Santa María de Lurdes, Curtis

Santa María de Lurdes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Curtis. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1420 habitantes (747 mulleres e 673 homes), 45 máis que en 1999. A poboación está distribuída en 6 entidades de poboación en 2,3 km²[1].

Aínda que segundo o Nomenclátor de Galicia o nome da parroquia civil é Santa María de Lurdes,[2] a parroquia eclesiástica denomínase Nosa Señora de Lourdes. Pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.[3]

Coordenadas: 43°7′26.88″N 8°8′53.05″O / 43.1241333, -8.1480694

Santa María de Lurdes
Igrexa de Santa María de Lurdes - Curtis - Galiza-3
Igrexa de Santa María de Lurdes
Concello de Curtis (Curtis) parroquia de Lourdes A Coruña Galiza
ConcelloCurtis
Área2,3 km²
Poboación1.306 hab. (2017)
Densidade567,83 hab./km²
Entidades de poboación6

Historia

Sinal Igrexa de Lourdes Curtis
Sinal en Curtis da igrexa de Lourdes.

A estación de Curtis e as estradas Curtis-Santaia, A Coruña-Ourense e a comarcal Santiago-Curtis, deron lugar ao nacemento dunha gran feira. Polo aumento da poboación e as necesidades da feira creouse unha nova capela que co tempo se converteu na igrexa parroquial de Lourdes de Curtis.

A parroquia de Nosa Señora de Lurdes foi desmembrada de Santa María de Fisteus e constituída parroquia independente pola real Orde da Dirección General de Justicia, Culto y Asuntos Generales o 10 de outubro de 1928, adquirindo total independencia por un Decreto do Arcebispado de Santiago de data 1 de febreiro de 1929.[4]

Demografía

Século XX

1930[5] 1940[5] 1950[5] 1960[5] 1970[5] 1981[5] 1986[6] 1991[5] 1999[7] 2000[8]
Habitantes 644 876 1036 1275 1465 1136 1314 1346 1375 1393

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
1389 1388 1417 1420 1412 1376 1378 1381 1410 1395
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
1397 1369 1371 1346 1332 1318 1306
Fonte: IGE (padrón municipal)[9]
Gráfica de evolución demográfica de Lurdes entre 1930 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Etnografía

Na cultura popular

  • Leite, queixos e terneiros, os de Curtis e Teixeiro.[10]
  • Os de Curtis mataron un burro, / os de Teixeiro comérono crudo / e os de Fisteus mandaron recado / que lles gardaran a punta do rabo.[11]

Galería de imaxes

Rúa en Curtis - Galiza

Avenida Principal de Curtis

Estación de Curtis A Coruña Galiza

Lugares e parroquias

Lugares de Santa María de Lurdes

Lugares da parroquia de Santa María de Lurdes no concello de Curtis (A Coruña)

Parroquias de Curtis

Galicia  · Provincia da Coruña  · Parroquias de Curtis

Notas

  1. Páxina oficial do concello de Curtis, datos das parroquias
  2. "Nomenclátor de Galicia: Santa María de Lurdes (Santa María)". Xunta de Galicia. Consultado o 3.12.2018.
  3. "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Consultado o 3.12.2018.
  4. "Santa María de Lourdes". Concello de Curtis.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 61. ISBN 978-84-605-3156-2.
  6. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 33. ISBN 978-84-7191-529-0.
  7. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE).
  8. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE).
  9. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001" (XLS); "2002" (XLS); "2003" (XLS); "2004" (XLS); "2005" (XLS); "2006" (XLS); "2007" (XLS); "2008" (XLS); "2009" (XLS); "2010" (XLS); "2011" (XLS); "2012" (XLS); "2013" (XLS); "2014" (XLS); "2015" (XLS); "2016" (XLS) e "2017" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE).
  10. Paz Roca, M.ª Carmen (2007). "Aínda novos manuscritos paremiolóxicos de Vázquez Saco" (PDF). Cadernos de Fraseoloxía Galega (Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia) (9): 263–265. ISSN 1698-7861.
  11. "Lugar de referencia: Curtis". Portal de ditados tópicos galegos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mariño Sanmartín, Andrés (1992). Bodeus, Curtis-Estación, Curtis. A Coruña. ISBN.

Outros artigos

Ligazóns externas

A Raia, Santa María de Lurdes, Curtis

A Raia é un lugar da parroquia de Santa María de Lurdes no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 56 habitantes (26 homes e 30 mulleres).

Bodeus, Santa María de Lurdes, Curtis

Bodeus, tamén chamado Aldea Vella, é un lugar da parroquia de Santa María de Lurdes no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 21 habitantes (10 homes e 11 mulleres).

Curtis, Santa María de Lurdes, Curtis

Curtis é un lugar da parroquia de Santa María de Lurdes no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 1246 habitantes (604 homes e 642 mulleres).

Emilio Pérez Vilariño

Emilio Pérez Vilariño, Emilio ou Claudio Feas, nado en Santa María de Lurdes (Curtis) e finado en Fisteus o 5 de xaneiro de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Paio Rodríguez, Santa María de Lurdes, Curtis

Paio Rodríguez é un lugar da parroquia de Santa María de Lurdes no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 8 habitantes (4 homes e 4 mulleres).

Seixo de Abaixo, Santa María de Lurdes, Curtis

Seixo de Abaixo é un lugar da parroquia de Santa María de Lurdes no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 37 habitantes (17 homes e 20 mulleres).

Seixo de Arriba, Santa María de Lurdes, Curtis

Seixo de Arriba é un lugar da parroquia de Santa María de Lurdes no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 29 habitantes (13 homes e 16 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.