Santorini

Santorini (grego Σαντορίνη), ou Santorino, é unha illa volcánica localizada no mar Exeo, preto de 200 km ao sueste da cidade de Atenas, Grecia nas coordenadas aproximadas de 36.40° N e 25.40° E. Para alén da illa principal, Santorini ten nas as súas proximidades diversos illotes, formando un grupo case circular de illas, vestixio da grande erupción que esnaquizou a illa. O grupo de illas é tamén coñecido por Thira or Thera (Θηρα). Santorini sitúase no extremo sur do grupo das Cíclades, tendo unha área total de aproximadamente 73 km². En 2001 tiña unha poboación de 13.600 habitantes. A illa debe o seu nome a Santa Irene, nome polo cal os venecianos a denominaban. Era anteriormente coñecida por Kallisti, Strongili ou Thera, nome que aínda hoxe ostenta en grego.

Santorini é o volcán máis activo do denominado Arco Exeo, estando constituído por unha gran caldeira submersa, rodeada polos restos dos seus flancos. A forma actual da illa débese en gran parte á erupción que aproximadamente 3.500 anos atrás destruíu o seu territorio. Aquela erupción, de enorme proporcións, creou a actual caldeira e produciu depósitos piroclásticos con algunhas centenas de metros de espesura que recubriron todo o que restou da illa e aínda atinxiron grandes áreas do Exeo e dos territorios veciños.

O impacto daquela erupción fíxose sentir en todo o mundo, mais con particular intensidade na bacía do mar Mediterráneo. A erupción parece estar ligada ao colapso da civilización Minoica, na illa de Creta, sita só 70 km ao sur.

Santorini
Σαντορίνη
FIRA-SANTORIN
Vista panorámica de Thera (Santorini), de Imerovigli até Fira, desde o transbordador que fai a unión inter-illas
GR Thira
Localización da illa
Situación
PaísGrecia Grecia
ArquipélagoCícladas
MarMar Mediterráneo
Coordenadas36°25.2′N 25°25.9′L / 36.4200, -25.4317Coordenadas: 36°25.2′N 25°25.9′L / 36.4200, -25.4317
Xeografía
Superficie73 km²
Punto máis alto567 m. Monte Elias
Demografía
CapitalFira
Poboación13.402 (2001)
Lingua propiaGrego

Época minoica

A comezos do século XX, o arqueólogo británico Arthur Evans chegou a Creta e comezou a escavar nun asentamento nun outeiro chamado Κnossos. Nel descubriu ruínas elaboradas que estimou que pertencían ao imperio minoico. Os minoicos posuían uns coñecementos de enxeñaría como non se volverían a ver en varios séculos. Evans desenterrou un magnífico trono de pedra que atopou no centro dun complexo palacial de 4.000 anos de antigüidade. Este palacio tiña catro andares, máis de 1.300 cuartos e estaba conectado por miles de pasadizos. No resto da illa non existían grandes arquitecturas de ningún tipo e os edificios coñecidos eran de pallabarro e tiñan un máximo de catro pezas. Ademais, o sistema de condución da auga carretaba tanto auga quente como fría, a primeira procedente de fontes xeotérmicas, así como cloacas. Todo isto precedía a enxeñaría grega e romana en máis de 1.000 anos.

A conexión coa Atlántida

Debido a estes avances na arquitectura e a tecnoloxía, pénsase que a civilización minoica puido ser a que dese orixe ao mito da Atlántida referido por Platón. A isto súmaselle na actualidade a evidencia sísmica e vulcanolóxica, dado que a civilización minoica desapareceu repentinamente, no cumio da súa riqueza e poder, como tamén sinala Platón. Pénsase que varios tsunamis asolagaron a illa de Creta arredor do 1500 a.C. procedentes da illa de Santorini (coñecida na altura como Thera), da que só dista 100 millas.

Santorini posúe unha enorme caldeira volcánica que arrodea unha illa no seu centro. Pénsase que esta illa foi vítima da erupción volcánica máis poderosa da historia, que proxectou 30 Km³ de magma até unha altura de 36 km.

En 1966, o arqueólogo James Maber Jr. descubriu unha cidade antiga no perímetro da illa. A vila estaba bastante intacta, como Pompeia, recuberta de cinza. De feito, a totalidade da illa de Santorini está cuberta por depósitos volcánicos procedentes dunha única erupción que se estende máis de 30 m. Por baixo dela, os arqueólogos teñen descuberto máis vivendas con cañerías sofisticadas e sistemas avanzados como os de Knossos.

A illa-cidade de Atlantis describíase como unha serie de círculos concéntricos de terra e auga, conectado cada un deles co mar a través dun canal profundo. Tamén se describen peiraos para numerosas naves e unha calzada para descargar as mercadorías. Os frescos atopados mostran algo que se lle parece e mostran tamén unha cidade grande na illa.

Platón indica que a fonte do mito de Atlantis é Exipto, por medio de Solón. Os exipcios chamaban a Atlantis "Kepchu", o mesmo que a Creta. Especúlase coa posibilidade de que algúns sobreviventes do desastre volcánico minoico pedisen axuda a Exipto, xa que se trataba da outra única civilización avanzada na altura.

A Akrotiri minoica

Artigo principal: Akrotiri, Santorini.

O arqueólogo Spyridon Marinatos levou a cabo escavacións no lugar de Akrotiri a partir de 1967. Grazas a elas, Thera é o sitio da cultura minoica mellor coñecido fora de Creta, que sería a patria desta civilización. A illa non se chamaba Thera naquela altura. Só se ten desenterrado o extremo sur dunha cidade grande, a cal ten revelado complexos de edificios de varios andares, rúas e prazas, con restos de paredes de até 8 m. de altura, todo iso soterrado na cinza solidificada. O sitio non era un complexo palacial como os cretense, mais a calidade da súa fábrica e as exquisitas pinturas murais mostran que tampouco era un simple punto de encontro de mercadores. Atopouso un obradoiro téxtil, o que suxire que se puideron elaborar pezas de roupa para exportar.

Saffron gatherersSantorini-3
Os recolledores de azafrán.

Atopáronse escaleiras intactas en moitas casas e xarras para a almacenaxe (pithoi), muíños de man e cerámica. Os restos arqueolóxicos máis importantes atopados en Akrotiri son os frescos, que teñen mantidas as súas cores orixinais moi ben, conservadas baixo moitos metros de cinza volcánica. Estes frescos carecen do contido mitolóxico tan repetido na decoración grega e cristiá. Un mostra homes recollendo azafrán, que lle ofrecen estigmas desta planta a unha dama, talvez unha divindade. Noutra casa apareceu dous antílopes pintados cunha liña confiada, decorativa e caligráfica; outro fresco famoso é o dun pescador con dous fíos con peixes, e outro é unha frotiña de embarcacións de recreo acompañadas por touliñas, nas que unhas damas pasean baixo antucas.

As canles para a auga corrente e as casas de baño atopadas en Thera son as obras deste tipo máis antigas coñecidas. As canles circulan en sistemas xemelgos, o que indica que os seus habitantes dispuñan tanto de auga fría como quente. A auga quente era probabelmente de orixe xeotérmica, dada a proximidade do volcán.

A estrutura que protexía as ruínas cedeu en setembro de 2005, matando un turista e ferindo outros sete, polo que o sitio permanece fechado na actualidade.

Datación

Os restos máis antigos de ocupación humana son do Neolítico Superior (IV Milenio), ou mesmo anteriores. Porén, a comezos do II Milenio, Akrotiri tornouse nun dos portos máis importantes do Mar Exeo da Idade de Bronce. Téñense atopados obxectos procedentes non só de Creta, mais tamén da Anatolia, Chipre, Siria, Exipto, o Dodecaneso e Grecia.

A erupción minoica fornece un punto fixo a partir do cal se pode tentar fixar toda a cronoloxía do II Milenio no Exeo. Hai rastros da erupción en toda a rexión e o propio sitio contén material procedente doutras culturas. A erupción produciuse durante o período Minoico Posterior IA en Creta e o Cicládico Posterior I nas illas circundantes.

Descoñécese, porén, a data exacta da erupción. A dendrocronoloxía recente e a datación por radiocarbono indica que tivo lugar entre os anos 1650 e 1600 a.C. Porén, estas datas non coinciden co rango de datas obtido a partir dos restos arqueolóxicos, que suxire os anos 1550 a 1500 a.C.

Algúns estudosos pensan que as datas do radiocarbono están mal; outros propoñen recalibrar as cronoloxías arqueolóxicas coas datas do radiocarbono; outros tentan procurar un compromiso entre as dúas series de datación. Modificar as datas da arqueoloxía suporía, especialmente, modificar a cronoloxía convencional Exipcia.

A erupción volcánica antiga

Artigo principal: Erupción minoica.

A devastadora erupción volcánica de Thera tornouse no acontecemento máis famoso do Axeo antes da caída de Troia. A erupción puido ter ocasionado unha mudanza climática na rexión oriental do Mediterráneo. Foi unha das maiores erupcións volcánicas no planeta nos últimos miles de anos.

Efectos físicos

010607-0930-17 - Nea Kameni - Krater
Cráteres volcánicos en Santorini na actualidade.
Santorini Landsat
Imaxe do LANDSAT de Santorini.

A erupción estivo centrada nunha pequena illa xusto ao norte da illa actual de Nea Kameni, no centro da caldeira. Esta caldeira formouse hai varios centos de miles de anos co colapso do centro dunha illa circular causada polo baleirado da cámara magmática durante unha erupción. Reencheuse varias veces con ignimbrita desde entón nun proceso repetido, a última vez hai 21.000 anos. A parte norte da caldeira reencheuna o volcán e desfíxose de novo durante a erupción minoica. Antes desta, a caldeira constituía un anel case continuo cunha única entrada entre a diminuta illa de Aspronisi e Thera. A erupción destruíu seccións do anel entre Aspronisi e Therasia e entre Therasia e Thera, creando dous novos canais.

En Santorini hai un depósito de tefra branca expulsada durante a erupción. Chega aos 60 metros de espesor a partir do nivel da terra anterior á erupción. Esta camada divídese en tres faixas ben distintas que indican diferentes fases da erupción. A erupción expulsou máis de 60 km³ de magma á atmosfera. Só a erupción do monte Tambora en 1815 (e talvez a do lago Taupo en 181) enviaron máis material á atmosfera nos últimos 5.000 anos.

Santorini grega, bizantina e otomά

Santorini non foi ocupada durante o resto da Idade de Bronce, época durante a que os gregos se apoderaron de Creta.

En Knossos, nun contexto do Minoico Posterior IIIA (século XIV a.C.) varios textos en lineal B que invocan a "todos os deuses", danlle primacía a unha entidade non coñecida noutro sitio chamada qe-ra-si-ja e, unha vez, qe-ra-si-jo. Se as terminacións -ia[s] e -ios representan un sufixo étnico, poderían significar "O de Qeraos". Se se aspira, *Qhera- resultaría "Thera-" en grego. "Therasia" e o seu xentilicio "Therasios" son ben coñecidos no grego posterior; e, dado que -sos era un sufixo xenitivo na koiné do Exeo, *Qerasos poderíase abreviar en *Qera. Para outros, qe-ra-si-ja e qe-ra-si-jo serían proba de androxinia, e trataríase do vidente lendario Tiresias.

Nos séculos posteriores á catástrofe, os fenicios fundaron unha colonia en Thera.

No século IX a.C. os dorios fundaron a cidade helénica principal de Mesa Vouno, a 396 m sobre o nivel do mar. Máis tarde dirían que lle deron o nome á illa polo seu líder, Theras. Deixaron moitas inscricións en pedra, na proximidade do templo de Apolo. Pénsase que estas inscricións teñen unha natureza ritual debido ao seu grande tamaño, deseño coidadoso e, nalgún caso, execución por artesáns distintos dos autores. Para algún autor son simplemente pornográficas.

Segundo Heródoto, após unha seca que durou sete anos, Thera enviou colonos a fundar cidades no norte de África, incluída Cirene.

No século V a.C., a Thera doria non se uniu á Liga de Delos encabezada por Atenas. Durante a Guerra do Peloponeso aliñouse coa tamén doria Esparta contra Atenas. Os atenienses apoderáronse da illa durante a guerra, mais perdérona após a Batalla de Aegospotami.

Como o resto dos territorios gregos, Thera pasou a ser gobernada polos romanos e fixo parte da parte oriental do Imperio Romano cando este se dividiu e tornouse no Imperio Bizantino.

Durante as Cruzadas, os francoss asentáronse nela. No século XIII, os venecianos anexionárona ao Ducado de Naxos e mudáronlle o nome para Santorini, isto é "Santa Irene".

Santorini pasou a mans do Imperio Otomán en 1579.

Santorini moderna

Santorini caldera panorama
Vista panorámica da caldeira de Santorini vista desde Imerovigli.

Santorini foi anexionada por Grecia en 1912. Os asentamentos máis importantes inclúen Fira, Oia, Emporio, Kamari, Imerovigli, Pyrgos e Therasia.

Akrotiri é un centro arqueolóxico moi importante con ruínas da época minoica. A illa carece de ríos e a auga é escasa. Até comezos do século XX, os seus habitantes costumaban encher cisternas de auga de choiva que caía nos seus tellados e patios e abastecerse de pequenos mananciais, así como importar auga doutras partes de Grecia. Na actualidade existe unha planta desanilizadora que fornece de auga corrente, aínda que non potábel, á maioría das casas.

A industria principal é o turismo e a illa énchese de xente no verán. As canteiras de pedra pómez fecháronse en 1986 para conservar a caldeira de Santorini.

En Santorini tamén se cultiva o viño, procedente da variedade de uva local Assyrtiko. As vides son moi vellas e resistentes á filoxera, polo que non as houbo que substituír cando a grande epidemia de filoxera de comezos do século XX. Debido á sequidade e aridez da terra, as uvas só producen entre un 10 e un 20% do que é común nas grandes zonas viñateiras do mundo.

En 1707 un volcán submarino, formando o centro actual de actividade de Nea Kameni, e as erupcións centradas nel continúan - tres veces no século XX, a última en 1950. Santorini tamén se viu afectada por un terremoto devastador en 1956. Témese que, nalgún momento no futuro, o volcán entrará de novo en erupción violenta.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aeroporto de Atenas-Eleftherios Venizelos

O aeroporto de Atenas-Eleftherios Venizelos (IATA: ATH, ICAO: LGAV) é o principal aeroporto internacional da cidade de Atenas e da rexión de Ática. É o aeroporto máis concorrido de Grecia e serve de centro de conexións e base principal para Aegean Airlines ademais de outras aeroliñas gregas. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 20 017 530 pasaxeiros, sendo o 28º aeroporto máis concorrido de Europa.

Aeroporto de Boloña-Guglielmo Marconi

O aeroporto de Boloña-Guglielmo Marconi (IATA: BLQ, ICAO: LIPE) é un aeroporto internacional que serve á cidade italiana de Boloña. Atópase a uns 6 km ao noroeste do centro da cidade, na rexión de Emilia-Romaña, a uns 200 km ao sueste de Milán. O aeroporto foi chamado na honra do enxeñeiro eléctrico nacido en Boloña Guglielmo Marconi. Con 7 680 992 pasaxeiros en 2016 é o sétimo aeroporto máis concorrido de Italia.

Aeroporto de Bucarest-Henri Coandă

O aeroporto internacional de Bucarest-Henri Coandă (IATA: OTP, ICAO: LROP) é o aeroporto máis concorrido de Romanía. Está situado en Otopeni, a 16,5 km ao norte do centro da cidade de Bucarest. É un dos dous aeroportos que serven á capital de Romanía. O outro é o aeroporto Aurel Vlaicu, que xa non ten voos regulares de pasaxeiros.

O aeroporto foi bautizado na honra do pioneiro da aviación romanés Henri Coandă, construtor do avión Coandă-1910 e descubridor do efecto Coandă dos fluídos. Antes de maio de 2004 o seu nome oficial era aeroporto internacional de Bucarest Otopeni.

O aeroporto internacional Henri Coandă serve como sede a TAROM, a aeroliña nacional de Romanía. Tamén serve como base de operacións para as aeroliñas de baixo custo Blue Air, Ryanair e Wizz Air.

Aeroporto de Estocolmo-Arlanda

O aeroporto de Estocolmo-Arlanda (IATA: ARN, ICAO: ESSA) é un aeroporto internacional situado no concello sueco de Sigtuna, preto da cidade de Märsta, a 37 quilómetros ao norte de Estocolmo e a preto de 40 ao sueste de Uppsala. O aeroporto está localizado dentro do condado de Estocolmo e da provincia de Uppland. É o máis grande de Suecia e o terceiro maior dos países nórdicos. O aeroporto é a principal porta de entrada internacional por aire para a meirande parte do país. Arlanda foi usado por preto de 25 millóns de pasaxeiros no ano 2016, con 19,4 millóns de pasaxeiros internacionais e 5,3 domésticos.O aeroporto de Arlanda é o máis grande dos dous que ten Estocolmo. O outro, Bromma, está situado ao noroeste do centro da cidade, pero só pode ser usado por avións máis pequenos. Os aeroportos de Nyköping e Vasterås están situados ao redor dos 100 quilómetros da capital. Arlanda funciona como un gran centro de conexións para Nextjet, Norwegian e Scandinavian Airlines.

Aeroporto de Londres-Gatwick

O Aeroporto de Londres–Gatwick (IATA: LGW, OACI: EGKK) é un aeroporto internacional situado a 5 km do centro de Crawley, no condado de West Sussex, e a 47,5 km do centro de Londres. Trátase do segundo aeroporto máis grande de Londres e o segundo máis ocupado (por tráfico aéreo) do Reino Unido (logo de Heathrow). Gatwick é o principal aeroporto europeo para os voos de punto-a-punto e ten a pista dun só uso máis activa do mundo, cun máximo de 55 movementos de aeronaves por hora. As súas dúas terminais (Norte e Sur) ocupan unha superficie de 98 000 m² e 16 000 m² respectivamente. En 2013, 35,4 millóns de pasaxeiros pasaron polo aeroporto.

Aeroporto de Manchester

O aeroporto de Manchester (IATA: MAN, ICAO: EGCC) é un aeroporto internacional inglés en Ringway, situado a 13,9 km ao sueste do centro da cidade de Manchester. No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido do Reino Unido en número de pasaxeiros. As súas instalacións están formadas por tres terminais de pasaxeiros e unha de carga e é o único aeroporto británico xunto con Heathrow con dúas pistas de máis de 3 000 metros. O aeroporto de Manchester cobre unha área de 560 hectáreas e ten voos a 199 destinos, sendo o 13º a nivel mundial por destinos servidos.Inaugurouse oficialmente o 25 de xuño de 1938 e foi inicialmente coñecido como aeroporto de Ringway. Na segunda guerra mundial coñeceuse como RAF Ringway e foi usado como base da Royal Air Force. Polas súas instalacións pasaron 25 637 054 pasaxeiros en 2016, e ten capacidade para 50 000 000 anuais. Esa cifra potencial está limitada polas restricións que só lle permiten 61 movementos de avións por hora. Desenvolvementos futuros inclúen a construción da Manchester Airport City, un espazo loxístico, de fábricas, oficinas e áreas de lecer ao lado do aeroporto, ademais de melloras no transporte.

Aeroporto de Milán-Linate

O aeroporto de Milán-Linate (IATA: LIN, ICAO: LIML) é o aeroporto internacional secundario de Milán, a segunda cidade máis grande de Italia. No ano 2015 pasaron polas súas instalacións 9 689 635 e é usado como base por Alitalia e Alitalia CityLiner.

Aeroporto de Milán-Malpensa

O aeroporto de Milán-Malpensa (IATA: MXP, ICAO: LIMC), antigamente aeroporto cidade de Busto Arsizio, é o aeroporto internacional máis grande da área metropolitana de Milán, no norte de Italia. Serve aos 15 millóns de habitantes de Lombardía, Piemonte e Liguria, ademais dos que vivén na rexión suíza do cantón de Ticino. O aeroporto está situado a 49 km ao noroeste do centro de Milán, próximo ao río Ticino, que divide Lombardía e Piemonte. Ten dúas terminais e dúas pistas de aterraxe ademais dunha terminal dedicada á carga.

No ano 2016 pasaron por Malpensa 19 320 546 pasaxeiros e foi o 29º aeroporto máis concorrido de Europa en termo de viaxeiros. Ata 2008 Malpensa foi un centro de conexións principal para a aeroliña nacional Alitalia. Malpensa é o segundo aeroporto italiano con máis tráfico internacional, despois de Roma-Fiumicino, e é o máis concorrido en termos de carga. Polas súas instalacións pasan 500 000 toneladas de carga anualmente.

O primeiro aeroporto industrial foi aberto en 1909 preto de Cascina Malpensa, unha vella granxa, por Giovanni Agusta e Gianni Caproni para probar os seus prototipos de avións. Ese aeroporto foi aberto para operacións civís en 1948 durante o período de reconstrución tras a guerra co obxectivo de servir á área norte de Milán.

Aeroporto de Nápoles-Capodichino

O aeroporto de Nápoles-Capodichino (IATA: NAP, ICAO: LIRN) é un aeroporto internacional que serve á cidade italiana de Nápoles. Atópase a 5,9 km ao norte da cidade, no distrito de Capodichino. O aeroporto ten dúas terminais, a Terminal 1 usada para voos regulares, e a Terminal 2 afastada do aeródromo usada para operacións chárter.

Nápoles, cunha poboación metropolitana de case tres millóns de persoas é a área metropolitana máis grande de Europa que non ten un centro de conexións dunha aeroliña no seu aeroporto.

Aeroporto de Roma-Fiumicino

O aeroporto de Roma-Fiumicino, chamado oficialmente aeroporto internacional Leonardo da Vinci, (IATA: FCO, ICAO: LIRF) é un aeroporto internacional en Roma e o principal aeroporto de Italia. É un dos máis concorridos de Europa en número de pasaxeiros, con 41,7 millóns no ano 2016. Está situado en Fiumicino, a 35 km ao oeste do centro histórico de Roma.

O aeroporto serve como principal centro de conexións de Alitalia, a aeroliña italiana máis grande, e tamén é un centro de conexións de Vueling. En número de pasaxeiros é o oitavo aeroporto máis concorrido de Europa e no ano 2015 situouse no posto 36 de todo o mundo.

Aeroporto de Santorini (Thira)

O aeroporto internacional de Santorini (Thira) (IATA: JTR, ICAO: LGSR) é un aeroporto en Santorini/Thira, Grecia, situado ao norte da vila de Kamari. O aeroporto ten tanto un uso militar como civil. Santorini é unha das poucas illas Cícladas cun grande aeroporto. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 1 685 695 pasaxeiros.

Aeroporto de Tesalónica

O aeroporto internacional de Tesalónica "Macedonia" (IATA: SKG, ICAO: LGTS), anteriormente coñecido como aeroporto de Mikra, é un aeroporto grego situado a 13 km ao sur da Torre Branca de Tesalónica en Thermi.

É o terceiro aeroporto máis grande de Grecia despois dos de Atenas e Heraclión. Inaugurouse no ano 1930 e é o segundo aeroporto grego máis concorrido en termos de operacións e o terceiro en termos de pasaxeiros. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 6 044 129 pasaxeiros. É o principal aeroporto do norte de Grecia e serve á cidade de Tesalónica, a segunda máis grande do país, ao destino turístico de Chalkidiki e ás cidades que rodean a rexión.

Aeroporto de Verona-Villafranca

O aeroporto de Verona-Villafranca (IATA: VRN, ICAO: LIPX), tamén coñecido como aeroporto Valerio Catullo, é un aeroporto italiano situado a 10 km ao suroeste da cidade de Verona, ao lado do cruzamento entre as autoestradas A4 Milán-Venecia e A22 Módena-Brenner. Serve a unha poboación de máis de 4 millóns de habitantes nas provincias de Verona, Brescia, Mantua e Trentino-Tirol do Sur.

Aeroporto de Viena-Schwechat

O aeroporto de Viena-Schwechat (IATA: VIE, ICAO: LOWW) é o aeroporto internacional de Viena. a capital de Austria. Atópase en Schwechat, a 18 km do sueste do centro de Viena e a 57 km ao oeste de Bratislava. É o aeroporto máis grande do país e serve como centro de conexións para Austrian Airlines e como base para Eurowings. Ten capacidade para manexar avións de fuselaxe ancha ata do tamaño do Airbus A380. O aeroporto conta cunha densa rede de destinos europeos ademais de operar voos de longa distancia a Asia, Norteamérica e África. Durante o ano 2016 utilizaron o aeroporto 23,4 millóns de pasaxeiros, un 2,4% máis que no a2015.

Akrotiri, Santorini

Akrotiri é un sitio arqueolóxico da civilización minoica da Idade de Bronce na illa grega de Santorini (antigamente illa de Thera) a uns 100 km ó norte de Creta. Esta illa forma parte do arquipélago das Cíclades.

O lugar correspóndese cun asentamento que, tendo en conta os estilos das olas de barro e das pinturas murais atopadas nas escavacións, descubriuse que se remonta á civilización minoica. O sitio arqueolóxico debe ó seu nome á vila grega que se atopa nun outeiro achegado, mentres que o nome orixinal é descoñecido. As descubertas durante as escavacións, comezadas no ano 1967 por Spyridon Marinatos, chegaron á conclusión de que as pinturas murais dos seus edificios reflectían a vida real da poboación.O formidábel estado de conservación do lugar —semellante ó das ruínas romanas de Pompeia— débese ó feito de que foi cuberta polo piroclasto dunha erupción volcánica (a erupción minoica) ocorrida a metade do segundo milenio aC.

Cuarto

Un cuarto, peza ou estancia, do latín quartus, -a, -um, en arquitectura, é cada un dos espazos dunha vivenda situados entre tabiques e destinados a durmir, comer etc.

Cícladas

As Cícladas ou Cíclades, do grego Κυκλάδες, que significa "circular", é un arquipélago no sur do mar Exeo. O seu nome indica as illas que forman un círculo arredor da illa sagrada de Delos, (patria dos deuses Apolo e Ártemis), en contraposición ao resto das illas do Exeo ás que chamaron Espóradas (do grego: Σποράδες, dispersas).

Mar de Creta

O mar de Creta (grego: Κρητικό Πέλαγος, "Kritiko Pelagos") é un mar, parte do Mar Exeo, situado na súa extremidade sur. O mar esténdese ao norte da illa de Creta, ao leste das illas de Citerea e Antikythira, ao sur das Cícladas e ao oeste das illas do Dodecaneso de Rodas, Karpathos e Kasos. O mar contiguo cara ao oeste é o Mar Xónico. Ao Noroeste está o Mar de Myrtoan, unha subdivisión do Mar Mediterráneo que se atopa entre as Cícladas e Peloponeso. Ao Leste-SE é o resto do Mar Mediterráneo, ás veces acreditado como o mar Levantino. Ao outro lado da illa de Creta, ná beira oposta comenza o mar Mar de Libia. As rutas de transbordador cara a e desde O Pireo e Heraklion, así como ás illas do Exeo e o Dodecaneso do Sur, pasan por esta área. Xusto ao longo da costa nordés de Creta, o mar alcanza unha profundidade máxima próxima aos 3.294 m. [Cómpre referencia] Outras fontes (mapas) mostran unha profundidade máxima de 2.591 m..

Nea Kameni

Néa Kaméni, en grego Νέα Καμένη, é unha pequena illa volcánica deshabitada de Grecia situada no mar Exeo, no centro da caldeira inundada de Santorini. Constitúe a parte activa do volcán que deu nacemento ás illas actuais do arquipélago de Santorini.

Nea Kameni e o veciño illote de Palea (ou Palia) Kameni (a nova e vella illas queimadas) formáronse nos últimos dous milenios polas repetidas erupcións de lava dacita e cinzas. O historiador romano Cassius Dio rexistrou no ano 47 dC "Este ano, un pequeno illote, ata agora descoñecido, apareceu preto da illa de Thera (Santorini)." as principais erupcións nos últimos 300 anos tiveron lugar en 1707-1712, 1866-1870 (fusionouse co illote de Mikri Kaméni), 1925-1928, e 1939-1941. A última erupción, pequena, sucedeu en 1950 e involucrou a extrusión da cúpula de lava.Nea Kameni é case redonda e ten unha diámetro de aproximadamente 2 quilómetros e unha superficie de 3´4 km². Nea Kameni é monitoreada de cerca polos científicos do Instituto para o Estudo e Seguimiento do volcán de Santorini (ISMOSAV) e é un sitio científico protexido. A illa ten moitas chemineas activas de xofre, así como unha alfombra de herbas vermellas suculentas no delgado chan no verán.

A illa, case estéril, é visitada diariamente por decenas de embarcacións de turistas durante todo o verán. Os visitantes soben un camiño de grava para chegar á cima dos 130 metros de altura do cráter, onde é posible completar un circuíto completo da coroa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.