Santiago Futsal

O Santiago Futsal, chamado Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala até 2012, é un club galego de fútbol sala da cidade de Santiago de Compostela, que milita na Segunda División de fútbol sala.

Entre 2003 e 2018 xogou un total de 15 tempadas consecutivas en Primeira División. Nesa época converteuse no club máis laureado do fútbol sala galego, con 8 Copas Xunta, 1 Copa de España (2006), 1 Supercopa de España (2010) e 1 Recopa de Europa (2007).

Santiago Futsal
NomeSantiago Futsal
Alcume(s)Lobellistas
Fundación1975
EstadioMultiusos Fontes do Sar
Santiago de Compostela
Inauguración1998
Capacidade6.050
Presidente-
Adestradorgalego Santi Valladares
LigaSegunda División
2017-1815º (1ª División)
Patrocinador-
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

Historia

Fundación e primeiros pasos

O Club Autos Lobelle de Santiago F.S. foi fundado no ano 1975 polo empresario da automoción Xosé Antonio Lobelle, que foi o presidente ata a tempada 2011/12. O equipo naceu en Chantada e iniciou a súa andaina participando na liga local chantadina. Nos primeiros momentos o club estivo formado basicamente por empregados do concesionario de automóbiles.

En 1985 produciuse o traslado a Santiago de Compostela da empresa concesionaria, e con ela foi tamén o equipo, que xa daquela militaba na Liga Rexional. En 1989 o club ascendeu de categoría e comezou a competir en Liga Autonómica, e en 1992 pasou de Primeira Nacional B a Primeira Nacional A, que funciona como a división de bronce do fútbol sala español. Nesa categoría botou bastantes anos, ascendendo á División de Prata no ano 2000, nun encontro disputado en Manzaneda ao que asistiron xa 300 seguidores lobellistas.

División de Prata

Nesta segunda categoría do fútbol sala español o Lobelle non botou demasiado tempo. A crecente profesionalización e a fichaxe dalgún xogador estranxeiro e doutros procedentes da División de Honra fóronlle abrindo as portas dun deporte que, paralelamente, coñeceu un rexurdir.

Así, na tempada 2000-01 finalizaron sétimos, na 2001-02 oitavos logo de facer unha fenomenal primeira volta e unha desastrosa segunda, e na 2002-03 conseguiron o ascenso á División de Honra, logo de disputar unicamente un play-off.

Na última xornada desa tempada, a número 30, o Lobelle venceu ó Verín FS e tivo que agardar unha derrota do Ourense FS para poder clasificarse para o play-off. Nesta competición polo ascenso, os lobellistas derrotaron primeiro ao Benicarló (3-1 e 5-2) e na eliminatoria decisiva ao Levitt de Las Rozas, ao que venceu por 5-2 e 3-3 (na quenda de penaltis).

En recompensa polo ascenso, o club asinou no libro de ouro da cidade de Santiago.

División de Honra

Fachada do Multiusos Fontes do Sar
Pavillón Fontes do Sar, fogar do Santiago Futsal.
Interior do Multiusos Fontes do Sar
Clásico galego entre o Santiago Futsal e o Azkar Lugo.

Dende o seu ascenso en 2003, o Lobelle mantense ininterrompidamente na máxima categoría. A súa primeira tempada en División de Honra rematou cunha décima praza e cunha participación na Copa de España, disputada en Santiago, onde chega ata cuartos de final.

A tempada 2004-05 foi a da consolidación do equipo. Os resultados acompañaron, os lobellistas acadaron unha sétima posición e a clasificación, por primeira vez na súa historia, para o play-off polo título, onde caeron derrotados en primeira rolda polo Boomerang Interviú de Alcalá de Henares. Ademais ese ano conseguiron chegar ás semifinais de Copa, disputada en Lizarra.

Os éxitos definitivos comezaron a chegar na tempada 2005-06. O 8 de decembro de 2005, o Lobelle acadou por primeira vez o título de campión da Copa Xunta de Galicia, derrotando na final ao Azkar Lugo por 3-1. O encontro, disputado en Pontevedra, decidiuse nos intres finais, cunha épica remontada de tres goles.

O 22 de xaneiro de 2006, o Lobelle conquistou a súa primeira Copa de España en Zaragoza, logo de derrotar ó Boomerang Interviú nos penaltis (tras empatar 2-2). Antes xa eliminara ó Polaris World Cartagena (7-3) e ó ElPozo Murcia (3-2).

Na tempada seguinte, 2006-07, o Lobelle disputou en setembro de 2006 a final da Supercopa de España, onde caeu derrotado ante ElPozo Murcia por 2-3. A final disputábase en Castelló baixo o sistema de final four. Tamén nesa tempada, en xaneiro de 2007, o Lobelle disputou a Recopa de Europa contra seis equipos máis do continente (entre eles outro galego, o Azkar Lugo, que defendía título), e onde conseguiu clasificarse para a final tras empatar no grupo preliminar ante o Aktyubretgen casaco e golear 8-1 á Luparense, líder da liga italiana. A final disputouna fronte ó Benfica portugués. Gañou a final na prórroga por 5-3 (tras empatar 2-2 no tempo regulamentario), e acadou o primeiro título continental da súa historia.

En xaneiro de 2010 proclamáronse subcampións da Supercopa de España celebrada en Vigo, logo de vencer nas semifinais ao Inter Movistar por 6-10 e perder na prórroga da final fronte ao ElPozo Murcia por 3-2. Na final, o porteiro andaluz Carlos Barrón foi proclamado mellor xogador do torneo.

Un mes despois, repetiuse a historia na Copa de España disputada no Multiusos Fontes do Sar. Logo de eliminar nas semifinais ao Inter Movistar (3-1), volveron caer na prórroga por 3-2 ante ElPozo Murcia, logo de non lle ser concedido un gol legal ao equipo compostelán no segundo tempo co resultado de 2-2. Nesta ocasión, Alemão foi elixido mellor xogador da final.

O 12 de setembro de 2010 proclamouse campión da Supercopa de España, tras vencer ao Inter Movistar por 3-2 na final, celebrada en Guadalaxara.

Na tempada 2011-12 o Lobelle acadou a 5ª posición ó remate da liga regular, caendo nos cuartos de final dos play offs polo título. O 6 de xuño de 2012 o presidente José Antonio Lobelle anunciou que deixaba a presidencia do club despois de 37 anos no cargo.[1] O adestrador Tomás de Dios tamén marchou do club despois de 4 anos dirixindo ó equipo. O club nomeou a Santi Valladares como o seu substituto.[2]

O 10 de xullo de 2012, seguindo coa cadea de trocos que se estaban a producir no club, anunciouse que o nome oficial deixaba de ser "Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala", e nacía o "Santiago Futsal".[3]

Instalacións

O primeiro equipo disputa os seus encontros como local no Pavillón Multiusos Fontes do Sar da capital galega, mentres que o seu filial, o Santiago Futsal B, adoita xogar no Pavillón Municipal de Santa Isabel. A media de seareiros que asistiron ó pavillón durante a tempada 2010-11 foi duns 2350 por encontro, mentres que durante a tempada 2011-12 esta media de asistencia no pavillón baixou a uns 1700 seareiros por encontro.

Datos do club

  • Tempadas en : 15
  • Tempadas en : 3
  • Tempadas en 2ªB: 8

O seguinte esquema amosa a traxectoria seguida polo club dende a súa chegada á 3ª categoría do fútbol sala nacional en 1992, ate o verán de 2017:

Historial recente

A seguinte táboa amosa o percorrido do Santiago Futsal polas diversas competicións oficiais nas que ten competido durante as 15 tempadas que estivo na máxima categoría da LNFS:

Tempada Adestrador Max.Goleador España LNFS España Copa Esp. España Copa Rei España Supercopa Unión Europea Recopa Eur. Galicia Copa Xunta
2017-18 Santi Valladares Catela (19g) 15º - Desc. 1/8 F Finalista
2016-17 Santi Valladares Catela (21g) 11º -             1/16 F Campión
2015-16 Santi Valladares Quintela (28g) 10º -             1/16 F Campión
2014-15 Santi Valladares Quintela (15g) 11º -             1/4 F Finalista
2013-14 Santi Valladares Quintela (19g) -           1/2 F 1/16 F Campión
2012-13 Santi Valladares Raúl Campos (32g) - 1/4 F 1/2 F 1/2 F 1/2 F Finalista
2011-12 Tomás de Dios Aicardo (19g) - 1/4 F Finalista 1/2 F Campión
2010-11 Tomás de Dios Raúl Campos (20g) - 1/2 F 1/2 F 1/8 F Campión Campión
2009-10 Tomás de Dios Eka (29g) - 1/4 F Finalista Finalista Campión
2008-09 Tomás de Dios Carlinhos (27g) - 1/2 F 1/4 F Campión
2007-08 Venancio López Betao (32g) - 1/4 F 1/2 F Finalista
2006-07 Pulpis Betao (31g) 11º -             1/4 F Finalista Campión Finalista
2005-06 Venancio López Betao (34g) - 1/4 F Campión Campión
2004-05 Venancio López Betao (29g) - 1/4 F 1/2 F Finalista
2003-04 Paco Presas Alemao (35g) 10º -             1/4 F 1/2 F
  • As celas que están en branco indican que nesa tempada o equipo non disputou esa competición, ou mesmo que nesa tempada non se disputou ou non existía esa competición. Os máximos goleadores corresponden tan só ó campionato de liga. Na tempada 2007-08, Betao foi o máximo goleador da LNFS.

Palmarés

Torneos nacionais

  • Copa de España (1): 2005-06
    • Subcampión da Copa de España (2): 2009-10 e 2011-12
  • Supercopa de España (1): 2010-11
    • Subcampión da Supercopa de España (2): 2006-07 e 2009-10
    • Copa Xunta de Galicia (8): 2005-06, 2008-09, 2009-10, 2010-11, 2011-12, 2013-14, 2015-16 e 2016-17
      • Subcampión da Copa Xunta (6): 1997-98, 2004-05, 2006-07, 2012-13, 2014-15 e 2017-18

Torneos internacionais

Xogadores

Cadro 2017/18

Nome Sobrenome Posto
0 Blai Pascual Alexandre BLAI Pívot
0 Ezequiel Montero Jiménez ZEQUI Á-Pívot
3 Daniel Montes del Río CHINO Pívot
4 David Palmas Mato DAVID PALMAS Á / Peche
5 Iván Rumbo Rodríguez IVÁN RUMBO Á
7 Juan José Camacho Pérez CATELA Á
9 Antonio Diz Teijeiro ANTONIO DIZ Pívot
10 Alejandro Diz Teijeiro ÁLEX DIZ Á
13 Pablo Tallón Castro PABLO TALLÓN Universal
14 Hugo Sánchez Flores HUGO Á / Peche
17 Pablo Mel Ramírez PABLO MEL Á
19 Santiago Valladares Rodríguez SANTI Á / Pívot
23 Diego Quintela Carril QUINTELA Pívot

Adestrador: Santi Valladares

Notas

  1. "José Antonio Lobelle anuncia que deja la presidencia del Lobelle de Santiago" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo na web do club (en castelán).
  2. "Santi Valladares presentado como nuevo entrenador del Lobelle de Santiago FS" Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine., artigo na web do club (en castelán).
  3. Nace el Santiago Futsal Arquivado 24 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Copa Xunta de Galicia de fútbol sala

A Copa Galicia de fútbol sala é unha competición de fútbol sala que se disputa anualmente en Galicia. Está organizada pola Real Federación Galega de Fútbol e a súa primeira edición disputouse en 1990, coincidindo co inicio da División de Honra. No 2007 a competición non se puido disputar por falta de datas no calendario, e ao ano seguinte disputouse durante o parón invernal propiciado polo Mundial de Brasil.

Copa de España de fútbol sala

A Copa de España de fútbol sala é unha competición de fútbol sala española organizada pola LNFS que se disputa anualmente dende 1990, coincidindo co inicio da División de Honra.

Dende a súa primeira edición ata o presente, a Copa de España é disputada polos oito primeiros equipos clasificados ao rematar a primeira rolda da liga. Se a cidade organizadora conta cun equipo na División de Honra, xogará automaticamente a Copa xunto cos sete mellores clasificados. Os equipos se enfrontan entre eles en eliminatorias a partido único.

Na edición do 2007 ampliouse o número de participantes ata os 16 da máxima categoría do Estado español. Os equipos repartíronse en 4 grupos de 4 equipos cada un, baseándose na clasificación ao finalizar a primeira volta para elixir aos cabezas de serie. Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasificouse para os cuartos de final, agás onde houbo un equipo da cidade organizadora, que pasa automaticamente a cuartos xunto co mellor clasificado do seu grupo.De cada grupo clasificaronse dous equipos para cuartos de final, excepto onde hubo un equipo da cidade anfritrioa, que pasou automaticamente a cuartos xunto o mellor clasificado do seu grupo. Esta variante só foi vixente para a competición dese año.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade

A lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade inclúe a aqueles recintos cubertos, multiusos ou polideportivos, que poden acoller a unha maior cantidade de espectadores nas súas bancadas, dentro do territorio galego.

Lobelle

O topónimo galego Lobelle pódese referir a:

Lobelle, parroquia do concello de Carballedo;

Lobelle de Abaixo, lugar de dita parroquia;

Lobelle de Arriba, lugar de dita parroquia.Como apelido pode referirse a:

José Antonio Lobelle Quintillán, empresario galego da automoción;

O'Parrulo FS

O'Parrulo Fútbol Sala é un equipo de fútbol sala galego da cidade de Ferrol. Funciona como unha escola de fútbol sala, presente nas distintas categorías infantís e xuvenís, e o seu primeiro equipo xoga na Primeira División.

Entre 1998 e 2003, O'Parrulo xogou na máxima categoría da Liga Nacional de Fútbol Sala, a División de Honra, chegando a xogar na tempada 1999-2000 o play-off polo título como sexto clasificado. Non foi ata 2017 cando o equipo conseguiu de novo o ascenso á elite.

Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto

O Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Santiago de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite por sexta ocasión na máxima categoría do baloncesto nacional.

Pavillón Multiusos Fontes do Sar

O Pavillón Multiusos Fontes do Sar é un pavillón cuberto multiusos, situado en Santiago de Compostela e construído en 1998. Pertence ao concello capitalino, e está xestionado pola sociedade mixta XADE. Ten unha capacidade de 5.060 espectadores (6.050 coa instalación de bancadas supletorias e 9.000 para concertos).

Serve de feudo aos equipos Santiago Futsal de fútbol sala, Blusens Monbus Obradoiro de baloncesto, e ao Arteal de tenis de mesa.

Ten 10.000 m² de superficie e conta cun amplo ximnasio público. Nos exteriores ten piscinas ao ar libre e 700 prazas de aparcadoiro. Está situado na rúa de Diego Bernal s/n.

Primeira División da LNFS 2012-13

A tempada 2012-13 da Primeira División da LNFS é a 24ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España.

A liga está composta por dúas fases, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular conta con 14 equipos que se enfrontan todos entre si na casa e fora ó longo de 26 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa loitarán polo título nas eliminatorias finais. O FC Barcelona Alusport, campión nas dúas tempadas anteriores, é o defensor do título.

Primeira división española de fútbol sala

A Primera División de fútbol sala (desde 1989 ata 2011 chamada División de Honra de fútbol sala) é a máxima categoría de fútbol sala en España, organizada pola Liga Nacional de Fútbol Sala. Atópase por riba da Segunda División e dispútase dende 1989.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Equipos 2012/13
Tempadas
Competicións españolas
Fútbol sala masculino en Galicia
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Pavillóns
Páxina Web
Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.