Santa Marta de Tormes

Santa Marta de Tormes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Está a unha distancia de 3 km de Salamanca, a capital provincial.

Xeografía

O termo municipal ocupa unha superficie de 10,01 km², situado ao sur do río Tormes. Limita ao norte con Salamanca e Cabrerizos, separado de ambas polo río Tormes que establece a división. Ao oeste, limita con Carbajosa de la Sagrada, e ao sur e ao leste con Pelabravo. O municipio está dividido pola autovía da estrada N-501, que comunica Salamanca con Madrid. Esta estrada de circunvalación separa o núcleo urbano da cidade de Santa Marta de Tormes do núcleo de urbanizacións de vivendas unifamiliares, a maior das cales é Valdelagua, á que se engadiron varias urbanizacións residenciais máis. Ademais, tamén se pode acceder ao municipio desde o sur pola estrada C-510, se se fai desde pobos como Alba de Tormes ou Piedrahíta. A altitude media do municipio é de 784 m sobre o nivel do mar. O centro urbano está emprazado nas coordenadas xeográficas 40º 57' 8" de latitude Norte e 5º 37' 56" de lonxitude Oeste.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Club de Fútbol Palencia

O Club de Fútbol Palencia foi un club de fútbol español, da cidade de Palencia. Foi fundado en 1975 ao fusionarse o Club el Cristo (fundado en 1974) e o F.J. Olímpico (fundado en 1973) co nome de C.D Cristo Olímpico. En 1989 cambiou o seu nome polo de Club de Fútbol Palencia. A comezos de xaneiro de 2013, o equipo disolviuse oficialmente debido ás débedas do equipo.

Gimnástica Segoviana Club de Fútbol

A Gimnástica Segoviana Club de Fútbol é un club de fútbol español da cidade de Segovia, en Castela e León. Foi fundado en 1928 e actualmente xoga na Terceira División.

Ata o 7 de abril de 2006 denominouse Sociedad Deportiva Gimnástica Segoviana, pero un Decreto da Xunta de Castela e León obrigou á Asemblea a cambiar a denominación orixinaria do club.

Ledesma, Salamanca

Ledesma é un concello da comunidade autónoma de Castela e León, na provincia de Salamanca, bañado polo Río Tormes.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Luísa de Marillac

Luísa de Marillac, nada en Le Meux o 12 de agosto de 1591 e finada na mesma cidade o 15 de marzo de 1660, foi a cofundadora xunto a Vicenzo de Paúl das Fillas da Caridade, congregación de marcado carácter asistencial. Marillac reformou a atención que se proporcionaba nos hospitais, orfanatos, casas de expósitos, asilos, fogares de adopción, institucións psiquiátricas e centros de axuda na Francia da súa época. Canonizada pola Igrexa católica, a súa solemnidade celébrase o 9 de maio.

Monleón

Monleón é un concello escasamente poboado da comunidade autónoma de Castela e León, na provincia de Salamanca.

Peñaranda de Bracamonte

Peñaranda de Bracamonte é un municipio do nordeste da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Río Tormes

O río Tormes é un curso fluvial de Castela e León, que verte as súas augas na marxe esquerda do río Douro, logo dun percorrido de 247,1 km.

Santa Marta

Santa Marta pode referirse a:

Marta de Betania, Virxe e santa do cristianismo, irmá de Lázaro e María;

Marta de Astorga, mártir e santa cristiá orixinaria de Astorga;

Casa de Santa Marta, residencia situada no Vaticano.Como topónimo, Santa Marta pode facer referencia a:

En GalizaSanta Marta de Babío, parroquia do concello de Bergondo;

Santa Marta de Bixós, parroquia do concello de Lugo;

Santa Marta, lugar de dita parroquia;

Santa Marta de Moreiras, parroquia do concello do Pereiro de Aguiar;

Santa Marta, lugar de dita parroquia;

Santa Marta de Meilán, parroquia do concello de Riotorto;

Santa Marta, lugar de dita parroquia;

Santa Marta, lugar da parroquia de Vilartelín no concello de Baralla;

A Costa de Santa Marta, lugar da parroquia de Santa Marta de Babío no concello de Bergondo;

Santa Marta, lugar da parroquia de San Fiz de Cerdeiras no concello de Begonte;

Santa Marta, lugar da parroquia de Baíña, no concello de Baiona;

Santa Marta, lugar da parroquia de Darbo no concello de Cangas;

Santa Marta, lugar da parroquia de Albeos no concello de Crecente;

Santa Marta, lugar da parroquia de Ledoño no concello de Culleredo;

Santa Marta, lugar da parroquia de Villalvite no concello de Friol;

Santa Marta, lugar da parroquia de Tioira no concello de Maceda;

Santa Marta, lugar da parroquia de Mos no concello de Mos;

Santa Marta, lugar da parroquia de San Facundo de Ribas de Miño no concello de Paradela;

Santa Marta, lugar da parroquia de Mosteiro no concello de Ramirás;

Santa Marta, lugar da parroquia de Noalla no concello de San Cibrao das Viñas;

Santa Marta, lugar da parroquia de Ortoá no concello de Sarria;

Santa Marta, lugar da parroquia de Barantes no concello de Sober;

Santa Marta, lugar da parroquia de Couto no concello de Taboada;

Santa Marta, lugar da parroquia de Santa Comba de Bértola no concello de Vilaboa;

Santa Marta, lugar da parroquia de Córgomo no concello de Vilamartín de Valdeorras;En PortugalSanta Marta de Penaguião, concello do Distrito de Vila Real;En EspañaSanta Marta, concello da provincia de Badaxoz, Estremadura;

Santa Marta de Tormes, concello da provincia de Salamanca, Castela e León;

Santa Marta del Cerro, concello da provincia de Segovia, Castela e León;

Santa Marta de Magasca, concello da provincia de Cáceres, Estremadura;

Cubillas de Santa Marta, concello da provincia de Valladolid, Castela e León;En ColombiaSanta Marta, no departamento de Magdalena, Colombia;

Serra Nevada de Santa Marta, montaña en Colombia;En Costa RicaSanta Marta, vila Costa Rica, situado na Provincia de Puntarenas;Nos Estados Unidos de AméricaSanta Marta, Florida, antigo nome de Key Biscayne, no Estado da Florida;En MéxicoSanta Marta, Baja California Sur;

Santa Marta, Sonora.

Terceira división española 2013/14

A tempada 2013–14 da Terceira División de España foi a 80º edición deste torneo. Iniciouse en agosto de 2013 e finalizou en xuño de 2014 coas eliminatorias de promoción finais.

Terceira división española de fútbol

A Terceira División é a cuarta categoría da Liga española de fútbol. É a división inmediatamente inferior á Segunda División B e por encima das divisións rexionais, a Preferente no caso de Galicia, polo que se considera a última categoría nacional de liga española.

Foi creada en 1929 e é unha categoría non profesional. Está formada por 18 grupos, e o Grupo I corresponde ós equipos de Galicia.

Unidad Regionalista de Castilla y León

Unidad Regionalista de Castilla y León (URCL, «Unidade Rexionalista de Castela e León» en galego) foi un partido político " rexionalista, democrático, moderno e renovador que, baseándose nos principios de liberdade, xustiza e solidariedade, asume a defensa con decisión dos lexítimos intereses de Castela e León".Xurdiu da unión de varios partidos de Salamanca, Palencia, Burgos, Zamora e Valladolid, como por exemplo Democracia Regionalista de Castilla y León ou Unidad Palentina. As primeiras municipais e autonómicas ás que se presentou foi ás de 1995, concorrendo dende entón a todos os comicios electorais municipais, autonómicos e nacionais celebrados-salvo en 2004-.

Villasdardo

Villasdardo é un municipio español da comarca de Tierra de Ledesma, na provincia de Salamanca, Castela e León.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.