Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Santa Cristina da Ramallosa é unha parroquia do concello de Baiona. Segundo o IGE no ano 2013 tiña 3.186 habitantes. Pertence ó arciprestado de Miñor, e limita coas parroquias de Baíña e Belesar, San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e Borreiros (Gondomar).

As súas entidades de poboación son As Areas (170), Bouzós (81), O Caeiro (141), O Cruceiro Novo (71), Devesa (47), O Xuncal (252), Ladeira (170), Morade (70), O Outeiro (223), A Ponte (98), A Ponte Nova (260), A Ramallosa (948), A Ribeira (69), Sabarís (387), A Serralleira (21), Sopegal (55) e Viso de Calvos (123).

Santa Cristina da Ramallosa
Santa Cristina de Ramallosa
Igrexa de Santa Cristina, en Sabarís.
ConcelloBaiona
Poboación3.186 hab. (2013)
Entidades de poboación17

Xeografía

Pola parroquia pasa o río Miñor que desemboca na ría de Baiona, formando un esteiro habitado por garzas e outras aves mariñas. Ó final do esteiro atópase a praia Ladeira, a máis extensa e concorrida do municipio; situada nunha frecha litoral.

Patrimonio

Até o século XIII recibiu o nome de Santa Cristina de Miñor. Recibe o nome actual desde a construción da ponte da Ramallosa no estuario do río Miñor, que a conecta coa veciña parroquia de San Pedro da Ramallosa.[1]. No seu monte na Serra da Groba, atópase o conxunto de petróglifos do Outeiro dos Lameiros. A igrexa, a pesar de ser de construción recente, conserva un pórtico lateral que pertenceu a unha antiga capela románica.

Feira

En Sabarís celébrase tódolos luns dende hai máis dun século unha feira.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Santa Cristina da Ramallosa, Baiona.
Pórtico da igrexa de Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Pórtico da igrexa de Santa Cristina da Ramallosa.

Mosteiro de Carmelitas Descalzas da Virxe do Carme e San Xosé de Sabarís, Baiona

Mosteiro das Carmelitas.

Panorámica do panel vertical do Outeiro dos Lameiros - Os Campos - Baiona

Petróglifos do Outeiro dos Lameiros.

Lugares e parroquias

Parroquias de Baiona

Notas

  1. Navazas, G.: Fitotoponimia galega, p. 265. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 2006.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Ponte, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

A Ponte é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2008 tiña 108 habitantes.

A Ponte Nova, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

A Ponte Nova é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2008 tiña 181 habitantes un incremento de 141 habitantes en relación ao ano 2000.

A Ramallosa, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

A Ramallosa é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2008 tiña 862 habitantes.

A Ribeira, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

A Ribeira é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2008 tiña 63 habitantes.

A Serralleira, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

A Serralleira é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2013, tiña 21 habitantes (13 homes e 8 mulleres).

As Areas, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

As Areas é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello pontevedrés de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2013, tiña 170 habitantes (92 homes e 78 mulleres).

Bouzos, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Bouzos é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2013, tiña 81 habitantes (38 homes e 43 mulleres).

Devesa, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Devesa é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2008 tiña 52 habitantes.

Galería de imaxes de Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Santa Cristina da Ramallosa é unha parroquia que se localiza no concello de Baiona.

Ladeira, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Ladeira é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2008 tiña 192 habitantes.

Morade, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Morade é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2013, tiña 70 habitantes (36 homes e 34 mulleres).Atópase nun lugar privilexiado, con vistas ó océano Atlántico, na faldra do monte no que se atopan os populares petróglifos de Baíña (ou de Morade).

O Caeiro, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

O Caeiro é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello pontevedrés de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2013 tiña 141 habitantes (68 homes e 73 mulleres).

O Cruceiro Novo, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

O Cruceiro Novo é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2008 tiña 55 habitantes.

O Outeiro, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

O Outeiro é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2008 tiña 226 habitantes.

Atópase na parte baixa da faldra do monte no que se atopan os petróglifos de Baíña (ou Morade).

O Xuncal, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

O Xuncal é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2008 tiña 232 habitantes.

Recibe o seu nome (ó igual que o da parroquia) polas súas características xeográficas e xeolóxicas. Debido a grande abundancia que houbo (e nalgúns sitios hai) de xuncos e ramallos, así coma terreos pantanosos e xunqueiras. Estes terreos dan á zona unha gran riqueza e variedade de flora e fauna.

O Xuncal divídese en dous polo río Groba que vai desembocar á praia Ladeira. Durante a posguerra, no período da autarquía do franquismo, construíronse en dito río dous muíños. Na actualidade un deles desapareceu por mor da construción do Club de Tenis Monterreal, e o outro foi restaurado para facer nel un restaurante.

Ponte da Ramallosa

A ponte da Ramallosa é unha construción románica sobre o río Miñor, entre as parroquias da Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona).

Sabarís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Sabarís é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2013 tiña 387 habitantes (185 homes e 202 mulleres).

Sopegal, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Sopegal é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2008 tiña 52 habitantes.

Viso de Calvos, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Viso de Calvos é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2008 tiña 139 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.