Santa Comba

Santa Comba é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2015 tiña 9.635 habitantes (10.487 no 2009, 10.588 no 2007, 10.647 no 2006, 10.683 no 2005, 10.704 no 2004, 10.823 en 2003). O seu xentilicio é «combés» ou «xalleiro».

Coordenadas: 43°2′11.4″N 8°49′13.38″O / 43.036500, -8.8203833

Santa Comba
Bandeira de Santa Comba
---
Escudo de Santa Comba
Merendero en Santa Comba
Paisaxe en Santa Comba.
Situacion Santa Comba
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Xallas
Poboación9.450 hab. (2018)
Área203,7 km²
Densidade46,39 hab./km²
Entidades de poboación17 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeDavid Barbeira (CxG)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 6
Outros: CxG 1
Eleccións municipais en Santa Comba
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes85,48%
Na rede
www.santacomba.es
alcaldia@santacomba.dicoruna.es
Santa Comba 01-03
Santa Comba (M. Castelo, 1997)

Etimoloxía

O nome provén de Santa Comba de Sens, virxe e santa galaica do século III cuxa lenda mestúrase con lendas celtas precristiás relacionadas con outras santas como Comba de Cornualles e Comba de Córdoba.

Xeografía

Está situada no oeste da provincia da Coruña, e ten 203 km². Pertence á comarca do Xallas, e ten un relevo pouco accidentado con suaves ondulacións cunha altitude entre os 300 e os 500 metros. O clima é atlántico moi húmido propio das zonas costeiras de Galicia. As choivas son moi abundantes, principalmente entre os meses de novembro e frebreiro.

A capital do concello é Santa Cataliña de Armada, fusionada có núcleo de poboación de Santa Comba, situada case no centro xeográfico do municipio. Está a 62 km da Coruña, 28 de Santiago de Compostela (ámbalas dúas con aeroporto) e a 68 de Fisterra.

Censo total 9.635 (2015)
Menores de 15 anos 1.029 (10.68 %)
Entre 15 e 64 anos 5.822 (60.42 %)
Maiores de 65 anos 2.784 (28.89 %)
Evolución da poboación de Santa Comba   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
9.075 9.726 12.061 11.902 10.704 10.101 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Santa Comba.
Santa Comba nevada

Santa Comba nevada.

Pazo

Pazo de Cícere, (San Pedro de Cícere).

Sta comba

Santa Comba.

Casa concello Santa Comba 04

Casa do concello.

Placa Casa concello Santa Comba 03

Placa altimétrica na casa do concello.

Lugares de Santa Comba

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santa Comba vexa: Lugares de Santa Comba.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bande

Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.591 habitantes (1735 en 2015, 2083 en 2010, 2217 en 2006, 2285 en 2005, 2326 en 2004 e 2332 en 2003). O seu xentilicio é bandés.

Carnota

Carnota é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 4.376 habitantes (4.938 no 2009, 5.017 no 2007, 5.112 no 2006, 5.244 no 2005, 5.285 no 2004, 5.421 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carnotán.

Comarca do Xallas

A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba. Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391 km² e no 2014 tiña 14.008 habitantes. Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra. O seu xentilicio é xalleiro/xalleira.

Fornelas, A Pobra do Brollón

Santa Comba de Fornelas é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2008 tiña 84 habitantes, 45 homes e 39 mulleres, agrupados en 7 entidades de poboación, cunha densidade media de 27 hab./km². En 1991 TIÑA 114 habitantes.

Limita coas parroquias de Eixón ao norte, Cereixa ao leste, Chavaga ao sur e A Parte ao oeste.

Freixeiro, Santa Comba

San Fins de Freixeiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Santa Comba na comarca do Xallas. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 488 habitantes (198 mulleres e 173 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 683 habitantes.

Illa de Santa Comba

A Illa de Santa Comba tamén coñecida como "Illa do Medio" é unha illa galega, situada na provincia da Coruña, na costa norte do concello de Ferrol (parroquia de Covas). É unha illa alargada, de 5 hectáreas de superficie e completamente chaira. En realidade é unha antiga península que a erosión mariña, producida pola forza das ondas, separou da terra firme. Cando baixa a marea únese a terra por un estreito tómbolo de area, e cando esta sobe a illa queda dividida en tres porcións por angostas e profundas canles. Existe unha ermida consagrada a Santa Comba, cuxas orixes remóntanse ao século XII, é propiedade da Igrexa, e ao seu redor levouse a cabo unha importante escavación arqueolóxica onde se descubriu un antigo asentamento castrexo con forno de fundición de metal e unha necrópole altomedieval.

Rianxo, Rianxo

Santa Comba de Rianxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 4.856 habitantes (2.418 homes e 2.438 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que representa un aumento en relación ao ano 2004 (cando tiña 4.374 habitantes) e ao ano 1999 (cando tiña 4.251 habitantes).

Esta parroquia e mais a de Leiro, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado .

Santa Comba, Agolada

San Xoán de Santa Comba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 93 habitantes (48 homes e 45 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.

Santa Comba, Bande

San Trocado de Santa Comba é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 201 habitantes, dos cales 93 eran homes e 108 mulleres.

Santa Comba, Lugo

San Pedro de Santa Comba é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 265 habitantes, deles 129 eran homes e 136 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Santa Comba, Santa Comba

Santa Comba é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Santa Comba. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.366 habitantes (1.718 mulleres e 1.648 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.743 habitantes.

Santa Comba do Trevoedo, Maside

Santa Comba do Trevoedo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 145 habitantes, deles 64 eran homes e 81 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

Santa Sabiña, Santa Comba

San Xulián de Santa Sabiña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Santa Comba. Segundo o IGE en 2013 tiña 801 habitantes (424 mulleres e 377 homes), 150 menos ca en 1999. Ten once entidades de poboación.

Veigue, Sada

Santa Comba de Veigue é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 421 habitantes (216 homes e 205 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 328 habitantes.

Vilapún, Cervantes

Santa Comba de Vilapún é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 88 habitantes (46 homes e 42 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 95 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 65 habitantes, sendo 33 homes e 32 mulleres.

Xallas de Castriz, Santa Comba

San Pedro de Xallas de Castriz é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Santa Comba. Segundo o IGE en 2013 tiña 852 habitantes (533 mulleres e 419 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.050 habitantes.

Xallas de Santa Comba Club de Fútbol

O Xallas de Santa Comba Club de Fútbol é un equipo de fútbol galego do concello de Santa Comba, na provincia da Coruña. Foi fundado en 2012 por unión do Santa Comba Fútbol Club e o Xallas Club de Fútbol. Actualmente xoga na Preferente Autonómica de Galicia.

Xesteda, Cerceda

Santa Comba de Xesteda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerceda. Segundo o IGE en 2013 tiña 354 habitantes (173 homes e 181 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 448 habitantes.

Ángel Carracedo

Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo, nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.