Santo Antoniño, Perdecanai, Barro

Santo Antoniño é unha vila da parroquia de Perdecanai, no concello pontevedrés de Barro. En 2016 tiña 482 habitantes, 371 máis ca en 2006.

Neste lugar está a casa consistorial do municipio de Barro. Está atravesado pola estrada N-550 de norte a sur.

Fito Santo Antoniño
Fito da estrada N-550.

Coordenadas: 42°31′27″N 08°38′18″O / 42.52417, -8.63833

Santo Antoniño
San Antoniño.Barro.Galiza 2
Capela de Santo Antoniño.
ParroquiaPerdecanai
ConcelloBarro
Poboación482 hab. (2016)

Lugares e parroquias

Fito (sinal)

Un fito é un sinal de tráfico situado á beira dunha vía de comunicación (estrada, vía férrea ou camiño) para indicar lugares e distancias. Indica a nomenclatura da vía e máis a distancia desde o inicio da mesma, ou o lugar que se atravesa.

Teñen a súa orixe nos miliarios, columnas xeralmente de granito situadas nas vías romanas. Na idade moderna usáronse tamén leguarios (situados cada legua). Os fitos actuais adoitan ser de metal e están instalados cada quilómetro, cun máis destacado cada dez quilómetros.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.