Sebastián Malvar Pinto

Sebastián Malvar Pinto, tamén coñecido como o Arcebispo Malvar, nado en Salcedo en 1730 e falecido en Santiago de Compostela en 1795, foi un relixioso galego. Foi tío de Andrés, Manuel e Pedro Acuña Malvar.

Sebastián Malvar Pinto
Nome completoSebastián Malvar y Pinto
Nacemento1730
 Pontevedra
Falecemento1795
NacionalidadeArxentina e España
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupacióncurato
Catedral, claustro, 02-28a
Lápida sepulcral do Arcebispo Malvar, no claustro da Catedral de Santiago.

Traxectoria

Estudou no convento de San Francisco de Pontevedra e no convento de San Francisco de Ribadavia. Realizou estudos eclesiásticos en Salamanca, cidade onde se ordenou como franciscano o 5 de marzo de 1747. Completou a súa formación anos despois realizando estudos de Teoloxía, e finalmente obtivo o grao de doutor na universidade salmantina e unha cátedra de Teoloxía, o que lle deu renome e fama. En 1777 foi designado para ocupar a sé episcopal de Buenos Aires, a onde viaxou acompañado do seu sobriño sacerdote Pedro Acuña Malvar, e do seu confesor persoal Frei Pedro Guitián Arias.

Unha vez en Buenos Aires, Malvar percorreu o territorio e observou a necesidades de igrexas, polo que ordenou erixir novas parroquias e poboados. As súas primeiras iniciativas á fronte da súa diocese foron encamiñadas a mellorar os costumes e a incrementar a evanxelización, preocupándose tamén por finalizar as obras de reconstrución da catedral porteña. Nos seis anos que permaneceu na diocese o bispo Malvar tivo varios enfrontamentos co vicerrei Vértiz –un crioulo con tendencias renovadoras-, así como co cabido catedralicio, por cuestións de preferencia e privilexios. Pola súa mentalidade conservadora, o bispo Malvar promoveu os exercicios espirituais e prohibiu as corridas de touros[Cómpre referencia].

En 1784 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, grazas, entre outros méritos, á súa implicación na sufocación da rebelión encabezada polo inca José Gabriel Cordoncanqui (Túpac Amaru II). Na viaxe de regreso, ao desembarcar en Cádiz, protagonizou xunto co seu sobriño un curioso suceso: os funcionarios de aduanas acusáronos de traer, fraudulentamente, na equipaxe que portaban, unha considerable cantidade de barras de ouro sen rexistrar. Para resolver o incidente Malvar doou a mercancía á Coroa, co que quedaba exenta de rexistro. Con todo, ao parecer, o rei devolveulla para que a empregase en obras en Compostela. O arcebispo Malvar faleceu na capital da súa arquidiocese aos once anos de tomar posesión dela.

Arquidiocese católica latina de Buenos Aires

A arquidiocese de Buenos Aires (en latín: Archidiœcesis bonaerensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2012 tiña 2 671 000 bautizados sobre unha poboación total de 2 917 000 habitantes. O seu ordinario, dende 2013, é Mario Aurelio Poli.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Hermenexildo Amoedo Carballo

Hermenexildo Amoedo Carballo, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1747 e finado en Mantua (Italia) o 24 de decembro de 1811, foi un relixioso e poeta galego.

Julia Becerra Malvar

Julia Becerra Malvar, nada en Salcedo (Pontevedra) o 9 de abril de 1892 e finada en Madrid o 27 de abril de 1974, foi unha nobre galega.

Manuel Acuña Malvar

Manuel Acuña Malvar, nado en Matalobos (Salcedo, Pontevedra) o 16 de abril de 1757 e finado en Artes (Ribeira) o 1 de marzo de 1845, foi un relixioso e escritor galego. Foi sobriño de Sebastián Malvar Pinto e irmán de Pedro Acuña Malvar.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

No camiño de San-Yago

No camiño de San-Yago é un relato de Xavier Pardo, publicado por entregas na revista A Nosa Terra entre xullo de 1926 e abril de 1927. O libro conta a viaxe realizada polo propio Xavier Pardo canda a Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Lois Feixoo e Antón Sánchez en xullo de 1926 (Ano Xacobeo) desde Ourense até Santiago de Compostela.

Pazo da Carballeira de Gandarón

O pazo da Carballeira de Gandarón é un pazo situado na parroquia de Salcedo (Pontevedra) e que na actualidade abeira a Misión Biolóxica de Galicia.

Foi edificado no século XVIII polo que foi arcebispo de Santiago de Compostela Sebastián Malvar Pinto, natural de Salcedo. Dende 1928 é a sede da Misión Biolóxica de Galicia fundada pola Xunta de ampliación de estudos en 1921. Dende 1970 as instalacións e laboratorios atópanse nun edificio adxacente de nova construción, obra de Alejandro de la Sota.

Pedro Acuña Malvar

Pedro Acuña Malvar, nado en Matalobos (Salcedo, Pontevedra) o 12 de abril de 1755, foi un político e militar galego. Foi sobriño de Sebastián Malvar Pinto e irmán de Manuel Acuña Malvar.

Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago

A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (RSEAP de Santiago) é unha das Sociedades Económicas que xurdiron en España e noutros países, como Irlanda e Suíza, a partir da segunda metade do século XVIII no marco das ideas da Ilustración.

Esta sociedades, nacidas nos círculos culturais como organismos non estatais, tiñan como fin promover o desenvolvemento de España, estudando a situación económica de cada unha das provincias e buscando solucións aos problemas que houbera. Encargábanse de impulsar a agricultura, o comercio e a industria, e de traducir e publicar as obras estranxeiras que apoiaban as ideas da fisiocracia e o liberalismo.

Moitas persoas, os pensadores liberais e os chamados afrancesados (administradores e pensadores influídos pola chegada da dinastía dos Borbóns, e despois termo despectivo para referirse aos partidarios da ocupación de España por Napoleón), percibiron que España tardaba en desenvolver a súa potencia económica. Lamentaban a falta de industria e a baixa produtividade, e buscaron difundir os avances e o pensamento da Ilustración.

As Sociedades económicas contaban con licenza real para constituírse e reunirse, e na súa fundación interviron os sectores máis dinámicos da sociedade: importantes figuras da nobreza e fidalguía e numerosos cargos públicos, da Igrexa, do mundo dos negocios e os artesáns. A primeira en constituírse foi a Sociedade Bascongada de Amigos do País, fundada polo conde de Peñaflorida en 1765.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.