 10−9 nanosegundo ns
1012 terasegundo Ts 10−12 picosegundo ps
1015 petasegundo Ps 10−15 femtosegundo fs
1018 exasegundo Es 10−18 attosegundo as
1021 zettasegundo Zs 10−21 zeptosegundo zs
1024 yottasegundo Ys 10−24 yoctosegundo ys

Outras unidades relacionadas

Unidades de tempo

1 segundo internacional é igual a:

Unidades de frecuencia

As unidades de frecuencia son as recíprocas do segundo:

  • 1 hertz é xeralmente, (período de onda en segundos)

Notas

  1. Ás veces abréviase de xeito erróneo como seg.
  2. "SI brochure: Table 6: Non-SI units accepted for use with the International System of Units". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2009. Consultado o 02 de outubro de 2008.
  3. Soca, Ricardo. "Etimología de minuto". El Castellano (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04-02-2012. Consultado o 8-9-2013.
  4. al-Biruni (1879). The chronology of ancient nations: an English version of the Arabic text of the Athâr-ul-Bâkiya of Albîrûnî, or "Vestiges of the Past". Sachau C Edward. pp. 147–149.
  5. Bacon, Roger (2000). The Opus Majus of Roger Bacon. University of Pennsylvania Press. ISBN 978-1-85506-856-8.
  6. Landes, David S. (1983). Revolution in Time. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 0-674-76802-7.
  7. Greg Jenner (29 January 2015). A Million Years in a Day: A Curious History of Everyday Life. Orion. p. 275. ISBN 978-0-297-86979-5.
  8. Jenkin, ed. (1873). Reports of the committee on electrical standards. British Association for the Advancement of Science. p. 90.
  9. "Leap Seconds". Time Service Department, United States Naval Observatory. Consultado o 22 de novembro de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ardaña, Carballo

Santa María de Ardaña é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 640 habitantes (316 homes e 324 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 785 habitantes. Segundo o IGE en 2004 tiña 734 habitantes (370 homes e 364 mulleres).

Conta con unha escola infantil en Gontade e con un centro social aínda en construción.

Artes, Carballo

San Xurxo de Artes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 590 habitantes, sendo 278 homes e 312 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 685 habitantes (343 homes e 342 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 686 habitantes.

As (xornal)

As é un xornal español de información deportiva, de tirada diaria, de pago e con distribución matinal editado polo Grupo PRISA.

Foi fundado en 1967 por Luis Montiel Balanzat, sendo o actualidade o diario deportivo máis lido na Comunidade de Madrid e o segundo diario deportivo de España tanto en tirada como en vendas e distribución. Así mesmo, o seu web as.com ocupa a terceira posición por número de visitas na clasificación de diarios nacionais.

Berdillo, Carballo

San Lourenzo de Berdillo é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1.010 habitantes (473 homes e 537 mulleres), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.076 habitantes. Segundo o IGE, no 2004 tiña 1.089 habitantes (571 mulleres e 518 homes).

É unha parroquia densamente poboada, debido á súa proximidade a Carballo.

Calendario hebreo

O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.

A forma "moderna" é o chamado calendario lunisolar, semellante ao calendario chinés, que mide os meses segundo os ciclos lunares e os anos tendo en conta os ciclos solares, distinto do calendario islámico puramente lunar e do calendario gregoriano case enteiramente solar. Pola diferenza de 11 días entre doce meses lunares e un ano solar, o calendario repítese nun ciclo de 19 anos de 235 meses lunares, cun mes lunar extra cada dous ou tres anos, cun total de sete veces cada dezanove anos. Como o calendario hebreo foi desenvolvido na zona sur-leste do Mar Mediterráneo, as referencias ás estacións reflicten os tempos e o clima do hemisferio norte.

Carballo, Carballo

San Xoán de Carballo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación medrara ata os 19.707 habitantes, sendo 9.636 homes e 10.071 mulleres. Segundo o IGE en 2013 tiña 19.140 habitantes (9.755 mulleres e 9.385 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 14.390 habitantes.

Concilio Vaticano Segundo

O Concilio Vaticano Segundo ou Segundo Concilio Ecuménico do Vaticano foi un Concilio ecuménico da Igrexa católica, comezado baixo o papado de Xoán XXIII (1962) e finalizado con Paulo VI en 1965.

DVD

Un DVD ou deuvedé (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e son. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións físicas (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.

Imperio Alemán

O Imperio Alemán (en alemán: Deutsches Reich, chamado por algúns historiadores alemáns Kaiserlich Deutsches Reich ou simplemente Kaiserreich), foi a forma de Estado que existiu en Alemaña desde a súa unificación e a proclamación de Guillerme I como emperador, o 18 de xaneiro de 1871, ata 1918, cando se converteu nunha república logo da derrota na Primeira Guerra Mundial e a abdicación de Guillerme II (9 de novembro de 1918). O término de Deutsches Reich mantívose como nome oficial de Alemaña durante a República de Weimar e a maior parte do período nazi ata 1943, cando foi cambiado a Großdeutsches Reich («Grande Imperio Alemán»).

Durante os seus 47 anos de existencia, o Imperio alemán xurdiu como unha das economías industriais máis poderosas da Terra e unha gran potencia, ata que se derrubou logo da súa derrota militar na Primeira Guerra Mundial e a Revolución de Novembro. Os Estados fronteirizos máis importantes foron o Imperio ruso no leste, Francia no oeste e o Imperio austrohúngaro situado no sur.

Kiev

Kiev (en ucraíno: Київ, tr. "Kyiv", [ˈkɪjiw] (AFI), escoitar; en ruso: Киев, tr. "Kiev"), é a capital e maior cidade da Ucraína, cunha poboación de máis de 2.6 millóns de habitantes. Segundo o censo de 2001 a maioría da poboación é de nacionalidade ucraína, concretamente o 82.2%, a principal minoría é a rusa co 13.1% seguido da xudía (0.7%), bielorrusa (0.6%), polaca (0.3%) e armenia (0.2%). A maioría da poboación, un 75%, declara no censo que o ucraíno é a súa lingua materna pero segundo unha enquisa sociolingüísta realizada en 2003 o ruso é a lingua que fala a maioría da poboación, un 52% fala habitualmente principalmente ruso, 32% ruso e ucraíno, 14% principalmente ucraíno e só o 4.3% só ucraíno.

Administrativamente, Kiev é unha cidade cun status especial, independente do oblast (rexión) de Kiev que a arrodea. Kiev constitúe un centro industrial, científico, educativo e cultural importante no leste de Europa.

Labrada, Abadín

San Pedro de Labrada é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2004 tiña 297 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 211 habitantes, sendo 106 homes e 105 mulleres.

Mammal Species of the World

Mammal Species of the World (MSW) (en galego, Especies de mamíferos do mundo) é unha publicación científica de referencia taxonómica no ámbito da zooloxía, hoxe considerada oficial por varias entidades científicas, como a estadounidense American Society of Mammalogists (Sociedade Americana de Mastozoólogos), e utilizada como base en diversas publicacións científicas.

Martes

O martes, terza feira, ou terceira feira é o segundo día da semana. O termo "martes" vén do latín Martis (dies) ou día de Marte, deus romano da guerra, e os termos "terza feira" e "terceira feira" proceden do latín tertia feria (ou feria tertia).

Montouto, Abadín

Santa María de Montouto é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2004 tiña 119 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 79 habitantes, sendo 87 homes e 98 mulleres.

Plinio o Vello

Caio Plinio Segundo (en latín: Gaius Plinius Secundus), coñecido como Plinio o Vello, naceu en Como no ano 23 e morreu na actual Catellmare de Stabia no ano 79, vítima da súa curiosidade científica ao ir observar a erupción do volcán Vesuvio, que asolagou as cidades de Pompeia e Herculano.

Seivane de Vilarente, Abadín

San Xoán de Seivane de Vilarante é unha parroquia do concello de Abadín, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE no ano 2004 tiña 240 habitantes, distribuídos en 8 entidades de poboación e 19 lugares, cunha densidade media de 45,3 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 207 habitantes, sendo 102 homes e 105 mulleres.

A poboación distribuíase do seguinte xeito: Cabanela (26), Cabaza (22), Fabega (9), A Pedrosa (36), O Rego das Pedras (12), Rieiro (34), A Touceira (27) e Vilaseñor (41).

Soprano

A soprano é a voz feminina máis aguda . O termo emprégase tamén como sinónimo para a persoa que canta con esa voz. A voz de soprano posúe un timbre claro e brillante. En contextos corais e operísticos, a liña de soprano adoita levar a melodía. Esta denominación vén da lingua italiana soprano (en galego ‘soberán, superior’), qué á súa vez vén do latín súper, supra: ‘sobre, por riba de’..

Sísamo, Carballo

Santiago de Sísamo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 774 habitantes, sendo 386 homes e 388 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 890 habitantes (462 mulleres e 428 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 876 habitantes.

Transfermarkt

Transfermarkt é unha páxina web alemá que ten información do mundo do fútbol, como puntuacións, resultados, novas de transferencias e fichaxes. Segundo o IVW, está no top 25 dos sitios web alemáns máis visitados, e é un dos sitios web de deporte máis grandes despois de kicker.de.

Árbol, Vilalba

San Lourenzo de Árbol é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 563 habitantes (290 mulleres e 273 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 693 habitantes.

O Santo, encrucillada estratéxica de estradas, é o segundo núcleo urbano do concello.

Unidades de tempo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.