Santiso

Santiso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide.

Coordenadas: 42°51′N 8°3′O / 42.850, -8.050

Santiso
Escudo de Santiso
Casa do Concello de Santiso
Casa do Concello de Santiso.
Situacion Santiso
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Terra de Melide
Poboación1.610 hab. (2018)
Área67,4 km²
Densidade23,89 hab./km²
Entidades de poboación17 parroquias
Capital do concelloArcediago
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Adán López (BNG)
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Santiso
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes93,54%
Na rede
santiso.org
correo@santiso.dicoruna.es

Demografía

Segundo o IGE no 2014 tiña 1.742 habitantes (1.980 no 2009, 2.116 no 2006, 2.160 no 2005, 2.212 no 2004, 2.249 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «santisés».

Censo total 2014 1.742 habitantes
Menores de 15 anos 100 (5.74 %)
Entre 15 e 64 anos 990 (56.83 %)
Maiores de 65 anos 652 (37.43 %)
Evolución da poboación de Santiso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.173 4.787 4.831 2.892 2.212 1.980 1.838 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Santiso limita ao norte con Melide, ao leste con Palas de Rei (provincia de Lugo, ao sur con Agolada e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra) e ao oeste con Arzúa (provincia da Coruña).

Está bañado polo río Ulla e polo seu principal afluente, o río Furelos, ademais dos regatos de Braña, Beseña e Boente.

Economía

Destaca o sector primario. Na gandeiría prima o gando vacún, e ten bastante importancia a industria forestal.

Sendeirismo

Santiso conta cunha ruta homologada de sendeirismo, o PR-G 125 "Sendeiro de Visantoña". É circular, duns 14 km, sendo accesible tamén para percorrela en bicicleta ou a cabalo. O punto de inicio é en Visantoña.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Santiso.
Encoro de Portodemouro. Concellos de Santiso e Vila de Cruces. Río Ulla 20

Encoro de Portodemouros. Á dereita Loño, Vila de Cruces; á esquerda, Santiso

Encoro de Portodemouro. Concellos de Santiso e Vila de Cruces. Río Ulla 22

Encoro de Portodemouros. Ó fondo, Santiso

Detalle cruceiro, igrexa de Vimianzo, Santiso, A Coruña

Detalle do cruceiro da igrexa de Vimianzo.

Lugares de Santiso

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santiso vexa: Lugares de Santiso.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Comarca da Terra de Melide

A comarca da Terra de Melide é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Melide. Pertencen a esta comarca os concellos de Melide, Santiso, Sobrado e Toques.

Illa da Altura

A Illa da Altura é unha illa de terra a dentro, pois formouse co encoro de Portodemouros no río Ulla.

Situada na parroquia de Beigondo do concello de Santiso, na Coruña, ten unha extensión de 58,14 hectáreas, sendo unha das máis grandes da Galicia interior.

Está rodeada toda ela por o río Iso, e ten unha altura sobre a cota máxima do encoro de 81 m, sendo a súa elevación máxima con respecto ao mar de 325 m.

Está dedicada a monte e, cando o nivel da auga baixa, convértese nunha península.

Liña Ribadeo - Vilaoudriz

A liña Ribadeo - Vilaoudriz foi unha liña de ferrocarril de vía estreita que discorría polo val do río Eo e a ría de Ribadeo levando material e persoas das minas de ferro de Vilaoudriz dende a actual Pontenova até o porto de Ribadeo. Promovida inicialmente pola Sociedad Minera de Villaodriz, ao cabo serviu tamén para o transporte de pasaxeiros. Tiña un percorrido de 33,867 km, e estivo activa entre 1903 e 1965.

Maceda

Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Allariz - Maceda e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 2.924 habitantes (3.262 en 2004, 3.307 en 2003).

Méixome, Lalín

Santiago de Méixome é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 131 habitantes (73 mulleres e 58 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 146 habitantes. Pertence ao arciprestado do Deza e á diocese de Lugo.

Noceda, Lalín

Santa María de Noceda é unha parroquia do concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Linda coas parroquias de Madriñán, Prado, Santiso e co concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 275 habitantes (139 homes e 136 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999, cando tiña 346 habitantes.

Localízase sobre un lugar con terras húmidas (está bañada polas augas do río Deza, o regueiro da Santa Lucía, e o de Faquintas), con agros, carballeiras, e terras de cultivo. A súa altura máxima é de 440 metros.

O nome da parroquia levouno durante moito tempo a Banda de música de Noceda.

Santiso, Antas de Ulla

Santalla de Santiso é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 38 habitantes (22 mulleres e 16 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 32 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 26 habitantes, sendo 10 homes e 16 mulleres.

Santiso, Lalín

San Román de Santiso é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 256 habitantes (128 mulleres e 128 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 290 habitantes.

Santiso foi a primeira parroquia do concello de Lalín en realizar a concentración parcelaria en 1989 e na que naceron o último alcalde republicano de Lalín, Xesús Golmar, e o actor e director Juan Orol.

Santiso, Maceda

Santa María de Santiso é unha parroquia do concello de Maceda. No ano 2008 tiña 36 habitantes.

Santiso de Abres

Santiso de Abres (en castelán e oficialmente San Tirso de Abres e en eonaviego San Tiso d'Abres) é un concello da Comunidade autónoma do Principado de Asturias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «santiseiro».

O municipio limita polo norte, o sur e polo oeste coa Provincia de Lugo (concellos de Trabada na zona norte e da Pontenova na zona sur) e polo leste con Taramundi e A Veiga, ambos do Principado. É o concello máis occidental do Principado.

Ten unha extensión de 31,51 km² e 590 habitantes (2006), densidade 18,72 hab/km². É atravesado de oeste a leste polo río Eo, a súa maior altitude é o Pico Xunqueira de 664 metros.

Santiso de Vuiturón, Muxía

Santiso de Vuiturón é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 59 habitantes (33 mulleres e 26 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 73 habitantes, e 1999 cando tiña 83 habitantes.

Sello, Lalín

Santiago de Sello é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo IGE, en 2008 tiña 336 habitantes (171 mulleres e 165 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 363 habitantes.

Limita coas parroquias de Filgueira, Erbo, Bermés, Goiás, Palmou e Santiso. A altitude máxima é de 560 metros. Dista 4 quilómetros da vila de Lalín, capital do concello. O seu código postal é 36517.

Serra do Careón

A serra do Careón é unha serra e espazo natural declarada como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue as concas dos río Furelos e Seco ata que chegan ao río Tambre polo sur. Así é que a maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten parte na áreas próximas da comarca da Ulloa e de Lugo: en Friol e Palas de Rei.Como así o recoñece o Instituto Xeolóxico e Mineiro, este espazo destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide, e catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide. Destacan tamén a súas extensas áreas de matogueiras, como nas Gándaras de Melide.

Taramundi

Taramundi é un concello de Asturias. Limita ao norte con Santiso de Abres e A Veiga, ao leste con Vilanova de Ozcos e A Veiga, ao sur con Santalla de Ozcos e A Fonsagrada e ao oeste coa Pontenova. O concello cobre unha superficie de 82 km² e contaba cun total 840 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 10,2 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

O concello é coñecido pola fabricación artesanal de navallas e coitelos.

Vila de Cruces

Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).

Vilanova de Santiso, Malpica de Bergantiños

Santirso de Vilanova de Santiso é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 441 habitantes (221 homes e 220 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 580 habitantes.

Vilarraso, Aranga

San Lourenzo de Vilarraso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 442 habitantes (220 homes e 222 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Sobrado, sendo a única parroquia do concello neste arciprestado.

Vilela, Rodeiro

Santa María de Vilela é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 91 habitantes (52 homes e 39 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 150 habitantes.

Nesta parroquia naceu o sacerdote Xosé Moreiras Santiso.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.