Sansón

Sansón foi un persoeiro do Antigo Testamento, de forza extraordinaria, que simboliza a loita dos israelitas contra os filisteos. A lenda de Sansón está recollida no Libro dos Xuíces (13-16). Represéntase con longa cabeleira ou cunha columna crebada.

O seu nome procede do hebreo shamash, sol, co significado de fillo do sol.

PikiWiki Israel 6588 Ashdod
Estatua de Sansón derrubando as columnas do templo (en Ashdod, Israel).

Feitos de Sansón

A tradición di que a forza de Sansón residía no seu longo cabelo, e nesta característica baséanse os feitos que se contan del, como o de que venceu a todo un exército de filisteos armado só coa queixada dun burro, ou o de que matou un león coas mans, desartellándolle as mandíbulas. Este segundo feito relaciona as figuras de Sansón e de Hércules: tamén este deu morte a un león esganándoo coas mans

Casou con Dalila, de orixe filistea, e descóbrelle o segredo da súa forza, o que significou a súa perda: Dalila, aproveitando que durmía, cortoulle o pelo e entregouno ós filisteos. Capturado e vencido o seu principal inimigo, os filisteos celebraron unha festa no templo, con Sansón encadeado ás columnas que o sostiñan. No último momento, Sansón derrubou as columnas e con elas caeu o templo, matando os filisteos todos que nel estaban, o que representou a súa última vitoria e que se lle considere suicida.

Sansón e mailo león

Igrexa de Santiago de Taboada. Galiza 3
Santiago de Taboada, Silleda.

Na imaxinería relixiosa represéntase nos tres momentos citados: xunto a Dalila, que lle corta o pelo, derrubando as columnas ou loitando co león.

Na escultura románica, a escena de Sansón e o león quedou reflectida nos tímpanos de, polo menos, sete igrexas galegas:

San Martiño de Moldes (Melide).
San Martiño de Moldes (Melide). 
San Xoán de Palmou (Lalín).
San Xoán de Palmou (Lalín). 
Oleiros (Silleda).
Oleiros (Silleda). 
Santa Baia de Beiro (Ourense).
Santa Baia de Beiro (Ourense). 
Taboada dos Freires (Lugo).
Taboada dos Freires (Lugo). 
Pazos de San Clodio (San Cibrao das Viñas).
Pazos de San Clodio (San Cibrao das Viñas). 

Hai outros autores, como Hipólito de Sá,[3] que discuten a interpretación dalgúns destes tímpanos e ven a imaxe de Santiago Apóstolo a cabalo. De feito, nalgún caso a imaxe do animal lembra máis un cabalo ca un león.

Só un, o de Taboada dos Freires, está datado, nunha inscrición que rodea a imaxe e remata na cara inferior da pedra, na que se especifica o nome do escultor, un tal Pelagius, e a data de 1228 (1190 na nosa cronoloxía). Xosé Ramón Fernández-Oxea, que estudou seis destes sete tímpanos [4], supón que o de Palmou é inmediatamente anterior a 1170, mentres que Yzquierdo Perrín dátao entre 1150 e 1160. O máis moderno de todos eles, o de Beiro, pode datarse ó redor de 1200.

A mesma imaxe aparece profusamente en tímpanos, relevos ou capiteis do resto de España, así como en Francia e Italia.

Notas

  1. Hoxe no Museo de Pontevedra.
  2. Actualmente nunha casa particular de Turei, lugar da mesma parroquia.
  3. Rutas del románico en la provincia de Pontevedra, 1978, 617-619; na descrición da igrexa de Santiago de Taboada (Silleda).
  4. Non tiña información do de San Miguel de Oleiros, dado a coñecer en 1971.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ferro Ruibal, Xesús (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992.
  • Sastre Vázquez, Carlos: "Os sete tímpanos galegos coa loita de Sansón e o león. A propósito da posible recuperación dunha peza do noso patrimonio", en Anuario Brigantino nº 26, 2003, 321-338.

Ligazóns externas

28 de xullo

O 28 de xullo é o 209º día do ano do calendario gregoriano e o 210º nos anos bisestos. Quedan 156 días para finalizar o ano.

Dalila

Dalila (en hebreo: דְּלִילָה, ‘[a que] debilitou’, ‘desarraigou’ ou ‘empobreceu’, da raíz dal, ‘débil’ ou ‘pobre’) era a «muller no val de Soreq» á que amou Sansón e que foi a súa perdición no bíblico Libro dos Xuíces (capítulo 16).

Os filisteos, inimigos de Israel, dirixíronse a Dalila para descubrir o segredo da forza de Sansón. Tres veces preguntou Dalila a Sansón o segredo da súa forza e tres veces el deulle unha resposta falsa. Á cuarta deulle a auténtica razón (que non cortaba o pelo en cumprimento dun voto a Deus) e Dalila traizoouno cos seus inimigos.

Algúns consideran que unha das falsas respostas dadas por Sansón (que a súa forza o abandonaría se o seu pelo non estaba entretecido nun tecido) é unha reminiscencia da arcana arte feminina do fiado, que tamén é inherente aos mitos de Penélope, Circe e Aracne.

«Soreq» só está especificamente identificado como un lugar na historia de Sansón. Xerome menciona un «Cafarsoreq» que estaba preto de Saraa. No Israel moderno hai un val de Soreq e mesmo un viñedo de Soreq (desde 1994-5). Con todo, «Soreq» é a vide en Xénese 49:11, Isaías 5:2 e Xerome 2:21. Sansón dedicárase desde o ventre da súa nai como nazireo, polo que tiña prohibido tocar o viño e cortar o pelo. Dalila pode ser unha «muller-vide» (compárese co mítico nome grego Enone), personificando as tentacións femininas da vida que traizoarían a súa dedicación nazirea.

John Milton presentouna como perdida e estúpida mais amablemente tentadora, moi parecida á súa versión de Eva, na súa obra de 1671 Sansón Agonista.

Francesco Morone

Francesco Morone, nado en Verona cara a 1471 e finado o 16 de maio de 1529, foi un pintor italiano do Renacemento.

Francisco Bao Rodríguez

Francisco Bao Rodríguez máis coñecido como Sansón, nado en Lavadores (Vigo) o 20 de abril de 1924 e finado en Vigo o 13 de febreiro de 2012, foi un futbolista galego moi polivalente que xogaba na demarcación de defensa. Aínda ostenta na actualidade o récord de ser o xogador máis novo en debutar en Primeira División.

Giambologna

Giambologna, sobrenome italianizado de Jean de Boulogne, nado en Douai en 1529 e finado en Florencia en 1608, foi un escultor flamengo, que traballou en Italia, especialmente en Florencia. En España foi coñecido, en tempos como Juan de Bolonia.

Guernsey

Guernsey ou Guernesei[Cómpre referencia] é unha illa na canle da Mancha parte do arquipélago das Illas da Canle. É unha posesión da coroa británica. Ten unha poboación de 58.870 persoas e a capital é Saint Peter Port. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia. Cando en 1066 os normandos invadiron Inglaterra, Normandía e Inglaterra foron unidas baixo unha monarquía. Durante a idade media, Inglaterra perdeu moita da súa terra no continente europeo pero conservou as súas illas na Canle da Mancha, incluíndo Guernesey.

Ademais da illa de Guernsey, a Bailía de Guernsey (en francés Bailliage de Guernesey, en inglés Bailiwick of Guernsey) inclúe as illas veciñas de Alderney (poboación 2.400) e de Sark (poboación 610), e algunhas outras illas moi pequenas. A lexislatura elixida do territorio chámase Os Estados de Deliberación. O xefe de goberno é un administrador elixido chamado o Bailiff, e o xefe de estado é o Tenente Gobernador, que é designado pola raíña.

Como a da veciña illa de Jersey, a economía de Guernsey baséase nos servizos financeiros como paraiso fiscal, o turismo e a agricultura. Un servizo de transbordador conecta as illas con Gran Bretaña e Francia.

Ignacio González Montes

Ignacio González Montes nado na Pobra do Caramiñal foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.

José Iglesias Rodríguez

José Iglesias Rodríguez, máis coñecido futbolisticamente como Machicha II, nado a comezos do século XX en Vigo foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro. Era irmán do tamén futbolista Ángel Iglesias Rodríguez, Machicha.

Manuel Piñeiro Jáuregui

Manuel Piñeiro Jáuregui, nado o 19 de marzo de 1906 en Moaña foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.

Moldes, Melide

San Martiño de Moldes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Melide. Segundo o IGE en 2018 tiña 69 habitantes (36 mulleres e 33 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.

Oleiros, Silleda

San Miguel de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2010 tiña 113 habitantes (57 homes e 56 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 144 habitantes.

Palestina (rexión)

Palestina (en Latín: Syria Palæstina, en árabe فلسطين Filasṭīn), é unha rexión do Oriente Medio que se estende desde a costa oriental do Mar Mediterráneo ata ao interior. O seu estatuto político é disputado acesamente.

A zona que corresponde á antiga Palestina atópase hoxe dividida entre unha área do estado de Israel e os territorios de maioría árabe ocupados por Israel despois da Guerra dos seis días en 1967: a Faixa de Gaza, a de Cisxordania, e Xerusalén Leste. Algunhas partes dispersas desta área árabe pasaron hai algúns anos a ser administradas por unha entidade autónoma, a Autoridade Palestina, mais Israel mantén o control das fronteiras .

Palmou, Lalín

San Xoán de Palmou é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 167 habitantes (84 mulleres e 83 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 225 habitantes.

Sansón e Dalila

Sansón e Dalila (en inglés: Samson and Delilah) é un telefilme xermano-italo-estadounidense dirixido Nicolas Roeg que foi estreado en 1996. Estreouse en galego na TVG o 4 de xaneiro de 2009.

Santi Mina

Santiago Mina Lorenzo, nado o 7 de decembro de 1995 en Vigo é un futbolista galego que xoga no Celta de Vigo na demarcación de dianteiro centro. É fillo do defensa do Celta de Vigo na década dos 80 Santiago Mina Vallespín.

Taboada

Taboada (do latín tabulatam, aplicado a un terreo chairo, de tabula, "táboa") é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. No 2017 contaba con 2.862 habitantes.

É unha porta natural á Ribeira Sacra: atópase no norte da comarca de Chantada, ao pé da serra do Faro e na beira occidental do encoro de Belesar sobre o río Miño.

Taboada dos Freires, Taboada

Santa María de Taboada dos Freires é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 84 habitantes (43 homes e 41 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.

Trompeta

A trompeta é un instrumento musical da familia de vento metal , fabricado en aliaxe de metal. O son da trompeta prodúcese coa vibración dos beizos na boquilla a partir da columna do aire (fluxo de aire). A trompeta, comunmente, está afinada en si bemol, é dicir, un ton por debaixo da afinación real (tamén hai trompetas afinadas en fa, en dó, en la e en mi bemol. É o instrumento máis agudo da súa familia (vento metal). O músico que toca a trompeta é chamado trompetista ou tamén simplemente trompeta.

Está composta por tres pistóns que regulan o paso do aire que pasa desde a boquilla ata a campá.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.