Saski Baskonia

O Saski Baskonia S.A.D., coñecido tamén como Kirolbet Baskonia por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. Entre 1984 e 1986 foi patrocinado por "Caja de Álava", dende 1987 ata 2009 estivo patrocinado pola empresa de cerámicas Taulell, dende 2009 a 2013 pola caixa vasca "Caja Laboral", e dende 2013 ata 2016, pola caixa vasca "Laboral Kutxa".

O Baskonia compite na Liga ACB española, e nos últimos anos converteuse un dos clubs máis potentes do baloncesto español e europeo. A súa cancha de xogo é o Fernando Buesa Arena, un pavillón que conta cunha capacidade para 9.900 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex-xogador Josean Querejeta.

Kirolbet Baskonia
Información xeral
Liga ACB / Euroliga
Fundación 1959
Historia CD Vasconia (1959-1976)
CD Basconia (1976-1987)
Cores                     Vermello, azul
Presidente España Josean Querejeta
Adestrador Croacia Velimir Perasović
Patrocinador Kirolbet
Vestimenta Champion
Localización
Cidade Flag of the Basque Country.svg Vitoria, País Vasco
Pavillón Fernando Buesa Arena
Capacidade 15.504
Inauguración 1991
Campionatos
C. Saporta 1 (1996)
Liga 3 (2002, 2008, 2010)
Copa 6 (1995, 1999, 2002, 2004, 2006, 2009)
Supercopa 4 (2006, 2007, 2008, 2009)
baskonia.com

Historia

Comezos

O equipo de baloncesto Saski Baskonia naceu en 1959 como a sección de baloncesto do Club Deportivo Vasconia, presidido por Félix Ullivarriarrazua.Na súa primeira tempada o club foi adestrado por Vicente Elejalde, acabando ese ano no segundo lugar do Campionato Provincial de Áraba. Durante os anos 1960 o Baskonia foi un dos equipos máis puxantes desa categoría, conseguindo finalmente en 1970 a primeira posición no campionato de Terceira División.[1]

Ascenso á Primeira División

A partir da vitoria na Terceira División, o Vasconia consegue o ascenso á máxima categoría do baloncesto nacional. Xa na Primeira División, no seu primeiro encontro da man do adestrador Pepe Laso, conseguen o seu primeiro triunfo tras bater aos galegos do Breogán de Lugo por 92 a 71. En 1977 o presidente José Luis Sánchez Erauskin troca o nome do equipo cambiando o V por un B, pasando a chamarse Basconia-Schweppes. Tres anos despois, en 1981 o equipo descende á "Primeira B", aínda que conseguindo retornar en tan só unha tempada.[1]

Regreso á elite

Final Supercopa España 2007
O Baskonia en 2007.

O regreso á elite do Saski Baskonia coincidiu coa creación da Asociación de Clubs de Baloncesto e a nova e completamente profesional Liga ACB en 1983. Dous anos despois o club consegue o seu primeiro título, a Copa Asociación, un trofeo disputado entre os eliminados na primeira rolda dos play-offs polo título, gañando o Arabatxo Baskonia ao CAI Zaragoza na final por 93 a 85. Esta competición só se disputou ese ano, o que converte o Saski no único campión, con todo a Copa Príncipe de Asturias é considerada a súa sucesora oficial.

Esta vitoria permitiu ao equipo participar por primeira vez en competicións europeas, debutando cun triunfo fronte ao Super Cracks neerlandés e unha posterior derrota fronte ao Villeurbanne. En 1987 comezaría o patrocinio de compañía de cerámica Taulell S.A., que patrocinou ao club cos nomes de Taugré e TAU Cerámica até o ano 2009. O ano seguinte tamén supuxo un cambio importante na estrutura do club, xa que da man do presidente Josean Querejeta, o Taugrés convértese na primeira asociación anónima deportiva do estado, pasándose a denominar oficialmente Saski Baskonia S.A.D.[1]

Converténdose nunha potencia

Buesa Arena
O Fernando Buesa Arena, fogar do Baskonia dende 1991.

Co comezo da década, a normativa da ACB que obriga a que os pavillóns teñan capacidade para máis de 5.000 espectadores, leva ao club a trasladarse dente o Pavillón de Mendizorroza ao Pavillón Araba. Co troco do estadio os resultados deportivos non tardarían en chegar, en 1991 o Taugrés volve a Europa, acudindo dende ese ano de xeito regular.

O primeiro gran título chegou finalmente en 1995, gañando o Taugrés a Copa do Rei tras vencer na final celebrada en Granada ao Amway Zaragoza por 88 a 80. Pablo Laso do Baskonia foi nomeado MVP. Ao ano seguinte un novo título chegou ás vitrinas dos vitorianos, a Copa Saporta, tras vencer na final por 88 a 81 ao PAOK Tesalónica BC grego. Durante os anos noventa volveu a conseguirse un título, outra Copa do Rei de 1999, esta vez tras gañar ao Caja San Fernando por 70 a 61 en Valencia. O ano 1999 tamén é salientable dentro da historia do club, descantando a ampliación do Buesa Arena até 9.500 espectadores e o debut dos vascos na máxima competición continental, a Euroliga.[1]

Chegan os éxitos

Por fin na temporada 2001-02 chegou a primeiro título de liga ao Baskonia. Trala chegada de Duško ,Ivanović lendario ex-xogador da Jugoplastika, ao banco como adestrador, conseguiron impoñerse na final do campionato ao Unicaja Málaga por un contundente 0 a 3. Chegando tamén ese mesmo á final da Euroliga, aínda que con peor resultado, xa que perderon na final, no quinto partido de dempate, fronte á Kinder Bologna de Italia.

Outros éxitos que chegaron durante o comezo do milenio foron tres Copas do Rei (2002, 2004, 2006), catro Supercopas (2006, 2007, 2008, 2009) e un novo título de liga en 2008, tras vencer na final ao FC Barcelona de novo por 0 a 3. Ademais, aínda que non volveu a conseguir un título a nivel europeo, chegou a disputar tres Final Four da Euroliga, Moscova 05, Praga 06 e Atenas 07.

Xogadores

Cadro actual

Kirolbet Baskonia 2019−2020
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
AP 1 Bosnia e Hercegovina Penava, Ajdin 2.06 m (6 ft 9 in) 100 kg (220 lb) Marshall Thundering Herd (2018)
B 3 Flag of Argentina.svgItalia Vildoza, Luca 1.90 m (6 ft 3 in) 86 kg (190 lb) Quilmes Mar del Plata (2016)
E 11 Flag of the United States.svg Janning, Matt 1.93 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb) Lokomotiv Kuban (2017)
P 12 Flag of Senegal.svgEspaña Diop, Ilimane 2.10 m (6 ft 11 in) 104 kg (229 lb) Canteira (2011)
B 15 Flag of Uruguay.svgItalia Granger, Jayson 1.88 m (6 ft 2 in) 91 kg (201 lb) Anadolu Efes (2017)
AP 23 Flag of Georgia.svg Shengelia, Tornike (C) 2.06 m (6 ft 9 in) 109 kg (240 lb) Chicago Bulls (2014)
A 29 Flag of Argentina.svgItalia Garino, Patricio 1.96 m (6 ft 5 in) 92 kg (203 lb) Orlando Magic (2017)
A 31 Flag of the United States.svgDinamarca Shields, Shavon 2.01 m (6 ft 7 in) 102 kg (225 lb) Dolomiti Energia Trento (2018)
P Flag of Nigeria.svg Eric, Micheal 2.10 m (6 ft 11 in) 120 kg (265 lb) Darüşşafaka (2019)
P Flag of Senegal.svg Fall, Youssoupha 2.21 m (7 ft 3 in) 100 kg (220 lb) Strasbourg (2019)
E Flag of Canada.svg Stauskas, Nik 1.98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Cleveland Cavaliers (2019)
B Flag of the United States.svg Henry, Pierriá 1.96 m (6 ft 5 in) 89 kg (196 lb) UNICS (2019)
Adestrador
Asistente(s)
  • España Lluis Riera
  • España David Gil
Preparador(es) físico(s)
  • España Oskar Bilbao
  • Croacia Luka Svilar

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 04−082019

Galardóns individuais

MVP da ACB

Xogador Revelación da ACB

MVP das Finais da ACB

MVP da Copa do Rei

MVP da Supercopa ACB

Campión do Concurso de Triplas

Primeiro quinteto da ACB

Segundo quinteto da ACB

Primeiro quinteto da Euroliga

Segundo quinteto da Euroliga

Palmarés

Títulos internacionais

Títulos nacionais

Nomenclatura de patrocinio

Fóra de España, o club foi a miúdo coñecido como TAU Cerámica Baskonia,[2][3] unha marca comercial de cerámica manufacturada pola compañía valenciana Taulell S.A, cuxo nome patrocinou ao club dende 1986 a 2009. Orixinariamente, Taulell utilizaba un nome distinto doutra marca comercial súa para patrocinar ao equipo, Taugrés, antes de cambiar a TAU Cerámica Baskonia en 1997.[4] Ademais dos xa citados, TAU, Baskonia e TAU Baskonia eran nomes frecuentes para referirse ao club. Cómpre sinalar que o nome oficial do club é Baskonia, Saski Baskonia, ou de xeito completo Saski Baskonia S.A.D. En 2009, a cooperativa de aforro e crédito vasco "Caja Laboral" (en lingua castelá: Caja Laboral Popular Sociedad Cooperativa de Credito ou en éuscaro: Lan Kide Aurrezkia - Euskadiko Kutxa) converteuse na nova denominación de patrocinador do club, incrementando a cantidade de cartos cos que o patrocinador contribúe ás arcas do club. O 27 de abril de 2013, "Laboral Kutxa" converteuse no novo patrocinador do Baskonia, tras a fusión de Caja Laboral e Ipar Kutxa.[5]

Historial

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Baskonia, un paseo pola súa historia". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2010. Consultado o 24 de abril de 2010.
  2. "Baskonia.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2010. Consultado o 07 de febreiro de 2010.
  3. Morre o Tau Baskonia e nace o Caja Laboral Baskonia
  4. "Taulell S.A. e Saski Baskonia S.A.D". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2010.
  5. El Baskonia pasa a denominarse Laboral Kutxa

Véxase tamén

Ligazóns externas

Chase Budinger

Chase Andrew Budinger, nado o 22 de maio de 1988 en Encinitas (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que é axente libre.

Colton Iverson

Colton Iverson, nado o 29 de xuño de 1989 en Aberdeen, Dacota do Sur, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no BC Zenit San Petersburgo da VTB United League.

Darrun Hilliard

Darrun Hilliard II, nado o 13 de abril de 1993 en Bethlehem, Pensilvania, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no PBC CSKA Moscova da VTB United League.

Fernando Buesa Arena

O Fernando Buesa Arena é un pavillón polideportivo situado en Vitoria, País Vasco, utilizado polo club de baloncesto profesional Saski Baskonia para xogar os seus partidos de competición oficial. Ten unha capacidade de 15.504 espectadores, e é utilizado frecuentemente para albergar citas deportivas nacionais e internacionais de diferentes disciplinas, así como para outros eventos como grandes exhibicións, concertos ou festivais. É un dos pavillóns multiusos máis grandes de España.

Goran Dragić

Goran Dragić, nado o 6 de maio de 1986 en Liubliana‎, é un xogador profesional de baloncesto esloveno que xoga para os Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Pode xogar nas posicións tanto de base como de escolta. Antes de entrar no Draft da NBA de 2008, onde foi seleccionado por San Antonio Spurs, xogou profesionalmente en Eslovenia e en España. No baloncesto profesional norteamericano, Dragić xogou en dúas etapas nos Phoenix Suns, nos Houston Rockets e en Miami Heat. O irmán menor de Dragić, Zoran, tamén xoga nos Heat.

Joey Dorsey

Richard Elmer "Joey" Dorsey, nado o 16 de decembro de 1983 en Baltimore, Maryland, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense. Xogou na universidade para os Memphis Tigers, onde foi coñecido por liderar ao equipo a gañar o campionato da NCAA de 2008, xunto con Derrick Rose e Chris Douglas-Roberts durante o seu ano coma sénior.

Jordan McRae

Jordan Tyler McRae, nado o 28 de marzo de 1991 en Savannah, Xeorxia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA).

Jānis Timma

Jānis Timma, nado en Krāslava o 2 de xullo de 1992, é un xogador profesional de baloncesto letón que actualmente xoga no Khimki da VTB United League. Con 2,03 metros de altura, xoga na posición de ala.

Kevin Séraphin

Kevin Séraphin, nado o 7 de decembro de 1989 en Cayenne, Güiana Francesa é un xogador francés de baloncesto profesional que xoga no Panathinaikos BC da A1 Ethniki.

Lamar Odom

Lamar Joseph Odom, nado en South Jamaica (Queens, Nova York) o 6 de novembro de 1979, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Nemanja Bjelica

Nemanja Bjelica (serbio cirílico: Немања Бјелица), nado o 9 de maio de 1988 en Belgrado, RFS Iugoslavia, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,09 metros, pode xogar nas posicións de ala-pivote e ala.

Nik Stauskas

Nikolas Tomas "Nik" Stauskas, nado o 7 de outubro de 1993 en Mississauga, Ontario, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga no Kirolbet Baskonia da Liga ACB.

Orlando Johnson

Orlando Vincent Johnson, nado o 11 de marzo de 1989 en Monterey (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Austin Spurs da NBA Development League.

Rodrigue Beaubois

Rodrigue Beaubois, nado en Pointe-à-Pitre (Guadalupe) o 24 de febreiro de 1988, é un xogador profesional de baloncesto francés que actualmente xoga no Saski Baskonia da Liga ACB. Con 1,88 metros de altura, xoga na posición de base.

Shane Larkin

DeShane "Shane" Larkin, nado o 2 de outubro de 1992 en Cincinnati, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Anadolu Efes SK turco.

Tiago Splitter

Tiago Splitter Beims, nado o 1 de xaneiro de 1985 en Blumenau, Santa Catarina, é un xogador profesional brasileiro de baloncesto que actualmente é axente libre. Drafteado polos San Antonio Spurs en 2007, gañou co equipo texano o títulos de campión en 2014. Splitter xogou durante varios anos na liga ACB, onde foi dúas veces campión de liga. Cunha altura de 2,11 metros xoga nas posicións ala-pivote e pivote.

Tibor Pleiß

Tibor Pleiß, nado en Bergisch Gladbach (Colonia, Renania do Norte-Westfalia) o 2 de novembro de 1989, é un xogador de baloncesto profesional alemán que xoga no Anadolu Efes turco. Mide 2,18 metros e xoga na posición de pivote.

Tornike Shengelia

Tornike Shengelia, nado en Tbilisi o 5 de outubro de 1991, é un xogador profesional de baloncesto xeorxiano que actualmente xoga no Saski Baskonia da Liga ACB. Con 2,06 metros de altura, pode xogar nas posicións de ala e ala-pivote.

Velimir Perasović

Velimir Perasović, nado o 9 de febreiro de 1965 en Split, Croacia (Iugoslavia), é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto. Actualmente é o adestrador do Saski Baskonia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.