Seamus Heaney

Seamus Heaney, nado o 13 de abril de 1939 en Derry, Irlanda do Norte, e finado en Dublín o 30 de agosto de 2013 [1] foi un escritor irlandés. En 1995 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura.

Seamus Heaney
Nobel prize medal.svg
Seamus Heaney
Seamus Heaney dirixíndose ao colexio de avogados na Universidade de Dublin no 2009
Nacemento13 de abril de 1939
 Derry, Irlanda do Norte
Falecemento30 de agosto de 2013 (80 anos)
 Dublín, Irlanda
CausaIctus
NacionalidadeIrlanda
EtniaPobo irlandés
Relixióncatolicismo
Alma máterSt Columb's College, Queen's University of Belfast e Bates College
Ocupacióndramaturgo, tradutor, lingüista, poeta, escritor, catedrático de universidade, actor e autor
PaiPatrick Heaney
NaiMargaret Kathleen McCann
CónxuxeMarie Devlin
XénerosPoesía
Coñecido/a porDeath of a Naturalist, District and Circle e Human Chain
PremiosPremio Nobel de Literatura, Cholmondeley Award, Geoffrey Faber Memorial Prize, Eric Gregory Award, Irish PEN Award, T. S. Eliot Prize, Commandeur des Arts et des Lettres‎, E. M. Forster Award, Common Wealth Award of Distinguished Service, St. Louis Literary Award, James Joyce Awards, Sikkens Prize, membro da Royal Society of Literature, doutor honoris causa pola Universidade da Coruña, Ulysses Medal, Duff Cooper Prize, Poetry Now Award, Poetry Now Award, David Cohen Prize, Irish Book Awards, Griffin Poetry Prize, Forward Poetry Prize, PEN Translation Prize, Costa Book Awards, Costa Book Awards, Costa Book Awards, Truman Capote Award for Literary Criticism, People of the Year Awards, Lannan Literary Awards, Golden Rose Award, Prémio Somerset Maugham, WH Smith Literary Award, Flaiano Prize, AWB Vincent Literary Award e AWB Vincent Literary Award

Traxectoria

En 1957 marchou a Belfast para estudar literatura na Queen’s University, onde impartiu clases entre 1966 e 1972 antes de dedicarse plenamente á literatura. Heaney, católico irlandés, afectado pola violencia entre católicos e protestantes no Ulster, decidiu trasladarse a Dublín en 1972. No Carysfort College desta cidade impartiu clases entre 1975 e 1980. Obtivo unha cátedra na Universidade Harvard (Massachusetts) en 1984, e entre 1989 e 1994 foi catedrático de Poesía na Universidade de Oxford (Inglaterra).

No ano 2000 foi investido Doutor Honoris causa pola Universidade da Coruña[2].

Obra

A poesía de Heaney, desde os seus comezos en Death of a naturalist (1966), estivo ancorada nos contextos físicos e rurais da súa infancia. A medida que se desenvolve a súa obra, eses escenarios convértense no foco dunha busca arqueolóxica dos mitos e historias que contribuíron a configurar a violenta situación política de Irlanda do Norte, que só tratou abertamente en North (1975). A obra de Heaney mostra unha gran flexibilidade rítmica, pero é sobre todo a intensidade do seu linguaxe, que contrasta co silencio da xentes que describe, o que a fixo famosa. Outros libros seus son: Door into the Dark (1969), Wintering Out (1972), Traballo de campo (1979) (traducido ao galego por Vicente Araguas en 1996), Station Island (1984), The Haw Lantern (1987), Seeing Things (1991), The Spirit Level (1996, premio Whitbread), Electric Light (2001). Seamus publicou en 2000 unha tradución ao inglés moderno do poema épico anglosaxón Beowulf que se converteu nun best-séller no Reino Unido e nos Estados Unidos, e pola que recibiu novamente o premio Whitbread. En galego tamén está traducida a obra teatral A cura en Troia: versión do Filoctetes de Sófocles.[3]

Tamén escribiu diversos ensaios de crítica literaria: Preoccupations: Selected Prose 1968–1978 (1980) e The Government of the Tongue (1988). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1995.

Notas

  1. "O adeus galego a Seamus Heaney, o irlandés con 'imaxinación poética' da Fisterra", artigo en Sermos Galiza, 2 de setembro de 2013.
  2. High-contrast-camera-video.svg Vídeo da investidura de Seamus Heaney como Doutor honoris causa pola Universidade da Coruña.
  3. Heaney, Seamus (1998). A cura en Troia : versión do Filoctetes de Sófocles. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 8445322036.
13 de abril

O 13 de abril é o 103º día do ano do calendario gregoriano e o 104º nos anos bisestos. Quedan 262 días para finalizar o ano.

2013

2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano

30 de agosto

O 30 de agosto é o 242º día do ano do calendario gregoriano e o 243º nos anos bisestos. Quedan 123 días para finalizar o ano.

Aosdána

Aosdána (do irlandés aos dána, "xente da arte" en galego) é unha asociación irlandesa de artistas. Foi creada por iniciativa dun grupo de escritores e co apoio da Arts Council of Ireland no ano 1981. Requírese invitación de membros actuais para poder ingresar e está limitada a 250 persoas. Antes do ano 2005 estaba limitada a 200 membros. O seu corpo directivo chámase Toscaireacht. A súa principal finalidade é a de distinguir ós máis notábeis artistas do país.

Biblioteca Galega de Clásicos Universais

A Biblioteca Galega de Clásicos Universais é unha colección de corenta libros de clásicos da literatura universal traducidos á lingua galega, dirixida por Tucho Calvo, distribuída en Galicia polo xornal La Voz de Galicia durante os anos 2005 e 2006, polo prezo dun euro cada exemplar.

Colección Ablativo Absoluto

A colección Ablativo Absoluto foi unha colección literaria de Edicións Xerais de Galicia creada en 1996 e dedicada a primeiras edicións de poesía contemporánea en lingua galega, así como algunha tradución doutras linguas. Estaba a cargo de Fran Alonso, e formaban parte do consello editorial Iris Cochón, Helena González Fernández, María do Cebreiro e Miro Villar.

Estirpe

Estirpe é un libro de poesía escrito por Xosé Luís Méndez Ferrín en lingua galega, e publicado por Edicións Xerais en 1994 acompañado de debuxos de Gonzalo Araúxo. Gañou o Premio da Crítica de poesía galega en 1994 e mailo Premio Losada Diéguez de creación poética de 1995.

Irlanda

Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Éire, [ˈeː.ɾʲə] (AFI), escoitar; en inglés: Ireland, [ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI), escoitar), oficialmente República de Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann). Ás veces chámaselle coloquialmente a Illa esmeralda, facendo referencia á intensa cor verde dos campos irlandeses. Está no centro e sur da illa de Irlanda e ocupa a maior parte.

A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa Continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.

A illa de Irlanda está tradicionalmente dividida en catro rexións ou provincias: Leinster (irlandés: Laighin), Ulster (irlandés: Cúige Uladh), Connacht (irlandés: Connachta) e Munster (irlandés: An Mhumhain).

Jan Kochanowski

Jan Kochanowski, nado en 1530 en Sycyna e finado o 22 de agosto de 1584, foi un poeta renacentista polaco, que marcou modelos poéticos que se converteron en clásicos na lingua literaria polaca. É considerado como o máis grande dos poetas de Polonia e o maior do mundo eslavo con anterioridade ao século XIX.

Liam O'Flynn

Liam O'Flynn (na grafía irlandesa: Liam Óg Ó Floinn), nado en Kill o 15 de abril de 1945 e finado o 14 de marzo de 2018 foi un músico folk irlandés.

Lingua irlandesa

O irlandés ou gaélico irlandés (Gaeilge) é unha lingua céltica da rama goidélica falada na illa de Irlanda. Segundo datos de 2016, na República de Irlanda había 73 803 persoas que falan o irlandés a diario fóra do sistema educativo, mentres que outras 1 761 420 declararan ser quen de falalo como segunda lingua. Tamén a fala un número indeterminado de inmigrantes noutros países (Reino Unido, Canadá, Estados Unidos e Australia). É lingua oficial da Unión Europea por selo da República de Irlanda.

Manuel Outeiriño

Xosé Manuel Outeiriño Gallego, nado en Ourense o 10 de outubro de 1962, é un poeta e ensaísta galego.

Pobo irlandés

O pobo irlandés (en irlandés: Muintir na hÉireann, na hÉireannaigh ou na Gaeil) é un grupo nacional, cultural e etnolongüístico nativo da illa de Irlanda.

Irlanda está habitada dende hai máis de 9 000 anos segundo os estudos arqueolóxicos. Durante a maior parte da historia documentada de Irlanda, os irlandeses foron principalmente un pobo gaélico. Os anglo-normandos conquistaron partes de Irlanda no século XII. A partir dos séculos XVI e XVII, o Reino de Inglaterra reconquistou e colonizou Irlanda, traendo consigo un gran número de escoceses das Terras Baixas e ingleses, que ocuparon principalmente o norte da illa.

Hoxe en día Irlanda está dividida en dúas partes: unha é a República de Irlanda (un estado independente) e a outra é Irlanda do Norte (que forma parte do Reino Unido). A súa poboación combinada era de 6 392 132 segundo o censo de 2011. Porén, estímase que hai entre 70 e 80 millóns de persoas en diferentes países que teñen ascendencia irlandesa, feito que converte a diáspora irlandesa nunha das meirandes do mundo. Historicamente, a emigración en Irlanda foi resultado de graves problemas económicos e fames, especialmente entre os séculos XVIII e XIX.

As persoas de ascendencia irlandesa poden atoparse principalmente en países de fala inglesa, especialmente no Reino Unido, nos Estados Unidos de América, no Canadá e Australia. Tamén son significativas as poboacións na Arxentina e México. Nos Estados Unidos está a poboación máis numerosa, mentres que Australia ten a meirande porcentaxe de descendentes de irlandeses de todo o mundo en relación co total da súa poboación. Así mesmo, moitos islandeses teñen antepasados irlandeses e escoceses.

Premio Nobel de Literatura

O Premio Nobel de Literatura é un dos 5 premios especificamente sinalados no testamento do escandinavo Alfred Nobel. Segundo as súas palabras, o premio debe entregarse cada ano "a quen produza no campo da literatura a obra máis salientábel, na dirección correcta". A institución encargada de seleccionar ó gañador é a Academia Sueca (en sueco, Svenska Akademien).

Once dos galardoados co premio no século XX foron escritores en lingua castelá —entre eles un galego— e un en lingua portuguesa: os españois José Echegaray (1904), Jacinto Benavente (1922), Juan Ramón Jiménez (1956), Vicente Aleixandre (1977), e o galego Camilo José Cela (1989); os chilenos Gabriela Mistral (1945) e Pablo Neruda (1971); o guatemalteco Miguel Ángel Asturias (1967); o colombiano Gabriel García Márquez (1982), o mexicano Octavio Paz (1990) e o peruano Mario Vargas Llosa (2010); en lingua portuguesa o portugués José Saramago (1998).

Robert Frost

Robert Lee Frost, nado en San Francisco (California) o 26 de marzo de 1874 e finado en Boston o 29 de xaneiro de 1963, foi un dos máis importantes poetas dos Estados Unidos do século XX. Frost recibiu catro premios Pulitzer.

Traballo de campo (Heaney)

Traballo de campo (en inglés: Field Work) é a quinta colección de poesía de Seamus Heaney, quen recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1995. Foi publicada no ano 1979 pola editorial Faber and Faber.

Foi traducida ó galego por Vicente Araguas e publicada pola Edicións Xerais no ano 1996. No ano 2005, foi publicado de novo coa tradución de Araguas dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Vicente Araguas

Vicente Araguas Álvarez, nado en Xuvia (Neda) o 24 de setembro de 1950, é un músico e escritor galego, un dos fundadores en 1968 do grupo Voces Ceibes.

1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
Dende 2001

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.