Satélite

Para outros usos ver satélite (homónimos).

Un satélite ( pronunciación ) é todo obxecto secundario que gravita nunha órbita pechada arredor dun planeta. Pódese distinguir entre dous tipos de satélites: satélites naturais e satélites artificiais.

Satélites naturais

Artigo principal: Satélite natural.
Full Moon Luc Viatour
A lúa é un satélite natural do planeta Terra.

A Lúa é un satélite da Terra, se ben a Lúa e maila Terra teñen un tamaño tan similar que se poden considerar nalgúns momentos como un sistema de dous planetas.

O movemento da maior parte dos satélites coñecidos do Sistema Solar arredor dos seus planetas é directo, é dicir, de oeste a leste e no mesmo sentido de xiro dos planetas.

Só certos satélites de grandes planetas exteriores xiran en sentido inverso, é dicir, de leste a oeste e en dirección contraria á dos seus planetas; probablemente foron capturados polos campos gravitacionais dos planetas algún tempo despois da formación do Sistema Solar.

Moitos astrónomos cren que Plutón, que se move nunha órbita independente arredor do Sol, puido orixinarse como satélite de Neptuno. Recentemente descubriuse que o mesmo Plutón ten varios satélites, o máis grande dos cales é Caronte.

Satélites artificiais

Artigo principal: Satélite artificial.
Milstar
Na imaxe o MILSTAR: un satélite artificial de comunicacións.

Enténdese por satélite artificial calquera dos obxectos postos en órbita periódica arredor da Terra de xeito artificial (pola nosa especie). Os obxectivos son variados e van dende os fins científicos ou tecnolóxicos ós militares.

Agora ben, se o definimos dende un punto de vista rigoroso, un satélite artificial é un obxecto non tripulado posto en órbita arredor da Terra, quedando fóra desta definición os foguetes lanzadores como as cápsulas tripuladas ou de carga, os transbordadores espaciais e mailas estacións orbitais. Tampouco son considerados satélites artificiais as sondas espaciais enviadas a calquera outro destino do Sistema Solar, pois non teñen unha órbita periódica.

O satélite artificial é unha das ferramentas máis útiles que ata a data creou o home. Posibilita observar e controlar o noso planeta e ollar o cosmos sen a interposición da atmosfera.

Calisto (lúa)

Calisto (do grego Καλλιστώ) é un satélite do planeta Xúpiter, descuberto en 1610 por Galileo Galilei. O seu diámetro é de aproximadamente 4.800 km, o que o converte na terceira lúa máis grande do sistema Solar, con case o mesmo tamaño que o planeta Mercurio. Xira arredor de Xúpiter a unha distancia media de 1 800 000 km, cun período de 16,6 días.

Aínda que o nome "Calisto" foi suxerido por Simón Marius pouco despois do seu descubrimento, este nome e os nomes dos outros satélites galileanos non se usaron ata mediados do século XX. Usábase a forma numeral romana e se denominaba "Xúpiter IV" ou "cuarto satélite de Xúpiter". O seu nome procede dun dos moitos amores de Zeus.

ESPN

ESPN, Inc. (siglas de Entertainment and Sports Programming Network, hoxe en desuso), é un grupo mediático con sede nos Estados Unidos, que opera e produce canles de televisión por cable, satélite, radio, sitios web, revistas e libros relacionados co deporte. Tamén organiza eventos tales como os Premios ESPY desde 1993 e os X Games desde 1995.

O propietario actual de ESPN é cadea de televisión estadounidense ABC, a sua vez controlada por The Walt Disney Company.

A súa sede principal e centro dixital está situado en Bristol, Connecticut, Estados Unidos.

Europa (lúa)

Europa ( pronunciación ) é unha das lúas de Galileo do planeta Xúpiter, que son catro lúas masivas e exóticas co tamaño de verdadeiros planetas.

Europa é única por si propia, preséntase cunha superficie xeada moi brillante con riscos coloridos. Pénsase que sexa un mundo oceánico cuberto por unha capa de xeo que protexe o mar interior da adversidade do espazo exterior. Debido ás condicións existentes no seu interior, algúns científicos xulgan que podería existir vida, tal como a que existe nas profundidades dos mares da Terra. É con Marte, o lugar máis probable onde se pensa que é posible atopar vida extraterrestre.

Ganímedes (lúa)

Ganímedes, (ou Ganimedes) é o nome dado por Galileo Galilei a un dos catro satélites descubertos por el na órbita de Xúpiter, nas súas observacións feitas grazas á invención do telescopio. Chámanse por ese motivo satélites Galileanos.

Son os catro maiores satélites de Xúpiter, motivo polo cal puideron ser vistos co equipamento aínda precario utilizado por Galileo. Os outros tres son: Ío, Europa e Calisto.

En condicións favorables, cando a posición da Terra e de Xúpiter permiten que teña a súa cara iluminada volta para o noso planeta, pódense visualizar eses catro satélites cun telescopio caseiro, ou ata mesmo cun bo binóculo.

Iapeto (lúa)

Iapeto ou ocasionalmente Xapeto, e o terceiro satélite natural máis grande de Saturno, o undécimo máis grande no Sistema Solar, e o astro máis grande no Sistema Solar que carece de equilibrio hidroestático. Iapeto e famoso pola súa dramática coloración en dúas tonalidades. Os descubrimentos realizados pola sonda Cassini en 2007 revelaron outras características curiosas, como a existencia dunha inmensa cordilleira ecuatorial que percorre tres cuartas partes da lúa.

Lúa

A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.

A rotación da Lúa foise sincronizando ó longo do tempo coa da Terra, de xeito que sempre se observa aproximadamente a mesma parte de superficie dende a Terra. O hemisferio visible está marcado con escuros mares lunares de orixe volcánico entre as brillantes montañas antigas e os destacados astroblemas. Malia ser en aparencia o obxecto máis brillante no ceo despois do Sol, a súa superficie é en realidade moi escura, cunha reflexión similar á do carbón. A súa prominencia no ceo e o seu ciclo regular de fases fixeron da Lúa un obxecto con importante influencia cultural desde a antigüidade tanto na linguaxe, como no calendario, a arte ou a mitoloxía. A influencia gravitatoria da Lúa produce as mareas e o aumento da duración do día. A distancia orbital da Lúa, preto de trinta veces o diámetro da Terra, fai que se vexa no ceo co mesmo tamaño que o Sol e permite que a Lúa cubra exactamente ao Sol nas eclipses solares totais. Esta coincidencia de tamaño visual aparente é unha coincidencia. A distancia lineal da Lúa á Terra está aumentando a un ritmo de 3,82 ± 0,07 cm por ano, aínda que esta taxa non é constante.A Lúa é o único corpo celeste no que o ser humano realizou un descenso tripulado. Aínda que o programa Lúa da Unión Soviética foi o primeiro en alcanzar a Lúa cunha nave espacial non tripulada, o programa Apolo de Estados Unidos conseguiu as únicas misións tripuladas ata a data, comezando coa primeira órbita lunar tripulada polo Apollo 8 en 1968, e seis aluaxes tripulados entre 1969 e 1972, sendo o primeiro o Apollo 11 en 1969. Estas misións regresaron con máis de 380 kg de rocha lunar, que permitiron alcanzar unha detallada comprensión xeolóxica das orixes da Lúa (crese que se formou fai 4500 millóns de anos logo dun grande impacto), a formación da súa estrutura interna e a súa posterior historia.

Desde a misión do Apollo 17 en 1972, foi visitada unicamente por sondas espaciais non tripuladas, en particular polos astromóbiles soviéticos Lunokhod. Desde 2004, Xapón, China, India, Estados Unidos, e a Axencia Espacial Europea enviaron orbitadores. Estas naves espaciais confirmaron o descubrimento de auga xeada fixada ao regolito lunar en cráteres que se atopan na zona de sombra permanente e están situados nos polos. Planeáronse futuras misións tripuladas á Lúa, tanto por gobernos como por empresas privadas, pero non se puxeron en marcha aínda. A Lúa mantense, baixo o tratado do espazo exterior, libre para a exploración de calquera nación con fins pacíficos.

NSSDC ID

O NSSDC ID, tamén chamado International Designator (designador internacional) e designación COSPAR, é unha convención internacional para nomear satélites. Consiste no ano de lanzamento, un número incremental de lanzamento de tres cifras para ese ano e un código de tres letras que representa o identificador secuencial dunha peza no lanzamento.

Por exemplo, 1957-001A é o vehículo de lanzamento do Sputnik 1 e 1957-001B representa ó propio satélite. O número revela que foi lanzado en 1957 e que foi o primeiro lanzamento de aquel ano. Outro exemplo é 1990-037B, o telescopio espacial Hubble, que foi o lanzamento exitoso número 37 durante 1990. 1990-037A era o transbordador espacial Discovery durante a misión STS-31, que levou ó telescopio cara ao espazo.

Os lanzamentos fallidos non levan identificadores estándar. En cambio catalóganse con designracións arbitrarias, como VAGSL1 para o satélite Vanguard SLV 1.

O sistema de designación coñecíase como sistema COSPAR, denominado así polo Committee on Space Research (comité para a investigación espacial) do Consello Internacional da Ciencia. Este grupo incluía o primeiro sistema de designación, concibido na Universidade Harvard en 1958. O sistema usaba letras minúsculas do alfabeto grego para nomear os satélites. Por exemplo, Sputnik 1 era 1957α. En 1963 o sistema cambiouse para usar números, pero a súa aplicación retroactiva para faliciar o uso de referencias computerizadas non foi inmediato. Por exemplo, a publicación cuadrimestral TRW Space Log de 1969 contiña satélites en órbita de antes de 1963 listados con letras gregas e os posteriores por números.

O catálogo é administrado en Estados Unidos polo National Space Science Data Center, parte da NASA.

Período orbital

O período orbital (tamén chamado período de revolución orbital) e o tempo que tarda un planeta, un satélite, ou outro obxecto orbitante en completar a súa órbita.

Cando se fala de obxectos orbitantes arredor do Sol existen dous tipos de períodos orbitais:

O período sideral é a medida do tempo que tarda o obxecto en completar unha volta arredor do Sol, tomando como punto de referencia unha estrela fixa. Considerase como o auténtico período orbital do obxecto, sendo o que ollaría un observador inmóbil que non orbitara arredor do sol.

O período sinódico é a medida do tempo que tarda o obxecto en volver aparecer no mesmo punto do ceo respecto do Sol, cando se observa dende a Terra. Este período ten en conta que a Terra, lugar dende onde se observa o obxecto, tamén orbita arredor do Sol. E, polo tanto, o tempo que transcorre entre dúas conxuncións sucesivas co Sol, sendo así mesmo o período orbital aparente.O período sideral e o sinódico difiren dado que a Tierra, á súa vez, da voltas arredor do Sol.

Rea (lúa)

Rea é o segundo satélite de Saturno pola súa masa, e o décimo cuarto máis afastado do planeta (uns 527.000 km); tarda uns 4,5 días terrestres en completar un xiro.

A súa órbita é case circular e lixeiramente inclinada con respecto ao ecuador de Saturno.

É esférico e mide uns 1.529 km de diámetro, aproximadamente a metade que a Lúa, o que o converte no segundo maior satélite de Saturno. Crese que ten un núcleo rochoso que supón algo menos dunha terceira parte do diámetro, e manto e cortiza compostos por auga xeada e impurezas diversas.

Foi descuberto en 1672 polo astrónomo francés Jean-Dominique Cassini, que lle deu o nome da figura mitolóxica grega Rea, irmá e esposa de Cronos (Saturno no panteón romano). A lúa foi fotografada pola sonda estadounidense Voyager 1 en novembro de 1980, cando esta pasou polo sistema de Saturno.

Satellite Catalog Number

Satellite Catalog Number (Número de Catálogo do Satélite), (tamén coñecido como NORAD Catalog Number, NASA catalog number, USSPACECOM object number ou sinxelamente Catalog number e variantes semellantes) é un número secuencial de 5 díxitos asignado polo USSPACECOM para todos os satélites que orbitan a Terra coa finalidade da súa identificación. Antes de que USSPACECOM, o catálogo foi apoiada por NORAD. O primeiro obxecto catalogado, número de catálogo 00001, é a última etapa do foguete que puxo en funcionamento o Sputnik 1.

En decembro de 2012, o Catálogo Mestre da NSSDC fixo unha lista de 6916 satélites lanzado en órbita dende 1957, o último deles Kwangmyongsong-3 Unidade 2, o 12 de decembro de 2012.

Satélite artificial

Enténdese por satélite artificial calquera dos obxectos postos en órbita periódica arredor da Terra de xeito artificial (pola nosa especie). Os obxectivos son variados e van dende os fins científicos ou tecnolóxicos ós militares.

Agora ben, se o definimos dende un punto de vista rigoroso, un satélite artificial é un obxecto non tripulado posto en órbita arredor da Terra, quedando fóra desta definición os foguetes lanzadores como as cápsulas tripuladas ou de carga, os transbordadores espaciais e mailas estacións orbitais. Tampouco son considerados satélites artificiais as sondas espaciais enviadas a calquera outro destino do Sistema Solar, pois non teñen unha órbita periódica.

O satélite artificial é unha das ferramentas máis útiles que ata a data creou o home. Posibilita observar e controlar o noso planeta e ollar o cosmos sen a interposición da atmosfera.

Satélite natural

Un satélite natural ou lúa (no senso xeral) é un obxecto espacial que circula arredor dun planeta, isto é, non orbita en torno dunha estrela. Por exemplo, a Lúa é un satélite da Terra.

Televisión Española

Televisión Española (TVE) é a cadea de televisión máis antiga de España. Iniciou as súas emisións regulares o 28 de outubro de 1956 e pertence á Corporación Radiotelevisión Española desde o 1 de xaneiro de 2007. Ademais está asociada á Unión Europea de Radiodifusión.

TVE ten a súa sede nos estudios de Prado del Rey, en Pozuelo de Alarcón (Madrid).

Desde o 1 de xaneiro de 2010 finánciase a través de subvencións públicas e impostos directos sobre os operadores privados de televisión e telefonía, abandonando o mercado publicitario. España é un dos poucos países da Unión Europea onde os cidadáns non pagan un canon para subvencionar de xeito parcial ou total a radiotelevisión pública.

Titán (lúa)

Titán é a maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o Sistema Solar, despois de Ganímedes, tendo case unha vez e media o tamaño da nosa Lúa. É maior que un dos planetas principais, Mercurio, e que o planeta anano Plutón, e se orbitase ao redor do Sol sería un planeta por dereito propio.

Esta é a única lúa no Sistema Solar que ten unha atmosfera densa, sendo mesmo máis densa que a da Terra. Pénsase que posúe lagos de hidrocarburos e volcáns xeados, e que o metano se comporta case coma a auga na Terra, evaporando e chovendo nun ciclo interminable. Titán é un mundo que se mantivo oculto ata moi recentemente, cuberto por unha densa brétema alaranxada.

En xaneiro de 2005, lanzouse a sonda Huygens que pasou por entre a brétema e tirou as primeiras fotografías da superficie de Titán; mais por mor do neboeiro, e mesmo coas fotografías, ficou moito por saber. Esta sonda levou consigo un millón de mensaxes de persoas de todo o mundo. As mensaxes foron enviadas pola Internet, gravadas nun CD-ROM e lanzadas na sonda en 1997, e poderán permanecer no solo titánico durante millóns de anos e seren descubertas por turistas espaciais do futuro.

Tritón (lúa)

Tritón é un satélite natural de Neptuno que se encontra a 4.500 millóns de quilómetros da Terra. Posiblemente sexa o astro máis frío do Sistema Solar (-235 °C).

Villaquilambre

Villaquilambre é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 18.023 habitantes (INE 2011).

Artisticamente destacan a Vila Romana da localidade de Navatejera, con restos dun asentamento agrario romano satélite da Legio VII, e bellos mosaicos. Tamén cabe destacar a beleza da ermida de Villaquilambre entre outras construcións relixiosas.

Ío (lúa)

Ío é o satélites máis próximo de Xúpiter, co recentemente creado telescopio. Recibe o seu nome de Ío procedente da mitoloxía grega. Trátase dun dos catro maiores satélites de Xupiter, tamén chamados galileanos, en homenaxe ao seu descubridor e recibiu inicialmente o nome de Xúpiter I por ser o primeiro satélite de Xúpiter segundo a súa proximidade ó planeta.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.