Sefardí

Os sefardís[1] (hebreo: ספרדים, sfaradim) son os descendentes dos xudeus que viviron nos distintos territorios da Península Ibérica até 1492, e que están ligados á cultura hispánica mediante a lingua xudeoespañola e a tradición. Calcúlase que na actualidade a comunidade sefardí acada os dous millóns de integrantes, sendo a meirande parte deles residentes en Israel, Francia, Estados Unidos e Turquía. Así mesmo, tamén existen comunidades sefardís en Cuba, México e ao longo de Sudamérica, principalmente na Arxentina, Brasil, Venezuela, Chile, Paraguay e Perú onde chegaron os xudeus sefardís fuxindo das persecucións das autoridades españolas.

Sephardic family in Bosnia, 19th century
Retrato dunha familia sefardí

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sefardí.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Asquenací

A cultura asquenací, ou asquenasita, (en hebreo: אשכנז) é a pertencente ós xudeus descendentes das comunidades xudías medievais da Renania, chamada "Ashkenaz", palabra do hebreo medieval coa que se coñecía á Alemaña.

Estas comunidades xudías emigraron cara o leste, formando comunidades en toda a Alemaña, Hungría, Polonia, Rusia, e máis xeralmente en toda a Europa central e do leste entre os séculos X e XIX. Dende a Idade media ata mediados do século XX, a lingua franca entre os xudeus asquenacís foi o yiddish ou, en menor medida, o Judæo-Francés ou (Zarpático), o Canaánico (Judæo-Checo), e o recentemente extinguido (dende 1971) Judæo-Provenzal (ou Shuadit), (as tres extinguidas na actualidade). Os xudeus Asquenací desenvolveron unha cultura distintiva, influenciada pola liturxia, e en diversos graos pola cultura dos alemáns, polacos, checos, eslovacos, caxubios, húngaros, ucraínos, lituanos, letóns, belarusos, e rusos.

Aínda que no século XI só comprendían o 3% da poboación xudía mundial, a poboación asquenací seguiu medrando ata chegar ao seu máximo en 1931, ao constituír o 91% da poboación xudía mundial. Na actualidade conforman o 80% da poboación xudía. A Maioría das comunidades históricas xudías na Europa son asquenacís, coa excepción daquelas comunidades da Europa meridional e mediterránea. Unha significante porción dos emigrantes xudeus europeos que emigraron a outros continentes nos pasados dous séculos son asquenacís do leste europeo, destacando a comunidade existente nos Estados Unidos.

Baruch Spinoza

Benedictus de Spinoza, tamén coñecido como Baruch de Espinoza, Bento Spinoza, Bento de Espinoza, nado en Ámsterdan o 24 de novembro de 1632 e finado na Haia o 21 de febreiro de 1677, foi un filósofo neerlandés, un dos grandes racionalistas da filosofía moderna canda a René Descartes e Gottfried Wilhelm Leibniz. Está considerado o fundador da crítica bíblica moderna.

Buenos Aires

Buenos Aires, ás veces escrito en galego Bos Aires, é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denomínanse porteños ou bonaerenses. A cidade atópase situada na beira dereita do esteiro do río da Prata, fronte á cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. É, principalmente, unha cidade de servizos.

Centro de Información Xudía de Galicia

O Centro de Información Xudía de Galicia, tamén coñecido popularmente como Museo Sefardí de Galicia, é un museo galego situado en Ribadavia (Ourense) e adicado á historia e as principais singularidades do pobo xudeu en Galiza.Situado no pazo dos Condes de Ribadavia, no número 7 da Praza Maior, o Centro de Información Xudía de Galicia ocupa o segundo andar do edificio, que comparte coa Oficina de Turismo e o Xulgado. A colección amosa algunhas pezas salientables da historia da comunidade xudía en Galiza como a menorá grabada nunha pedra da catedral de Tui, a lápida do século X-XI da Coruña, así como reproducións de obxectos ligados ao pobo e á cultura xudía.

Elias Canetti

Elias Canetti, nado en Rustschuk, agora chamada Ruse, na actual Bulgaria, o 25 de xullo de 1905 e finado en Zúric o 14 de agosto de 1994, foi un escritor e pensador en lingua alemá, Premio Nobel de Literatura en 1981.

Historia dos xudeus de Tesalónica

A historia dos xudeus de Tesalónica é a historia da comunidade xudía, principalmente sefardí, que habitou a cidade grega de Tesalónica, tamén chamada Salónica, dende a súa chegada á cidade a finais do século XV ata a súa aniquilación case completa durante a segunda guerra mundial. A comunidade xudía foi durante varios séculos maioritaria na cidade, o que converte a Tesalónica no único caso coñecido de cidade da diáspora con predominio xudeu.

Os xudeus están indisolublemente unidos á historia de Tesalónica, e a influencia da comunidade hebrea desta cidade, tanto na orde cultural como na económica, deixouse sentir en todo o mundo sefardí. Chegaron á cidade, procedentes de España, en 1492 por causa do decreto de expulsión dos xudeus. Durante o século XVI e baixo dominio otomán, a poboación xudía de Tesalónica viviu unha idade de ouro, seguida dun relativo declive ata mediados do XIX, época na cal emprendeu unha importante modernización, tanto económica coma cultural. A historia dos xudeus de Tesalónica tomou un rumbo tráxico no século XX, tras a aplicación da solución final polo réxime nazi, que se traduciu na eliminación física da inmensa maioría dos membros da comunidade.

Kroke

Kroke (que significa Cracovia en yiddish) é unha banda klezmer polaca formada no ano 1992. Aínda da influencia klezmer, Kroke crea e toca composicións orixinais empregando ornamentación auténtica, estilos e escalas tanto de música klezmer como sefardí, dando como resultado un son que é á vez contemporáneo e distintivamente xudeu. Toman, igualmente, bases da súa experiencia no jazz e na música clásica.

No 2007 participaron no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Kuando el rey Nimrod

Kuando el rey Nimrod (pronunciación xudeoespañola: [ˈkwando el rei nimˈroð], ou [nimˈrod], en castelán: Cuando el Rey Nimrod) é unha canción folk sefardí. Cántase en lingua xudeoespañola e conta a historia do nacemento do profeta bíblico Abraham.

Lingua xudeoespañola

O xudeoespañol (letra hebrea: גודיאו-איספאנייול), coñecido popularmente como ladino (לאדינו) ou sefardí (ג'ודיזמו) foi a lingua falada polas comunidades xudías da península ibérica ata 1492. Hoxe en día fálase polo pobo sefardí principalmente en Israel, Grecia e Turquía. Derivada do castelán medieval, o xudeoespañol tamén ten características de varios idiomas peninsulares. Sendo unha lingua do pobo xudeu, contén influencia do hebreo, e tamén doutras linguas vernáculas como turca, grega ou árabe, dependendo do ambiente.

Linguas iberorrománicas

As linguas iberorrománicas son un subgrupo de linguas románicas que se desenvolveron en territorios ocupados polos romanos cara ao ano 415[Cómpre referencia], é dicir, a Península ibérica e o norte do Magreb e as súas posteriores conquistas (Suevia).

Linguas consideradas universalmente dentro do grupo iberorrománico son o galaico-portugués (e os seus modernos descendentes, galego e portugués), o asturleonés, o castelán e o aragonés. Todas estas linguas forman un continuum geolectal con alta intelixibilidade entre linguas adxacentes.

Margalit Matitiahu

Margalit Matitiahu (מַרְגָּלִית מַתִּתְיָהוּ)(Tel Aviv, Israel, 1935) poeta israelí de orixe sefardí leonés de pais oriundos de Tesalónica. Licenciada en filosofía e letras pola Universidade de Bar-Ilan, traballa na Federación de Escritores de Israel e é membro do PEN club. Empezou a escribir en hebreo e logo pasouse ao ladino cun testemuño da barbarie nazi en Kurtijo Quemado logo en Vela de luz.

Nauvoo, Illinois

Nauvoo é unha pequena cidade no condado de Hancock, no extremo oeste do estado de Illinois, Estados Unidos. Contaba cunha poboación de 1.071 habitantes, segundo o censo de 2007.

Nauvoo atrae a un gran número de visitantes cada ano por razón do seu legado histórico-relixioso, tanto para membros da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días e outros grupos derivados do movemento dos Santos dos últimos Días, como tamén polo feito de ter sido unha das notables comunidades utópicas icarianas estadounidenses. A súa proximidade ó río Mississippi engádelle elementos naturais peculiares do estado de Illinois.

A cidade foi fundada por Joseph Smith, e nomeada por el do idioma hebreo Sefardí con ortografía anglosaxoa, palabra que provén do libro de Isaías 52:7, «Como de fermosos son sobre os montes ...!»

O aspecto relixioso que dominaba o pasado de Nauvoo perdeu ímpeto hoxe en día, agora é unha rexión primordialmente produtora de viño, tendo o viñedo máis antigo do estado. O código postal de Nauvoo é 62354.

Ner Tamid

Ner Tamid (Luz Perpetua en hebreo) é o nome dunha comunidade xudía galega, radicada na cidade da Coruña, a primeira que se formou en Galicia dende o Edicto de expulsión dos Reis Católicos do 1492, exactamente 515 anos despois . A comunidade formouse no verán do 2007, a partir dun grupo informal que se xuntaba para estudar e comentar a Torá, así coma para celebrar o Shabat e outras festas xudías.

A Comunidade actualmente está integrada por medio cento de familias de toda Galicia. Os seus membros son tanto xudeus de orixe asquenací e sefardí coma conversos. En canto ás tendencias, malia a súa adscrición ao xudaísmo reformista, os seus membros son de calquera tendencia, coma a ortodoxa, a masortí, ou a reformista.

Pobo xudeu

Os xudeus (en hebreo: יְהוּדִי, Yehuda ; e en yiddish: ייִד, YID ), tamén coñecidos como pobo xudeu son unha nación e un grupo etnorelixioso que descenden dos hebreos e antigos israelitas do próximo oriente. A relixión constitúe un posible aspecto de pertenza ao pobo xudeu así como tamén as tradicións, prácticas culturais, sociais e lingüísticas. E, aínda que poden presentar características comúns, tales como o idioma ou a crenza, os xudeus non constitúen un grupo étnico homoxéneo, por iso a definición precisa de xudeu é controvertida e pode variar dependendo do énfase que se faga na observancia relixiosa ou na identidade secular.Os xudeus sufriron unha longa historia de persecución en diferentes lugares e a súa poboación foi variando ao longo dos séculos. Hoxe en día, a maioría das autoridades estiman que a actual poboación xudía mundial oscila entre os 12 e os 15 millóns, representando ao redor dun 0,2 por cento da poboación mundial. A maioría deles reside en Estados Unidos e Israel. Segundo investigacións levadas a cabo na Universidade Hebrea de Xerusalén, o 96 por cento dos xudeus que residen fóra de Israel tende a concentrarse en dez países, todos hoxe en día, países democráticos.

Yitzhak Navon

Isaac Navon (en inglés Yitzhak Navon; en hebreo יצחק נבון), dramaturgo e político nado o 21 de abril de 1921 e finado o 6 de novembro de 2015, foi o presidente de Israel entre 1978 e 1983.

Navon estudou literatura hebrea e cultura islámica na Universidade Hebrea de Xerusalén. Despois foi diplomático na Arxentina e no Uruguai. Foi membro do Knéset (Parlamento) e colaborou cos gobernos de David Ben-Gurion e Moshe Sharet.

Como dramaturgo foi autor de Romancero sefardí (1968), un espectáculo musical baseado nas cancións populares e litúrxicas xudeoespañolas, e da comedia musical Bustan sefardi (1969)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.