Santiago del Estero

Santiago del Estero[1][2] é unha cidade do norte da Arxentina, capital da provincia homónima. Atópase nunha vasta chaira, sobre a marxe dereita do río Dulce. A súa poboación é de 230.614 habitantes que, unidos aos da súa área metropolitana, que inclúe a cidade de La Banda, ascende a 327.974 (2001).

Aínda que non foi a primeira cidade que fundaron os españois no territoria da actual Arxentina, si é a máis antiga que logrou sobrevivir, e dela partiron numerosas expedicións que estableceron outros asentamentos.

Posúe interesantes edificios, como a Catedral, o Convento de Santo Domingo e o Museo Arqueolóxico Provincial. É sede de dúas universidades e dunha diocese católica.

Coordenadas: 27°47′S 64°16′O / -27.783, -64.267

Santiago del Estero
Escudo Ciudad de Santiago del Estero PNG
SDE Montage
Vistas da cidade.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para santiagueño.
  2. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1887. ISBN 9788482893600.
Autódromo Termas de Río Hondo

O Autódromo Internacional de Termas de Río Hondo é un autódromo localizado nas aforas da cidade de Termas de Río Hondo e á beira do Encoro de Termas de Río Hondo na Provincia de Santiago del Estero, Arxentina.

O circuíto comezouse a construír no 2007 e rematouse en maio do 2008. A construción foi executada polo goberno da provincia e valeu sobre 144 millóns de pesos arxentinos. Este autódromo recibe cada ano, as mellores competicións do país: o Turismo Carretera, o TC2000 e a Top Race.

Casares

O topónimo Casares pode referirse a:

En Galicia

Casares, lugar da parroquia de Vilaíz, no concello de Becerreá;

Casares, lugar da parroquia de Abelenda das Penas, no concello de Carballeda de Avia;

Casares, lugar da parroquia de Carballedo, no concello de Carballedo;

Casares, lugar da parroquia de Banga, no concello do Carballiño;

Casares, lugar da parroquia de Filgueira, no concello de Crecente;

Casares, lugar da parroquia de Campo, no concello do Irixo;

Casares, lugar da parroquia de Goiás, no concello de Lalín;

Casares, lugar da parroquia de Baamorto, no concello de Monforte de Lemos;

Casares, lugar da parroquia de Torés, no concello das Nogais;

Casares, lugar da parroquia do Salto, no concello de Rodeiro;

Casares, lugar da parroquia de Santalla, no concello de Samos;

Casares, lugar da parroquia de Belmil, no concello de Santiso;

Casares, lugar da parroquia de Millán, no concello de Sober;

Os Casares, lugar da parroquia de Amoeiro, no concello de Amoeiro;

Os Casares, lugar da parroquia de Vilamaior de Caldelas, no concello de Castro Caldelas;

Os Casares, lugar da parroquia de Loimil, no concello da Estrada;

Os Casares, lugar da parroquia da Cidá, no concello do Irixo;

Os Casares, lugar da parroquia de Lougares, no concello de Mondariz;

Os Casares, lugar da parroquia de Arrabaldo, no concello de Ourense;

Os Casares, lugar da parroquia de Zanfoga, no concello de Pedrafita do Cebreiro;

Os Casares, lugar da parroquia da Encomenda, no concello da Pobra de Trives;

Os Casares, lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello de Verea;

Os Casares, lugar da parroquia de Armariz, no concello de Xunqueira de Ambía;

Casares da Virxe, lugar da parroquia de Refoxos, no concello de Cortegada;

Casares de Refoxos, lugar da parroquia de Refoxos, no concello de Cortegada.En España

Casares, concello andaluz da provincia de Málaga;

Casares, localidade castelá do concello de Merindad de Cuesta Urria, na provincia de Burgos;

Casares, parroquia do concello asturiano de Quirós;

O río Casares, na provincia de León.En Arxentina

Casares, localidade da provincia de Santiago del Estero.Amais, como apelido pode referirse a:

Santiago Casares Quiroga, político galego (1884-1950).

Carlos Casares, escritor galego (1941-2002).

Chacarera

A chacarera é unha danza e música populares da provincia arxentina de Santiago del Estero. Execútase tradicionalmente con guitarra, bombo e violín, aínda que admite outras formacións instrumentais variadas. Pode haber chacareras cantadas. Son tan tradicionais tanto as cantadas en lingua castelá como en quechua santiagueño, e tamén hai versións bilingües, ou só instrumentais. Báilase en parella.

Diego de Rojas

Diego de Rojas, nado en Burgos, España no ano 1500 e finado na Provincia de Santiago del Estero en 1544, foi un explorador, adiantado e conquistador español de mediados do século XVI.

Gabriel Deck

Gabriel Alejandro Deck, nado o 8 de febreiro de 1995 en Añatuya, Santiago del Estero, é un xogador arxentino de baloncesto profesional. Xoga de ala no Real Madrid da Liga ACB. Formou parte de diversos equipos da selección arxentina en categorías formativas.

Loreto

O topónimo italiano Loreto é un fitónimo que indica un lugar poboado de loureiros. Acadou difusión polo mundo grazas á advocación mariana da Virxe de Loreto. Pode referirse a:

En Galiza

Loreto, lugar da parroquia de Noal, no concello de Porto do Son;En Arxentina

Loreto, localidade da provincia de Corrientes;

Loreto, localidade da provincia de Misiones;

Loreto, localidade da provincia de Santiago del Estero;

Departamento Loreto, división administrativa da provincia de Santiago del Estero;En Bolivia

Loreto, localidade do departamento de Beni;No Brasil

Loreto, municipio do estado de Maranhão;En Ecuador

Loreto, localidade da provincia de Orellana;

Cantón Loreto, na provincia de Orellana;En España

Loreto, localidade na provincia de Granada;En Filipinas

Loreto, municipio da provincia de Agusan del Sur;

Loreto, municipio da provincia das illas de Dinagat;En Francia

Loreto-di-Casinca, localidade do departamento de Alta Córsega;

Loreto-di-Tallano, localidade do departamento de Córcega do Sur;En Italia

Loreto, localidade da provincia de Ancona;

Loreto Aprutino, localidade da provincia de Pescara;En México

Loreto, localidade do estado de Baixa California Sur;

Loreto, localidade do estado de Jalisco;

Loreto, localidade do estado de Zacatecas;En Paraguai

Loreto, cidade do departamento de Concepción;No Perú

Departamento de Loreto, división administrativa;

Distrito Judicial de Loreto;

Provincia de Loreto, división administrativa do departamento de Loreto;Amais, o antropónimo feminino Loreto pode referirse a:

Loreto Mauleón, actriz vasca (n. 1988).

Provincia de Córdoba, Arxentina

Córdoba é unha das 23 provincias da Arxentina sitúada ó centro do país. Limita ó norte coas provincias de Catamarca e Santiago del Estero, ó leste coa provincia de Santa Fe, ó sueste coa provincia de Buenos Aires, ó sur con La Pampa e ó oeste co San Luis e La Rioja. recibe o nome da súa capital, Córdoba.

Con 165.321 km² de extensión, é a quinta provincia máis extensa do país, ocupando o 5,94 % da súa superficie total. A súa poboación é de 3.311.280 de habitantes segundo o censo nacional de 2001, co cal é a segunda provincia máis poboada da República Arxentina. O 41,9 % da poboación está concentrada na capital provincial, con 1.267.521 de habitantes, que é a segunda aglomeración urbana do país en poboación total.

Provincia de Salta

A provincia de Salta é unha das 23 provincias da Arxentina. Cobre unha extensión de 155 488 km², e posúe unha poboación de 1.215.207 habitantes (2010). A súa capital é a cidade do mesmo nome..

Está situada na Rexión do Norte Grande Arxentino no noroeste do país. Limita polo norte con Jujuy e Bolivia (Tarija), polo leste con Paraguai, Formosa e Chaco, polo sur con Santiago del Estero, Tucumán e Catamarca e polo oeste con Chile.

Provincia de Santa Fe

A provincia de Santa Fe é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 3.200.736 habitantes (2010) e a súa capital é Santa Fe.

Situada na Rexión Centro, limita polo norte coa Provincia do Chaco, polo leste coas de Corrientes e Entre Ríos, polo sur coa Provincia de Buenos Aires e polo oeste cas de Santiago del Estero e Córdoba.

Provincia de Santiago del Estero

A provincia de Santiago del Estero é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 896.461 habitantes (2010) e a súa capital é Santiago del Estero.

Situada na Rexión do Norte Grande, limita polo noroeste coa Provincia de Salta, polo norte e nordeste coa Provincia do Chaco, polo sueste coa Provincia de Santa Fe, polo sur coa Provincia de Córdoba e polo oeste coa Provincia de Catamarca e Tucumán. É, detrás de Formosa, a segunda provincia con menor desenvolvemento humano e a terceira de menor PBX por cápita do país.

San Fernando del Valle de Catamarca

San Fernando del Valle de Catamarca é a capital da provincia arxentina de Catamarca, e do departamento Capital. Trátase dun importante centro turístico e comercial, como así tamén de activa vida cultural, que se desenvolve na súa universidade, institucións e museos.Encóntrase emprazada a beiras do río de El Valle e ao pé da Serra de Ambato e da Serra de Ancasti, ten 399 km² e atópase a 550 msnm. Ten 162.601 habitantes, os que, sumados aos 40.255 habitantes dos outros departamentos do Gran San Fernando del Valle de Catamarca (Valle Viejo e Fray Mamerto Esquiú), representan arredor do 53,29 % da poboación da provincia.

San Fernando del Valle foi fundada o 5 de xullo de 1683 por Fernando de Mendoza y Mate de Luna, logo de varias fundacións nas que o pobo fora bautizado con diferentes nomes e trasladado a diferentes lugares do actual territorio da provincia de Catamarca. A localización da cidade constituía un cruzamento obrigado para as comunicacións de Santiago del Estero e San Miguel de Tucumán coa provincia da Rioxa, tratándose ademais dunha zona de terra fértil.É un centro turístico por excelencia da provincia, sendo a súa arquitectura colonial un dos seus atractivos, e serve como enlace para moitos puntos turísticos. Ademais, trátase dun importante centro relixioso. Un dos principais eventos é a peregrinación á Virxe do Val, na que centos de peregrinos chegan a San Fernando del Valle de Catamarca para visitar a Igrexa da Virxe do Val (1694), coa imaxe venerada da Nosa Señora do Val.A San Fernando pódese chegar por vía aérea, no Aeroporto Coronel Felipe Varela, situado a 15 km ao sueste da cidade, con voos regulares a Buenos Aires e A Rioxa, ou por vía terrestre en coche ou en ómnibus, na Terminal de Ómnibus de San Fernando del Valle de Catamarca.

Santiago

Santiago pode referirse á:

Santiago, antropónimo masculino, coas variantes galegas Iago, Xacobe, Xácome, Xaime, Tiago e Diego.

Santiago o Maior

Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.

O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.

Santo Domingo

Santo Domingo é a forma castelá para referirse a San Domingos. Como topónimo pode referirse a:

En Galicia

Santo Domingo, lugar da parroquia de Sanguiñedo, no concello de Dozón;En Arxentina

Santo Domingo, localidade do partido de Maipú na provincia de Bos Aires;

Santo Domingo, localidade do departamento Famatina na provincia de La Rioja;

Santo Domingo, localidade do departamento Las Colonias na provincia de Santa Fe;

Santo Domingo, localidade do departamento Pellegrini na provincia de Santiago del Estero;En Chile

Santo Domingo, comuna de la V Región de Valparaíso;En Colombia

Santo Domingo, municipio do departamento de Antioquia;

Santo Domingo, municipio do departamento de Caquetá;En Costa Rica

Santo Domingo, cantón da provincia de Heredia;En Cuba

Santo Domingo, municipio da provincia de Villa Clara;En Ecuador

Santo Domingo de los Colorados, capital da provincia de Santo Domingo de los Tsáchilas;

Provincia de Santo Domingo de los Tsáchilas, provincia de Ecuador;

Santo Domingo, cantón da provincia de Santo Domingo de los Tsáchilas;En España

Santo Domingo de la Calzada, municipio da Rioxa.

Comarca de Santo Domingo de la Calzada, comarca da Rioxa;

Santo Domingo de Silos, municipio da provincia de Burgos;

Santo Domingo-Caudilla, municipio da provincia de Toledo;En Filipinas

Santo Domingo, municipio da provincia de Ilocos del Sur;

Santo Domingo, municipio da provincia de Nueva Écija;En México

Santo Domingo, municipio de San Luis Potosí;

Santo Domingo Ingenio, municipio de Oaxaca;

Santo Domingo Tonaltepec, municipio de Oaxaca;

Santo Domingo Zanatepec, municipio de Oaxaca;En Nicaragua

Santo Domingo, municipio do departamento de Chontales;En Perú

Distrito de Santo Domingo, distrito da provincia de Morropón no departamento de Piura;

Distrito de Santo Domingo de los Olleros, distrito da provincia de Huarochirí no departamento de Lima;

Distrito de Santo Domingo de la Capilla, distrito da provincia de Cutervo no departamento de Cajamarca;

Distrito de Santo Domingo de Acobamba, distrito da provincia de Huancayo no departamento de Junín;

Distrito de Santo Domingo de Capillas, distrito da provincia de Huaytará no departamento de Huancavelica;No Salvador

Santo Domingo, municipio de San Vicente;Na República Dominicana

Santo Domingo de Guzmán, capital da República Dominicana;

Provincia de Santo Domingo, provincia da República Dominicana;

Santo Domingo Este, capital da provincia de Santo Domingo;

Santo Domingo Norte, municipio da provincia de Santo Domingo;

Santo Domingo Oeste, municipio da provincia de Santo Domingo.

Tucumán

A provincia de Tucumán é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.448.200 habitantes (2010) e a súa capital é San Miguel de Tucumán.

Situada na rexión xeográfica do Noroeste Arxentino, formando tamén parte da Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo norte coa provincia de Salta, polo leste e sur coa de Santiago del Estero e polo oeste e sur coa de Catamarca.

Foi escenario do Congreso de Tucumán entre os anos 1816 e 1820 que, entre outras cousas, declarou a Independencia do Vicerreinado do Río da Prata a España, o 9 de xullo de 1816. É a provincia de menor extensión da Arxentina, ou a segunda máis pequena se non se contan os territorios en disputa de Terra do Fogo como parte desta.

Wensceslao Achával

Wenceslao Achával, nado o 26 de outubro de 1814 en Santiago del Estero e finado o 25 de febreiro de 1898 en San Juan, foi un eclesiástico latino, bispo de San Juan de Cuyo, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.