Segunda guerra carlista

A segunda guerra carlista ou guerra dos Matiners tivo lugar fundamentalmente en Cataluña entre 1846 e 1849 ao fracasar os intentos de casar a Isabel II co pretendente carlista, Carlos Luís de Borbón e en Cataluña persistiran bandas carlistas que non se renderan tras a fin da primeira guerra carlista, aínda que actuaban máis como bandoleiros (trabucaires) que como guerrilleiros, ao que se ten que xuntar a crise agraria e industrial de 1846, especialmente importante en Cataluña e algunhas reformas impopulares do réxime liberal como as quintas, o imposto de consumos e a introdución dun sistema de propiedade liberal que entraba en contradición cos usos comunais.

A rebelión desenvolveuse dende fins de 1846, cando se formaron diversas partidas guerrilleiras que non superaban os 500 homes a comezos de 1847 e que atacaban fundamentalmente a funcionarios públicos e a unidades militares. O líder máis importante deste primeiro momento foi o sacerdote Benet Tristany, que en febreiro de 1847 protagonizou a entrada en Cervera para facerse con fondos e munición. A Tristany capturárono e fusilárono en Solsona en maio de 1847, pero o número de partidas carlistas aumentou en toda Cataluña chegando a uns 4.000 homes armados a fins dese ano fronte a un exército regular formado por 40.000 soldados que dirixía Manuel Pavía e que tentou mediante medidas indulxentes tranquilizar aos sublevados, o que non conseguiu, aumentando as súas forzas polos apoio de partidas progresistas e republicanas e nas mediadas de 1848 xurdiron partidas en Estremadura e en Castela, que non conseguiron éxitos significativos. O 23 de xuño de 1848 atravesou a fronteira francesa Ramón Cabrera e tentou organizar o que denominou Exército Real de Cataluña sen moito éxito, e tampouco puido entrar no Maestrazgo.

A fins de 1848 o novo capitán xeneral de Cataluña, Fernando Fernández de Córdova conseguiu debilitar a resistencia das partidas carlistas. En abril de 1849 detívose ao pretendente Carlos Luís cando pretendía entrar pola fronteira francesa en España e o 26 de abril Cabrera tivo que cruzar a fronteira francesa diante a persecución do exército gobernamental, o resto das partidas fixeron o mesmo e o 14 de maio cruza a última partida, que dirixían os irmáns Tristany, poñendo fin á guerra.

En xuño de 1849 o goberno publicaba un decreto amnistiando aos carlistas, máis de 1.400 regresaron a España, mentres outros decidiron quedar en Francia.

Batalla del Pasteral
Batalla do Pasteral, 26 ó 27 de xaneiro de 1849.

Véxase tamén

Outros artigos

Abadiño

O elizate de Abadiño é un concello do territorio histórico de Biscaia, no País Vasco, situado na comarca do Duranguesado, que ocupa unha extensión de 36,06 km² e ten unha poboación de 7 140 habitantes (2007), cunha densidade de 198 hab./km².

Belisardo Pumpido Flores

Belisardo Pumpido Flores, nado en Cádiz o 30 de decembro de 1818 e finado en Santiago de Compostela o 8 de agosto de 1875, foi un militar español. Participou nas guerras carlistas e recibiu a Cruz Laureada de San Fernando de primeira clase, a cruz da Orde de Carlos III, a cruz da Orde de San Hermenexildo e a cruz militar dos Defensores de Reus. Foi un dos primeiros oficiais do exército que se incorporou á Garda Civil, pouco despois da súa fundación polo Duque de Ahumada.

Boina

Unha boina (do aragonés: boina a partir do latín: abonnis) ou pucha é un chapeu típico de Europa occidental, usado para cubrir a parte superior da cabeza. O seu tamaño é pequeno, cubrindo só a parte superior do cranio sen abranguer as tempas. Está feita de feltro de la, circular e plana aliñada interiormente cunha coroa de coiro, excepto as militares que a teñen no exterior amosándoa.

Popularizouse a finais do século XIX, entrando na Península Ibérica polos Pireneos, sendo común en Aragón, Navarra, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia. O seu uso foise abandonando a mediados do século XX conservándose só entre a poboación rural máis vella, ata o século XXI. En Galicia foi moi popular entre os homes de todas as idades, de feltro, sen viseira, e xeralmente de cor negra.

Coñécese tamén co nome de béret en francés e txapela en éuscaro.

Carlismo

O carlismo é un movemento político lexitimista de carácter antiliberal e antirrevolucionario que pretende o establecemento dunha rama alternativa da dinastía dos Borbóns no trono español. No século XX unha parte do carlismo evolucionou cara o socialismo autoxestionario.

Carlos Luís de Borbón

Carlos Luís de Borbón, nado en 1818 e finado en 1861, fillo de Carlos María Isidro de Borbón e María Francisca de Braganza foi pretendente carlista ao trono de España co nome de Carlos VI, coñecido tamén como conde de Montemolín.

Cortegada

Cortegada é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2015 tiña 1184 habitantes.

Eulogio Serdán

Eulogio Serdán Aguirregaviria, nado en Vitoria en 1853, e finado ibídem en 1929, foi un xornalista, escritor, académico e político vasco.

Francesc Savalls

Francesc Savalls i Masot, nado en La Pera (Baix Empordà) en 1817 e finado en Niza en 1886, foi un militar e guerrilleiro carlista catalán.

Guerras carlistas

Guerras carlistas, expresión empregada para referirse ás tres guerras civís españolas do século XIX entre os carlistas (absolutistas), partidarios de Carlos María Isidro de Borbón e os seus descendentes, e liberais, partidarios do goberno de Isabel II de España e os seus descendentes, sobriña de aquel.

Primeira guerra carlista (1833-1840).

Segunda guerra carlista (1846-1849).

Sublevación carlista: Ortegada (1860).

Terceira guerra carlista (1872-1876).

Historia de España

Malia que non se pode falar de historia de España como tal até a fundación do estado español, este artigo refírese á historia dos territorios que ocupa actualmente.

Jaume Cabré

Jaume Cabré i Fabré, nado en Barcelona o 30 de abril de 1947, é un escritor e guionista catalán.

Juan Nepomuceno de Orbe y Mariaca

Juan Nepomuceno de Orbe y Mariaca, nado en Ermua o 2 de maio de 1817, e finado en ibídem o 21 de abril de 1891, foi o cuarto marqués de Valde-Espina (1850-1891) e un político e militar vasco.

Julio Medem

Julio Medem, nado en Donostia o 21 de outubro de 1958, é un director de cinema e guionista vasco.

Manuel Villacampa del Castillo

Manuel Villacampa del Castillo, nado en Betanzos o 17 de febreiro de 1827 e finado en Melilla o 12 de febreiro de 1889, foi un militar galego, de ideoloxía progresista e republicana, que protagonizó un infrutuoso intento de sublevación contra a Restauración borbónica en 1886.

Palas de Rei

Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.601 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «palense».

Ramón Cabrera

Ramon Cabrera y Griñó, nado en Tortosa o 27 de decembro de 1806 e finado en Wentworth o 24 de maio de 1877, foi un xeneral carlista español.

Ramón Carrete-de Losada Pardo

Ramón Carrete-de Losada Pardo, nado en Santiago de Compostela en 1804 e finado en Saintes (Charente Marítimo, Francia) o 7 de abril de 1876, foi un militar carlista galego que participou en moitas das accións e expedicións máis importantes da primeira guerra carlista e acadou o cargo de Comandante Xeneral de Galicia durante a terceira guerra carlista.

Vitoria

Vitoria ou Gasteiz (en castelán: Vitoria; en éuscaro: Gasteiz; oficialmente Vitoria-Gasteiz) é unha cidade e concello do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Áraba, en Euskadi. É ademais a sede do Parlamento e Goberno autonómicos.

Enclavada nun cruzamento de camiños, foi un importante punto estratéxico tanto no plano militar como no comercial e cultural ó longo da historia. Xa desde tempos romanos, nos que a calzada que unía Astorga e Bordeos pasaba por Áraba, estas terras foron un eixo de comunicacións entre a Meseta Central e Europa.

A actual Vitoria busca un modelo de desenvolvemento urbano de calidade, primando criterios de cohesión social, habitabilidade, respecto ó contorno, accesibilidade, conservación, recuperación do patrimonio e programas de integración e participación social. É unha cidade cunha intensa historia que se manifesta nun valioso patrimonio monumental.

Durante 2012 Vitoria foi Capital Verde Europea.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.