Santiaguiño

O santiaguiño[3] (Scyllarus arctus, Linnaeus 1758) é un crustáceo decápodo mariño, da familia Scyllaridae, do grupo das lagostas.

Santiaguiño
Scyllarus arctus 2 by Line1

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante [1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Familia: Scyllaridae
Xénero: Scyllarus
Especie: S. arctus
Nome binomial
Scyllarus arctus
(Linnaeus, 1758[2]
Sinonimia
  • Arctus arctus De Haan, 1849
  • Arctus crenulatus Bouvier, 1905
  • Arctus ursus Dana, 1852
  • Astacus arctus Pennant, 1777
  • Cancer Arctus Linnaeus, 1758
  • Cancer (Astacus) ursus minor Herbst, 1793
  • Chrysoma mediterraneum Risso, 1827
  • Nisto asper Sarato, 1885
  • Phyllosoma mediterraneum Hope, 1851
  • Phyllosoma sarniense Lukis, 1835
  • Phyllosoma parthenopaeum Costa, 1840
  • Scyllarus tridentatus Leach, 1814
  • Scyllarus cicada Risso, 1816
  • Scyllarus (Arctus) crenulatus Bouvier, 1915
  • Yalomus depressus Rafinesque MS in Holthuis, 1985

Descrición

Mide entre 5 e 14 cm. Presenta cefalotórax e abdome, aquel de forma rectangular e cuberto de numerosos tubérculos e escamas formando debuxos irregulares, entre os que destaca, no centro, unha agrupación que lembra a imaxe da cruz de Santiago, á que debe o nome; este deseño apréciase máis claramente trala cocción. A cor é parda escura pero coa punta dos tubérculos brancuxa. Ten os ollos encaixados no bordo anterior do cacho e unhas anténulas con flaxelos moi curtos.

Son características da especie a presenza dun par de antenas anchas e planas, con forma de pa. O animal usa estas antenas para escavar e remove-las piedras ou a area para alimentarse, xa que é basicamente preeiro. Aínda así, tamén come moluscos e pequenos invertebrados.

O abdome, longo e groso, presenta unha serie de segmentos formados por placas duras tamén cubertas de tubérculos irregulares. Poden apreciarse bandas de cor azul pálido ou alaranxado. O telson mostra unha primeira metade calcificada, sendo o resto membranoso[4].

As patas torácicas son curtas e rematan nunha uña. Nas femias, o último par de patas remata nunhas pequenas pinzas.

Hábitat

Vive en fondos de rocha ou pedras, entre os 3 e os 50 m de profundidade. A súa área de distribución abarca boa parte do litoral atlántico europeo, desde as Illas Británicas ata os Azores, e mailo mar Mediterráneo.

Pesca

Péscase con nasas e con redes de arrastre.

Trátase dunha especie en franca regresión, practicamente desaparecida do mar e case ausente nos mercados desde hai anos. Captúrase esporadicamente nas nasas que se calan para outros crustáceos. En Galicia existe un Plan de explotación ditado no 2001 que limita as épocas de captura a xullo e agosto, coa pretensión de recupera-la especie.

O santiaguiño ten sona de marisco saboroso e moi apreciado, o que non impediu o seguinte comentario despectivo de Álvaro Cunqueiro:

Outras denominacións

Ademais da variante fonética santiaghiño, María do Carmo Ríos Panisse recolleu para este crustáceo os seguintes sinónimos:

Tamén recolleu as formas jaima e jamba, en Muxía, e Jaimito en Sardiñeiro.

Notas

  1. M. Butler, A. MacDiarmid, R. Wahle, A. Cockcroft & T. Y. Chan (2009). "Scyllarus arctus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o August 25, 2011.
  2. "Scyllarus arctus – small European locust lobster". SeaLifeBase. November 7, 2008.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para santiaguiño.
  4. Chámase telson a peza na que remata o abdome de moitos artrópodos. No caso dos crustáceos macruros, é a peza central, impar, dese abano caudal que utilizan para nadar. As outras pezas, en número de 4, que forman ese abano chámanse uropodios.
  5. Nas Figueiras, xa en Asturias, chámano santiago.
  6. Nome derivado da especial dureza do cacho, que require un esforzo para abrilo e comelo.

Véxase tamén

Bibliografía

  • CUNQUEIRO, Álvaro: A cociña galega. Editorial Galaxia, Vigo 1980.
  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Editorial Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 de Verba, 1977.
  • SUEIRO, Jorge Víctor: Manual del marisco. Penthalon, Madrid 1981.

Ligazóns externas

A Serra, Padrón, Padrón

A Serra é un lugar da parroquia de Padrón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar.

A Trabanca, Padrón, Padrón

A Trabanca é un lugar da parroquia de Padrón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar.

Agronovo, Padrón, Padrón

Agronovo é un lugar da parroquia de Padrón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 103 habitantes (53 homes e 50 mulleres).

Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Guizán, Mos

Santa María de Guizán é unha parroquia que se localiza no concello de Mos na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 856 habitantes (451 mulleres e 405 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 833 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 868 habitantes, sendo 410 homes e 458 mulleres.

Gumersindo Rodríguez Costas

Gumersindo Rodríguez Costas, coñecido como Santiaguiño, nado en Tui e finado en Pontevedra o 11 de agosto de 1936, foi un industrial e sindicalista galego.

Marisco

O marisco inclúe unha ampla variedade de crustáceos, moluscos e equinodermos especialmente valorados para o seu consumo. Non se trata, realmente, dun concepto biolóxico senón gastronómico, e carece de calquera validez na taxonomía.

Mos

Mos é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca de Vigo. Antigamente inscribíase na histórica Comarca da Louriña, que pese a non ter valor administrativo segue tendo presenza no imaxinario colectivo e nos medios de comunicación .

O seu xentilicio é mosense. Segundo o IGE, no ano 2014 contaba con 15.324 habitantes dos cales 7.529 son homes e 7.795 mulleres .

Ten unha superficie de 53,2 km² e unha densidade de poboación de 288,04 hab/km² repartidos en dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso.

Este concello estableceuse constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos apreciables variacións agás os diferentes cambios de capitalidade .

Nasa

Este artigo trata sobre a arte de pesca; se anda á procura da páxina dedicada á National Aeronautics and Space Administration, vexa NASA.

A nasa é unha arte de pesca na que se emprega unha armazón de forma cilíndrica ou troncocónica, de madeira ou metal, recuberta por un pano de rede, cunha boca en forma de funil pola que entra marisco ou peixes, que se deposita no mar para posteriormente recollela. Utilízase en Galiza e no Cantábrico.

As nasas somérxense prendidas dun cabo e cébanse con calquera tipo de carnada de peixe ou vísceras de animais. As nasas arríanse dúas veces ao día para retirar as posíbeis capturas. Os crustáceos máis pescados son a centola, o lumbrigante, a nécora, o santiaguiño e a lagosta. Úsase tamén para o polbo.

No Uruguai tamén se utilizan nasas para a pesca de peixes (ollomol). Teñen forma de campá con dúas bocas. Pola inferior entra a captura e pola superior retírase.

O Burgo, Pontevedra

Santiago Peregrino do Burgo é unha parroquia urbana do concello de Pontevedra. Sitúase ao norte da cidade, delimitado ao sueste co río Lérez, ao oeste coas marismas de Alba, e ao norte con Lérez.

O Santiaguiño do Monte, Padrón, Padrón

O Santiaguiño do Monte é un lugar da parroquia de Padrón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar.

Outes

Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2018 tiña 6.412 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «outés» ou «outense» .

Padrón

Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram)[Cómpre referencia], é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Sar. Segundo o INE en 2015 tiña 8.643 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».

Padrón, Padrón

Santiago de Padrón é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.094 habitantes (1.959 homes e 2.135 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 4.147 habitantes.

Pico de Meda

O Pico de Meda é a maior altura do concello de Zas, entre as parroquias de Gándara e Carreira. Ten 566 m de altitude sobre o nivel do mar. Atópase na chamada Serra de Santiaguiño, que vai dende Corcoesto ata Brandomil. Esta serra é debida a unha falla que formou o val de Soneira.[Cómpre referencia]Dende alí pódese ver toda a costa dende Fisterra ata Arteixo. Despois de chover, debido a que o ceo está limpo, e estando solleiro pódese ver A Coruña, pero moi poucas veces. Atópase .

Atopáronse varias mámoas na zona, a maioría desfeitas.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

San Pedro de Vilanova, Vedra

San Pedro de Vilanova é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2010 tiña 325 habitantes (167 mulleres e 158 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.

Santa Cruz de Ribadulla, Vedra

Santa Cruz de Ribadulla é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2010 tiña 729 habitantes (370 mulleres e 359 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 771 habitantes.

Santiaguiño, Guizán, Mos

Santiaguiño é un lugar da parroquia de Guizán, no concello pontevedrés de Mos, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2014 tiña 75 habitantes (38 homes e 37 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.