Sapo

Os verdadeiros sapos, e os máis coñecidos polo común da xente, son os membros da familia dos bufónidos (Bufonidae) da clase dos anfibios, orde dos anuros (Anura), de distribución cosmopolita, con dúas especies ibéricas presentes en Galicia, e caracterizadas por teren o corpo repoludo, a pel moi verrugosa, a pupila horizontal e grandes glándulas parótides.[2]

Así e todo, un número de especies pertencentes a outras familias tamén son comunmente denominados sapos. Isto é así porque as características que popularmente se utilizan para distinguir as ras dos sapos non son as mesmas que se utilizan na clasificación científica.

En realidade, son varias as familias de sapos que habitan en Galicia (e algunhas máis que viven noutras partes do mundo). Á parte da familia dos bufónidos, dos que temos dous representantes, o sapo común (Bufo bufo) e o sapo corredor ou corriqueiro (Bufo calamita), hai en Galicia outros dous representantes da familia dos discoglósidos (Discoglossidae), o sapo raxado ou pinto (Dioscoglossus galganoi) e o sapo parteiro (Alytes ostetricans), un da dos pelobátidos (Pelobatidae), o sapo de esporóns (Pelobates cultripes) e outro da dos pelodítidos (Pelodytidae), o sapiño patilongo ou de patas longas (Pelodytes punctatus).[3]

Sapo
Rango fósil: Paleoceno tardío – actualidade[1]
Bufo viridis

Bufo viridis

Canto territorial do macho de Atelopus franciscus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Suborde: Neobatrachia
Familia: Bufonidae
Gray, 1825
Distribución dos sapos (en negro)

Distribución dos sapos (en negro)
Genera
Over 35 see text
Canción do sapo común.

Características

A maioría deles vive dentro ou próximos a unha fonte de auga, aínda que existen sapos que viven en ambientes húmidos mais que non son considerados ambientes acuáticos. A necesidade de auga é mais urxente para os ovos e as crías do sapo, a pesar de que algunhas especies utilicen pozas temporalmente e agua recollida nos ramos de plantas. Os anfibios dependen da auga para a posta de ovos —pois estes non teñen casca— e para manter a pel húmida que resulta necesaria para a realización da respiración cutánea, onde o intercambio de gases faise na pel. A respiración cutánea élles necesaria pois a respiración pulmonar non é completamente eficiente.

Desenvolvemento e metamorfose

Os sapos producen unha transformación na súa etapa de desenvolvemento. Comezan a súa vida como cágados co corpo semellante a un peixe, sen patas, con aletas e respirando a través das branquias.
Durante a metamorfose, as aletas transfórmanse en patas, desaparecerá a cola e a respiración pasará a ser pulmonar.

Distribución

Existen no mundo cerca de 4.800 especies de sapos.

Son capaces de habitaren en multitude de biótopos e atópanse en calquera parte do mundo, excepto nas rexións árticas como gran parte de Siberia, norte de Canadá e Groenlandia e nas zonas desérticas máis áridas coma o deserto do Sáhara; tampouco se atopan en Australia, Nova Zelandia, Madagascar, e parte do Océano Índico.

Diferenza entre os sapos e as ras

Os sapos distínguense das ras polo porte: son de maior tamaño, mais voluminosos e repoludos, coas patas posteriores máis ben curtas, movementos torpes e cores discretas e a pel seca, áspera e verrugosa; xeralmente viven en ambientes máis secos e teñen as membranas interdixitais pouco desenvolvidas. As ras, pola contra, son máis esveltas, teñen a pel máis lisa, as patas traseiras máis longas, polo que poden dar grandes saltos, e as membranas interdixitais máis desenvolvidas, o que indica os seus hábitos máis acuáticos.[4]

Clasificación

A familia dos bufónidos foi creada por John Edward Gray (1800-1875) en 1825.
Segundo Amphibian Species of the World (ASW)[5] os seus xéneros son os seguintes:

Lista de xéneros

  • Adenomus Cope, 1861.
  • Altiphrynoides Dubois, 1987.
  • Andinophryne Hoogmoed, 1985.
  • Ansonia Stoliczka, 1870.
  • Atelophryniscus McCranie, Wilson et Williams, 1989.
  • Atelopus Duméril et Bibron, 1841.
  • Bufo Laurenti, 1768.
  • Bufoides Pillai et Yazdani, 1973.
  • Capensibufo Grandison, 1980.
  • Churamiti Channing et Stanley, 2002.
  • Crepidophryne Cope, 1889.
  • Dendrophryniscus Jiménez de la Espada, 1871.
  • Didynamipus Andersson, 1903.
  • Frostius Cannatella, 1986.
  • Laurentophryne Tihen, 1960.
  • Leptophryne Fitzinger, 1843.
  • Melanophryniscus Gallardo, 1961.
  • Mertensophryne Tihen, 1960.
  • Metaphryniscus Señaris, Ayarzagüena et Gorzula, 1994.
  • Nectophryne Buchholz et Peters In Peters, 1875.
  • Nectophrynoides Noble, 1926.
  • Nimbaphrynoides Dubois, 1987.
  • Oreophrynella Boulenger, 1895.
  • Osornophryne Ruiz-Carranza et Hernández-Camacho, 1976.
  • Parapelophryne Fei, Ye et Jiang, 2003.
  • Pedostibes Günther, 1876.
  • Pelophryne Barbour, 1938.
  • Pseudobufo Tschudi, 1838.
  • Rhamphophryne Trueb, 1971.
  • Schismaderma Smith, 1849.
  • Spinophrynoides Dubois, 1987.
  • Stephopaedes Channing, 1979.
  • Truebella Graybeal et Cannatella, 1995.
  • Werneria Poche, 1903.
  • Wolterstorffina Mertens, 1939.

Galería de imaxes

Bufo bufo 03

Bufo bufo

Sapo cunqueiro

Sapo cunqueiro

Sapo Barraña Boiro Xullo 2006 1

Sapo en Barraña, Boiro, Galicia

Bufo bufo couple during migration(2005)

Sapos no camiño para desovar

Notas

  1. Zweifel, Richard G. (1998). Cogger, H.G. & Zweifel, R.G., ed. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. pp. 91–92. ISBN 0-12-178560-2.
  2. Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, p. 142.
  3. Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, p. 141-142.
  4. Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, pp. 141 e 177.
  5. ASW

Véxase tamén

Bibliografía

  • Andrada, Javier (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2.
  • Arnold. E. N. e J. A. Burton (1878): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8.
  • Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-772-6.
  • Zweifel, R. G. (1998), in Cogger, H. G. & Zweifel, R. G.: Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-178560-2.

Outros artigos

Ligazóns externas

A Ponte do Sapo, Mezonzo, Vilasantar

A Ponte do Sapo é un lugar deshabitado da parroquia de Mezonzo, no concello coruñés de Vilasantar, na comarca de Betanzos.

Aleta

Denomínase aleta a cada un dos membros ou apéndices externos que posúen os peixes e, por extensión, os mamíferos mariños, aínda que nestes últimos as aletas posúen unha orixe e estrutura moi diferentes. As aletas cumpren unha función locomotora e estabilizadora, se ben nalgúns casos sofren notables modificacións para adaptarse a funcións particulares dalgunhas especies.

Anuro

Os anuros (Anura do grego antigo ἀ(ν-) a(n-) (negación) e οὐρά ourá 'cola') son unha orde de anfibios, coñecidos vulgarmente como ras e sapos. Caracterízanse por carecer de cola, por presentar un corpo curto e moi ensanchado, e unhas patas posteriores moi desenvolvidas e adaptadas para o salto. Os anuros son o grupo máis numeroso de anfibios; estímase que existen más de 5.000 especies, repartidas en 48 familias. A maioría pasa a súa vida dentro ou preto da auga. O seu tamaño pode variar dende uns escasos 8,5 milímetros, como é o caso das especies do xénero Eleutherodactylus, ata tallas que superan os 30 centímetros, destacando a Conraua goliath, o anuro máis grande do mundo.

Cazás, Xermade

Cazás é unha parroquia que pertence o concello de Xermade, limita coa parroquia de Codesido, Distriz, Belesar (tódalas tres do concello de Vilalba) e O Buriz (concello de Guitiriz). Segundo o IGE en 2011 tiña 304 habitantes (155 homes e 149 mulleres).

En Cazás localízanse os seguintes barrios e lugares: O Aruxo, O Barreiro, O Campo, O Capeirón, A Carballosa, Os Carpizos, A Casanova do Campo, A Casavella, O Castelo, A Castiñeira, O Castro da Igrexa, Covillón, Escoriscada, Fonteboa, A Fraga, Freán, A Golpilleira, Landoi, O Lugar Vello, Marmoiral, Mede, Mediafariña, O Pazo, A Pedra do Val, Pedras Pardas, As Pedreiras, A Pena, A Pena de Arca, Pepín, Preanes, O Rego do Corzo, O Rego do Sapo, Rosende, As Rozas Vedras, San Xurxo, O Seixo, O Seo e A Silvela.

Natural desta parroquia é o historiador Ramón Villares.

Fungato

O Lycoperdon perlatum é un cogomelo coñecido como fungato e tamén chamado fungón, fungo de sapo, bufo de vella. É un tipo de cogomelo dos chamados peidos de lobo, fungos da familia das licoperdáceas de corpo frucífero globoso, abrancazados por fóra ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurar se transforma nun po pardo formado polas esporas

O Rego do Sapo, Pígara, Guitiriz

O Rego do Sapo é un lugar da parroquia de Pígara no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Tiña 3 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 2 homes e 1 muller, o que non supón ningún cambio con relación ao ano 2000.

Ollo de sapo

O ollo de sapo é unha formación xeolóxica de 600 km de longo, que vai desde a costa central cantábrica galega ata o sistema central ibérico, e que xordiu durante a elevación da pre-meseta ibérica do Cámbrico-Ordovícico. Esta formación componse de rochas volcánicas graníticas e félsicas que metamorfizaron en diferentes graos. Destaca nelas unha proporción elevada de zirconita e abundan máis en superficie no núcleo do anticlinorio, que vai da Estaca de Bares a Seabra.O a primeira descrición do ollo de sapo fíxoa Hernández Sampelayo en 1922. Parga Pondal describiuno con detalle e deulle o nome polos piroclastos de cuarzo azulados que abundan nos porfiroides, e que son característicos desta formación.

Peido de lobo

Os peidos de lobo, tamén coñecidos coma fungos de sapo e bufos de vella son nomes comúns de varios fungos (basidomicetos) da familia das licoperdáceas de corpo frutífero globoso, abrancazados por fóra e que poden chegar aos 24 cm de diámetro, ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurecer se transforma nun po pardo formado polas esporas.

En inglés coñécense co nome de puffball. Inclúen os xéneros Calvatia, Calbovista e mais Lycoperdon. Todas os falsos peidos de lobo son tóxicos, ademais de xotos e de gusto amargo. Cómpre evitar o xénero Scleroderma, que ten unha gleba purpúrea.

Peixe sapo

O peixe sapo é un peixe do xénero Lophius moi apreciado en gastronomía.

Polo seu contido en graxa é un peixe dos denominados brancos, xa que para chamarse azuis deberán posuír máis dun 5% de materia graxa na súa composición e o peixe sapo, incluíndo a súa pel, ten un 4,5%, o que o situaría en semi-branco e sen ela, non chega ao 2%.

Ra

Ra é o nome galego para designar os anfibios anuros de varias familias, especialmente dos ránidos (Ranidae) e, máis especificamente, os membros do xénero Rana.

Para a xente non moi versada en herpetoloxía, todos os anuros de pel máis ou menos lisa, que dan grandes saltos e viven preto da auga, son ras, mentres que os de pel rugosa, corpo máis repoludo, movementos máis torpes, de hábitos máis terrestres, son sapos. Porén, de seguirmos no criterio filoxenético, veremos que a ra de Santo Antón ou rela (Hyla arborea), está moito máis emparentada co sapo común (Bufo bufo) que coa ra verde (Rana perezi).Porque para o común da xente a palabra sapo suxire un animal feo, de cor discreta, desagradábel, torpe e nocivo. O escaso interese que suscitan e a tradicional aversión do mundo rural por eles, propicia o descoñecemento das diferenzas entre especies, e todas son chamadas vulgarmente "sapos". En realidade, todas as especies de sapos que habitan en Galicia caracterízanse polo seu aspecto repoludo, coas patas traseiras curtas e a pel verrugosa en maior ou menor grao, a maioría de costumes nocturnos e bastante independentes da auga. Pero non hai que esquecer que todas as especies galegas de sapos non son velenosas, e que noutras partes do mundo, hai "ras velenosas" (tamén "sapos velenosos"), e que hai sapos de cores rechamantes.

Reprodúcense por ovos, dos que nacen os cágados. O cágado (tamén chamado cabezolo, cabezudo, cagote, cagulo, cullarapo, cullareto, culler, ou relo) é a larva dos anfibios, especialmente dos anuros como ras e sapos, que despois dunha metamorfose convértese en anfibio adulto. Xeralmente son larvas acuáticas, aínda que tamén hai algunhas terrestres.

En todo o mundo existen unhas 4 800 especies de ras. A maioría pasa a súa vida dentro ou cerca da agua. O seu tamaño é variábel. Entre as máis pequenas ras encontramos o coquí (Eleutherodactylus coqui), de Puerto Rico, mentres que a maior é a Conraua goliath de Camerún e Guinea Ecuatorial).

Sapo común

O sapo común (Bufo bufo) é un anuro moi habitual en toda clase de hábitats europeos, sobre todo naqueles con certo grao de contaminación, como balsas de rega, estanques etc. Distribúese por toda Europa agás Irlanda e algunhas illas mediterráneas. É un dos anuros máis coñecidos, dada a súa distribución e requirimentos ecolóxicos laxos.

Un feito curioso que poucos coñecen é a capacidade dos sapos de atraer presas movendo un dos dedos das súas patas traseiras coma se dunha miñoca se tratase.

Sapo raxado

O sapo raxado ou sapo pinto (Discoglossus galganoi) é unha especie de Ranidae que vive na Península Ibérica. Atópase ameazada de extinción pola perda do seu hábitat natural.

Serra Segundeira

A serra Segundeira é unha serra galega localizada en gran parte na provincia de Zamora mais tamén na zona do Alto do Torno, situado 1.944 metros de altitude, no límite coa Serra do Eixo. Así mesmo, ao sur, está o Pico de Aguallal, con 1.644 m.s.n.m., no concello da Mezquita. Está conformada por granitos e gneis "ollo de sapo".

Serra da Faladoira

A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousas negras xuntos con gneis "ollos de sapo", xistos cristalinos e areíscas das cales sobresaen cristas de granito e cuarcitas.

Conserva algunhas carballeiras mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto.

O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Loba

A serra da Loba é unha serra galega localizada dentro da cordilleira dorsal galega. Fai fronteira entre as provincias de Lugo e da Coruña, a partir da depresión das Pontes de García Rodríguez até os nacentes dos ríos Mandeo e Labrada, que ao tempo a separan da cordal de Montouto.

Está conformada por rocha granítica de dúas micas, gneis "ollo de sapo", xistos migmáticos e granito intrusivo.

O punto de maior altitude é a pena Verde, con 709 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Pena

A serra da Pena é unha das serras do sur de Galiza, localizada no extremo meridional do concello de Calvos de Randín. Ten unha grande área de migmatitas e algúns gneis "ollo de sapo", unha intrusión de granito de dúas micas e diques de aplita e pegmatita.

Na vexetación destacan os bosques de cerquiños así como os bidueiros, salgueiros, acivros, castiñeiros ou escambróns. Forma parte do espazo declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais "Baixa Limia-Serra do Xurés".

O punto de maior altitude é o Alto do Candal, con 1.424 metros sobre o nivel do mar.

The Princess and the Frog

The Princess and the Frog (en galego: A Princesa e o Sapo) é un filme estadounidense dirixido por Ron Clements e John Musker. Está baseado na novela de E. D. Baker The Frog Princess.

Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

Vilasantar

Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.