Santo patrón

Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o santo patrón ou simplemente patrón é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...[1]

El Apóstol Santiago a caballo o Santiago Matamoros, de Francisco Camilo (Museo del Prado)
Santiago o Maior (representado como Santiago Matamouros), patrón de Galiza e de varias parroquias galegas.

A veneración cara aos santos: os santos patróns

Brooklyn Museum - Saint Joseph and the Christ Child - overall
San Xosé é o santo patrón dos carpinteiros, enxeñeiros, e traballadores.

O Concilio Vaticano II expresou o vínculo de veneración cara aos santos cuxos carismas os facían recomendables á devoción e imitación dos fieis.

En España (mais sobre todo na Galiza) a maior parte das localidades teñen un patrón e unha patroa, en cuxa honra se celebran as festas maiores da localidade. Os patróns son santos ou advocacións de Cristo e as patroas santas ou advocacións da Virxe.

En Galiza adoita ser moi importante, xa que as festas maiores honran o patrón. Por exemplo, en San Lourenzo de Belesar as festas patronais honran a San Lourenzo.

Algúns patróns

La última comunión de san José de Calasanz
San Xosé de Calasanz é o santo patrón dos mestres e profesores.
Declaráronse ademais patróns de enfermos cunha doenza específica, a santos que, polo xeral, experimentaron a mesma doenza, ou unha similar en canto ás súas implicacións sociais.
Virgen del Carmen Cuzqueña
A Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros.
  • enfermos de artroses - Santo Afonso María de Ligorio ;
  • enfermos de cancro - Santos Ezequiel Moreno e Peregrino Laziosi;
  • enfermos de cancro de ósos - Santa Trega;
  • enfermos de lepra - San Damián de Veuster;
San Blas
San Brais, santo patrón de moitas parroquias galegas, tamén o é dos enfermos de gorxa.
07 Alberto Magno
San Alberte Magno é o santo patrono dos químicos.
San-cristobal
San Cristovo, patrón dos condutores.

Notas

  1. Surhone, Lambert M; Tennoe, Mariam T; Henssonow, Susan F (2010). Patron Saint (en inglés). Saarbrücken (Alemaña): VDM Verlag Dr. Mueller AG & Co. ISBN 978-6-1345-8375-6. Consultado o 7 de abril de 2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Santos e patróns", Edicións Palabra, Michael O'Nell, ISBN 84-8239-897-0.

Ligazóns externas

14 de febreiro

O 14 de febreiro é o 45º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 320 días para finalizar o ano, 321 nos anos bisestos.

17 de marzo

O 17 de marzo é o 76º día do ano do calendario gregoriano e o 77º nos anos bisestos. Quedan 289 días para finalizar o ano.

Amoroce, Amoroce, Celanova

Amoroce é unha aldea da parroquia de Santiago de Amoroce, no concello ourensán de Celanova, na comarca da Terra de Celanova. Tiña 12 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 6 homes e 6 eran mulleres.

Este lugar situase a 1,6 quilómetros da capital do concello.

Esta aldea, xunto coa outras doce da parroquia (Barreiros, Carballeira, Casal, Casbasco, Casiña, Goterre, A Granxa, Mociños, Outeiro, Quintairos, Rial e Sampli), depende do concello e arciprestado celanovés, e da diocese de Ourense. A súa poboación total ronda os 50 habitantes, sendo a de toda a parroquia dunhas 300 persoas.

É un claro exemplo de dispersión xeográfica minifundista, formada por varias aldeas que teñen á parroquia como vínculo de unión, coa súa igrexa, Santo patrón, camposanto, festas etc..

Aquí impartiu docencia primaria o escritor, pedagogo e poeta ourensán Albino Núñez Domínguez, mestre moi querido entre os veciños das distintas aldeas que formaban a parroquia de Santiago de Amoroce.

Anolaima

Anolaima é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia do Tequendama, a 71 km de Bogotá. Considérase a capital froiteira de Colombia.

Bieito de Nursia

Bieito de Nursia, nado en Nursia no 480 e finado en Monte Cassino no 547, foi un monxe, fundador do monacato occidental. Na actualidade é o Santo Patrón de Europa. A súa festividade celébrase o 11 de xullo.

Borneiro, Cabana de Bergantiños

San Xoán de Borneiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2018 tiña 332 habitantes (163 homes e 169 mulleres), 138 menos que no padrón municipal de 2004 cando tiña 470 habitantes (242 homes e 228 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación. En 1999 tiña 514 habitantes.

Casa de les Punxes

A Casa de les Punxes ou Casa Terrades é un edificio deseñado polo arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch. Encóntrase situada na Avinguda Diagonal da cidade de Barcelona (Cataluña).

Día dos Namorados

O Día dos namorados é unha celebración que ten lugar na maioría dos países o 14 de febreiro coincidindo co día de San Valentín. Este médico convertido en sacerdote na Roma do século III é o santo patrón dos namorados.

Estacio, bispo de Bizancio

Estacio o Apóstolo foi o Bispo de Bizancio entre os anos 38 a 54. Disque, tivo estreito contacto con André o Apóstolo e Paulo de Tarso.

Eusebio de Cesarea cita a Oríxenes mencionando que André predicara na Asia Menor e en Escitia, ao longo de Mar Negro e en lugares tan afastados como o Volga e Kiev, converténdose xa que logo no santo patrón de Romanía e Rusia. Segundo a Tradición, el fundou a diocese de Bizancio no ano 38, instalando a Estacio como bispo (o único bispado existente naquela zona era o que estaba situado en Heraclea). Esta diocese máis tarde converteríase no Patriarcado de Constantinopla, tendo ao Apóstolo André como o seu Santo Patrón.

Non queda claro se Estacio é a mesma persoa a quen Paulo chama "querido" na Epístola aos Romanos (Rom. 16:9).

A súa festividade celébrase o día 31 de outubro.

Felipe de Marichalar y Borbón

Felipe Juan Froilán de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, nado en Madrid o 17 de xullo de 1998, é o fillo máis vello da infanta Elena, duquesa de Lugo, e Jaime de Marichalar. Felipe é cuarto na liña de sucesión ao trono español, logo da súa nai e por diante da súa irmá menor, Victoria Federica.

Foi nomeado Filipe polo seu tío o Príncipe de Asturias, Xoán polo seu bisavó o Conde de Barcelona; Froilán por ser o santo patrón de Lugo (a súa nai é a duquesa de Lugo), e Todos os Santos como é costume entre os Borbóns. Os seus padriños foron o seu avó, Xoán Carlos I e a súa avoa, María da Concepción Sáenz de Tejada e Fernández de Boadilla, condesa viúva de Ripalda.

A pesar de que xeralmente se lle coñece pola prensa como Froilán, na familia é chamado Felipe. Como fillo dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.

Estivo estudando nun internado no Condado de Sussex, Reino Unido, para perfeccionar o seu dominio do inglés, sendo o primeiro dos netos do rei que o fai.

Firgas

Firgas é un concello español pertencente á provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado no norte da illa de Gran Canaria. Coñécese tamén como "o balcón do Atlántico" polas súas vistas sobre devandito océano e de todo o norte, leste e oeste da illa.

Fundouse en 1488 e politicamente está gobernado polo Partido Popular.

Igrexa vella de Delft

Igrexa vella de Delft (en neerlandés: Oude Kerk) é o nome como se coñece a antiga igrexa gótica dos Países Baixos do século XIII situada no centro da cidade de Delft, na Holanda Meridional. O edificio, construído ao pé da canle Oude Delft, foi declarado monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument) en 1967.Orixinalmente denominouse igrexa de Santo Hipólito e posteriormente pasou a coñecerse como igrexa de San Bertomeu, a partir de mediados do século XIII, para conmemorar o nome do santo patrón do seu fundador, Bartholomeus van der Made.

Patricio de Irlanda

San Patricio, nado co nome de Maewyin Succat en Old Kilpatrick (Dumbarton, Escocia) cara ao 387 e finado en Saul (Condado de Down, Irlanda do Norte) un 17 de marzo cara ao 460 ou cara ao 492, foi un misioneiro cristián, é venerado como santo pola Igrexa católica.

Patricio é venerado non só como apóstolo, senón como santo patrón, da Irlanda. É festexado por toda a comunidade católica irlandesa no mundo o 17 de marzo, data da súa morte.

Romaría

A palabra romaría ou romaxe vén de romeiro, os peregrinos con rumbo a Roma.

Trátase nas súas orixes dunha celebración católica que consiste nunha viaxe ou peregrinación a un santuario ou ermida, ben estea consagrada a unha Virxe ou un santo patrón do lugar, situada normalmente nunha paraxe campestre ou de montaña. Por extensión, na actualidade, o termo romaría emprégase decote co valor simplificado de festa.

Roque de Montpellier

Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.

Percorreu a península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Luís XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.

O santoral da Igrexa Católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo que era nomeado Santo patrón da localidade.

Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.

Saa, A Pobra do Brollón

Santa María de Saa é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2007 tiña 151 habitantes (212 en 1991) agrupados en 13 entidades de poboación, cunha densidade de 4,99 hab./km².

Linda ó norte coas parroquias de Ferreiros e Trascastro; ó sur coa Pobra do Brollón e Lamaigrexa; ó leste con Vilamor e Parada dos Montes e, ó oeste con Castrosante.

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

Scuderia Ambrosiana

A Scuderia Ambrosiana foi un equipo italiano que competiu no Campionato Mundial de Fórmula 1 en 1950 e 1951 con coches Maserati e en 1954 con Ferrari, e previamente nas carreiras de Grand Prix, onde gañou a Targa Florio en 1951, terminou segundo en 1937 e 1939 e foi terceiro en 1938. O equipo foi fundado por Giovanni Lurani, Luigi Villoresi, Franco Cortese e Eugenio Minetti e foi chamado así polo Santo patrón de Milán, San Ambrosio. Os coches do equipo estaban pintados en azul e negro, as cores do F.C. Internazionale Milano.

Tunes

Tunes (en grafía árabe تونس ; en francés Tunis) é a principal cidade da Tunisia. Capital ininterrompida do país desde o 20 de setembro de 1159 (5 de ramadán de 554, consonte ao calendario musulmán), por decisión dos almohades, status que confirmou a dinastía dos Hafsidas en 1228. É así mesmo a capital da gobernación do mesmo nome, creada en 1956.

O santo patrón, islámico, de Tunes é Sidi Mahrez que dá o seu nome a unha mesquita da cidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.