Sector terciario

O sector terciario tamén chamado comunmente sector servizos, é aquel sector da economía formado polas actividades que non xeran ningún ben físico directamente (a diferenza do sector primario, que extrae os bens da natureza e do secundario, que transforma estes bens noutros) senón que ofrece servizos ás persoas.

Poboación ocupada nel

Nos países desenvolvidos ou nas áreas desenvolvidas o sector servizos é o máis importante e o que máis riqueza xera, ocupando tamén á meirande parte da poboación na actualidade, moitas veces máis da metade.

En cambio nos países e lugares menos desenvolvidos pode non chegar ao 5% do total da poboación activa.

Polo tanto a porcentaxe de poboación activa neste sector é un indicador do desenvolvemento da rexión a estudar.

Actividades

As principais actividades do sector terciario son:

  • Actividades relacionadas coa saúde e a medicina.
  • Actividades relacionadas co comercio.
  • Actividades relacionadas cos seguros, aseguradoras e similares.
  • Función pública, administración pública, actividades de representación política e de servizos á comunidade, como as actividades en torno á seguridade e defensa (exército, policía, protección civil, bombeiros etc.) e as actividades en torno á xustiza (xuíces, avogados, notarios etc.)
  • Restaurantes, cafés, bares e outros establecementos onde se poida tomar algún tipo de alimento.
  • Cine, televisión, discotecas, recreativos, radio e todo tipo de actividades relativas ao ocio, ao entretemento e á comunicación.
  • Actividades relacionadas coa xestión de negocios.
  • A educación.
  • Transportes.
  • Informática, tecnoloxía, mecánica e similares.
  • Servizos postais.
  • Actividades turísticas.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bamaco

Bamaco (Bamako en francés e Bamakɔ en bambara) é a capital de Malí. Localízase no suroeste do país, na ribeira do río Níxer, a cidade é o centro administrativo e comercial e con 953 600 (2004) é a cidade máis grande de Malí. Ten a categoría de distrito, estando dentro do estado ao mesmo nivel que as rexións e divídese en seis concellos.

Bamaco é a capital do único distrito do país. Concentra o 70% da produción industrial total do estado. As principais producións son as manufacturas, como os téxtiles, a carne, os metais e a pesca. Ademais, o sector terciario está moi estendido, sobre todo o artesanado e o comercio. É sede das grandes empresas nacionais e da Administración do estado.

Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés.

Elx

Elx ou Elxe (en valenciano: Elx, en castelán: Elche, as dúas denominacións oficiais) é unha cidade e concello do País Valenciano pertencente á provincia de Alacant. Situada ás beiras do río Vinalopó, é cabeceira da comarca do Baix Vinalopó.

A súa poboación alcanza os 228.348 habitantes (INE 2008), sendo o terceiro concello valenciano en poboación, tras Valencia e Alacant. A área metropolitana de Alacant-Elx, que agrupa a Elx coa conurbanización de Alacant e coas localidades próximas de Santa Pola e Crevillent, é a oitava máis poboada do estado, cuns 735.000 habitantes.

Kenya

Kenya ou Quenia, oficialmente República de Kenya, é un país da África Oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do Monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.

A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país. A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.

A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central. A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.

Leiria

Leiria é unha cidade portuguesa, situada na rexión Centro e subrexión do Pinhal Litoral, con aproximadamente 42 745 habitantes, capital do concello e do distrito de Leiria.

Foi fundada como vila en 1135, recibindo o primeiro foro de Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal, en 1142, baixo o nome de Leirena.

É sede dun municipio con 565,1 km² de superficie e 126.879 habitantes (INE, 2011), subdividido en 29 freguesías.

Ten un clima temperado marítimo, chuvioso, con temperaturas suaves. Experimentou un notábel crecemento demográfico, do 271,2 % con respecto a 1960, así como tamén un acusado envellecemento da súa poboación, aínda que inferior ao da poboación do distrito. Nas últimas décadas, Leiria coñeceu un importante desenvolvemento industrial e cultural, coa creación de escolas e institutos de ensinanza superior que atraen a un gran número de estudantes, incluso doutros distritos.

A poboación activa da cidade traballa maioritariamente en actividades do sector terciario (70,4 %) e secundario (18,6 %). En 1991 tiña 27.531 residentes, repartidos en seis freguesías: Marrazes, Leiria, Pousos, Parceiros, Barreira e Barrosa.

A cidade está bañada polos ríos Lis e Lena, sendo o castelo de Leiria o seu monumento máis notábel.

Majadahonda

Majadahonda é un concello e cidade española da Comunidade de Madrid, situada a 16 km ao noroeste da capital. Ten unha poboación de 71.299 habitantes (2017).

Orixinariamente zona de cultivo e pastoreo. Durante a toma de Madrid na Guerra Civil española foi escenario de duros combates. A súa expansión foi acelerada, como en todos os pobos e cidades pertencentes o área metropolitana de Madrid. Ten gran cantidade de servizos como o novo Hospital Puerta de Hierro e a presenza de bastantes empresas do sector terciario.

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Rexión de Valparaíso

Valparaíso é unha das 16 rexións do Chile. A súa capital é a cidade de Valparaíso. É sede do Congreso Nacional e tamén do ministerio de Cultura. Xunto aos municipios lindeiros de Viña del Mar, Concón, Quilpué e Villa Alemana, forma o Gran Valparaíso, sendo a segunda cidade máis poboada de Chile, con 1.300.000 habitantes.

A rexión de Valparaíso é o centro universitario máis importande do país. Conta con 13 universidades e centros de formación técnica, con máis de 200 mil estudantes.

As comunas do Gran Valparaíso tamén reciben máis de 4 millóns de turistas por ano, dos cales un 50% son nacionais e un 30% son arxentinos, 12% brasileiros e 8% americanos e europeos.

As principais actividades económicas da rexión corresponden ao sector portuario e ao sector terciario, sendo a industria do turismo a máis próspera.

Valparaíso é coñecida como a capital cultural, lexislativa e turística de Chile, é a terceira rexión máis poboada despois de Santiago e Bio Bio, e ten a segunda cidade máis poboada, que é Valparaíso.

Limita polo oeste co Océano Pacífico, polo leste con Arxentina, polo norte coa rexión de Coquimbo, polo sueste coa Rexión Metropolitana de Santiago e a suroeste coa rexión de O'Higgins.

Rionansa

Rionansa é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Saja-Nansa. Limita ao norte con Herrerías e Valdáliga, ao leste con Cabuérniga e Tudanca, ao sur con Cabezón de Liébana, Polaciones e Tudanca e ao oeste con Lamasón.

Santiurde de Reinosa

Santiurde de Reinosa é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Encóntrase na comarca de Campoo-Los Valles e limita polo norte con Bárcena de Pie de Concha, polo sur con Campoo de Yuso, polo oeste con Hermandad de Campoo de Suso e polo leste con Pesquera e San Miguel de Aguayo.

Saro

Saro é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca do Pas-Miera. Os seus límites son: a norte Santa María de Cayón, a oeste Villafufre, a leste San Roque de Riomiera e a sur Villacarriedo. Atópase a uns 30 km de Santander.

Selaya

Selaya é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte e polo oeste con Villacarriedo, polo sur con Vega de Pas e polo leste con San Roque de Riomiera. Atópase na comarca do Pas-Miera (ou Valles Pasiegos) e polo seu territorio discorren os ríos Pisueña e Campillo, afluente do primeiro.

Servizo

En economía e en mercadotecnia un servizo é un conxunto de actividades que buscan responder a unha ou máis necesidades dun cliente. Defínese un marco onde as actividades se desenvolverán coa idea de fixar unha expectativa no resultado de estas. É o equivalente no material dun ben. A presentación dun servizo non resulta en posesión, e así és como un servizo se diferenza de prover un ben físico.

Ó prover algún nivel de habilidade, enxeño e experiencia, os provedores dun servizo participan nunha economía sen as restricións de levar inventario pesado ou preocuparse por voluminosas materias primas. Por outra banda, o seu investimento en experiencia require constante investimento en mercadotecnia e actualización de cara á competencia, que ten igualmente poucas restricións físicas.

Os provedores de servizos compoñen o sector terciario da industria.

Suíza

Suíza (en alemán: Die Schweiz, en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).

A nación ten unha forte tradición de neutralidade política e militar, razón pola cal é a sede de numerosas organizacións internacionais, incluíndo a Cruz Vermella, a Organización Mundial do Comercio ou unha das oficinas das Nacións Unidas. Non forma parte da Unión Europea, mais si forma parte do Acordo de Schengen.

É segundo as propias autoridades suízas unha nación multiétnica, multilingüística e multicultural, froito dunha vontade política, onde conviven catro linguas nacionais: o alemán, o francés, o italiano e o romanche. O estado réxese por unha estrutura confederal dende 1848, que consiste en vinte e seis estados chamados cantóns. A súa capital é Berna.

O seu nome deriva dun dos cantóns fundadores da federación, Schwyz (en alemán estándar: Schweiz, ao parecer variante da tribo dos suevos), en canto ao nome de Confederación Helvética deriva da antiga tribo celta dos helvecios que habitaron a metade oeste e parte do centro deste país durante a antigüidade. Suíza é, dende finais do século XIX, un dos estados máis ricos e desenvolvidos do mundo.

Touro

Touro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa.

Segundo o IGE en 2014 tiña 3.853 habitantes.

O seu xentilicio é tourense.

Vila

Unha vila é un núcleo de poboación dun tamaño intermedio entre a aldea, ou poboación, e a cidade, trátase dunha poboación que recibiu ao longo da historia certos recoñecementos explícitos, como determinados privilexios (por exemplo, o de celebrar feiras) da autoridade recoñecida, pero que, por razóns diversas, tampouco lle foi concedida a categoría superior, a de cidade. Nalgúns casos existen documentos antigos, sobre todo medievais e da Idade Moderna, que a categorizan como vila; noutros casos é o mesmo uso, derivado do costume popular, que a denomina sempre como vila pola súa importancia dentro da súa contorna. Dotada dunha economía na que o sector terciario (comercio e servizos) ten unha importancia como mínimo razoábel.

Vilasantar

Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.

Villaescusa, Cantabria

Villaescusa é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado no arco sur da Baía de Santander e integrado na comarca de Santander. Limita polo norte con El Astillero, polo oeste con Piélagos e Castañeda, polo sur con Santa María de Cayón e polo leste con Medio Cudeyo e Penagos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.