Sarreaus

Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario): «sarreaus».

Coordenadas: 42°5′12″N 7°36′12″O / 42.08667, -7.60333

Sarreaus
Escudo de Sarreaus
Casa do concello de Sarreaus
Casa do concello de Sarreaus.
Situacion Sarreaus
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación1.189 hab. (2018)
Área77,3 km²
Densidade15,38 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeGumersindo Lamas Alvar (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Sarreaus
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes96,79%
Na rede
http://www.concellosarreaus.com/

Demografía

Censo total 1.283 (2015)
Menores de 15 anos 46 (3.59 %)
Entre 15 e 64 anos 604 (47.08 %)
Maiores de 65 anos 633 (49.34 %)
Evolución da poboación de Sarreaus   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.640 3.673 4.163 4.269 1.800 1.552 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 77,2 km², abrangue nove parroquias. Limita ao norte con Vilar de Barrio, ao sur con Trasmiras e Xinzo de Limia, ao leste con Cualedro e Laza, e ao oeste con Xunqueira de Ambía.

Cara ao norte ten unha zona montañosa, na serra de San Mamede. Cara ao sur está a depresión limiá, con terras máis chás e fértiles vales determinados polo río Limia, que nace no monte de Talariño, na parroquia de Paradiña, sucando o concello de nordeste a suroeste. Outros cursos fluviais menores son o rego de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo ou o da Veiga.

Historia

Se ben na actualidade non hai ningún catalogado, consérvanse topónimos que delatan a existencia de varios megálitos do neolítico, como Os Piñeiros da Anta e A Medorra en Lodoselo, ou o Alto da Madorra en Cortegada. A Pedra Alta (Cortegada) é un menhir usado como marco delimitador entre os concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía. O Acobillo de Roufeiro (Nocelo da Pena) é da primeira idade dos metais (1800/1500 a. C.), e é usado como referencia para denominar o límite do Bronce Inicial en Galiza.

Durante a cultura castrexa a zona foi poboada polos Limici nos castros da Cibdá, A Gándara, Tarrazo, A Rocha ou Os Castros de Codosedo. Trala romanización de Galicia quedaron restos de asentamentos e epígrafes en rochas, como o Forum ou Civitas Limicorum da Cibdá, ou homenaxes a Traxano e Adriano e a Xúpiter e Bandua.

Durante a idade media a zona pertenceu á Terra da Limia. Desa época queda a igrexa románica de Codosedo. Na idade moderna o territorio pertenceu ás xurisdicións de Xinzo (parroquias de Perrelos, Santiago de Freixo e Lodoselo, pertencentes ao Conde de Monterrei), Pena da Torre de Portela da Limia (lugares de Folgoso, O Penedo, Meilás, Cortegada, Bresmaus, A Portela da Quinta, Sarreaus, Padroso, Tarrazo e Sas, pertencentes ao Conde de Lemos), e o couto de Santa María A Real de Codosedo, Pazos, Paradiña e Veredo, pertencente á orde de Santiago. Nocelo da Pena pertencía á xurisdición do convento de Santa Clara de Allariz.

A comezos do século XIX creouse o concello de Cortegada, e en 1822 creáronse os de Codosedo e Lodoselo. Trala División territorial de España en 1833, en 1835 naceu o concello de Sarreaus.

Cultura

Toponimia

O nome de Sarreaus procede do latino Sarrianus, "os que veñen de Sarria", debido a que no seu momento se repoboaría con habitantes desta vila luguesa.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Sarreaus.
Centro de Saúde de Sarreaus

Centro de Saúde de Sarreaus.

Iglesia de Santa María de Perrelos - Sarreaus - Ourense

Igrexa de Santa María de Perrelos.

Pedra Alta de Antela (6064622700)

Pedra Alta de Antela.

Lugares de Sarreaus

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sarreaus vexa: Lugares de Sarreaus.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Sarreaus". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bande, Bande

San Pedro de Bande é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 1 134 habitantes, dos cales 523 eran homes e 611 mulleres.

Bresmaus, Sarreaus

San Bartolomeu de Bresmaus é unha parroquia do concello de Sarreaus na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 68 habitantes, deles 34 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Codosedo, Sarreaus

Santa María de Codosedo é unha parroquia do concello de Sarreaus na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 163 habitantes, deles 75 eran homes e 88 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Cortegada, Sarreaus

San Xoán de Cortegada é unha parroquia do concello de Sarreaus na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 327 habitantes, deles 154 eran homes e 173 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Eleccións municipais en Sarreaus

Corporacións democráticas en Sarreaus desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Ramón Rúa Novoa — UCD

1983 Alcalde: José Ramón Rúa Novoa — CP

1987 Alcalde: Pendente.

1991 Alcalde: Gumersindo Lamas Alvar — Centristas de Galicia

1995 Alcalde: Gumersindo Lamas Alvar — PPdeG

1999 Alcalde: Gumersindo Lamas Alvar — PPdeG

2003 Alcalde: Gumersindo Lamas Alvar — PPdeGModelo:Sarreaus 2003

2007 Alcalde: Gumersindo Lamas Alvar — PPdeGModelo:Sarreaus 2007

2011 Alcalde: Gumersindo Lamas Alvar — PPdeG

2015 Alcalde: Gumersindo Lamas Alvar — PPCandidatos: Gumersindo Lamas Alvar (PP), Rosella Care Rodríguez (PSdeG-PSOE).

Freixo, Sarreaus

Santiago de Freixo é unha parroquia do concello de Sarreaus na comarca da Limia, na provincia de Ourense. En 2017 tiña 127 habitantes, 48 menos ca en 2007 (86 homes e 89 mulleres) e 44 menos ca en 2006.

Juan Sorga

Juan Sorga Rodríguez, nado en Cortegada (Sarreaus), foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Lagoa de Antela

A lagoa de Antela era unha lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense. Abranguía terreos situados nos concellos de Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

Lodoselo, Sarreaus

Santa María de Lodoselo é unha parroquia do concello de Sarreaus na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 201 habitantes, deles 103 eran homes e 98 eran mulleres, o que supón unha diminución de 17 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Sarreaus

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Sarreaus

Nocelo da Pena, Sarreaus

San Lourenzo de Nocelo da Pena é unha parroquia pertencente ao concello de Sarreaus. En 2017 tiña 172 habitantes, 10 menos ca en 2013 (90 homes e 92 mulleres) e 45 menos ca en 2007 (104 homes e 113 mulleres).

Padroso, Sarreaus, Sarreaus

Padroso é un lugar da parroquia de Sarreaus, no concello ourensán de Sarreaus, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 46 habitantes (24 homes e 22 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 43 habitantes. En 2016 segundo o INE tiña 33 habitantes, 14 mulleres e 19 homes.

Paradiña, Sarreaus

Santa María Madanela de Paradiña é unha parroquia do concello de Sarreaus na comarca da Limia, na provincia de Ourense. En 2017 tiña 60 habitantes, 41 menos ca en 2007 (53 homes e 48 mulleres) e 50 menos ca en 2006.

Perrelos, Sarreaus

Santa María de Perrelos é unha das parroquias do concello de Sarreaus. Está a 1,5 km do núcleo de Sarreaus e a 9 de Xinzo de Limia. En 2011, segundo o IGE, tiña 114 habitantes (60 homes e 54 mulleres).

Sarreaus, Bande, Bande

Sarreaus é un lugar da parroquia de Bande no concello ourensán de Bande na comarca da Limia. Tiña 56 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 23 eran homes e 33 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 53 habitantes (21 homes e 32 mulleres).

Sarreaus, Maceda, Maceda

Sarreaus é un lugar da parroquia de Maceda no concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 20 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 8 eran homes e 12 mulleres.

Sarreaus, Sarreaus

Santa Salvador de Sarreaus é unha parroquia do concello de Sarreaus na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 300 habitantes, deles 154 eran homes e 146 eran mulleres, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Sarreaus, Tioira, Maceda

Sarreaus é un lugar da parroquia de Tioira no concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 51 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 22 eran homes e 29 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.