Seattle

Seattle ( [siˈætəɫ] ) é a cidade máis grande do noroeste dos Estados Unidos. Fundada en 1853, a cidade está localizada no estado de Washington, na rexión de Puget Sound, a 182 quilómetros da fronteira con Canadá. En 2007 tiña unha poboación de 594 210 habitantes e na súa area metropolitana vivían 3 263 497 persoas.

Seattle é un centro comercial, cultural e de tecnoloxía avanzada para o noroeste do Pacífico estadounidense e unha das principais cidades portuarias para o comercio transpacífico e europeo. A zona metropolitana de Seattle está arrodeada por montañas e corpos de auga.

Coordenadas: 47°36′35″N 122°19′59″O / 47.60972, -122.33306

Seattle
Official Seal of Seattle
SeattleMontage
Vistas da cidade
Localización
Seattle en Estados Unidos

Seattle
Seattle
Washington

Seattle
Seattle
PaísFlag of the United States.svg Estados Unidos de América
EstadoEstado de Washington
CondadosKing
Xeografía
Altitude0-158 msnm
Superficie369,2 km²
Demografía
Poboación608 660 hab. (2010)
Densidade3 002 hab/km²
XentilicioSeattleite
Outros datos
Código postal98101–98119, 98121–98122, 98124–98127, 98129, 98131–98134, 98136, 98138–98139, 98141, 98144–98146, 98148, 98151, 98154–98155, 98158, 98160–98161, 98164–98166, 98168, 98170–98171, 98174–98175, 98177–98178, 98181, 98184–98185, 98188, 98190–98191, 98194–98195, 98198–98199
AlcaldeEd Murray
Páxina oficial de Seattle

Historia

A historia de Seattle deu comezo coa chegada dunhas partidas de pioneiros as terras que arrodean a baía Elliott na enseada Puget Sound, habitadas polo ser humano dende milenios. No tempo da arribada dos occidentais estaban poboadas por indíxenas da tribo Duwamish asentados nunhas 17 aldeas espalladas pola zona[1][2].

Fundación

Plan of Seattle 1855-6
Mapa dos comezos, 1855.
General history, Alaska Yukon Pacific Exposition, fully illustrated - meet me in Seattle 1909 - Page 70
Vista de Seattle en 1856.

Concretamente foi en 1851 cun primeiro asentamento en Alki Point (na outra beira da baía Elliott, a uns 10 km ao oeste do centro actual). Ao ano seguinte a maioría dos colonos trasladáronse á máis protexida beira leste e fundaron o asentamento de Duwamps. En 1853 foi renomeado Seattle (polo xefe Sealth dos duwamish) cando os lotes catastrais foron oficiais[3].

En principio nun promontorio que coa marea alta quedaba illado, cun peirao (Yesler) no norte e arrodeado de interminables bosques, a industria da madeira foi a que deu pulo ó primeiro crecemento[4]. Pronto os lotes foron vendidos e recheado o terreo intermareal[5][6] iniciando un proceso de ganancia de terreos á baía que será constante no futuro.

Grande Incendio de 1889 e reconstrución

Bird's-eye View of Seattle, Washington Territory
Vista de paxaro de Seattle, 1884.

En 1889 un grande incendio destruíu o centro da vila. Porén, a súa puxanza era tal que nun ano fora reconstruído por un aínda maior e mellor (en ladrillo e pedra arredor de Pioneer Square)[7]; que a poboación case se duplicara (de 25 000 habitantes a 43 000, converténdose na maior do estado de Washington) polo grande afluxo de traballadores para a reconstrución; e que ademais un sistema de parques e bulevares (plan do estudio do prestixioso paisaxista Olmsted, 1903; tamén elaborou o da Feira Mundial de 1909) fora posto en funcionamento.

Poucos anos despois, a febre do ouro de Alasca (1896) converteu o porto de Seattle na base de aprovisionamento e partida, facendo da cidade un nó de comunicacións (ferrocarril tamén nestes anos) e incrementando novamente a súa poboación pola masiva inmigración (orientais e europeos convértena en cosmopolita). Coma consecuencia a partir de 1905 houbo un estoupido inmobiliario na que xa deveu a urbe líder do noroeste do país[8].

Desmontes e recheos

Map of Seattle landfills, regrades, and cuts as of 1996

A topografía complicada de Seattle, entre a baía e o lago Washington, con numerosos outeiros e brazos de auga obstaculizaba a expansión urbana. Un gran plan de desmontes (regrades) e recheos complementarios levouse a cabo nas primeiras décadas do século XX reconfigurando a xeografía da vila. A fronte costeira, co dique (despois Alaskan Way) e peiraos do porto, ampliouse sobor de todo co recheo do fondo da baía (por onde entrou o ferrocarril) ata a foz do río Duwamish onde se creou unha illa artificial (a industrial Harbor Island, 1909).

Sobor destes novos terreos gañados ao mar cimentouse o apoxeo da industria dos estaleiros no tempo da Primeira Guerra Mundial. Un gran plan para un moderno desenvolvemento metropolitano (Plan Bogue, 1911[9]) foi desgraciadamente rechazado en axustada votación, aínda que moitas das súas propostas foran retomadas co tempo (centro cívico no Denny Hill Regrade e sistema de transporte público).

Seattle contemporánea

Trala Gran Depresión (cando perdeu a puxanza portuaria en beneficio dos Ánxeles), dende a Segunda Guerra Mundial a industria aeronáutica primeiro (da man de Boeing) e a informática despois (Microsoft) levaron a Seattle a manterse como unha das metrópoles máis desenvolvidas dos Estados Unidos.

As grandes infraestruturas (anel de autoestradas[10], monorraíl elevado) na década de 1960 acompañaron o primeiro pulo e celebrouse unha nova Feira Mundial en 1962, co Space Needle coma icona do skyline da cidade.

Seattle pano stitch fir0002
De esquerda a dereita: Space Needle; rañaceos do downtown; a pequena Torre Smith, primeiro rañaceos (1914) da cidade a carón de Yesler Way e Pioneer Square; os recheos portuarios e Harbor Island.

Notas

  1. "The Seattle Times: Seattle History" (en inglés). 2008-05-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2008. Consultado o 2018-06-22.
  2. "The Duwamish: river of possibility". The Seattle Times (en inglés). 2007-08-12. Consultado o 2018-06-22.
  3. "Mapas dos inicios de Seattle". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2012.
  4. Detalle do mapa de 1856 co trazado futuro da cidade superposto: o peirao Yesler no comezo da Yesler Way, que coa Primeira Avenida serán as arterias principais
  5. "Mapa de Seattle en 1875". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2012.
  6. "Vista de Seattle dende a baía, 1875". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2012.
  7. Mapa de Seattle en 1891 co crecemento trala reconstrución
  8. Mapa de Seattle en 1909
  9. Plan de Virgil Bogue para Seattle, 1911
  10. Mapa de Seattle, 1966

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aeroporto de Seattle-Tacoma

O aeroporto internacional de Seattle-Tacoma (IATA: SEA, OACI: KSEA), tamén coñecido como aeroporto Sea-Tac, é o principal aeroporto comercial que serve a área metropolitana de Seattle, no estado de Washington. Está situado na cidade de SeaTac, a uns 21 quilómetros ao sur do centro de Seattle. É o aeroporto máis grande da rexión do Noroeste do Pacífico de Norteamérica e é propiedade e está operado polo Porto de Seattle.

O aeroporto ten servizos a cidades de Norteamérica, Europa, Oriente Medio e Asia. É o principal centro de conexións para Alaska Airlines e a súa subsidiaria rexional Horizon Air, que teñen a súa sede preto do aeroporto. Tamén é un centro de conexións e porta de entrada internacinal a Asia e Europa para Delta Air Lines. É o 28º aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe, con máis de 45 millóns de pasaxeiros en 2016.

Bill Gates

William Henry "Bill" Gates III, nado en Seattle (estado de Washington) o 28 de outubro de 1955, é un informático, empresario e filántropo estadounidense. Gates foi director xeral e actualmente é presidente de Microsoft, a compañía de software que fundou xunto con Paul Allen.

Dan Peters

Dan Peters (nacido o 18 de agosto de 1967) é o batería da banda de grunge estadounidense Mudhoney.

Uníuse a Bundle of Hiss cando só tiña quince anos. Tocou tamén a batería con Nirvana, aparecendo no sinxelo Sliver. Peters só fixo unha actuación en directo con Nirvana, foi o 22 de setembro de 1990 no Motorsports Int Garage, en Seattle. Peters continuou tocando en Mudhoney, mentres que en Nirvana foi substituído por Dave Grohl. Tamén tocou a batería na banda Screaming Trees entre 1990 a 1991.

Estado de Washington

::Este artigo trata sobre o estado norteamericano de Washington, para outros lugares ver Washington

Washington é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O nome do estado provén de quen foi líder das forzas americanas ao longo da Revolución Americana de 1776 e logo primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington. O nome de moitas cidades e condados dos Estados Unidos homenaxea diversos presidentes, mais o Estado de Washington é o único que leva o nome en honra dun presidente. Non debe ser confundido coa capital dos Estados Unidos, Washington, DC. Por isto, Washington, o estado, é xeralmente chamado Estado de Washington, e Washington, a capital nacional, Distrito de Columbia.

Washington localízase no extremo noroeste dos Estados Unidos. Debido aos seus enormes bosques, cuxas árbores non perden a folla no outono ou no inverno, escolleuse como lema do estado Evergreen State, que significa "de folla perenne". Os seus grandes bosques fan de Washington un líder na industria madeireira americana. Así mesmo, está cruzado por varios ríos e abundan os lagos, o que crea un terreo propicio para a instalación de encoros; o maior do país, o Encoro de Grand Coulee, localízase no Río Columbia. A economía de Washington, porén, está centralizada fundamentalmente no turismo e na industria aeroespacial. A maior fabricante de avións do mundo, a Boeing, ten a súa sede en Washington, e varias das súas fábricas están situadas neste estado.

Grunge

O grunge é un tipo de música dos primeiros anos noventa. É unha mestura do rock máis duro dos sesenta coa forza da música punk aderezado con guitarras marcadamente distorsionadas, e caracterízase polo rexeitamento de estilo de metal que marcou os últimos oitenta, con grupos coma Bon Jovi, Whitesnake ou Van Halen. Naceu coa chamada escena de Seattle e o selo discográfico Sub Pop.

O desaparecido grupo Nirvana foi o máximo representante deste estilo. Outras formacións sobranceiras foron Pearl Jam, Soundgarden, Alice in Chains, Mudhoney -considerados os fundadores do movemento- e Dinosaur Jr. Entre as bandas que marcaron o grunge poden citarse a bandas dos setenta coma Iggy Pop & the Stooges ou Neil Young coa súa banda Crazy Horse, así como os Beatles, que influenciaron notablemente nas melodías características de Nirvana.

Kurt Cobain foi un dos creadores do grunge. Integrante de Nirvana, morreu no 1994 dun tiro na cabeza. Tras a súa morte a forza vital do movemento foise esvaecendo ata ser substituída como movemento musical destacado polo britpop na segunda metade dos noventa.

Hans Georg Dehmelt

Hans Georg Dehmelt, nado en Görlitz o 9 de setembro de 1922 e finado en Seattle o 7 de marzo de 2017 foi un físico alemán nacionalizado estadounidense.

Recibiu o Premio Nobel de Física en 1989 polo seu traballo na trampa do ion, xunto con Wolfgang Paul.

Jimi Hendrix

James Marshall Hendrcks, máis coñecido polo nome artístico de "Jimi" Hendrix, nado en Seattle (Washington) o 27 de novembro de 1942 e finado en Kensington (Londres) o 18 de setembro de 1970, foi un músico norteamericano, considerado por parte da crítica como o mellor guitarrista eléctrico do rock. Conseguiu fama internacional en 1967 logo de participar no Festival Pop de Monterey e participou no Festival de Woodstock de 1969.

Lenny Wilkens

Leonard Randolph "Lenny" Wilkens, nado o 28 de outubro de 1937 en Brooklyn, Nova York, Ohio, é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no sexto posto primeira rolda do Draft da NBA polos St. Louis Hawks en 1960, equipo no que permaneceu até 1968. Posteriormente tamén xogaría nos Seattle SuperSonics (como xogador-adestrador), nos Cleveland Cavaliers e nos Portland Trail Blazers (tamén como xogador-adestrador). Despois de retirarse como xogador seguiu como adestrador, adestrand oa múltimples equipos cos que conseguiu éximo como o título da NBA en 1979 cos Seattle SuperSonics, o premio ao Adestrador do Ano en 1994 cos Atlanta Hawks, ou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 adestradno á selección estadounidense.

Wilkens está incluído no Basketball Hall of Fame en tres categorías: como xogador, como adestrador e como parte do Dream Team, do que foi adestrador asistente. En 1996 foi seleccionado como un dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e como un dos "Dez mellores adestradores da NBA", sendo a única persoa que está nas dúas listas. Tamén cómpre destacar as súas trece participacións no All-Star, nove como xogador (sendo MVP do partido en 1971) e catro como adestrador. Os Seattle SuperSonics retiraron o seu dorsal 19 como homenaxe a súa carreira.

Linda B. Buck

Linda Diane Brown Buck, nada en Seattle, Washington o 29 de xaneiro de 1947, é unha médica e científica estadounidense coñecida polos seus traballos sobre o sistema olfactivo.

Nirvana (grupo musical)

Nirvana foi un grupo cun estilo musical que mestura a actitude punk e rock'n'roll, denominado posteriormente grunge, que tivo o seu mellor momento a comezos dos anos noventa. O seu líder foi Kurt Cobain, acompañado de Krist Novoselic (baixo) e Dave Grohl (batería). Dave non formou parte da primeira formación do grupo, tempo no que se produciu o disco Bleach, no que aínda tocaba a batería Chad Channing, senón só a partir do segundo disco, Nevermind, o cal levounos á fama, co himno xeneracional "Smells Like Teen Spirit". O seu terceiro e derradeiro álbum de estudio foi In Utero, para moitos o seu mellor traballo. A banda foi formada no medio underground da cidade de Seattle, nos Estados Unidos. A historia da banda rematou coa polémica morte de Kurt Cobain en abril do ano 1994.

Oklahoma City Thunder

Os Oklahoma City Thunder son un equipo americano profesional de baloncesto. Xogan na División Noroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Teñen a sede en Oklahoma City, Oklahoma. É o equipo sucesor dos Seattle Supersonics.

Pearl Jam

Pearl Jam é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Seattle durante o ano 1990 a partir das cinzas do grupo Mother Love Bone. É unha das máis importantes bandas do movemento xurdido en Seattle a principios dos anos 90 e das poucas que permanecen aínda en actividade. Dende a súa creación Pearl Jam sempre estivo composto por Eddie Vedder (voces), Mike McCready (guitarra solista), Stone Gossard (guitarra rítmica) e Jeff Ament (baixo). O seu quinto membro é o batería Matt Cameron (tamén en Soundgarden), que leva na banda dende 1998. Boom Gaspar (piano) tamén leva tocando no grupo como músico de sesión e de xira dende 2002. Os baterías Dave Krusen, Matt Chamberlain, Dave Abbruzzese e Jack Irons foron antigos compoñentes de Pearl Jam.

Podio

Un podio é unha plataforma usada para elevar a unha persoa por riba de quen o rodea. Deriva do grego πόδι (pé). En arquitectura, un edificio pode descansar sobre un gran podio. Os podios tamén poden ser usados para destacar persoas, como os directores dunha orquestra ou os oradores.

No deporte, unha especie de podio é empregado para honrar os tres primeiros competidores en eventos como os Xogos Olímpicos. Nos xogos emprégase un podio con tres niveis, sendo o máis alto para o medalla de ouro, un pouco máis baixo pola dereita o medalla de prata, e a terceira para o medalla de bronce. Nalgúns deportes, os tres mellores resultados dunha competición son chamados podios.

Seattle SuperSonics

Este artigo trata sobre a desaparecida franquía dos Seattle SuperSonics, para a franquía actual véxase: Oklahoma City Thunder.Os Seattle SuperSonics (tamén coñecidos habitualmente como Sonics) foron un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Seattle, Washington, que xogou nas divisións Pacífico e Noroeste da National Basketball Association (NBA) dende 1967 até 2008. A partir da tempada 2007-08, a franquía trasladouse a Oklahoma City, xogando agora co nome de Oklahoma City Thunder. Con todo, o nome do equipo, o logo e as cores estarán dispoñibles no caso da volta dun equipo a Seattle. De acordo cos donos do equipo Oklahoma, a historia da franquía será compartida entre os Thunder e calquera novo equipo futuro de Seattle.

Soundgarden

Soundgarden foi unha banda de grunge estadounidense procedente de Seattle e formada en 1984 que axudou a definir o xénero. Trátase dunha das catro grandes bandas de grunge de Seattle, xunto con Nirvana, Alice in Chains e Pearl Jam. Foi creada polo vocalista e guitarrista Chris Cornell, o guitarrista Kim Thayil e o baixista Hiro Yamamoto. Matt Cameron converteuse no batería permanente en 1986 e Ben Shepherd ubstituiría a Yamamoto en 1990. O grupo separaríase en 1997, pero o 1 de xaneiro de 2010 anunciouse que Soundgarden volvería a reunirse. Tras a morte de Cornell en 2017 Thayil converteuse no derradeiro membro orixinal.

Stone Gossard

Stone Carpenter Gossard, nado o 20 de xullo de 1966 en Seattle, Washington, é o guitarrista rítmico e membro fundador da banda de rock Pearl Jam.

Stone é coñecido polo seu traballo en bandas de grunge baseadas en Seattle durante os anos 80 previas a Pearl Jam e ten feito importantes contribucións á industria musical dende entón.

En maio do ano 2012 a revista Spin situouno no número 85 da súa lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos.

Sub Pop

Sub Pop Records é un selo discográfico independente de Seattle, Washington, famoso por ser o primeiro en asinar contratos con Nirvana, Soundgarden, Mudhoney e moitas outras bandas da escena local. A miudo fálase dela por dar os primeiros pasos para a popularización da música grunge.

Tempada 2008-09 da NBA

A tempada 2008-09 da NBA foi a sexaxesimoterceira da historia da competición norteamericana de baloncesto. Foi a primeira en 42 anos que non contou cunha franquía na cidade de Seattle. Os Sonics trasladáronse en xullo de 2008 a Oklahoma City, que comeza a súa andadura na NBA herdando toda a infraestrutura de Seattle, pero con diferente alcume e cores, preservando a historia dos Sonics por un hipotético regreso.

Os Phoenix Suns foron os anfitrións do All-Star Game da NBA 2009, que se celebrou o 15 de febreiro de 2009.

Walter Houser Brattain

Walter Houser Brattain, nado en Xiamen (China) o 10 de febreiro de 1902 e finado en Seattle (Washington) o 13 de outubro de 1987, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1956.

As 100 cidades máis poboadas dos Estados Unidos e Porto Ricoa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.