Sebastián mártir

  • Este artigo trata sobre o mártir e santo, para o nome de varón véxase Sebastián.
San Sebastian El Greco
San Sebastián pintado por El Greco entre 1577 e 1578.

Sebastián, coñecido tamén como San Sebastián Mártir, nado en Narbona (Francia) no ano 256 e finado en Roma contra o ano 288, foi un mártir e santo cristián, que foi supostamente martirizado durante o mandato do emperador romano Diocleciano, perseguidor dos cristiáns. Adoita ser representado como un individuo amarrado a un poste e perforado por frechas.

As igrexas católicas celebran o seu día o 20 de xaneiro. A Igrexa Ortodoxa tamén loa este santo.

Sebastián mártir
Marco Palmezzano - Saint Sebastian
Nacementoséculo III
 Narbona - Narbonne
Falecemento20 de xaneiro de 287
 Roma
Causashot with arrows e porrete
NacionalidadeRoma Antiga
RelixiónIgrexa católica
OcupaciónSoldado

Traxectoria

Guitiriz, Labrada 01-10a2
San Sebastián na igrexa de Santa María de Labrada, Guitiriz

Educouse en Milán. Cumpría coa disciplina militar, mais non participaba nos sacrificios pagáns por consideralos idolatría. Coma cristián, exercitaba o apostolado entre os seus compañeiros, visitando e alentando a outros cristiáns encarcerados por mor da súa relixión. Acabou por ser descuberto e denunciado ao emperador Maximiano (amigo de Diocleciano), quen o obrigou a escoller entre ser soldado ou seguir a Xesús Cristo.

O santo escolleu seguir a Cristo. Decepcionado, o emperador amenazouno de morte, porén Sebastián mantívose firme na sú fe. Enfurecido, condeouno a morrer asetado. Os soldados do emperador levarono ao estadio, espírono, atárono a un poste, e dispararon unha choiva de setas, dándoo por morto. Porén, os seus amigos achegáronse e, ao velo aínda con vida, levárono á casa dunha nobre cristiá romana chamada de Irene ou Erea, dona de Cástulo, que o mantivo agochado e curoulle as feridas até que quedou restablecido.

Os seus amigos aconsellárono de se ausentar de Roma, mais Sebastián negouse rotundamente. Presentouse perante o emperador, quen, desconcertado, dábao por morto, e reprochoulle enerxicamente a súa conduta por perseguir aos cristiáns. Maximiano mandou que o apaleasen até morrer, e os soldados cumpriron desta vez sen erros a misión, botando o seu corpo na Cloaca Máxima de Roma. Os cristiáns recollérono e soterrárono na Vía Apia, na célebre catacumba que leva o nome do santo. Finou no ano 288.

Culto

O culto a San Sebastián é moi antigo e está moi estendido. Invócase contra a peste e contra os inimigos do cristianismo, é amais denominado como "o Apolo cristián" por ser un dos santos máis representados na arte.

A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro, sempre vinculada á de san Fabiano, na festividade dos Santos Mártires.

En Galicia véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Sebastián.

Galería de imaxes

Boborás, Xurenzás 01-27

Xurenzás, Boborás (Ourense)

Boborás, Xurenzás 01-29
PBordóns2

Bordóns, Sanxenxo (Pontevedra)

Agolada, Ventosa 01-08b

Imaxes do baldaquino de San Xulián de Ventosa (Agolada, Pontevedra)

Véxase tamén

Outros artigos

  • Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Sebastián

Ligazóns externas

Montiel

Montiel é unha poboación do sueste da provincia de Cidade Real en España (comunidade autónoma de Castela-A Mancha). Atópase dentro da comarca do Campo de Montiel na marxe esquerda do río Jabalón e dentro do val que forman as ladeiras dos cerros do Castelo da Estrela (ás veces chamado castelo de Montiel), de San Polo e das Camarillas.

Sebastián

Este artigo trata sobre o nome, para o santo véxase Sebastián mártir.

Sebastián ou Sebaschán (forma familiar como Bastián) é un nome de varón na súa variante en galego. Deriva do nome latino Sebastianus co significado 'o que vén de Sebaste'. Sebaste é o nome dunha vila de Asia Menor (hoxe en día Anatolia), que á súa vez deriva da verba grega σεβαστός (sebastos), "venerábel", que vén de σέβας (sebas), "temor, reverencia", á súa vez do verbo σέβομαι (sebomai), "sentir temor, escrúpulo, avergoñarse". Sebastos foi a tradución grega do título Augusto, que usaban os emperadores romanos. Sebastián volveuse un nome moi común, moi especialmente en Galiza, por mor de que era o nome de San Sebastián, un mártir cristián do século III.

A forma feminina en galego é Sebastiana ou de forma familiar: Bastiana. Os hipocorísticos galegos son: Tián e Bastián.

Aínda que 13 parroquias teñen a San Sebastián coma padroeiro, o nome non é dos máis populares en Galiza (véxase: Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Sebastián); só 776 varóns levan o nome no país[cando?]; porén é popular no sur de España. Nalgúns países o nome incrementou a súa popularidade. Nos Estados Unidos foi o 98 nome máis popular dos nenos nados en 2008; o 86 en Inglaterra e Gales en 2007, o 38 no mesmo ano en Suecia, o 13 en Noruega, o quinto en Chile en 2006.

Xosé Manuel Buxán Bran

Xosé Manuel Buxán Bran, nado en Eibar (Guipúscoa) en 1964, é un artista, crítico de arte, activista LGBT e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, dependente da Universidade de Vigo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.