Santa Cristina de Valmadrigal

Santa Cristina de Valmadrigal é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 308 habitantes (INE 2011).

Coordenadas: 42°21′23″N 5°18′37″O / 42.35639, -5.31028

Santa Cristina de Valmadrigal
Flag of Santa Cristina de Valmadrigal Spain
Escudo de Santa Cristina de Valmadrigal (León)
Iglesia de Santa Cristina, Santa Cristina de Valmadrigal 02
Igrexa de Santa Cristina de Valmadrigal
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaEsla-Campos
Xeografía
Altitude815 msnm
Superficie40,02 km²
Demografía
Poboación308 hab. (2011)
Densidade7,7 hab./km²
Outros datos
Código postal24290
AlcaldeCeferino Revilla González (PSOE)
Páxina oficial

Localidades

  • Matallana de Valmadrigal
  • Santa Cristina de Valmadrigal

Véxase tamén

Ligazóns externas

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Santa Cristina

Santa Cristina pode referirse a:

Cristina de Bolsena, ou Cristina de Tiro virxe e mártir cristiá do s. IV (celebración o 24 de xullo);

Cristina de Makgate, monxa cristiá do s. XII (celebración o 5 de decembro);

Cristina de Osma, virxe e mártir cristiá do s. III (celebración o 24 de xullo);

Cristina de Persia, virxe e mártir cristiá do século VI (celebración o 13 de marzo);

Cristina de Termonde, monxa cristiá do s. VII (celebración o 24 de xullo);

Santa Cristina a admirable (Brustem, 1150 – Sint-Truiden, 1224), santa católica (celebración o 24 de xullo)

Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Cristina

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.