Sardiñeiro, Fisterra

San Xoán de Sardiñeiro é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Fisterra. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 819 habitantes (426 mulleres e 393 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 897 habitantes.

Coordenadas: 42°56′52″N 9°14′20″O / 42.94778, -9.23889

Sardiñeiro
Sardiñeiro, Fisterra
Igrexa parroquial
ConcelloFisterra
Poboación761 hab. (2017)
Entidades de poboación9

Patrimonio

A igrexa parroquial é de estilo barroco-neoclásico. A súa construción iniciouse en 1774, sufrindo reformas e ampliacións no século XIX.

A súa planta é de salón, con muros grosos e unha soa nave. Ten tres portas de acceso á nave. A fachada actual é neoclásica, conservando do estilo barroco a moldura das ventás. A espadana foi engadida en 1900.

Carece de retablos, xa que foron destruídos nas sucesivas reformas debido ao mal estado. A ornamentación interior é escasa, destacando un crucifixo de grandes dimensións na capela maior, da escola compostelá do século XX e con claras influencias de Francisco Asorey e outros escultores galegos de principios de século.

Sobre unha ménsula está a figura de San Xoán Bautista.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Sardiñeiro, Fisterra.
Sardiñeiro, Fisterra3

Casa reitoral.

Sardiñeiro, Fisterra4

Inscrición na casa reitoral.

Praia perigosa (6139149565)

Acceso á praia do Rostro, ao norte da parroquia de Sardiñeiro.

Lugares e parroquias

Parroquias de Fisterra

Véxase tamén

Outros artigos

Ameixola

A ameixola (Mactra stultorum, Linnaeus 1758; antes Mactra corallina) é un molusco bivalvo da familia dos Máctridos (Mactridae), da orde Veneroida.

Buxán, Sardiñeiro, Fisterra

Buxán é un lugar da parroquia de Sardiñeiro, no concello coruñés de Fisterra. Segundo o IGE en 2009 tiña 55 habitantes (27 homes e 28 mulleres).

Castrexe, Sardiñeiro, Fisterra

Castrexe é un lugar da parroquia de Sardiñeiro, no concello coruñés de Fisterra. Segundo o IGE do 2009 tiña 35 habitantes (15 homes e 20 mulleres).

Castromiñán, Sardiñeiro, Fisterra

Castromiñán é un lugar da parroquia de Sardiñeiro, no concello coruñés de Fisterra. Moi preto da aldea, na costa, atópase o castro costeiro de Castromiñán.

O Sisto, Sardiñeiro, Fisterra

O Sisto é un lugar da parroquia de Sardiñeiro, no concello coruñés de Fisterra. Segundo o IGE en 2009 tiña 29 habitantes (12 homes e 17 mulleres).

Padrís, Sardiñeiro, Fisterra

Padrís é un lugar da parroquia de Sardiñeiro, no concello coruñés de Fisterra. Segundo o IGE do 2009 tiña 40 habitantes (22 homes e 18 mulleres).

Praias da provincia da Coruña

Esta é unha lista parcial das máis de 360 praias da provincia da Coruña dos concellos litorais de: Ares, Arteixo, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Corcubión, A Coruña, Dumbría, Ferrol, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Mugardos, Muros, Muxía, Noia, Oleiros, Ortigueira, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Sada e Valdoviño.

Rial, Sardiñeiro, Fisterra

Rial é un lugar da parroquia de Sardiñeiro, no concello coruñés de Fisterra. Segundo o IGE en 2009 tiña 29 habitantes (17 homes e 12 mulleres).

Sardiñeiro de Abaixo, Sardiñeiro, Fisterra

Sardiñeiro de Abaixo é un lugar da parroquia de Sardiñeiro, no concello coruñés de Fisterra. Segundo o IGE do 2009 tiña 521 habitantes (251 homes e 270 mulleres).

Sardiñeiro de Arriba, Sardiñeiro, Fisterra

Sardiñeiro de Arriba é un lugar da parroquia de Sardiñeiro, no concello coruñés de Fisterra. Segundo o IGE do 2009 tiña 59 habitantes (28 homes e 31 mulleres).

Suarriba, Sardiñeiro, Fisterra

Suarriba é un lugar da parroquia de Sardiñeiro, no concello coruñés de Fisterra na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2009 tiña 44 habitantes (22 homes e 22 mulleres).

Tomás Lijó

Tomás B. Lijó, nado en Sardiñeiro, Fisterra, no ano 1977, é un actor e humorista galego, coñecido sobre todo por formar o dúo Os da Ría xunto con Carlos G. Meixide.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.