Santiago Black Ravens

O Club Deportivo Black Ravens Fútbol Americano, tamén coñecido como Santiago Black Ravens (corvos negros de Santiago), é o equipo de fútbol americano de Santiago de Compostela.

Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Black Ravens
CidadeSantiago de Compostela España
Fundación26 de xuño de 2012
EstadioCampo de Santa Isabel
LigaLNFA 2018
Cores     Violeta      Negro
Palmarés4 x LGFA (I, II, III, V)
PresidenteFernando Vigo Gallego
AdestradorJosé Jiménez Soriano

Historia

En 2009 dous dos clubs pioneiros deste deporte en Galicia, os Teo Black Thunder e os Coruña Towers, xuntan as súas forzas para competir como Galiza Black Towers na nova Liga Portuguesa de Futebol Americano (LPFA) convidados polo presidente da Associação Portuguesa de Futebol Americano creada ese ano, nun momento no que ningún dos clubs podería facelo por separado, participando nas tres primeiras tempadas (2010, 2011 e 2012). En 2012, por mor do nacemento da Liga Galega de Fútbol Americano, os dous clubs deron por rematada esta colaboración temporal, e algúns membros dos Black Towers quixeron darlle continuidade a este proxecto en Santiago de Compostela baixo unha nova denominación: Black Ravens.

Os Black Ravens foron inscritos no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia (CIF: G70339809) en 2012 e participaron nas seguintes dúas tempadas (2013 e 2014) da LPFA, debutando o 13 de xaneiro de 2013 e acadando apenas unha vitoria en catorce xornadas. Tamén participaron nas primeiras cinco edicións da Liga Galega de Fútbol Americano (LGFA) que conquistaron en catro ocasións, cedendo tan só a cuarta edición que gañou o equipo coruñés dos Towers.

En 2017, despoís de dúas participacións na Liga Portuguesa e cinco participacións na Liga Galega, os Black Ravens foron aceptados na expansión da Liga Nacional de Fútbol Americano, a máxima categoría deste deporte en España, debutando na LNFA 2018 o 13 de xaneiro de 2018.

Competicións

Liga Portuguesa de Fútbol Americano Flag of Portugal.svg
Tempada Xog. Gañ. Emp. Per. Posición
2013 6 0 0 6 6º - Grupo Norte
2014 8 1 0 7 6º - Grupo Norte
Liga Galega de Fútbol Americano Galicia
Tempada Xog. Gañ. Emp. Per. Posición
2013 3 3 0 0 Campións
2014 6 6 0 0 Campións
2015 6 5 0 1 Campións
2016 6 5 0 1 Subcampións
2017 6 5 0 1 Campións
Liga Nacional de Fútbol Americano España
Tempada Xog. Gañ. Emp. Per. Posición
2018 8 0 0 8 14º - Descenso

Véxase tamén

Ligazóns externas

Coruña Atlantics

Os Coruña Atlantics son un equipo de fútbol americano da cidade da Coruña (Galiza). O club foi fundado en 2015 e compite na Liga Galega de Flag Football (LGFF).

Galiza Black Towers

O Galiza Black Towers foi un equipo galego de fútbol americano, que xogaba os seus partidos como local no campo de fútbol de Cacheiras, en Teo.

O equipo naceu en xullo de 2009 como resultado da unión de dous equipos anteriores, o Coruña Towers e Teo Black Thunder. O obxectivo desta fusión foi xuntar un equipo forte para participar na primeira edición da Liga Portuguesa de Fútbol Americano acabada de crear. Os xogadores coruñeses e teenses adestraban por separado durante a semana, e os sábados uníanse para adestrar en Cacheiras.

Durante 3 anos competiu na LPFA. No seu primeiro ano rematou 3º (entre 5 equipos) con 4 vitorias e 3 derrotas. No segundo ano rematou 4º (entre 6 equipos) con 3 vitorias e 3 derrotas. No terceiro ano rematou 6º (entre 7 equipos) con 1 vitoria e 5 derrotas.

A unión chegou o seu fin en 2012, ano no que varios dos ex-xogadores do club fundaron o Santiago Black Ravens co obxectivo de poder seguir competindo na liga portuguesa en 2013. Outros optaron por continuar nos proxectos orixinais, Coruña Towers e Teo Black Thunder (como sección do Club San Francisco de Teo).

LNFA 2018

A LNFA 2018 foi a 24ª edición da Liga Nacional de Fútbol Americano. A máxima categoría recibe o nome de Serie A, e conta con 14 equipos participantes. O torneo comezou o 13 de xaneiro e rematou o 2 de xuño coa final que tivo lugar en Xixón. Os Black Ravens de Santiago de Compostela convertéronse no primeiro equipo galego na historia da liga. Os Badalona Dracs competían como defensores do título acadado na LNFA 2017 e repetiron como campións derrotando a Murcia Cobras na final.

Equipos 2018
Tempadas
Outras competicións
Antigos participantes
Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.