Santiago Carrillo

Santiago José Carrillo Solares, nado en Xixón o 18 de xaneiro de 1915 e falecido en Madrid o 18 de setembro de 2012, foi un político comunista español.[1]

Foi secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE) desde 1960 até 1982. Combateu na guerra civil española e foi unha figura relevante da oposición ao franquismo e da Transición Española.

Santiago Carrillo
Santiago Carrillo firmando en la Feria del Libro de Madrid en 2006
Santiago José Carrillo Solares
Datos persoais
Nacemento18 de xaneiro de 1915
 Xixón
Falecemento18 de setembro de 2012
 Madrid
OrganizaciónPartido Comunista de España
PaiWenceslao Carrillo
FillosJosé Carrillo Menéndez
ProfesiónPolítico
Firma de Santiago Carrillo

Traxectoria

Foi secretario Xeral do Partido Comunista de España (PCE) desde 1960 ata 1982. Combateu na guerra civil española e foi unha figura relevante da oposición ao franquismo e da Transición Española.

No ano 1977, tras a legalización do Partido Comunista de España, conseguiu a acta de deputado no Congreso dos Deputados, abandonando o escano no ano 1986.

Tras deixar o cargo, colaborou en diferentes medios de comunicación, en programas como La Ventana da Cadena SER na sección La tertulia de sabios.

Predecesor:
Dolores Ibárruri
 Logotipopce.svg
Secretario Xeral do PCE
 
1982 - 1988
Sucesor:
Gerardo Iglesias

Obra

  • «¿Adónde va el Partido Socialista?» (1959)
  • «Después de Franco, ¿qué?» (1965)
  • «Eurocomunismo y Estado» (1977)
  • «El año de la Constitución» (1978)
  • «Memoria de la transición: la vida política española y el PCE» (1983)
  • «Problemas de la transición: las condiciones de la revolución socialista» (1985)
  • «El año de la peluca» (1987)
  • «Problemas del Partido: el centralismo democrático» (1988)
  • «Memorias» (1993)
  • «La gran transición: ¿cómo reconstruir la izquierda?» (1995)
  • «Un joven del 36» (1996)
  • «Juez y parte: 15 retratos españoles» (1998)
  • «La Segunda República: recuerdos y reflexiones» (1999)
  • «¿Ha muerto el comunismo? Ayer y hoy de un movimiento clave para entender la convulsa historia del siglo XX» (2000)
  • «La memoria en retazos: recuerdos de nuestra historia más reciente» (2004)
  • «¿Se vive mejor en la república?» (2005)
  • «Dolores Ibárruri: Pasionaria, una fuerza de la naturaleza» (2008).
  • «La crispación en España. De la Guerra Civil a nuestros días» (2008).
  • «Los viejos camaradas» (2010).
  • «La difícil reconciliación de los españoles» (2011).

Notas

  1. Muere Santiago Carrillo nova en El País (en castelán)

Véxase tamén

Ligazóns externas

14 de decembro

O 14 de decembro é o 348º día do ano do calendario gregoriano e o 349º nos anos bisestos. Quedan 17 días para finalizar o ano.

18 de xaneiro

O 18 de xaneiro é o 18º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 347 días para finalizar o ano, 348 nos anos bisestos.

20 de abril

O 20 de abril é o 110º día do ano do calendario gregoriano (111º nos anos bisestos). Quedan 255 días para finalizar o ano.

20 de outubro

O 20 de outubro é o 293º día do ano do calendario gregoriano (294º nos anos bisestos). Quedan 72 días para finalizar o ano.

6 de novembro

O 6 de novembro é o 310º día do ano do calendario gregoriano (311º nos anos bisestos). Quedan 55 días para finalizar o ano.

Chavaga, Monforte de Lemos

San Xoán de Chavaga é unha parroquia de Monforte de Lemos na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 58 (32 homes e 26 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 87 habitantes.

Dolores Ibárruri

Dolores Ibárruri Gómez, coñecida como A Pasionaria, nada en Gallarta (Biscaia) o 9 de decembro de 1895 e finada en Madrid o 12 de novembro de 1989, foi unha dirixente comunista española.

Eleccións xerais de España de 1977

As eleccións xerais en España de 1977 tiveron lugar o 15 de xuño dese ano. Os españois e españolas maiores de idade foron chamados ás urnas corenta e un anos dende as últimas eleccións celebradas en democracia.

Nestas eleccións o Presidente do Goberno, Adolfo Suárez, nomeado polo Rei en 1976, chega ao Centro Democrático y Social, para lideralo e así crear a Unión de Centro Democrático, que gaña as eleccións quedando a poucos escanos da maioría absoluta.

Enrique Líster

Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster, nado en Ameneiro (Calo, Teo) o 21 de abril de 1907 e falecido en Madrid o 8 de decembro de 1994, foi un militante comunista e dirixente militar republicano galego, que combateu na guerra civil española e na Segunda guerra mundial.

Recibiu formación militar na Unión Soviética, en academias do Exército Vermello e durante a guerra civil española tivo un destacado papel organizando e dirixindo as milicias do Quinto Rexemento. Posteriormente pasou a mandar varias unidades do Exército Popular da República. En menos de dous anos pasou de mandar unha brigada mixta a dirixir todo un corpo do exército, o famoso V Corpo do Exército. Pero ao final da guerra, tivo que marchar do país, exiliándose de novo na Unión Soviética, onde ampliou os seus estudos militares e chegou a Xeneral, participando na Segunda guerra mundial.

Lister foi un dos membros do núcleo duro do Partido Comunista de España e acabaría por enfrontarse a Santiago Carrillo polo seu abandono das teses marxista-leninistas que o partido seguira anteriormente. Debido a isto abandonou o PCE e fundou en 1973 o Partido Comunista Obreiro Español (PCOE), o cal volveu integrar en 1986 no PCE, logo de que este expulsase a Carrillo.

Francisco Rey Balbís

Francisco Rey Balbís, Moncho, nado en San Cibrao (Cervo) o 19 de marzo de 1917 e falecido na Habana o 9 de xaneiro de 2010, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Frente Revolucionario Antifascista y Patriota

O Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriota), FRAP, foi unha organización popular e revolucionaria xurdida so o réxime de Francisco Franco en España. A primeira reunión de importancia decisiva na creación do FRAP fíxose o 23 de xaneiro de 1971, en París, nun piso particular (propiedade do coñecido dramaturgo norteamericano Arthur Miller, amigo persoal de Julio Álvarez del Vayo, e no que residía circunstancialmente en compaña da súa esposa, Luisa Graa), a maioría dos asistentes eran membros do Partido Comunista de España (marxista-leninista).

Gerardo Iglesias

Gerardo Iglesias Argüelles, nado en La Cerezal (Mieres, Asturias) o 29 de xuño de 1940, é un político español, actualmente retirado.

De familia antifranquista comprometida, durante os anos 1950, sendo aínda un cativo, tivo que asistir a como a Garda civil torturaba o seu pai por apoiar os maquis.

Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981

O 23F ou 23-F foi un golpe de estado fracasado que se produciu en España o 23 de febreiro de 1981. Foi levado a cabo por algúns mandos militares, sendo a parte máis afamada o asalto do Congreso dos Deputados por un numeroso grupo de gardas civís baixo mando do tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, durante a votación do candidato á presidencia do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, da UCD.

Junta Democrática de España

A Junta Democrática de España (Xunta Democrática de España, en galego) foi unha organización política de oposición ao franquismo que, creada polo Partido Comunista de España e personalidades independentes vencelladas a don Juan De Borbón -encabezadas por Rafael Calvo Serer-, pretendía agrupar a outras forzas políticas, sindicais e sociais tamén opositoras. Foi presentada oficialmente o 29 de xullo de 1974 en París por Santiago Carrillo e Calvo Serer e, posteriormente, conseguiron que se incorporaran o Partido do Traballo de España (PTE), o Partido Carlista liderado por Carlos Hugo de Borbón, o Partido Socialista Popular (PSP) de Enrique Tierno Galván e Raúl Morodo, a Alianza Socialista de Andalucía, o sindicato Comisións Obreiras (CCOO), a asociación de xuristas Xustiza Democrática e un feixe de persoeiros independentes, como o intelectual José Vidal Beneyto e o aristócrata José Luís de Vilallonga.

O Piricallo, Chavaga, Monforte de Lemos

O Piricallo é un lugar da parroquia de Chavaga, no concello de Monforte de Lemos.

Neste lugar o 20 de abril de 1949 milicianos do destacamento Santiago Carrillo (grupo de "Rocesvinto"), pertencente á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que tiñan alí o seu refuxio, foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Outro guerrilleiro do grupo, Fermín Gutierrez Lada "Segura", conseguiu fuxir.

En 2006 púxose unha placa recordando os feitos que foi roubada ás poucas horas de ser descuberta. A placa foi recolocada o 18 de abril de 2009.

Partido Comunista Obrero Español

O Partido Comunista Obrero Español (PCOE) é un partido comunista español formado en 1973 cando Enrique Líster deixou o PCE enfrontado co eurocomunismo de Santiago Carrillo, o seu secretario xeral, aínda que o enfrontamento viña desde a condena do PCE á intervención soviética en Checoslovaquia en 1968. As mocidades estaban organizadas na Federación de Jóvenes Comunistas de España.

En 1986 Enrique Líster a maioría dos seus militantes volveron ó PCE. No ano 2000 produciuse a fusión entre o PCOE e o Partido Comunista de los Pueblos de España pero no 2003 un grupo de militantes deixou o PCPE e refundou o PCOE.

Partido Comunista de España

O Partido Comunista de España (ou PCE) é un partido político español integrado actualmente en Izquierda Unida, que xurdiu de grupos do PSOE e da CNT partidarios de sumarse á III Internacional fundada por Lenin e de apoiar a revolución rusa que el dirixía.

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.