Sardeña

Sardeña[1] (en sardo: Sardigna, en italiano: Sardegna, en catalán: Sardenya, en corso: Sardegna) é a segunda illa máis grande do mar Mediterráneo despois de Sicilia. Cunha superficie de 24.090 km², é unha das vinte rexións de Italia, posuíndo un estatuto especial de autonomía rexional.

Sardeña ademais é unha das dúas rexións cuxos habitantes foron denominados "popolo" (pobo diferenciado) polo parlamento italiano, xunto coa rexión do Véneto. A orixe do nome da illa é incerta, mais é posible que proveña dunha tribo chamada os Sardi. Foi ademais chamada Ichnusa polos fenicios e Sandalyon polos gregos, xa que a súa forma lembra unha pisada.

Sardeña
Sardegna
Sardigna
Sardenya
Bandeira de Sardeña
Escudo de Sardeña
BandeiraEscudo
Sardinia in Italy
EstadoItalia Italia
CapitalCagliari
 • Poboación158 041 (2008)
Lingua oficialItaliano e sardo.
Forma de gobernoRexión Autónoma con Estatuto especial
Presidente
Francesco Pigliaru (PD)
SuperficiePosto 3º
 • Total24.090 km²
PoboaciónPosto 11º
 • Total1.670.219 hab.
 • Densidade69 hab./km²
XentilicioSardo/a
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.it
Código ISOn/d
1 O catalán é falado na cidade de Alguer e o sardo na parte norte da illa.
Páxina Web Oficial

Xeografía

A capital da rexión de Sardeña é Cagliari, estando divida a rexión en oito provincias: Cagliari, Sassari, Nuoro, Oristán, Olbia-Tempio, Ogliastra, Carbonia-Iglesias e Medio Campidano.

Sardeña é, pola súa extensión, a segunda illa do Mediterráneo e da República Italiana, logo de Sicilia. É unha das cinco rexións da República Italiana que dispoñen dun estatuto de autonomía especial, xunto con Sicilia, Trentino-Tirol do Sur, Friúl-Venecia Xulia e o Val de Aosta.

Xeografía física

Sardinia satellite
Imaxe satélite da illa
Capotestasantateresagallura
Paisaxe granítica na Gallura

O territorio de Sardeña caracterízase por ser relativamente montañoso, estando arredor do 80% do territorio conformado xa sexa por montañas ou outeiros. Canto aos outeiros e altiplanos rochosos representan o 67,9% da superficie, algúns deles, moi característicos, son chamados giare ou gollei. As montañas son o 13,6% e están conformadas por antigas rochas niveladas por un lento e continuo proceso de erosión.

Estas montañas teñen o seu cumio máis elevado no Perdas Caprias (en italiano: Punta La Marmora), cunha altura de 1.834 m sobre o nivel do mar, no macizo do Gennargentu. Ao norte distínguense os montes de Limbara (1.362 m), o monte Rasu (1.269 m), o monte Albo (1.127 m) e o Corriasi de Oliena (1.463 m). Ao sur o monte Linas (1.236 m) e os montes do Iglesiente que posúen menos altitude a medida que se aproximan ao mar.

A zona das planicies comprende o 18,5% do territorio; a chaira máis extensa é o Campidano, que separa os relevos centro setentrionais dos montes do Iglesiente, mentres a chaira de Nurra atópase na parte noroccidental, cara á cidade de Sassari.

Os ríos teñen natureza artificial, xa que os máis importantes están contidos por diques que conforman encoros utilizados, principalmente, para irrigación dos campos. O dique do lago Omodeo é o máis grande de Italia; séguenlle os diques de Flumendosa, Coghinas e Posada. Os ríos máis importantes son o Tirso, o Flumendosa, o Coghinas, o Cedrino e o Temo. O único lago natural é o de Baratz, ao norte de Alger.

A costa se curva nos golfos de Asinara ao norte, de Orosei ao leste, de Cagliari ao sur, e de Oristano ao oeste. As costas son altas, rochosas e con pequenas enseadas que, cara ao nordés, vólvense profundas. Litorais baixos, areosos e ás veces pantanosos, atópanse nas zonas meridionais e occidentais: son os estanques costeiros, zonas húmidas moi importantes dende o punto de vista ecolóxico. A illa de Sardeña está circundada por múltiples illas e illotes entre as que se atopan Asinara, San Pietro, Sant'Antioco, Tavavola, e o arquipélago da Magdalena con Caprera.

Clima

Gusana
Vista do Gennargentu
Cagliari14
Panorámica de Cagliari

O clima mediterráneo é típico en gran parte de Sardeña, excepto nalgunhas zonas do interior marcadas por un clima máis ríxido. Ao longo da zona costeira, onde reside gran parte da poboación, teñen invernos suaves, grazas á presenza do mar, con raras nevadas e veráns calorosos e secos. No interior da illa, a baixa humidade e o forte vento permite soportar facilmente as elevadas temperaturas estivais, capaces de alcanzar normalmente os 35-40 °C. Porén, nas zonas máis próximas á costa raramente se acadan ditas temperaturas. Nas zonas internas o clima é máis ríxido. Sobre os montes do Gennargentu nos meses de inverno neva e a temperatura descende baixo cero. No verán o clima é fresco, abrigo durante as horas nocturnas e raramente caloroso durante días consecutivos.

As precipitacións resultan escasas ao longo da costa e na zona meridional cunha media inferior aos 500 mm anuais; en particular, a localidade de Capo Carbonara rexistrou o valor mínimo absoluto tanto da rexión coma de todo o territorio italiano cunha media de 266 mm anuais. Nas áreas internas da meirande parte da illa a precipitación media é de 500–800 mm, e nas proximidades dos principais relevos montañosos pódense superar os 1.000 mm anuais.

Rexións históricas

Sardeña está dividida historicamente en sub-rexións que derivan directamente, nas denominacións e nas extensións, dos distritos administrativos, xudiciais e electorais, chamados en sardo curadorias.

Algunhas denominacións xa non están en uso, namentres outras resistiron até hoxe e son aínda utilizadas de xeito habitual polos sardos. Algunhas das máis coñecidas son: Anglona, Barbagia, Barigadu, Baronie, Campidano, Logudoro, Gallura, Goceano, Mandrolisai, Marghine, Marmilla, Meilogu, Monteacuto, Montiferru, Nurra, Ogliastra, Planargia, Quirra, Romangia, Sarcidano, Sarrabus, Sulcis ou Trexenta.

Historia

Prehistoria

Colonne a tharros
Restos fenicios de Tharros
Sardinia-Saccargia1
Igrexa de estilo románico pisano
Eleonora di Arborea
Eleonora di Arborea
Cagliari Cupole
Cagliari, capital de Sardeña

A historia da Sardeña data xa de moi antigo. Por exemplo en 1979 foron datados vestixios humanos do 150.000 a.C. Na Prehistoria os habitantes da Sardeña estabelecéronse e comercializaron obsidiana, unha pedra usada na produción de bastas ferramentas, e este comercio revelou algúns contactos entres os sardos e a meirande parte do mediterráneo. Entre o Neolítico e a época do Imperio Romano, deuse a civilización nuráguica. Mesmo actualmente, 7.000 anos despois, Nuraghe sobrevive. Hai sospeitas de que a misteriosa poboación Shardana chegou á Sardeña, vindo do Mediterráneo Oriental, arredor do século 20 a.C.

Pouco se sabe sobre esta xente, cuxo nome (que probabelmente signifique Xentes do Mar) foi atopado nunhas inscricións exipcias. Segundo algúns estudos lingüísticos, este pobo partira de Sardis (Lidia) e chegou ao mar Tirreno, formando relacións con sardos e etruscos.

A partir do 1000 a.C., os mariñeiros fenicios estabeleceron varios portos na costa sarda, que introduciron a escritura na illa arredor do 600 a.C. Porén, no 509 a.C., a guerra estalou entre os nativos e os propios fenicios, que pediron axuda a Cartago, pasando finalmente a illa a formar parte do Imperio Cartaxinés. No 238 a.C., despois de ser derrotada pola República Romana durante a primeira guerra púnica, Cartago cedeu Sardeña a Roma.

Roma

Coa chegada dos romanos á illa foi desenvolvida unha rede de estradas organizada, que facilitaba o desprazamento das tropas e dos comerciantes. Esa rede serviu como base ao sistema actual de estradas. Os romanos aproveitaron abundantemente os recursos de Sardeña, que chegou a ser un celeiro do imperio debido ás súas abundantes colleitas de trigo de alta calidade. Construíronse anfiteatros, e posteriormente a relixión cristiá difundiuse en Sardeña debido á chegada de xudeus e cristiáns exiliados, disidentes do Imperio. No 227 Córsega formou parte da provincia romana de Córsega e Sardeña. Cando o imperio se debilitou, a presenza de tropas romanas comezou a declinar.

Vándalos

Entre 456 e 534, Sardeña formou parte do curto imperio dos vándalos, un pobo de orixe xermánica que migrara cara ao sur das súas terras orixinarias durante todo o século V. Este pobo, a parte das illas, conseguiu dominar o Norte de África, onde se estabeleceron tomando Cartago no ano 439. Finalmente a illa foi reconquistada por Xustiniano, emperador bizantino. Baixo dominio de Bizancio, o representante imperial gobernaba a partir de Caralis, mais ese goberno era practicamente inexistente na rexión montañosa de Barbagia, na parte oriental da illa, onde un reino bárbaro persistiu por nove séculos.

Idade Media

Comezando o Século VIII, os árabes e bérberes realizaron varios ataques á Sardeña. Especialmente logo da conquista de Sicilia en 832. Os bizantinos non foron quen de defender este territorio, o máis afastado deste Imperio, polo que o gobernador local asumiu unha autoridade independente. Para mellor defensa, dividiu a illa en catro Giudicati: Gallura, Logudoro, Arborea e Caralis. No ano 900 estes distritos tornáronse en catro monarquías constitucionais independentes, caendo por varias veces no poder de Xénova, de Pisa ou mesmo do papado.

No 1323, o Reino de Aragón comezou unha campaña para conquistar a Sardeña da man do infante Afonso, en alianza co reino, ou giudicato, de Arborea. Este reino, máis tarde, tornariase o seu inimigo e, por un tempo, gobernou case a totalidade da illa con Eleonora di Arborea, até que o último xuíz decidiu vender as terras remanentes por 100.000 florins de ouro. Os habitantes ligures nativos de Alghero, cuxa cidade foi cedida polos reis de Arborea, foi repoboada polos invasores cataláns, cuxos descendentes aínda hoxe falan catalán.

Reino de Sardeña

Artigo principal: Reino de Sardeña.

O dominio da Coroa de Aragón prolongouse até o século XVIII, mantendo na illa unha ríxida organización de tipo feudal. Mais tarde a Guerra de Sucesión española provocou que Sardeña fose ocupada por un exército anglo-holandés no 1708 e pasase no 1713 ao dominio da Austria mediante o Tratado de Utrecht. Aínda que a illa foi rapidamente recuperada no 1717 por Filipe V de España, mais ao ano seguinte este tivo que regresala tras a súa derrota fronte a Cuádrupla Alianza, formada polo Sacro Imperio Romano Xermánico, as Provincias Unidas dos Países Baixos, o Reino de Francia e o Reino da Gran Bretaña.

Finalmente no 1720, Sardeña tornouse en reino independente baixo a Casa de Savoia, os gobernadores do Piemonte. Co Reunificación de Italia, no 1860, o reino sardo pasou a formar parte da nova Italia unificada.

Actualidade

No 1948, co nacemento da República Italiana, fóiselle outorgado á Sardeña un Estatuto especial, ao igual ca outras catro rexións (Sicilia, Trentino-Tirol do Sur, Friúl-Venecia Xulia e Val de Aosta) co obxectivo de evitar separatismos.[2]

Xa que logo, a lei constitucional número 3 do 26 de febreiro de 1948 permitiu unha transferencia do poder da república á rexión. Daquela, Sardeña, xunto coas súas illas menores, constitúese nunha Rexión Autónoma. Dende ese intre a rexión organizouse en tres provincias (Cagliari, Nuoro e Sassari, e posteriormente agregaríase Oristano) e tres órganos dos poderes rexionais. O poder executivo é administrado pola Xunta Rexional, o poder lexislativo polo Consello Rexional, e finalmente, o Alto Comisario (pouco despois chamado Presidente da Xunta ou Comisión rexional), elixido polo Consello para ser o representante da rexión sarda. No 2004 o Presidente da Xunta cambiou de nome outra vez a Presidente da Rexión. Con isto, a rexión de Sardeña tenta unir a súa identidade propia, o mantemento da súa cultura e o legado da súa longa historia.

Demografía

Alghero View
Alghero, cidade ao norte da illa onde aínda se fala catalán
Mamoiada Mamuthone 1
Vestimenta típica do Entroido de Mamoiada, na Provincia de Nuoro

Cunha densidade de poboación de 69 hab./km², un pouco máis dun terzo da media estatal, Sardeña é a cuarta rexión menos poboada de Italia. A distribución da poboación é anómala en comparación coa doutras rexións italianas situadas no mar, de feito contrariamente á tendencia xeral, os asentamentos urbanos non tiveron lugar principalmente ao longo da costa, senón cara ao centro da illa. As razóns históricas para este propósito son os repetidos ataques sarracenos durante a Idade Media, que facían insegura a costa, as actividades gandeiras do interior e a natureza pantanosa das chairas costeiras, recuperada só no século XX. Con todo a situación inverteuse coa expansión do turismo de praia e hoxe tódolos principais centros urbanos sardos están situados preto das costas, mentres que o interior da illa é moi pouco poboado.

Ademais Sardeña é a rexión italiana coa máis baixa taxa de fecundidade total (1,087 nacementos por muller) e a rexión coa segunda menor taxa de natalidade. A esperanza media de vida é 81,1 anos (84,5 para as mulleres e 77,7 para os homes). É destacable que Sardeña comparte coa illa xaponesa de Okinawa a maior taxa de centenarios no mundo con 22 centenarios por cada 100.000 habitantes).

Particularidades xenéticas

Os habitantes orixinarios de Sardeña, que agora están concentrados no interior da illa debido á presión dos colonos, son unha "anomalía xenética" na rexión mediterránea occidental. Pertencen ao Haplogrupo I del cromosoma Y, que só ten unha alta frecuencia nos países escandinavos, Alemaña e a zona norte de Croacia e Bosnia.

Ademais, o haplogrupo I dos pobos indíxenas dos sardos pertence ao subtipo I1b1b, que é case exclusivo da illa. Este haplogrupo tamén ten unha distribución baixa ao redor dos Pireneos, que indican unha certa migración dos sardos e os habitantes desa zona. Con todo, o sardo está máis estreitamente relacionado subgrupo croata-bosníaco que o subtipo escandinavo. Compre destacar que na illa ten especial relevancia unha enfermidade xenética chamada talasemia.

Localidades Sardas

Dentro da Sardeña destacan principalmente as localidades que son capitais das catro provincias, é dicir, Cagliari (Casteddu), con preto de 250.000 habitantes, Sassari (Sassari), con máis de 130.000 habitantes, Nuoro (Nùgoro) e Oristano (Aristanis).

Ademais das capitais, outras vilas de importancia son Alghero (L'Alguer), Arzachena (Alzachena), Bitti (Bithi), Bonorva (Bonolva), Bosa, Cabras (Crabas), Carbonia, Castelsardo (Caltheddu), Cuglieri (Culiri), Dorgali (Durgale), Gavoi (Gaboi), Iglesias (Igresias), La Maddalena (A Maddalena), Lanusei (Lanuse), Macomer (Maccumele), Mogoro (Mogoru), Olbia (Terranoa), Oliena (Uliana), Orune, Ozieri (Othieri), Perfugas (Peifugas), Ploaghe (Piaghe, Porto Torres (Posthudorra ), Posada (Pasata), Pozzomaggiore (Puthumajore), Cartu Sant'Elena (Cartu Sant'Aleni), Sanluri (Seddori), San Teodoro (Santu Diadoru), Sant'Antioco (Sant'Antiogu), Carloforte (U Pàize), Selargius (Cedraxius), Siniscola (Thiniscole), Tempio Pausania (Tempiu), Teulada, Villacidro (Biddexirdu) ou Villaputzu (Biddeputzi).

Divisións administrativas

Até o ano 2005, Sardeña estaba dividida en catro provincias: Cagliari, Nuoro, Sassari e Oristano. En 2005, o Consello Rexional decidiu crear catro novas provincias: Carbonia-Iglesias, Medio Campidano, Ogliastra, Olbia-Tempio.

Sardinia Map
Provincias de Sardeña
Provincia Area (km²) Poboación Densidade
Provincia de Cagliari 4.570 559.416 122,4
Provincia de Carbonia-Iglesias 1.495 130.538 87,3
Provincia de Medio Campidano 1.516 103.107 68,0
Provincia de Nuoro 3.934 161.453 41,0
Provincia de Ogliastra 1.854 58.088 31,3
Provincia de Olbia-Tempio 3.399 153.886 45,2
Provincia de Oristano 3.040 167.357 55,0
Provincia de Sassari 4.282 336.374 78,5

Economía

Largo Carlo Felice
Vista de Cagliari, cidade máis poboada da illa, co porto ao fondo
Sarroch 03
Refinería de Sarroch

En xeral Sardeña ten unhas mellores condicións económicas que a meirande parte das rexións do sur de Italia. O sector primario goza aínda dunha importancia excepcional, sobre todo a cría de cabras e de ovella. A agricultura foi modernizada, sobre todo na zona chaira do Campidano, onde se cultivan verduras, cítricos, arroz, e onde se producen os famosos viños sardos.

Con todo, a pesar de ser unha illa, hai moi pouca tradición pesqueira, aínda que nas últimas épocas esá a gañar moita importancia, sobre todo na pesca do atún, exportado principalmente e Xapón. É destacable tamén a minería, restrinxida ao carbón, ao antimonio, ao ouro, ao chumbo e ao zinc. A extracción de granito representa un gran parte da industria no norte da illa. As industrias principais son químicas, produtos petroquímicos, traballo de metais, cemento, farmacéutico, estaleiros e alimentación.

Con todo, hoxe a economía sarda está enfocada cara o sector terciario, que supón o 67.8 % de emprego, co comercio, servizos, tecnoloxía da información, e sobre todo sobre o turismo, que representa a industria principal da illa con 2.721 empresas activas e 189.239 prazas hoteleiras. En 2008 rexistráronse 11.896.674 pasaxeiros nos aeroportos da illa.

Comercio

Na Sardeña, tal como en Italia, a moeda oficial é o euro, mais os sardos aínda se refiren, non oficialmente, ao su Francu (ou "su Pidzu"). 1 francu equivalía 1.000 liras italianas.

Enerxías renovables

As enerxías renovables aumentaron notablemente nos últimos anos, principalmente a enerxía eólica, favorecida polos abondosos ventos que cruzan a illa, e a enerxía solar, ademais da creación dunha central de enerxía solar térmica e de biocombustibles, sobre a base de aceite de Jatropha. Sardeña é hoxe a rexión italiana que absorbe a maior porcentaxe de gases de efecto invernadoiro por habitante.

Turismo

A illa conta con varias zonas de turismo extraordinarias, incluíndo a Costa Smeralda e Gennargentu. A illa é particularmente famosa polas súas praias, se ben goza doutros lugares interesantes.

Cultura

No-smoking-sardinian
Letreiro en lingua sarda
Launeddas Player
Músico tocando o launeddas

Linguas

Artigo principal: Lingua sarda.

As linguas máis faladas en Sardeña son o italiano e o sardo, un romance con influencias do fenicio, do etrusco e doutras linguas do oriente próximo. Aínda que estea a perder falantes (principalmente na xente nova de Cagliari, a prol do italiano), segue a ser moi falada, por mor das medidas oficiais.

Amais destas dúas, outras linguas son faladas na illa. Nas rexións do norte de Gallura e Sassari, a lingua falada é unha variante do corso. Na illa de San Pietro fálase o ligur de Xénova. En Alghero, ao norte, fálase tamén un dialecto medieval do catalán, lembrándonos que a illa foi unha colonia catalá.

Música

Sardeña é fogar dunha das máis vellas formas da polifonía vocal, coñecido comunmente como cantú a tenore, que varios músicos famosos atoparon irresistible, incluíndo a Frank Zappa, Ornette Coleman e Peter Gabriel. Este último viaxou á cidade de Bitti, na rexión montañosa central, onde gravou os agora famosos Tenores di Bitti. Outro estilo de canto polifónico, semellante ao corso paghjella coñécese como o cantu a cuncordu.

Un instrumento único dos sardos é o launeddas, que consiste en tres tubos con lingüeta sinxela, que forman parte do mesmo corpo de cana. Téñense rexistros deste instrumento en restos de até o ano 2000 a.C..

Tamén dentro das música do país salienta o cantu a chiterra (cancións de guitarra), que ten a súa orixe en prazas, cando os artistas competían entre si. Sardeña tamén produciu un notable número de músicos de jazz como Antonello Salis, Marcello Melis ou Paolo Fresu. O principal teatro de ópera da illa é o Teatro Lírico de Cagliari.

Hoxe en día a cultura sarda atópase nun bo estado de saúde, e a xente máis nova está involucrada activamente na súa propia música e danza. No ano 2004 o coñecido presentador da BBC Andy Kershaw viaxou á illa co especialista en música sardo Pablo Fabra, entrevistando a moitos artistas.

Ecosistemas

La peonia del Gennargentu
Peonia do Gennargentu, símbolo de Sardeña
La Maddalena Archipel Aerial view
Parque Nacional do Arcipelagu de sa Maddalena

Sardeña é fogar dunha gran variedade de raras ou pouco comúns razas e especies animais e vexetais. Os ecosistemas da illa están protexidos grazas ás estritas leis de protección e conservación ambiental, e grazas a un enorme plan de reforestación converteuse na rexión italiana coa maior extensión forestal, con 1.213.250 hectáreas de bosques. O Plan Rexional de Paisaxe prohibe a construción na costa, salvo nos centros urbanos, xunto aos bosques, lagos ou outros sitios culturais ou ambientais.

Parques naturais

Sardeña ten tres parques nacionais:

Ademais destes tres parques nacionais hai outros dez rexionais: Porto Conte, Molentargius - Saline, Limbara, Marghine e Goceano, Sinis - Montiferru, Monte Arci, Giara di Gesturi, Monte Linas - Oridda - Marganai, Sette Fratelli - Monte Genas e Sulcis. Tamén pódense atopar 60 reservas naturais, 5 oasis do Fondo Mundial para a Natureza e 25 monumentos naturais.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sardo.
  2. Annie CHEMLA-LAFAY, Randhir AULUCK, Céline CHOL, Brigitte COUÉ, Marie-Thérèse DELEPLACE, Brigitte DENGLER, Michel MARÉCHAL, 25 ans de réforme de la gestion publique dans les pays de l'OCDE, Convergence et systémique, Institut de la gestion publique et du développement économique, Mai 2006, p.33. (en francés)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Casa de Savoia

A Dinastía Savoia ou Casa de Savoia é unha dinastía que tradicionalmente tiña a súa orixe en Savoia, e que reinou en Italia, dende a súa fundación coma reino en 1861 despois da súa unificación ata a instauración da República Italiana no ano 1946.

Córsega

Córsega (en francés: Corse, forma oficial; en corso: Corsica) é unha illa francesa localizada no Mediterráneo. Constitúe unha rexión administrativa homónima, dividida en dous departamentos, a Alta Córsega e Córsega do Sur. Está ao sur da Francia continental, ao oeste da Italia continental e ao norte da illa de Sardeña.

Grazia Deledda

Grazia Deledda, nada en Nuoro, Sardeña o 28 de setembro de 1871, finada en Roma o 15 de agosto de 1936, foi unha escritora italiana do Verismo, gañadora do Premio Nobel de Literatura en 1926

Hilario, papa

Hilario, nado en Sardeña e finado en Roma o 29 de febreiro de 468, foi o Papa n.º 46 da Igrexa católica entre 461 a 468.

Italia

Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os Ostrogodos, os Longobardos e os Normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea, capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional, e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organización internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

Lingua corsa

O corso (corsu) é unha lingua románica, falada polo pobo corso que habita na illa de Córsega. Tamén é falado en Gallura, Sardeña (Italia). Posúe fortes similitudes co italiano e en particular con dialectos da Toscana. Constitúe unha lingua polinómica, conformada por dúas grandes variedades, a cismontana que se fala na zona nororiental de Córsega e que sufriu un forte proceso de toscanización e a ultramontana, que conserva características arcaizantes.

Segundo a clasificación da UNESCO, a lingua corsa encóntrase en perigo de extinción.

Lingua sarda

O sardo (sardu en lingua sarda) é unha lingua neolatina propia da Sardeña falada polo pobo sardo. Ata moi recentemente non contou cunha norma común ás diferentes variedades da lingua. Desde 1997 é lingua oficial, xunto co lingua italiana, da Rexión Autónoma da Sardeña, o que impulsou a elaboración dunha proposta de normativa común denominada Lingua Sarda Unificada (2001). Na LSU baséase a Lingua Sarda Común que se emprega nos documentos oficiais da Rexión Autónoma. Considérase a máis conservadora das linguas derivadas do latín.

Mar Mediterráneo

O Mediterráneo é un mar interior do Atlántico oriental, comprendido entre Europa, Asia occidental e África setentrional. Con aproximadamente 2,5 millóns de km² e 3.860 km de lonxitude, é o mar interior máis grande do mundo.O Mediterráneo está unido ao océano Atlántico polo estreito de Xibraltar ao oeste, ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo ao leste. O mar de Mármara -pero non o mar Negro- é a miúdo considerado como parte do Mediterráneo. A canle de Suez ao sueste une o Mediterráneo co mar Vermello.

É o mar coas taxas máis elevadas de hidrocarburos e contaminación do mundo.

Mar Tirreno

O mar Tirreno (/tᵻˈriːniən ˈsiː/; italiano: Mar Tirreno Modelo:IPA-it, francés: Mer Tyrrhénienne [mɛʁ tiʁenjɛn], sardo: Mare Tirrenu, corso: Mari Tirrenu, siciliano: Mari Tirrenu, napolitano: Mare Tirreno) forma parte do Mar Mediterráneo que baña o oeste da costa de Italia. É chamado así nomeado polos pobos tirrenos, identificados desde o século VI aC cos etruscos de Italia.

Pedro IV de Aragón

Pedro IV de Aragón, nado en Balaguer o 5 de setembro de 1319 e finado en Barcelona o 5 de xaneiro de 1387, alcumado o Cerimonioso (en catalán: el Cerimoniós) ou El del Punyalet ("un dos poucos con puñal"), foi rei de Aragón, rei de Sardeña e Córsega (como Pedro I), rei de Valencia (como Pedro II), e Conde de Barcelona (e no resto do Principado de Cataluña como Pedro III), de 1336 até á súa morte. Foi deposto por Xaime III de Mallorca e fíxose rei de Mallorca en 1344. O seu reinado foi estivo marcado polas tentativas de reforzar a unión da coroa de Aragón, con constantes revoltas e guerras co estranxeiro, en Sardeña, Sicilia, no Mezzogiorno, en Grecia, e nas Baleares. A súa guerra en Grecia fíxoo "Duque de Atenas e de Neopatria", en 1381.

Ponciano, papa

Ponciano (nado en Roma e falecido en Sardeña o 19 de novembro de 235) foi o 18º Papa da Igrexa católica entre 230 e 235.

Foi o primeiro pontífice da historia da Igrexa que non permaneceu na cadeira de San Pedro ata o seu falecemento, xa que renunciou o 28 de setembro de 235, data que ademais constitúe a primeira da historia papal totalmente confirmada por documentos históricos.

Procedeu a confirmar a condena que Demetrio de Alexandría lanzara sobre os textos de Oríxenes sobre a Resurrección, e ordenou o canto dos Salmos nas igrexas e a recitación do "Confiteor" antes de morrer, así como o uso do saúdo Dominus vobiscum ('O Señor estea convosco').

Ó igual que os seus antecesores, enfrontouse ó antipapa Hipólito, que mantivo o cisma que iniciara ó negarse a recoñecer a Ponciano como papa. Porén, a subida ó trono do imperio de Maximino o Tracio, que reactivou as persecucións contra os cristiáns, supuxo que tanto Ponciano como Hipólito fosen deportados ás minas de sal de Sardeña, onde lograron reconciliar as súas posturas, poñendo fin ó primeiro cisma que sufrira a Igrexa ó abdicar ambos a favor de Antero.

Pouco despois da abdicación Ponciano e Hipólito foron martirizados ó seren azoutados ata a morte, tralo que os seus corpos foron trasladados a Roma, onde foron inhumados nas catacumbas de San Calisto.

No seu tempo sitúase a lenda da virxe e mártir santa Cecilia, patroa da música. Baixo o pontificado de Ponciano, Valeriano (que se identifica como o mesmo Valeriano esposo de santa Cecilia) converteuse ó cristianismo e foi martirizado.

Provincias de Italia

As provincias de Italia, en italiano tamén provincia, é unha división administrativa intermedia entre o concello (comune) e a rexión (regione).

Unha provincia está composta por varios municipios , e normalmente varias provincias forman unha rexión, agás a rexión do Val de Aosta, que non ten ningunha provincia.

No 2004, había 102 provincias en Italia. No 2005 creáronse catro provincias novas na Sardeña, e en 2009 outras tres provincias máis, polo que existen agora 109 provincias no Estado italiano.

Reino de Italia (1861-1946)

O Reino de Italia (en italiano, Regno d'Italia) foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo estado surxido trala unificación nacional italiana (1848-1870) liderada por Víctor Manuel II que se coroou Rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Savoia, reinante ata ese momento no estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana.

Dende 1922 ata 1943 denominase Italia fascista, xa que é a época do goberno do Partido Nacional Fascista entre 1922 e 1943 con Benito Mussolini como xefe de goberno. Precisamente a súa participación na segunda guerra mundial levouno á súa desaparición, despois de celebrarse un referendo en 1946 no que o sistema republicano saliu gañador debido ao descontento civil e ao desprestixio de este durante a guerra. Finalmente o 2 de xuño de 1946 proclamase a República Italiana, a forma de estado que ten Italia hoxe en día.

Baixo a soberanía do Reino de Italia constituiuse un imperio colonial que comprendía amplos dominios en África oriental, en Libia e o Mediterráneo, e tamén en Tianjin, en China (neste caso de maneira compartida con outras nacións europeas e cos Estados Unidos e Xapón).

Reino de Sardeña

O Reino da Sardeña foi un estado que existiu na illa da Sardeña de 1297 a 1861. Tivo inicio formalmente en Roma –na antiga Basílica de San Pedro– en 4 de abril de 1297, cando o Papa Bonifacio VIII, para resolver a disputa entre os condes de Anjou e a coroa de Aragón, investiu o rei de Aragón como jus invadendi sobre a Sardeña e a Córsega. O Reino da Sardeña e Córsega foi o precursor do reino de Italia. Durante a dinastía Savoia conseguiuse a reunificación italiana baixo a súa coroa arredor de 1860. O 17 de marzo de 1861 o Reino de Sardeña integrábase no Reino de Italia.

Sicilia

Sicilia (en siciliano: Sicìlia) é unha rexión autónoma de Italia. É máis grande de tódalas rexións da República e ademais a illa máis grande do mar Mediterráneo con 25.711 quilómetros cadrados. Xunto con Sardeña, a illa está clasificada oficialmente como unha rexión da Italia Insular.

Aínda que hoxe Sicilia é unha rexión de Italia, a illa foi unha cidade-estado de propio dereito, que dende Palermo, como Reino de Sicilia, chegou a dominar toda illa, o sur de Italia e Malta. Con todo, coa unificación italiana de 1860 Sicilia converteuse nunha rexión autónoma do Reino de Italia.

Sicilia ten a súa propia cultura, especialmente con respecto ás artes, a cociña e a arquitectura. Ademais a illa posúe o seu propio idioma, o siciliano, de orixe latina. A economía siciliana baséase principalmente na agricultura (principalmente os hortos de laranxa e limón) e no turismo.

Subdivisións de Italia

Italia ten tres divisións administrativas de carácter recursivo, de maior a menor nivel. O primeiro nivel é o das rexións ou regioni (20 en total), que á súa vez se subdividen en provincias ou province (109, incluíndo as provincias autónomas de Trento e Bolzán), á parte do Val de Aosta, que queda como unha rexión autónoma. As provincias divídense en 8.101 concellos, ou comuni, e estes poden albergar entidades menores chamados frazioni.

Símaco, papa

Símaco, nado en Sardeña cara ó ano 450 e falecido en Roma o 19 de xullo de 514, foi o 51º papa da Igrexa católica entre 498 e 514.

Turín

Turín (en italiano: Torino, en piemontés: Turin) é unha cidade do norte de Italia, capital da rexión do Piemonte, situada na beira do río Po e rodeada polos Alpes. Como residencia oficial da Casa de Savoia, foi a antiga capital do Ducado de Savoia entre 1562 e 1718, posteriormente capital de facto do Reino de Sardeña entre 1720 e 1861, finalmente foi a primeira capital de Italia entre 1861 e 1865. Cunha poboación de 909.205 habitantes (2009), na actualidade Turín é un importante centro cultural, industrial e comercial.

Xoán II de Aragón

Xoán II de Aragón, o Grande, nado en Medina del Campo, Castela o 29 de xuño de 1398 e finado en Barcelona o 20 de xaneiro de 1479, foi duque de Peñafiel, rei de Navarra (1425 - 1479) e rei de Aragón, de Mallorca, de Valencia, de Sardeña e de Sicilia (1458 - 1479), fillo de Fernando I de Antequera e de Leonor Urraca de Castela, condes de Alburquerque. Xoán II foi un dos monarcas máis lonxevos do século XV.

Rexións de Italia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.