Saxamonde, Redondela

San Román de Saxamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 778 habitantes (365 homes e 413 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes.

Saxamonde
Igrexa de Saxamonde
Igrexa parroquial
ConcelloRedondela
Poboación778 hab. (2014)
Entidades de poboación4

Historia

Por aquí pasaba a vía XIX do itinerario de Antonino. Na parroquia había un miliario do século II, atopado pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, cortado lonxitudinalmente en catro partes usadas como postes para parras. Dúas das partes estaban no Socalco de Veigadeira, finca do lugar de Padrón (topónimo este que fai referencia á pedra), a 30 metros da Estrada Vella. As outras dúas partes estaban na parroquia de Quintela. O miliario, de 2,9 m de alto e 2,29 m de diámetro, está dedicado a Publio Elio Hadriano, emperador entre os anos 117 e 138. O texto indica que o miliario está a 17 millas de Tui.

En 1159 o rei Fernando II concedeu a Gonzalo Muñoz o señorío de Saxamonde, con xurisdición civil e criminal. Casou con Estefanía Aldonza Páez de Valadares, filla de Paio Suárez de Valadares, quen ao non ter fillos homes nomeouna herdeira. Así, o señorío de Valadares pasou a pertencer ao de Saxamonde, estando o pazo solar no lugar dos Valos. O fillo de Gonzalo e Estefanía, Álvaro Fernández de Valadares, morreu na Batalla das Navas de Tolosa (1212). O coto estaba composto polas parroquias de Alcabre, Lavadores, San Miguel de Oia, Cabral, Matamá, Freixeiro, Saxamonde, Nespereira, Quintela, Cabeiro e Vilar de Infesta. A casa solar foi destruída na Gran Guerra Irmandiña, segundo se menciona no preito Tabera - Fonseca.

O 19 de marzo de 1692 o rei Carlos II concedeu a Jacinto Sarmiento Valadares, señor de San Román de Saxamonde, o título de conde de San Román. Jacinto Sarmiento foi ministro do Consello de Italia durante o reinado de Filipe V, e con anterioridade fora inquisidor en Santiago de Compostela. Finou solteiro en 1727, herdando o título a súa curmá Josefa de Omaña Sarmiento de Valadares, que casou con Pedro de Miranda y Osorio.

En abril de 1809 as tropas francesas que loitaban na guerra da independencia española asasinaron 19 persoas e prenderon lume a diversas construcións. En 1875 construíuse o túnel dos Valos, na vía do ferrocarril que une Vigo e Ourense.

Galería de imaxes

San Román de Saxamonde

San Román na fachada da igrexa.

Interior igrexa de Saxamonde

Interior do templo.

Altar da igrexa de Saxamonde

Altar do templo.

Inscrición igrexa de Saxamonde

Inscrición e cruces conmemorativas.

Tumba en Saxamonde

Tumba xunto á igrexa parroquial.

N-550 Saxamonde

Estrada N-550.

Lugares e parroquias

Parroquias de Redondela

Véxase tamén

Outros artigos

Casal do Monte, Saxamonde, Redondela

Casal do Monte é un lugar da parroquia de Saxamonde, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 121 habitantes (58 homes e 63 mulleres).

José Sarmiento Valladares

José Sarmiento de Valladares y Arines, primeiro duque de Atrisco, bautizado o 4 de maio de 1643 en San Román de Saxamonde, Redondela, e finado o 10 de setembro de 1708 en Madrid, foi vicerrei de Nova España.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

O Souto, Saxamonde, Redondela

O Souto é un lugar da parroquia de Saxamonde, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 130 habitantes (64 homes e 66 mulleres).

Os Valos, Saxamonde, Redondela

Os Valos é un lugar da parroquia de Saxamonde, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 168 habitantes (292 homes e 193 mulleres).

Padrón, Saxamonde, Redondela

Padrón é un lugar da parroquia de Saxamonde, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 175 habitantes (86 homes e 89 mulleres).

Pazo de San Román

O pazo de San Román foi un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Saxamonde.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.