Santa Cristina, Perillo, Oleiros

Santa Cristina é un lugar da parroquia de Perillo no concello coruñés de Oleiros. Atópase na costa oriental da ría da Coruña, ao oeste de Bastiagueiro e ao norte de Perillo.

A praia de Santa Cristina, moi frecuentada por surfistas, é a máis longa do concello de Oleiros. No paseo marítimo e a zona próxima á praia concéntranse os locais de hostalaría.

Coordenadas: 43°20′17″N 8°22′28″O / 43.3381334, -8.3744275

Santa Cristina
Paseo marítimo de Santa Cristina
Paseo marítimo e praia de Santa Cristina
ParroquiaPerillo
ConcelloOleiros

Lugares e parroquias

Parroquias de Oleiros

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arco Ártabro

O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, que se corresponde co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e intérnase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, segundo autores).

Desde unha concepción máis ampla deste accidente xeográfico, tamén se considera que o Golfo Ártabro abrangue todo o entrante que fai o océano na costa entre o Cabo Prior, en Ferrol, e o cabo de Santo Hadrián, en Malpica.

Praia de Santa Cristina

A praia de Santa Cristina, en Perillo, é unha praia urbana moi coñecida e concorrida durante os meses de verán. É a praia de maior lonxitude de todo o concello de Oleiros. De area fina e dourada, emprégase para actividades de lecer, pesca artesanal e marisqueo, como deportivas, windsurf ou kitesurf e ata concertos.

O paseo marítimo e a zona próxima á praia é un lugar de locais hostalaría.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.