Segunda República Española

A Segunda República Española foi o réxime político polo que se rexeu España no período que vai dende o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o dos alzados contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ós leais a ela, que eran coñecidos como republicanos).

República Española
República Española

1931–1939
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Lema: Plus Ultra
Himno: Himno de Riego
Localización de España
Capital Madrid
Lingua Castelán
Goberno República
Presidente
 • 1931–1936 Niceto Alcalá-Zamora
 • 1936–1939 Manuel Azaña
Período histórico Período de entreguerras
 • Abolición da monarquía 14 de abril de 1931
 • Guerra civil española 1936–1939
 • República no exilio disolta 15 de xullo de 1939
Moeda Peseta

Símbolos da II República

Flag of the Second Spanish Republic
Bandeira da II República

Como novos símbolos do Estado, escolléronse os símbolos republicanos adoptados popularmente durante o século XIX: a bandeira tricolor de tres franxas horizontais, de arriba a abaixo: vermella, amarela e morada; o escudo era semellante ó monárquico anterior, aínda que a coroa substituírase por unha de tipo mural.

De maneira similar, escolleuse como himno nacional o popularmente coñecido durante gran parte do século XIX como o Himno de Riego, que viña substituír á Marcha Real e, xunto coa bandeira tricolor e outros distintivos, ó conxunto de símbolos monárquicos e tradicionalistas vixentes até o daquela.

Proclamación

Republique-allegorie
Alegoría da Segunda República Española.

Trala dimisión do ditador Miguel Primo de Rivera, o rei Afonso XIII intentou devolver ó debilitado réxime monárquico a lexitimidade popular. Para iso, o goberno presidido polo almirante Juan Bautista Aznar convocou unha rolda de eleccións escalonada, comezando polas municipais para seguir coas xerais. Tendo en conta as circunstancias, as eleccións municipais adquiriron un carácter de plebiscito en prol ou en contra da monarquía.

O 12 de abril de 1931 celebrouse a segunda rolda das eleccións municipais. Aínda que cuantitativamente saldáronse coa vitoria monárquica nas urnas (26.257 concelleiros monárquicos fronte a 24.731 republicanos)[1], cualitativamente o impulso republicano quedou de manifesto ó trunfar nas grandes cidades (41 das 50 capitais de provincia), é dicir, os núcleos menos vulnerables á influencia do caciquismo e á perversión do sistema electoral de 1907, que impedía a celebración de eleccións cando non houbera listas enfrontadas. Estes resultados colleron de sorpresa tanto a monárquicos coma a republicanos, xa que os monárquicos pensaban que a situación non pasaba de difícil[2]. Juan Bautista Aznar preguntado sobre a posibilidade dunha crise política respondeu:

Así o entendeu a elite monárquica e o propio Rei, que constataron a falta de apoio popular á orde estabelecida, renunciaron ó emprego da forza e abriron paso á proclamación da República. Tan só Juan de la Cierva propón erguerse en armas para evitar a quebra da monarquía[3]. De tal xeito o 14 de abril de 1931 fíxose público o seguinte manifesto que ó día seguinte publicou ABC en portada:

A II República Española proclamouse finalmente o 14 de abril de 1931: a primeira cidade na que se izou a bandeira tricolor foi Eibar (Guipúscoa), pero no mesmo día a imitaron as principais cidades españolas, como Madrid ou Sevilla.

En Cataluña, Francesc Macià proclamaba a República catalá e o Estado catalán como integrante da Federación Ibérica, convidando ós demais pobos de España a unírense en federación. Pola súa parte, Afonso XIII abandonou o país aconsellado polos seus ministros, sen abdicar formalmente, trasladándose a París, e fixando posteriormente a súa residencia en Roma. En xaneiro de 1941 abdicou en prol do seu terceiro fillo Juan, finando o 28 de febreiro do mesmo ano.

O escritor eibarrés Toribio Echevarría redacta, no seu libro Viaje por el país de los recuerdos (ISBN 84-7173-154-1) a proclamación da Segunda República en Eibar desta maneira:

Bundesarchiv Bild 102-11543, Madrid, Ausrufung der Zweiten Spanischen Republik
Xentío en Barcelona trala proclamación da República.

Na mesma data da proclamación asume o poder o goberno deseñado no Pacto de San Sebastián. Así pois, este comité revolucionario, presidido polo político ex-monárquico Niceto Alcalá Zamora, convértese no goberno provisorio da República e o seu presidente no xefe do Estado. O mesmo 14 de abril, Niceto Alcalá-Zamora realiza un discurso como Presidente provisional da República, emitido por Unión Radio. Nel proclama a Segunda República Española:

Asistide ao goberno coa vosa confianza, vixiádelle nos seus actos e, se incorremos en responsabilidade, esixídeas; e co noso amor e coa nosa conciencia prometemos encher todas as vosas aspiracións. Si isto é así, non vos reclamamos o voso aplauso, senón a vosa confianza, para a satisfacción da conciencia de todos nós. A nosa autoridade só pode existir co voso apoio, seguir unidos sen alborotos nas Rúas e respectade o dereito de todos; pero vixiade, pois sodes a garda nacional do Goberno que acompaña ao pobo. Procurade que na vosa conduta non haxa nunca a menor protesta que sirva de pretexto para unha reacción contraria e, si ela xurdir, quede afogada.

A normalidade no país é completa, e habémonos posesioado sen o menor incidente. O primeiro acto do Goberno foi a concesión dunha ampla e xenerosa amnistía.

Estamos todos seguros de que España goza dun completo amor en todas as rexións, que servirá para facer unha España grande, sen que ningún pobo séntase oprimido, e reine entre todos eles a confraternidade.

Este goberno desenvolveu o seu labor dende o 14 de abril até o 14 de outubro de 1931. O obxectivo principal do goberno provisorio era a convocatoria de eleccións a Cortes constituíntes, mais realizou tamén un importantísimo labor lexislativo, sobre todo no referente á cuestión agraria. As eleccións se celebraron o 28 de xuño e deron de novo o triunfo á alianza republicano-socialista.

Resultados electorais nas principais cidades galegas (12-04-1931)

Republicanos Socialistas Monárquicos Agrarios Outros
A Coruña 33 1 5
Lugo 3 4 21
Ourense 7 4 11 1
Pontevedra 19 7 1
Ferrol 13 13 7
Santiago 19 13
Vigo 19 18

A proclamación nas cidades galegas

Faro de Vigo, 1931, 15 de abril
15 de abril de 1931, proclamación da república en Faro de Vigo.

A prensa da época informou da proclamación da República nas cidades galegas do seguinte xeito:

  • A Coruña:
    Nas primeiras horas da tarde comezou a circular a noticia de que se proclamou a República en varias cidades de España, acudindo un gran xentío á praza do Concello ... No Concello atopábase o alcalde monárquico, a quen pediron os republicanos que lles entregase o mando. O alcalde díxolles que carecía de noticias oficiais do cambio de réxime pero que acataba a vontade popular, formulando, con todo, para a súa garantía, a oportuna protesta. Entre tanto o público penetrou no salón de sesións esnaquizando o retrato do Rei, colocando no seu lugar unha artística alegoría da República. Seguidamente izouse a bandeira republicana no balcón central, no medio dunha grande ovación.[Cómpre referencia]
    Diario ABC
  • Lugo:
    Ás seis da tarde, recibiron os oficiais de Telégrafos desta capital, unha circular do Comité Executivo de Comunicacións, dándolles conta de que naquel momento ondeaba no Ministerio da Gobernación, a bandeira republicana e que se fixo cargo do Poder, o Goberno Provisional da República... Ás nove en punto da noite, izábase no Concello primeiramente, a bandeira republicana e a continuación cubríase coa bandeira galega a coroa real que figura no escudo do seu frontispicio, entre frenéticos aplausos e vivas da multitude.[Cómpre referencia]
    El Progreso

Contexto histórico adverso

  • A II República Española comezaba a súa andaina no marco da crise económica máis grave da historia: o crac da Bolsa de Nova York de 1929 e a Gran Depresión. Aínda que non azoutou a España coa mesma intensidade que a outros países máis desenvolvidos, a crise provocou o aumento do paro e o estancamento da produción. En Europa esta perda do nivel de vida derivada da crise fixo temer ós gobernantes unha revolución como a rusa de 1917. Así, no contexto desta crise, avanzaban en Europa as solucións ditatoriais, autoritarias ou fascistas.
  • A República herdaba tamén as consecuencias dos erros económicos da ditadura de Miguel Primo de Rivera. A crise da peseta, que non soubo atallar durante a ditadura o ministro de Facenda José Calvo Sotelo, provocou, ante a chegada da República, que os ricos traspasaran parte do seu diñeiro ó exterior (até 917 millóns de pesetas entre o 1 de abril e o 30 de xuño, cantidade equivalente ó 15% dos depósitos totais), temerosos das reformas fiscais ou mesmo da revolución social. Esta retirada de capital, xunto coa limitación dos envestimentos, provocou un novo aumento do paro, principalmente no campo. Isto provocou un clima de tensión que estaría presente durante toda a República.
  • Houbo unha polarización política motivada polos novos dereitos individuais como o de participación libre e democrática nas eleccións ou o de asociación ou sindicación.

Etapas

Bienio republicano-socialista

Artigo principal: Eleccións Xerais 1931 en España.
C1931
Resultado das eleccións a Cortes Constituíntes, celebradas o 28 de xuño de 1931

O bienio republicano-socialista, tamén coñecido como Bienio reformista polas numerosas e importantes reformas feitas, foi o período comprendido entre abril de 1931 e novembro de 1933. Tiña por diante grandes retos como a aprobación da Constitución republicana e dos estatutos de autonomía.

Constitución de 1931

O 14 de xullo de 1931 as Cortes iniciaron as súas sesións baixo a presidencia do socialista Julián Besteiro. No comezo da súa andaina as Cortes refrendaron os decretos elaborados polo goberno provisional e crearon unha comisión encargada de redactar a Constitución. O 29 de agosto Luis Jiménez de Asúa presentaba a primeira redacción da Constitución, para posteriormente discutirse artigo por artigo. Os debates parlamentarios foron moi intensos, sobre todo o dos artigos 26-27 (relacionados coas congregacións relixiosas e o seu financiamento) e o 44 (referente á expropiación de terras). As crises derivadas das discusións deste artigos fixeron dimitir ó Presidente do goberno Niceto Alcalá-Zamora, mais este volveu á presidencia animado por Manuel Azaña.

Tras case 4 meses de discusións, o 9 de decembro a Constitución foi aprobada en Cortes con 368 votos a favor, 89 ausencias e ningún voto en contra. O feito de non ser ratificada en referendo popular impediu coñecer o grao de apoio cidadá, e outorgou motivos á dereita para deslexitimala.

Algúns artigos da Constitución española de 1931 que caben destacar son:

  • España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de liberdade e xustiza.
  • Todos os españois son iguais ante a lei.
  • O Estado español non ten relixión oficial.
  • A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións.
  • Se unha ou varias provincias limítrofes con características históricas, culturais e económicas comúns acordaran organizárense en rexión autónoma, presentarán o seu Estatuto.
  • En caso ningún se admite a federación das rexións autónomas.
  • O Congreso dos deputados componse de representantes elixidos por sufraxio universal, igual, directo e secreto.
  • Os cidadáns dun ou doutro sexo, maiores de 23 anos, terán os mesmos dereitos electorais.
  • Os españois poderán asociarse e sindicarse libremente.
  • A renuncia de España á guerra como instrumento das relacións internacionais.
  • Prohibición da retirada de España da Sociedade de Nacións sen mediar previamente unha lei votada en Cortes.
Republica2-Constitucion
Caderno personal da Constitución española do 1931

En resumo, a Constitución era unha carta democrática que superpoñía o poder lexislativo, amparaba unha economía mixta e declaraba o estado como laico.

Reformas

Trala aprobación da Constitución o 9 de decembro confirmouse a Niceto Alcalá-Zamora como Presidente da República, e o 15 de decembro nomeouse a Manuel Azaña como Presidente do goberno.

No momento da proclamación da República a xerarquía eclesiástica era moi conservadora, mais este enfrontamento entre Igrexa e Estado agravouse trala aprobación da Constitución. Por outra banda os sentimentos dividíanse: a dereita defendía que se mantiveran os privilexios concedidos á Igrexa, mentres que entre algúns republicanos de esquerda e sindicalistas medraba un forte sentimento anti-clerical que se chegou a manifestar en queimas de igrexas.

O goberno neste eido levou á práctica unha política de secularización. A Lei de Confesións e Congregacións relixiosas, sancionada polo presidente da República o 2 de xuño de 1933, agravou a reacción contraria da Igrexa católica. Ó día seguinte de sancionada a Lei o Papa Pío XI daba a coñecer unha carta encíclica contraria á lei.

Entre as medidas tomadas destacan: separación da Igrexa do Estado, a liberdade de cultos, o matrimonio civil, a secularización dos cemiterios, a extinción do orzamento do clero (vixente dende o Concordato de 1851), o divorcio e a prohibición da educación dirixida por eclesiásticos. Expulsouse tamén á Compañía de Xesús, por gardaren tan só[Cómpre referencia] lealdade ó Papa.

Manuel Azaña puxo en marcha a reforma do exército, xa que este tiña un fato de deficiencias na súa estrutura e no material. Emprendeu esta laboura unha semana despois de ter asumido o cargo de ministro da Guerra no goberno provisional, e os seus obxectivos eran eliminar o poder político do exército, aumentar a súa eficacia e reducir o número de oficiais. Para trocar esta situación aplicouse a Lei Azaña, que entre as súas medidas incluía: os militares debían xurar fidelidade á República[4] (por decreto do 22 de abril de 1931), reorganización das unidades do exército, supresión da Lei de Xurisdicións, eliminación da Academia Militar de Zaragoza (dirixida por Franco dende 1928)...

Por engadido a República creou unha forza armada leal a ela: a Garda de Asalto.

O goberno da República atopouse cunha alta taxa de analfabetismo (en torno ó 45%) que era preciso diminuír. Así o ensino obrigatorio, laico e gratuíto foi a nova filosofía para tentar formar a cidadáns ceibes, base sobre a que se quería construír a República.

Para iso o goberno decretou a creación de 7.000 novas prazas de mestre e aumentoulles o salario entre o 15 e o 50 %. Asemade instábase á creación de 7.000 novas escolas.

Outra das medidas destacables foi a creación o 29 de maio das Misións Pedagóxicas que, presididas por Manuel Bartolomé Cossío, levaban a cultura polos pobos e aldeas españois. A agrupación teatral La Barraca dirixida por Federico García Lorca, representaba tamén obras teatrais polas vilas e aldeas, ás veces adaptadas polo propio Lorca.

A situación do campo cando se proclamou a II República non mudara moito dende os procesos de desamortización realizados no século XIX. A situación era grave, sobre todo para os xornaleiros e os campesiños andaluces e estremeños. Neste eido non coincidían os socialistas e os republicanos. Os republicanos propuñan o repartimento de terras para aumentar a produtividade, mentres que os socialistas propuñan a socialización da terra e a súa explotación colectiva.

Durante o goberno provisional, o ministro de Traballo Francisco Largo Caballero realizou unha serie de medidas para paliar a mala situación do campo. A Lei de bases da reforma agraria foi definitivamente aprobada o 9 de setembro de 1932 por 318 votos a prol, 19 en contra e 120 abstención. Cabo dela tamén se aprobou a Lei intensificación de cultivos. Para a posta en práctica destas leis foi creado o Instituto de Reforma Agraria (IRA), pero non foi moi efectivo xa que a complexidade das leis e a oposición dos grandes terratenentes latifundistas (que en ocasións deixaron de traballar a terra) fixeron que a concesión de terras ós campesiños fora moi escasa e lenta, o que decepcionou ós campesiños que tanto anceiaran a República. Aínda que en teoría as medidas eran pretenciosas, na práctica o impacto foi leve. Dous anos e medio despois da proclamación da República só cambiaran de mans 45.000 hectáreas en beneficio duns 7.000 campesiños.

Os sindicatos convocaron folgas e o malestar social medraba. Comezaron a ocuparse ilegalmente terras por parte de campesiños desesperados. O suceso máis grave deste tipo sucedeu nun pequeno pobo andaluz chamado Casas Viejas, onde o 10 de xaneiro de 1933 os seus habitantes subleváronse contra as autoridades. A represión realizada foi durísima: algúns campesiños foron queimados nas casas onde se atrincheraban, outros foron fusilados... Esta represión causou forte conmoción na cidadanía e as dereitas aproveitaron para desprestixiar ó goberno. Pola súa parte, os anarquistas revolucionarios de esquerda decidíronse a derrubar esa República "burguesa" que non respondía ás demandas da cidadanía.

Durante o primeiro bienio tan só foi aprobado o Estatuto de Cataluña. Este pasou ás Cortes tras a súa aprobación case por unanimidade polos representantes dos concellos e ser votada afirmativamente polo 99% dos electores no referendo popular. Nas Cortes o Estatuto foi discutido lenta e arduamente, mais trala intentouna de golpe de Estado perpetrada polo xeneral Sanjurjo acelerouse a súa discusión até ser aprobada o 9 de setembro de 1932 por 314 votos en prol e 24 na súa contra. Destaca neste eido o discurso pronunciado polo Presidente do goberno, Manuel Azaña, o 27 de maio de 1932, que axudou a acelerar o debate, e comezaba así:

Pola súa parte no País Vasco e Navarra as forzas políticas tentaban facer un proxecto estatutario. En xuño de 1931 unha asemblea conformada polos concellos vascos e navarros aprobaron un proxecto de estatuto, mais este foi rexeitado polo goberno republicano xa que se achegaba moito ó tradicionalismo. Xa en 1932 Navarra desligouse do proxecto. En 1933 un novo proxecto foi aprobado pola meirande parte dos concellos de Biscaia e Guipúscoa, pero non polos de Áraba. Sometido a referendo popular foi votado afirmativamente nas provincias de Biscaia e Guipúscoa, mais en Áraba tan só conseguiu o 44% dos votos a favor. Isto non detivo a súa presentación ás Cortes, onde foi paralizada a súa discusión polo goberno radical-cedista.

En Galicia trala chegada da II República diversas institucións loitaron pola consecución da autonomía para Galicia. Mais así e todo moitos dos diversos proxectos elaborados resultaron incompatibles coa Constitución, por consideraren a Galiza como un Estado autónomo dentro da República Federal Española. En 1932, xa estando fundado o Partido Galeguista, por proposición do alcalde de Santiago de Compostela Raimundo López Pol, comeza a elaboración dun estatuto factible para a República. Este foi aprobado nunha asemblea de concellos en decembro de 1932, mais a chegada das dereitas ó goberno paralizou o seu proceso.

Conflitividade social e crise da coalición

A cuestión territorial foi un foco de tensións. O malestar no exército fíxose patente no levantamento militar do xeneral Sanjurjo. Este golpe de estado (coñecido como sanjurjada) produciuse o 10 de agosto de 1932 en Sevilla e resultou un fracaso. Sanjurjo tentou fuxir a Portugal pero foi detido en Huelva.

Por outra banda o fracaso de aplicación da Reforma Agraria creou conflitividade entre a poboación, sobre todo entre os xornaleiros, campesiños e anarquistas. Este malestar deu lugar a disturbios fortemente reprimidos en Casas Viejas, Castilblanco e outros nas chamadas revolucións de xaneiro e decembro de 1933.

Ademais durante todo o bienio reformista as dereitas seguiron un proceso de reorganización. Deste xeito en 1931 Ramiro Ledesma Ramos e Onésimo Redondo fundan as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS). Pola súa parte, en 1933, José Antonio Primo de Rivera funda a Falange Española (FE). Estas dúas organizacións fundiranse en 1934 formando a Falange Española de las JONS.

Outros partidos que non cuestionaban a forma de goberno senón a laicidade e a propiedade uníronse para formar a Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) que dirixía José María Gil Robles. Fundáronse tamén neste período outros partidos autoritarios como Renovación Española liderada por José Calvo Sotelo.

A reorganización das dereitas unido a crises no goberno por mor da represión en Casas Viejas, pola falta de entendemento entre republicanos e socialistas ou polo fracaso electoral nas eleccións municipais de abril de 1933 levou a complicar a situación da coalición. A causa disto Manuel Azaña dimite, tomando o goberno Alejandro Lerroux, que non consegue afacerse coa situación, feito que lle leva a dimitir. Diego Martínez Barrio, novo presidente do goberno, convoca eleccións xerais para novembro.

Bienio radical-cedista

01 eibar
As eleccións de novembro de 1933 foron as primeiras nas que puideron votar as mulleres españolas.

As eleccións xerais de novembro deron a vitoria ás dereitas. A distribución de escanos foi a seguinte:

Pero esta repartición de escanos non representa a distribución de votos, debido á lei electoral. Como exemplo, os socialistas conseguiron 1.722.000 votos para obter 60 escanos, mentres que os radicales, con só 700.000 votos conseguiron 104 escanos (segundo Hugh Thomas).

Á vista dos resultados electorais o presidente Niceto Alcalá-Zamora nomeou xefe de goberno a Alejandro Lerroux, que contaba co apoio parlamentario da CEDA. Así deuse comezo ó bienio radical-cedista, tamén coñecido como Bienio negro, que foi o período comprendido entre novembro de 1933 e febreiro de 1936.

Política contrarreformista

Alejandro Lerroux, nomeado xefe de goberno, foi o encargado de formar o goberno. No gabinete tan só había membros do Partido Republicano Radical que porén necesitaba o apoio da CEDA. Ese apoio foi condicionado a que as escolas eclesiásticas seguiran activas, que se paralizara a Lei de Congregacións, se revisara a lexislación laboral e se detivera a reforma agraria. Nesta política contrarreformista, de rectificación das reformas do anterior bienio, tamén se encontra a paralización dos estatutos vascos e galegos así como a amnistía ós participantes no golpe de estado de José Sanjurjo Sacanell.

Folgas e conflitos

A contrarreforma efectuada no agro desfavoreceu ós traballadores do campo, reducindo o seu salario á metade. Ante esta situación a Federación Nacional de Trabajadores de la Tierra, dependente da UGT, convocou unha folga xeral que tivo éxito en Estremadura e parte de Andalucía e Castela A Mancha. A folga saldouse con 10.000 detidos e preto de 200 concellos socialistas suspendidos.

En Cataluña o goberno central anulou a LLei de contractes de conreu que facilitaba o acceso á propiedade da terra ós arrendatarios dos viñedos. Ricardo Samper, daquela xefe de goberno e que apoiara a lei tivo que dimitir ante a intransixencia das dereitas ante esta lei. Ante esta crise as esquerdas clamaban pola disolución das Cortes e a convocatoria de novas eleccións. A CEDA, en troques, aspiraba a entrar no goberno. Desta forma trala dimisión de Samper volve Lerroux á xefatura do goberno, entrando tamén tres membros da CEDA, que até entón estaban excluídos do gabinete. A entrada da CEDA produciu a escisión do Partido Republicano Radical pola súa "á esquerda", encabezada por Diego Martínez Barrio, o cal diminuía aínda máis (19 deputados abandonaron o PRR) o poder do partido, dependendo así máis do apoio da CEDA. Os escindidos fundaron o Partido Radical Democrático, que se fusionaría cos radicais socialistas para formar Unión Republicana.

As esquerdas estaban convencidas de que a CEDA quería tirar abaixo a República polo que o PSOE convocou unha folga xeral revolucionaria que seguiron os partidos de esquerda e centro-esquerda co ánimo de botar abaixo o goberno. O goberno declarou ilegal esta folga e declarou o estado de guerra en toda España. A folga comezou o 5 de outubro cun apoio irregular dos anarquistas e comunistas. A folga tivo éxito nas principais cidades españolas, mais a escasa planificación levou ó fracaso da tentativa revolucionaria.

En Cataluña a folga xeral foi unida ó descontento da esquerda nacionalista pola lentitude das transferencias de competencias conseguidas co estatuto de autonomía. Definitivamente o 6 de outubro o presidente da Generalitat de Cataluña, Lluís Companys, proclama o Estado catalán. Lerroux deu orde de declarar o estado de guerra e esmagar a sedición, mais o xeneral encargado foi máis prudente e disparou con canóns dende a Plaza de Sant Jaume con carga oca. O 7 de outubro Companys rendíase. Os membros da Generalitat foron detidos e condenados a distintas penas de cárcere. Así Companys foi condenado a 30 anos de cadea e Manuel Azaña, que se atopaba en Barcelona por casualidade, tamén foi detido e enviado ó buque-prisión Sánchez Barcáiztegui. O estatuto catalán foi suspendido así como a Lei de cultivos. A rebelión catalá custoulle a vida a 8 soldados e 38 civís. As penas de morte ditadas foron conmutadas por vontade de Alcalá Zamora, que lle recordou a Lerroux as amnistías para os participantes na Sanjurjada. Lerroux accedeu, mais coa oposición total da CEDA.

En Asturias e norte de León a situación resultou diferente. A CNT estaba adherida á Alianza Obrera (xunto coa UGT e comunistas), e o comunismo tiña unha forza real. Os folguistas posuían armas e a dinamita das minas asturianas. O 5 de outubro comezaba a sublevación e os folguistas comezaron a ocupar os pobos e vilas da zona. Estableceuse unha unión entre todas as forzas (obreiras, anarquistas, socialistas e comunistas) baixo a consigna UHP (Unión de Hermanos Proletarios). Nas zonas ocupadas organizáronse comunas e os concellos foron substituídos por comités revolucionarios. Suprimiuse o diñeiro e socializáronse os medios de produción. O ministro de Guerra encomendou a misión de sufocar a rebelión ó xeneral Francisco Franco, que estaba ó mando da Lexión e das tropas regulares. A represión foi durísima, realizándose fusilamentos, asasinatos roubos e violacións. O 18 de outubro dábase remate á revolución que foi sufocado con preto de 2.000 mortos, 30.000 detidos e miles de despedimentos. A posteriori ditáronse vinte penas de morte das que foron executadas dúas.

A repercusión foi moi forte. Ó redor de 200 concellos asturianos que estaban controlados por socialistas e republicanos de esquerda pasaron a seren controlados por xestoras. A CEDA aumentou o seu peso no goberno e produciuse unha dereitización do réxime.

Crise da coalición radical-cedista

A revolución de Asturias provocou un ambiente tensionado na política estatal, mais o goberno de Lerroux non entrou en crise por iso, senón pola conmutación da pena de morte a González Peña por parte de Alcalá-Zamora. A CEDA opúxose e Lerroux tivo que formar novo goberno no que incluíu a cinco da CEDA e só a tres do Partido Republicano Radical. Gil Robles ocupou o Ministerio de guerra, colacando en postos chaves a militares como o xeneral Joaquín Fanjul, Francisco Franco, Manuel Goded ou Emilio Mola. Este novo goberno esqueceuse da política social e outorgou o diñeiro do estado ós "ricos". A finais de 1935 producíronse dous escándalos de corrupción que botaron abaixo o goberno. O primeiro foi o do estraperlo en outubro, que provocou un forte desprestixio de Alejandro Lerroux. Alcalá-Zamora fixo dimitir a Lerroux e encargou formación de novo goberno a Joaquín Chapaprieta, pero ó pouco chegou un novo escándalo de corrupción, o de Tayá-Nombela. Gil Robles lle retirou o seu apoio a Chapaprieta confiando en ser nomeado o novo encargado de formar goberno. Pero Alcalá-Zamora, temeroso da reacción popular, preferiu a un home de centro, Manuel Portela Valladares. Portela Valladares decretou a disolución das Cortes e convocou eleccións para o 16 de febreiro de 1936.

Anteriormante á convocatoria de eleccións os partidos políticos fóranse reorganizando. Os monárquicos e conservadores uníronse no Bloque Nacional de José Calvo Sotelo, que era abertamente contrario á República e á súa Constitución.

Pola súa parte o centro-esquerda e a esquerda republicana uníronse maioritariamente nun pacto asinado o 15 de xaneiro de 1936 na Fronte Popular, que estaba formado por Izquierda Republicana, Unión Republicana, Partido Socialista Obrero Español, Juventudes Socialistas, Partido Comunista de España, Partido Obrero de Unificación Marxista, Partido Sindicalista e a Unión General de Trabajadores.

En Galicia uniuse á Fronte Popular o Partido Galeguista. En Euskadi o Partido Nacionalista Vasco presentouse en solitario. En Cataluña coaligáronse Esquerra Republicana de Catalunya, Acció Catalana Republicana, Partit Nacionalista Republicà Català, Unió Socialista de Catalunya, Unió de Rabassaires e pequenos partidos comunistas para formar o Front d'Esquerres.

Fronte Popular

Artigo principal: Eleccións Xerais de 1936 en España.
Escaños1936
Repartimento de escanos tras as eleccións de 1936

As eleccións xerais de febreiro deron o triunfo á Fronte Popular. A distribución de escanos foi a seguinte:

Ante o resultado das eleccións a reacción popular non se fixo esperar. A xente corría a liberar ós presos do 34 sen agardar á amnistía. O Xefe do Estado Maior Central, xeneral Franco, deulle o apoio do exército a Manuel Portela Valladares para que "non deixara pasar o comunismo". Intentou promover entre algúns militares unha sublevación. Goded tamén tentou sublevar o cuartel da Montaña de Madrid e outros dous xenerais que estiveran en todas as conspiracións contra a República, Joaquín Fanjul e Ángel Rodríguez del Barrio, sondexaron esa posibilidade. Franco non viu o momento maduro e botouse para atrás, aínda que eses días do 17 ó 19 de febreiro estivo máis preto que nunca de dar un golpe militar. Evitouno a firme actitude de Pozas e do xeneral Miguel Núñez de Prado. Portela Valladares decidiu dimitir, polo que Alcalá-Zamora tivo que ordenar a Manuel Azaña que formase goberno. O día 19 de febreiro Azaña forma o goberno no que inclúe tan só a republicanos de esquerda, decidindo non incluír ningún socialista (aínda que Largo Caballero xa vetara a participación do PSOE no novo goberno). Pese o moderado do novo goberno, as dereitas reaccionaron como se fosen os mesmos soviéticos os que alcanzasen o poder.

A primeira medida do novo goberno foi a concesión dunha amnistía. Dende o comezo procedeuse a unha restauración das reformas emprendidas no primeiro bienio. Así se restaurou a Generalitat de Cataluña, os concellos socialistas suspendidos dende outubro de 1934 e os concellos vascos suspendidos no verán de 1934. Reactívanse os procesos dos estatutos de autonomía, de tal xeito que o 1 de outubro apróbase o Estatuto de Autonomía de Euskadi e en febreiro de 1938[6] o Estatuto de Autonomía de Galicia é admitido a trámite (aínda que non foi discutido nin aprobado).

Reanudáronse tamén os traballos do Instituto de Reforma Agraria e enviáronse ós militares máis proclives ó golpismo lonxe de Madrid.

Volveuse á reforma agraria, movendo máis terra que nunca. Dende marzo até a sublevación militar de xullo distribuíuse moita máis terra que nos anos 5 anos anteriores da República (até 7 veces máis, segundo Edward Malefakis). As cifras alcanzaron as 550.000 hectáreas ocupadas onde se asentaron uns 110.000 campesiños.

A pesar da rapidez do goberno en poñerse "mans á obra", ós obreiros e campesiños non lles era suficiente. Pedíronse aumentos salariais, realizáronse folgas e medrou o desemprego. O valor da peseta caeu. O investimento privado decrecía, todo o contrario que o investimento público. Parte deste investimento privado (como o do multimillonario mallorquín Juan March) empregouse en financiar as forzas que levaban conspirando contra a república dende 1932. A inestabilidade e tensión social provocou que algúns partidos políticos comezaran a formar as súas milicias. A Falange Española decidida a botar abaixo o réxime democrático comezou a provocar a maior desorde e terror posibles (a dialéctica dos puños e das pistolas). Polas rúas da capital a xente comezou a ir armada para defenderse dos ataques dos adversarios. A Falange Española, que até entón nunca tivera representación institucional e non pasaba duns poucos miles de afiliados, comezou a aumentar a súa afiliación. O partido estaba financiado por Renovación Española, o Banco Vizcaya, Juan March e a Italia fascista.

O 10 de marzo a Falange atentou contra a vida do mestre Luis Jiménez de Asúa, asasinando ó policía Jesús Gisbert que o escoltaba. O 14 de marzo, de novo a Falange, atentou contra a vida de Largo Caballero, sen éxito. Pouco despois a Falange Española foi ilegalizada. Pero non por iso deixaba de actuar: asasinaron a Manuel Pedregal, un maxistrado que sentenciara a 30 anos de cárcere a un falanxista que matara a un vendedor de xornais de esquerdas; puxeron unha bomba no desfile conmemorativo do 14 de abril, resultando durante a confusión morto un Garda Civil a disparos da Garda de Asalto (no enterro deste houbo enfrontamentos entre a Falange e a Garda de Asalto, resultando varios mortos e feridos); asasinaron ó xornalista Manuel Andrés en Donostia, ó tamén xornalista Luciano Malumbres en Santander e ó capitán socialista Carlos Faraudo en Madrid; abriron fogo de metralleta no centro de Madrid contra traballadores, matando a 3 e ferindo a 40, o día 16 de abril.

O día 7 de abril Niceto Alcalá-Zamora é destituído coma presidente da República. A proposición redactada por Indalecio Prieto e Manuel Azaña e presentada no Congreso dos deputados o 3 de abril, sinala que non foi necesaria a disolución das Cortes o 7 de xaneiro de 1936, e que, seguindo á Constitución un presidente non pode disolver ás Cortes dúas veces se non é coa aprobación da Cámara (aínda que a verdadeira razón estivera, posiblemente, no fracaso electoral de Alcalá-Zamora á fronte dun partido político, perdendo así a súa autoridade como xefe de estado[7]). A pesar de ter os apoios destes dous políticos no momento da disolución Alcalá-Zamora foi pintado coma demasiado "conservador" e "moderado" para os obxectivos reformistas da República. Como substituto seu foi elixido Manuel Azaña. Indalecio Prieto aspiraba a ser o novo presidente do goberno, pero nunha votación do seu partido a maioría decidiron que o PSOE non entrara no goberno. Manuel Azaña nomeou presidente do goberno a Santiago Casares Quiroga.

Sublevación

Mais os plans conspiradores xa existían dende o inicio do goberno da Fronte Popular. Despois das eleccións de febreiro de 1936, Francisco Franco foi desprazado a Canarias, Goded a Baleares e Emilio Mola a Pamplona (feudo dos requetés). Emilio Mola, xa en Pamplona, preparouse para organizar o levantamento. Entre o 5 e o 12 de marzo reuniuse coa maioría dos militares golpistas. Alí Mola comentou que estaba preparando un levantamento que podería suceder o 19 de abril, mais a conspiración foi descuberta polo PCE, que forzou ó goberno a tomar medidas. Pese a todo seguiuse adiante coa trama golpista. Á cabeza da trama organizada por Emilio Mola tería de estar José Sanjurjo Sacanell.

A esquerda tentou aproximarse ós militares, sobre todo mediante a Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA). Un grupo de aproximadamente 200 militares desta organización desprazouse a África coa intención de secuestrar ós xefes golpistas, pero esta operación foi descuberta por Casares Quiroga e desmontada de seguido. Os dirixentes do UMRA reuníronse con Casares Quiroga para avisarlle do alzamento previsto para o 16 de xullo e déronlle os nomes dos militares golpistas: Franco, Mola, Goded, Varela, Aranda, Fanjul, Yagüe, García Valiño e Alonso Vega. O presidente do goberno non deu creto a estas afirmacións respondendo que non existía perigo ningún de insurrección.

En xullo de 1936 aconteceron uns importantes sucesos, que se ben non desencadearon o alzamento, si que lles serviu para xustificalo. O 12 de xullo uns falanxistas asasinaron ó tenente da Garda de Asalto José Castillo, membro da UMRA. Algúns dos seus compañeiros decidiron vingarse e achegáronse ó domicilio de Antonio Goicoechea, pero ó non atoparse alí foron ó de Gil Robles, que tampouco se atopaba alí, e definitivamente ó de José Calvo Sotelo, que foi asasinado a tiros[8].

Finalmente as ordes definitivas de Mola foron que o exército de África se sublevase ás 5 da mañá do día 18 de xullo e 24 horas máis tarde en toda a península. O exército de África tería que controlar o Marrocos español, e logo ser transportado vía marítima a Andalucía, polo que a frota tamén tiña que sublevarse. Este plan foi descuberto o 17 de xullo en Melilla, pero o comandante xeneral de Melilla non se decidiu a arrestar ós oficiais, sendo finalmente el o arrestado, pese ó risco de que os demais conspiradores non estiveran preparados. Así e todo, na noite do 18 de xullo, xa se eliminara a resistencia no Marrocos español.

Francisco Franco dirixiuse a Marrocos dende Canarias no famoso voo no Dragon Rapide, alugado co diñeiro de Juan March, para comandar as tropas regulares.

Para pasar as tropas regulares á península necesitou pedir apoio ás forzas nazis e fascistas, xa que o estreito de Xibraltar estaba controlado polas tripulacións da escuadra republicana, que se amotinaran contra os oficiais rebeldes. Hitler envioulle a Franco unha partida de 20 Junker e 6 cazas Heinkel. O boxectivo de Hitler era que co triunfo dun golpe militar dereitista, Francia perdera un posible aliado.
Pola súa banda Mussolini enviou unha escuadrilla de 12 bombardeiros Savoia-Marchetti S.M.81 e 2 buques mercantes con cazas FIAT CR.32.

Pese a todo o apoio á sublevación non foi maioritario entre o exército. Dos 18 xenerais con mando de división, incluídos da Garda Civil e de Carabineros, é dicir, os que controlaban as unidades de intervención máis importantes, unicamente se sublevaron 4: Cabanellas, Queipo de LLano, Goded e Franco e só Cabanellas mandaba a tropas na península.
Outros dous xenerais de división en situación de dispoñibles que interviron na sublevación foron Fanjul e Saliquet.
Entre os xenerais de brigada só 14 de 56 apoiaron o golpe de Estado. Os sublevados contaban inicialmente cuns 120.000 homes armados, dos 254.000 que había nese intre na península, nas Illas e en África[9].

Mais varios factores confluíron para daren superioridade ós alzados e diminuír a eficacio de quen permaneceron leais.

Un foi a orde xeral do goberno de desmobilizar os soldados, para minguar forza ós militares rebeldes, que porén conseguiu o efecto contrario, xa que moitos deses soldados, naquelas zonas onde fracasou a sublevación negáronse despois a volver ás súas unidades e, baixo o amparo da mobilización revolucionaria e popular, ingresaron nas milicias. Os anarquistas e socialistas, os primeiros en organizar milicias, desconfiaban en grande parte destes xefes e oficiais. Truncábase así dende o comezo o que podía ter sido o exército republicano.

Para os sublevados era todo diferente xa que, a pesar de o exército peninsular non estar tampouco moi preparado para a guerra, contaban con forzas disciplinadas e organizadas. Sobre todo dispuxeron dende o comezo co exército de África, coa case totalidade dos seus 1.600 xefes e oficiais e dos 40.000 homes baixo seu mando. A súa tropa máis coñecida era a Legión, composta de prófugos, delicuentes e marxinados que eran introducidos no culto á violencia e á virilidade. Ó carón da Legión estaban tamén as Forzas Regulares Indíxenas, composta por mercenarios marroquís e algúns españois.

A sublevación na península non triunfou, mais tampouco foi aplastada debido á ineficacia do goberno. Deuse paso así á Guerra civil española.

Fronte Popular durante a guerra civil

Unha vez iniciada a insurrección, algunhas comunidades van ser conquistadas polo bando nacional e van dar apoio ós insurrectos, e vai haber outras que se manteñen en poder da República. España estaba baixo o mando de dous gobernos.

O 4 de setembro de 1936, a presidencia do goberno, pasa ás mans do socialista Largo Caballero, que será sucedido ó ano seguinte por Juan Negrín. Este era tamén socialista e vai continuar ó mando de forma “estable” até a fin da guerra civil no ano 1939, e durante o exilio até o ano 1945. A caída do goberno de Largo Caballero precipitouse tralos enfrontamentos entre os bandos formados principalmente pola CNT e o POUM contra o PSUC. O POUM foi ilegalizado, detidos os seus dirixentes e fusilado o seu líder, Andreu Nin.

A guerra vai ser un conflito que vai estar marcado polo internacionalismo que vai adquirir co intervencionismo dos dous futuros bloques da segunda guerra mundial.

Entre os feitos da República durante a guerra civil, cabe destacar que o 1 de outubro de 1936, vai ser concedida a autonomía ó País Vasco. O 4 de novembro, un mes despois, a CNT, decide unirse ó goberno de Largo Caballero, a pesar das notables diferenzas que existían entre sindicalistas e socialistas. Estando Madrid baixo asedio o goberno vai trasladarse a Valencia, mentres se forman as Xuntas de Defensa de Madrid encabezadas polo Xeneral Miaja que encarga a organización do Estado Maior a Vicente Rojo.

O 8 de novembro de 1936, é a data da chegada das Brigadas Internacionais, que non abandonarán ata que a guerra estea definitivamente decantada, o 21 de setembro de 1938.

O 28 de outubro de 1937, o goberno republicano trasladado a Valencia, vaise mudar desta vez a Barcelona.

O 23 de xaneiro de 1939 a República proclama oficialmente o estado de guerra, tras dous anos e medio de loita.

O 28 de febreiro de 1939, o Presidente da República, Manuel Azaña, vai dimitir, mentres que Francia e o Reino Unido xa recoñecían a España de Franco, como xa fixeran anos anteriores os fascistas e nazis.

O goberno republicano terá que exiliarse definitivamente a Francia entre o 4 e o 12 de marzo, no momento no que o Coronel Segismundo Casado, co apoio entre outros de Julián Besteiro, dá un golpe de Estado contra a República, mentres se albiscaba xa a fin da guerra, que chegaría oficialmente o 1 de abril de 1939.

A República no exilio

A República Española continuou no exilio coas súas institucións que seguían a representar a legalidade da Constitución de 1931 despois da vitoria dos nacionais na guerra civil española. Estas institucións teñen a súa vixencia entre 1939 e 1977. A sede do goberno no exilio sitúase primeiro en Cidade de México para trasladarse o 8 de febreiro de 1946 a París, Francia.

Por iniciativa da delegación de México na Conferencia de San Francisco das Nacións Unidas apóiase unha moción de repulsa ó goberno de Franco e se lle recoñece ó goberno no exilio a representación de España. Medida recoñecida pola Conferencia de Potsdam. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas confirma dita moción en febreiro de 1946 e vota en decembro do mesmo ano excluír o seu ingreso ó organismo internacional. En 1950 o goberno de Franco consegue revogar a prohibición de establecer delegacións diplomáticas para posteriormente ingresar na ONU como país membro.

México foi o primeiro país en recoñecer o goberno da República en 1939, tal decisión mantívose até 1977 cando se restablecen relacións diplomáticas con España. Outro estado que recoñeceu até 1977 a II República foi Iugoslavia.

Disolución da II República española no exilio

Despois das eleccións do 15 de xuño de 1977, o Presidente da República José Maldonado e Fernando Valera, Presidente do Consello de Ministros, emiten a Declaración de la Presidencia y del Gobierno de la República Española en el Exilio o 21 de xuño de 1977, en París. En dito texto, despois de reafirmar a legalidade institucional emanada da Constitución de 1931 e dos procesos electorais de 1931, 1933 e 1936, declaran: Las Instituciones de la República en el exilio ponen así término a la misión histórica que se habían impuesto. Y quienes las han mantenido hasta hoy, se sienten satisfechos porque tienen la convicción de haber cumplido con su deber.

Ponse así punto final á segunda experiencia republicana na historia do estado español.

Notas

  1. Estes datos corresponden ós da segunda volta das eleccións segundo o Anuario Estatístico de 1931. Na primeira rolda, do 5 de abril, elixíronse ós concelleiros por aplicación do artigo 29, é dicir, por candidatura única. Estes resultados deron 14.018 concelleiros monárquicos e só 1.832 republicanos. Porén, non se saben os datos con exactitude, xa que este Anuario non é fiable. Miguel Martínez Cuadrado outorga 19.035 concelleiros ós monárquicos, 39.568 ós republicanos e 15.198 a tradicionalistas, integristas, nacionalistas vascos, independentes etcétera, na súa obra Elecciones y partidos políticos en España. Para Javier Tusell os monárquicos obtiveron 40.324, os indefinidos 1.207, os comunistas 67, os republicanos 34.688 e os socialistas 4.813.
    De tódolos xeitos en Madrid os republicanos obtiveron o triplo de votos cós monárquicos, e en Barcelona o cuádruplo.
  2. Tusell, Javier: Historia de españa en el siglo XX Tomo I. Páxina 205. Taurus, Madrid, 2005.
  3. Casanova, Julián: República y guerra civil. Páxinas 14-15.
  4. O xuramento era:
    Prometo por mi honor servir bien y fielmente a la República, obedecer sus leyes y defenderla con las armas.
  5. Azaña, Manuel: Discursos políticos, en edición de Santos Juliá. Páxinas 181-201. Editorial crítica, Barcelona, 2003.
  6. "O estatuto do 36.". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2007. Consultado o 08 de novembro de 2007.
  7. Santos Juliá en La Guerra de España. El País, 1986.
  8. Beevor, Antony: La guerra civil española. Páxina 79.
  9. Casanova, Julián: República y guerra civil. Páxinas 192-193.

Véxase tamén

Bibliografía

  • La Guerra Civil Española, Antony Beevor. Editorial Crítica. ISBN 84-8432-665-3.
  • Historia de España 2º Bacharelato, Xosé Alfeirán Rodríguez, Ana Brea Pedreira e Ana Romero Masiá. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-15-6.
  • República y guerra civil, Julián Casanova. Crítica|Marcial Pons. ISBN 978-84-8432-878-0.
  • Historia de España en el siglo XX, Javier Tusell. Taurus.

Outros artigos

Ligazóns externas

Alejandro Lerroux

Alejandro Lerroux García, nado en La Rambla (Córdoba) o 4 de marzo de 1864 e finado en Madrid o 25 de xuño de 1949), foi un político andaluz, que ocupou a presidencia do goberno de España durante un breve período da Segunda República.

Bandeira de España

A actual bandeira de España aparece por mor de que no século XVIII as bandeiras de Francia, Nápoles, Toscana, Parma, Sicilia e a da propia España eran brancas, cor da casa de Bor­bón, o que producía gran confusión non só nos exércitos, senón, o que era máis importante, no mar, no que os navíos das diversas potencias citadas podían ser confundidos facilmente.

Dereita Galeguista

Dereita Galeguista foi un partido galeguista de dereitas activo durante os últimos meses da Segunda República Española.

Diego Martínez Barrio

Diego Martínez Barrio, nado en Sevilla en 1883 e finado en París en 1962, foi un político español

Eleccións Xerais de 1931 en España

A primeira volta das eleccións xerais de España de 1931 ou eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 celebrouse o 28 de xuño de 1931. A segunda volta prolongouse, con diversas eleccións parciais, entre o 19 de xullo e o 8 de novembro. Tiveron lugar pouco despois da proclamación da Segunda República Española co fin de elaborar unha nova constitución. A elas concorreron, por unha banda a Conxunción Republicano-Socialista, composta polo PSOE, os radicais de Lerroux, os radicalsocialistas, a Dereita Liberal Republicana de Alcalá-Zamora e a Acción Republicana de Azaña, aínda que cada partido concorría co seu propio programa. A dereita antirrepublicana concorreu dividida e non presentou candidaturas en parte das circunscricións.

As eleccións deron un triunfo rotundo á Conxunción Republicano-Socialista. A dereita e o centro republicanos (coa excepción dos radicais) quedaban reducidos a un papel testemuñal, en tanto que a dereita monárquica sufría un serio revés. Como resultado a maioría das esquerdas no Parlamento (nucleada en torno a socialistas, radicalsocialistas e Acción Republicana, posto que radicais e progresistas abandonaron pronto a coalición) deu lugar ao denominado bienio reformista entre os anos 1931 e 1933.

Eleccións Xerais de 1933 en España

O 19 de novembro de 1933 celebrouse a primeira volta das segundas eleccións xerais da Segunda República Española para as Cortes e foron as primeiras en que as votaron as mulleres exerceron o dereito ao voto. As eleccións deron a maioría aos partidos de centro-dereita e de dereitas, o que deu lugar ao denominado bienio radical-cedista ou bienio negro dos anos 1933-1936.

Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia

As segundas eleccións ás Cortes españolas da II República celebráronse o 19 de novembro de 1933. A lei electoral establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. Tiñan dereito ao voto os maiores de 23 anos e por primeira vez en España tiñan dereito de voto as mulleres.

As malas relacións entre os republicanos e os socialistas fixo que presentaran candidaturas separadas, o que favoreceu á dereita que presentaba listas conxuntas.

A circunscrición electoral da Coruña elixía 17 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 49 deputados.

Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia

As terceiras eleccións ás Cortes españolas da II República celebráronse o 16 de febreiro de 1936. A lei electoral establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. Tiñan dereito ao voto os maiores de 23 anos.

A da Coruña elixía 17 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 49 deputados.

Fronte Popular (España)

A Fronte Popular foi unha histórica coalición electoral creada en xaneiro de 1936 polos principais partidos de esquerda de España. O 16 de febreiro logran a vitoria nas últimas eleccións democráticas durante a Segunda República, antes do golpe de estado que produciría a guerra civil.

Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polos sublevados, foi un golpe de carácter militar con fins políticos[Cómpre referencia] perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

Himno de Riego

O Himno de Riego é unha marcha militar de inspiración dos tradicionais himnos militares similar ao pasodobre e á "Marsellesa" de referencia no século XIX; composta por José Melchor Gomis dedicada ao Teniente Coronel Rafael del Riego. Himno nacional durante o trienio liberal de 1820-1823 e na Segunda República Española. Durante a Primeira Guerra Carlista as tropas liberais entonábano, pero prohibiuse durante os tempos de Fernando VII e parte do goberno de Isabel II.

Riego, un símbolo dos liberais españois no século XIX e comezos do XX,érguese contra o goberno absolutista de Fernando VII en Las Cabezas de San Juan, Sevilla (1 de xaneiro, 1820) intentando instaurar un réxime constitucional de norma básica a Constitución española de 1812, redactada polas Cortes de Cádiz, coñecida como "la Pepa".

José Giral

José Giral Pereira, nado en Santiago de Cuba en 1879 e finado en México en 1962, foi un político español.

Juan Negrín

Juan Negrín López, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 3 de febreiro de 1889 e finado en París o 12 de novembro de 1956, foi un fisiólogo e político español. Catedrático de Fisioloxía, como eminente investigador nese ámbito chegou a ser considerado un precursor da bioquímica. Mestre, entre outros, dos profesores Severo Ochoa (galardoado co premio Nobel de Fisioloxía e Medicina) e Grande Covián. Presidente (1937-1945) do Goberno da Segunda República Española.

Lluís Companys

Lluís Companys i Jover, nado en El Tarròs (Tornabous), o 21 de xuño de 1882 e asasinado en Barcelona o 15 de outubro de 1940, foi un político catalán. Primeiro Presidente do Parlamento de Cataluña (1932-1933), Ministro do Goberno Español (2º semestre de 1933) e Presidente da Generalitat de Cataluña (1934-1940) durante a Segunda República Española.

Manuel Azaña

Manuel Azaña Díaz, nado en Alcalá de Henares (Madrid), o 10 de xaneiro de 1880 e finado en Montauban (Francia) o 3 de novembro de 1940, foi un político e escritor español, segundo presidente da Segunda República Española (1936-1939). Foi un dos políticos e oradores máis importantes da política española do século XX, ademais de ser un consolidado escritor (acadou o Premio Nacional de Literatura en 1926 por Vida de Juan Valera. As súas memorias son un documento moi importante para coñecer a sociedade da época.

Partido Agrario Español

O Partido Agrario Español (PAE) foi un partido político español da Segunda República Española.

Partido Galeguista (1978)

O Partido Galeguista foi un partido galego fundado en 1978, reclamándose herdeiro histórico do Partido Galeguista da Segunda República Española.

Primeira división española 1931/32

A tempada 1931/32 da Primeira división española foi a cuarta edición do torneo. Celebrouse entre o 22 de novembro de 1931 e o 3 de abril de 1932.

O campión foi o Real Madrid, que conseguiu o primeiro título ligueiro da súa historia.

Tomaron parte na competición dez clubs. Nesta tempada debutou o Valencia CF. Ningún equipo galego disputou a categoría. A proclamación da Segunda República Española prohibiu os símbolos monárquicos e varios equipos cambiaron de denominación, perdendo o título Real.

Santiago Casares Quiroga

Santiago Casares Quiroga, nado na Coruña o 8 de maio de 1884 e finado en París o 17 de febreiro de 1950, foi un político e avogado galego. Foi un dos signatarios do Pacto de San Sebastián (1930) e deputado a Cortes da ORGA (Organización Republicana Autónoma Galega), un partido que dirixiu e fusionou en 1936 coa Izquierda Republicana. Ocupou varias carteiras ministeriais e chegou a ser presidente do goberno de España durante a Segunda República.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.