Sant Pere Pescador

Sant Pere Pescador é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, que forma parte da comarca do Alt Empordà. Atópase no norte da Costa Brava, na zona do golfo de Roses.

Tiña en 2015 unha poboación de 2.143 habitantes agrupados nos núcleos de Sant Pere Pescador, Bon Relax i Mas Sopes.

Os dos motores económicos son a agricultura e o turismo. Entre os seus lugares de interese destacan a Casa Caramany, o castelo de Sant Pere (século XIV e a capela de Sant Sebastià.

Coordenadas: 42°11′23″N 03°04′59″L / 42.18972, -3.08306

Sant Pere Pescador - Església de Sant Pere
Igrexa de Sant Pere.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alexandre Deulofeu

Alexandre Deulofeu Torres, nado en L'Armentera (Xirona) o 20 de setembro de 1903 e finado en Figueres o 27 de decembro de 1978, foi un político e filósofo da historia que escribiu sobre o que el chamou "Matemática da historia", unha teoría cíclica sobre a evolución das civilizacións.

Alt Empordà

O Alt Empordà é unha comarca da provincia de Xirona, en Cataluña. A súa capital é Figueres. En 2009 tiña 135.413 habitantes.

A comarca limita ao norte coas comarcas francesas do Vallespir e o Rosellón, co mar Mediterráneo ao leste, co Baix Empordà, o Gironès e o Pla de l'Estany polo sur, e coa Garrotxa polo oeste. É unha das dúas comarcas nas que quedou dividido o Empordà na división comarcal de 1936.

Costa Brava

A Costa Brava é o nome asignado á zona costeira de Cataluña que comeza na desembocadura do río Tordera en Blanes e acaba na fronteira con Francia en Portbou. Limita ao norte coa Costa Vermella e ao sur coa Costa do Maresme.

Esta franxa litoral ten unha extensión de 214 km e está comprendida polas comarcas catalás do Alt Empordà, o Baix Empordà e La Selva. Sitúase na provincia de Xirona, pertencente á Comunidade Autónoma de Cataluña.

O termo Costa Brava foi publicado polo xornalista Ferrán Agulló nas páxinas de La Veu de Catalunya o 12 de setembro de 1908. Con esta expresión o xornalista quería describir a paisaxe agreste e escarpado que caracteriza gran parte da zona costeira.

Xa pola década dos 30, os turistas enchían as praias da zona, pero aínda se mesturaban con pescadores e agricultores que cultivaban preto da costa. A partir dos anos 50 e 60 o fenómeno turístico xeneralizouse e houbo un gran desenvolvemento urbanístico dalgunhas localidades destas comarcas.

Ata a chegada da economía do turismo, moitas das localidades da rexión costeira eran pequenos pobos de pescadores de casas encaladas e estreitos rueiros. Os seus habitantes, as súas tradicións e a beleza natural da rexión espertaron o interese de artistas e escritores como Marc Chagall, Picasso, Rusiñol ou Dalí. Actualmente, a zona aínda conserva gran parte desta esencia que a caracterizaba antes do cambio que supuxo a chegada do turismo.

Empordán

O Empordán (en catalán: Empordà) é unha comarca histórica do nordés de Cataluña (España), situada na costa norte da provincia de Xirona, no límite con Francia. Coincide aproximadamente cos límites do antigo condado de Empúries. A comarca toma o seu nome da colonia grega de Empúries (Emporion).

Na actualidade, a comarca histórica áchase dividida en dúas comarcas administrativas:

Alt Empordà, con capital en Figueres.

Baix Empordà, con capital en La Bisbal d'Empordà.

L'Armentera

L'Armentera é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, que forma parte da comarca do Alt Empordà. Limita ao norte e leste con Sant Pere Pescador, ao sur con Viladamat e ao oeste con Torroella de Fluvià.

Tiña en 2015 unha poboación de 907 habitantes.[Cómpre referencia]

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà

O Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà atópase en Cataluña, na comarca do Alt Empordà (provincia de Xirona). Foi constituído coma Parque natural no 1983 tras unha intensa campaña cidadán para a súa creación.

Primeira Nacional Feminina de España

A Primera Nacional Feminina de España é a terceira categoría del sistema femenino de Ligas de fútbol de España, sendo inmediatamente inferior á Segunda División.

Foi creada en 2001 e a súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. Inicialmente tiña o nome de Primeira Nacional, na temporada 2012-13 cambiou a súa denominación a Segunda División. Ao finalizar a tempada 2018/19 pasou de sela segunda a sela terceira categoría, pola creación da Segunda División Pro recuperando o seu nome orixinal. Nela compiten nela 98 equipos repartidos en sete grupos diferentes. A competición arrancará o 15 de setembro e rematará o 3 de mazo de 2020.

Río Fluvià

O Fluvià é un río de Cataluña de orientación leste-oeste, que logo dun curso de 70 km desauga no mar Mediterráneo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.