Sandro Botticelli

Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintor renacentista italiano. O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada. Sábese que foi acollido polos Medici e por outras prominentes familias florentinas entre 1483 e 1500. Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras.

Alessandro di Mariano di Vanni Filipepi
Sandro Botticelli 083
Suposto autorretrato que figura na súa pintura Adoración da Virxe medicea
NomeAlessandro di Mariano di Vanni Filipepi
Nacemento1 de marzo de 1445
 Florencia
Falecemento1510, 17 de maio de 1510 e 16 de maio de 1510
 Florencia
Nacionalidadeitaliano
Eidopintura
MovementoRenacemento italiano
TraballosPrimavera
O nacemento de Venus
Adoración dos Magos

Traxectoria

Botticelli entrou á idade de quince anos no obradoiro de Fra Filippo Lippi (1406-1469), monxe e pintor florentino, autor de celebradas pinturas de temática relixiosa. Traballou tamén cos pintores Antonio del Pollaiuolo e Andrea del Verrocchio. Con eles fixo a súa aprendizaxe da ourivaría, do gravado e do cicelado, artes que influíron na súa concepción do debuxo. Botticelli traballaba con frecuencia con artesáns, especialmente co seu irman Antonio, que era ourive, e co cal compartía o seu taller.

A partir de 1481, Botticelli foi chamado a Roma polo papa Sisto IV, para que decorase a Capela Sistina, xunto con outros grandes artistas. Porén, a rivalidade existente entre o papa e os Medici, mecenas do artista, fixo que o seu talente non fose recoñecido debidamente.

Alí realizou tres grandes frescos:

  • As probas de Moisés
  • As probas de Cristo
  • O castigo de Coré

Logo volveu a Florencia, enfurecido pola inxustiza que se fixera coas súas obras, de xeito que decidiu, entón, non abandonar xamais a súa cidade natal. Moi logo reiniciou o traballo, pintando o Nacemento de Venus en 1484, unha das súas obras mestras.

A mediados da década de 1480, Botticelli, xunto con Perugino, Ghirlandaio e mais Filippino Lippi, traballou nunha importante serie de frescos para Lourenzo o Magnífico, nunha "vila" preto de Volterra. Neses anos pintaría bastantes outros frescos en igrexas florentinas.

No 1491 Botticelli formou parte dun comité para decidir sobre a fachada do Duomo de Florencia. No 1502 foi acusado de sodomía, aínda que a acusación foi retirada. No 1504 participou noutro comité, neste caso para decidir onde colocar a estatua de David de Michelangelo. O seu último traballo foi unha serie sobre a vida de san Cenobio, que lembra o uso non naturalista do pintor Fra Angelico.

Tivo como discípulo máis destacado a Filippino Lippi, fillo do seu mestre Fra Filippo Lippi.

Obras (selección)

Sandro Botticelli - Portrait of a Man with a Medal of Cosimo the Elder
Home coa medalla de Còsimo de Médicis
  • Madonna co Neno e anxo (1465-67) -Témpera sobre táboa, 87 x 60 cm, Spedale degli Innocenti, Florencia
  • Adoración dos Magos (1465-67) -Témpera sobre táboa, 50 x 136 cm, National Gallery, Londres
  • Adoración dos Magos (1465-67) -Témpera sobre táboa, diámetro 131,5 cm, National Gallery, Londres
  • Madonna e Neno con dous anxos e san Xoán neno (1465-70) - Témpera sobre táboa, 85 x 62 cm, Galleria dell Accademia, Florencia
  • Madonna con Neno e anxo (post. 1465) - Témpera sobre táboa, 110 x 70 cm, Musée Fesch, Ajaccio
  • Madonna con Neno (h. 1467) - Témpera sobre táboa, 71,6 x 51 cm, Musée du Petit Palais, Aviñón
  • Madonna da galería (1467) - Temple sobre táboa, 72 x 50 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Madonna con Neno e dous anxos (1468-70), - Témpera sobre táboa, 100 x 71 cm, Museo de Capodimonte, Nápoles
  • A Virxe na Gloria con serafíns (1469-70) - Témpera sobre táboa, 120 x 65 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Madonna da roseira (1469-70) - Témpera sobre panel, 124 x 65 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Historias da Madalena: Comuñón e Asunción (1470), - Témpera sobre táboa, 18 x 42 cm, Philadelphia Museum of Art, a colección Johnson, Filadelfia
  • A Fortaleza (1470) - Témpera sobre táboa, 167 x 87 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Retrato dun mozo (ca. 1470) - Témpera sobre táboa, 51 x 33,7 cm, Pazo Pitti, Florencia
  • A Virxe e o Neno con seis santos (Retablo de sant'Ambrogio) (ca. 1470) - Témpera sobre táboa, 170 x 194 cm, Galería Uffizi,Florencia
  • Madonna da Eucaristía (1470-1472) - Témpera sobre táboa, 84 x 64,5 cm, Museo Isabella Stewart Gardner, Boston
  • Díptico das Historias de Xudit (1470-72), Galería Uffizi, Florencia:
    • Regreso de Xudit a Betulia - Témpera sobre táboa, 31 x 25 cm
    • Descubrimento do cadáver de Holofernes - Témpera sobre madeira, 31 x 25 cm
  • San Sebastián (1474) - Témpera sobre táboa, 195 x 175 cm, Staatliche Museen, Berlín
  • Adoración dos Reis Magos (1475) -Témpera sobre táboa, 111 x 134 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Retrato de hombe con a medalla de Còsimo o Vello (1475) - Témpera sobre táboa, 57,5 x 44 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Adoración dos Magos (1475), Galería Uffizi, Florencia
  • Retrato de Esmeralda Brandini (ca. 1475) - Témpera sobre táboa, 65,7 x 41 cm, Victoria and Albert Museum, Londres
  • Retrato dunha moza (ca. 1475) - Témpera sobre táboa, 61 x 40 cm, Palacio Pitti, Florencia
  • Retrato de Giuliano de Medici (ca. 1475) - Témpera sobre táboa, 54 x 36 cm, Accademia Carrara, Bérgamo
  • Virgen e Neno (h. 1475) - Témpera sobre táboa, Art Institute, Chicago
  • Catalina de Alexandría, retrato de Caterina Sforza (ca. 1475) - Lindenau-Museum, Altenburg
  • Retrato de Giuliano de Medici (1476-77) - Témpera sobre táboa, 75,6 x 36 cm, Galería Nacional de Arte, Washington
  • Nacemento de Cristo, (1476-77) - Fresco, 200 x 300 cm, Santa Maria Novella, Florencia
  • Retrato de Giuliano de Medici (1478) - Táboa, 54 x 36 cm, Gemäldegalerie, Berlín
  • Anunciación (ca. 1479) - Témpera sobre táboa, 19 x 30 cm. Colección Hyde, Glens Falls
  • Santo Agostiño no seu gabinete (1480) - Fresco, pintura mural desprendida, 152 x 112 cm, Iglesia de Ognissanti, Florencia
  • Madonna do libro (1480-81) - Témpera sobre táboa, 58 x 39,5 cm, Museo Poldi Pezzoli, Milán
  • Retrato dunha moza (1480-85) - Témpera sobre madeira, 82 x 54 cm, Instituto Städel, Frankfurt am Main
  • Madonna do Magnificat (1481) - Témpera sobre táboa, diámetro 118 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Alegoría da Primavera (1481-82) - Témpera sobre táboa, 203 x 314 cm, Galería Uffizi, Florencia
Sandro Botticelli 009
Adoración dos Magos, 1481-1482, Washington DC
  • Adoración dos Magos (1481-82) - Témpera sobre táboa, 70 x 103 cm, Galería Nacional de Arte, Washington DC.
  • Frescos nos muros laterais da Capela Sistina, Cidade do Vaticano (1481-82):
    • Probas de Moisés - Pintura mural, 348,5 x 558 cm
    • Castigo dos rebeldes - Pintura mural, 348,5 x 570 cm
    • Probas de Cristo - Pintura mural, 345,5 x 555 cm
  • Palas e o Centauro (1482-83) - Témpera sobre lenzo, 207 x 148 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Retrato dun mozo (h. 1482-83) - Témpera sobre táboa, 41 x 31 cm, Galería Nacional de Arte, Washington, D.C.
  • Venus e Marte (1483) - Témpera sobre táboa, 69 x 173 cm, National Gallery, Londres
  • Historia de Nastagio degli Onesti (1483):
    • Nastagio degli Onesti I - Témpera sobre táboa, 83 x 138 cm, Museo do Prado, Madrid
    • Nastagio degli Onesti II - Témpera sobre táboa, 83 x 138 cm, Museo do Prado, Madrid
    • Nastagio degli Onesti III - Témpera sobre táboa, 83 x 138 cm, Museo do Prado, Madrid
    • Nastagio degli Onesti IV - Témpera sobre táboa, 84 x 142 cm, Colección privada
  • Nacemento de Venus (1484) - Témpera sobre lenzo, 184,5 x 285,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Madonna da granada (1487)- Témpera sobre táboa, diámetro 143,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Madonna co Neno, santa Catalina de Alexandría, santo Agostiño, san Bernabé, san Xoán Bautista, san Ignacio e san Miguel Arcánxo (Pala de San Bernabé) (1487) - Témpera sobre táboa, 268 x 280 cm, Galería Uffizi, Florencia
    • Predela con Cristo muerto - Temple sobre táboa, 21 x 41 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Visión de santo Agostiño (ca. 1488) - Témpera sobre táboa, 20 x 38 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Cristo no sepulcro (h. 1488) - Témpera sobre táboa, 21 x 41 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Salomé con a cabeza do Bautista (ca. 1488) - Témpera sobre táboa, 21 x 40,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Extracción do corazón de san Ignacio (ca. 1488) - Témpera sobre táboa, 21 x 40,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Coroación da Virxe con san Xoán Bautista, santo Agostiño, san Xerome e san Elixio (Pala de San Marcos) (1488-1490) - Témpera sobre táboa, 378 x 258 cm (pala) y 21 x 269 cm (toda la predela) Galería Uffizi, Florencia
  • Retrato de Michelle Marullo (ca. 1491) - Témpera sobre lenzo transferido de madeira, 49 x 35 cm, Colección privada (en préstamo no Museo do Prado, Madrid)
  • Anunciación (1490-93) - Témpera sobre táboa, 23,9 x 36,5 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nova York
  • Retrato de Lorenzo di Ser Piero Lorenzi (1490-95) - Témpera sobre táboa, 50 x 36,5 cm, Museo de Arte de Filadelfia, Filadelfia
  • Madonna do pavillón (h. 1493) - Témpera sobre táboa, diámetro 65 cm, Pinacoteca Ambrosiana, Milán
  • A Piedade (1495) - Témpera sobre táboa, 107 x 71 cm, Museo Poldi Pezzoli, Milán

n el Niño y san Juanito]] (1495) - Temple sobre táboa, 134 x 92 cm, Galería Palatina del Palacio Pitti, Florencia

  • A Calumnia (1495) - Témpera sobre táboa, 62 x 91 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Última comuñón de san Xerome (ca. 1495) - Témpera sobre táboa, 34,5 x 25,4 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nova York
  • Retrato de Dante (ca. 1495) - Témpera sobre lenzo, 54,7 x 47,5 cm, Colección privada
  • Xudit abandona a tenda de Holofernes (1495-1500) - Témpera sobre táboa, 36,5 x 20 cm, Rijksmuseum, Ámsterdan
  • Crucifixión (h. 1497) - Témpera sobre lenzo, 73,5 x 50,8 cm, Museo de arte Fogg, Universidad de Harvard, Cambridge, Massachusetts
  • Oración no Horto (1498-1500) - Témpera sobre táboa, 53 x 35 cm, Capela Real, Granada
  • Catro cadros sobre a Vida de san Cenobio (1500-1505):
    • Bautismo de san Cenobio e ordenación como bispo - Témpera sobre táboa, 66,5 x 149,5 cm, National Gallery, Londres
    • Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 65 x 139,5 cm, National Gallery, Londres
    • Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 67 x 150,5 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nova York
    • Último milagre e morte de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 66 x 182 cm, Gemäldegalerie, Dresde
  • Natividade mística (1501) - Témpera sobre táboa, 108,5 x 75 cm, National Gallery, Londres

Galería de pinturas

Sandro Botticelli 061

Madonna co Neno e anxos cantores (1487)

Venus and Mars

Venus e Marte (1483)

Sandro Botticelli - La nascita di Venere - Google Art Project - edited

Nacemento de Venus (1486)

Botticelli-primavera

A Primavera (1485)

Galería de Debuxos

Pur 01 Botticelli
Pur 30 botticelli
Pur 31 botticelli
Inf. 29 Sandro Botticelli, alchimisti

alquimista

17 de maio

O 17 de maio é o 137º día do ano do calendario gregoriano e o 138º nos anos bisestos. Quedan 228 días para finalizar o ano.

1 de marzo

O 1 de marzo é o 60 día do ano do calendario gregoriano e o 61º nos anos bisestos. Quedan 305 días para finalizar o ano.

Andrea Mantegna

Andrea Mantegna, nado en Vicenza c. 1431 e finado en Mantua o 13 de setembro de 1506 foi un pintor e gravador italiano do Renacemento. Foi o primeiro grande artista da Italia setentrional.

Capela Real de Granada

A Capela Real de Granada é un templo relixioso situado no centro histórico da cidade de Granada. Nela atópanse soterrados os Reis Católicos, Xoana I de Castela e Filipe I de Castela.

Centro histórico de Florencia

O "centro histórico de Florencia" forma parte do quartiere 1 (barrio) da cidade italiana de Florencia. O barrio foi nomeado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1982.

Construído sobre o sitio dun asentamento etrusco, Florencia, o símbolo do Renacemento, acadou á preeminencia económica e cultural baixo os Medici nos séculos XV e XVI. Os seus 600 anos de extraordinaria actividade artística poden verse sobre todo na catedral (Santa Maria del Fiore) do século XIII, a igrexa de Santa Croce, os Uffizi e o Palacio Pitti, a obra de grandes mestres como Giotto, Filippo Brunelleschi, Sandro Botticelli e Michelangelo.

Década de 1480

A década de 1480 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1480 e remata o 31 de decembro de 1489.

Fogueira das vaidades

A fogueira das vaidades (en italiano: falò delle vanità) foi unha queima de libros seculares (o Decamerón e obras de Ovidio, entre outros), instrumentos musicais, cartas e dados, produtos de perfumaría, maquillaxe, roupas requintadas e espellos confiscados aos cidadáns de Florencia por orde do reformador relixioso Girolamo Savonarola .

A cerimonia máis significativa deste tipo realizouse na praza da cidade o Martes de Entroido, 7 de febreiro de 1497. Segundo a lenda, o propio artista Sandro Botticelli botou ao lume algunhas das súas mellores pinturas sobre temas mitolóxicos.

Galería Uffizi

A Galería Uffizi (En italiano Galleria degli Uffizi) que se traduce como Galería dos Oficios, é un palacio en Florencia, que contén unha das máis antigas e famosas coleccións de arte do mundo.

Glasgow

Glasgow (pronunciado [ˈɡlɑːzɡoʊ] en inglés, en gaélico escocés Glaschu, pronunciado [ˈɡ̊ɫ̪as̪əxu], ou Glesca/Glesga en escocés) é unha cidade de Escocia. Os seus 688.420 habitantes convértena na primeira cidade escocesa e a terceira de Gran Bretaña. Está situada na beira do Río Clyde nos Lowlands Escoceses. A xente de Glasgow é coñecida como glaswegians. Glaswegian tamén é o nome do dialecto local do escocés.

Lourenzo de Medici

Lourenzo de Medici (italiano: Lorenzo di Piero de' Medici), nado en Florencia o 1 de xaneiro de 1449 e finado en Careggi o 9 de abril de 1492, tamén coñecido como Lourenzo o Magnífico polos seus contemporáneos, foi un estadista italiano e gobernante de facto da República de Florencia durante o Renacemento italiano. Príncipe de Florencia, mecenas das artes, diplomático, banqueiro, poeta e filósofo renacentista, pertencente á familia dos Medici e tamén bisavó de Catarina de Medici.

A súa vida coincidiu coa cúspide do Renacemento italiano temperán; a súa morte marca o final da Idade de Ouro de Florencia. A fráxil paz que axudou a manter entre os distintos estados italianos terminou coa súa morte. Os restos de Lourenzo de Medici repousan na Capela dos Medici na Basílica de San Lourenzo (Florencia).

Madonna Dreyfus

Madonna Dreyfus, tamén coñecida como A Virxe da granada, é unha pequena pintura ao óleo sobre taboa do renacemento italiano, atribuída ata agora ao pintor Lorenzo di Credi, aínda que máis recentemente foi reconsiderada como obra de Leonardo da Vinci. Atopase na Galería Nacional de Arte de Washington, D.C.

Números

Números é o cuarto libro da Biblia e da Torá, contén narracións sobre o tempo de peregrinación do pobo de Israel polo deserto. O seu nome vén das numeracións das tribos de Israel coas que se inicia.

Quattrocento

Quattrocento é a denominación que adopta o Renacemento italiano do século XV, por comeza-los anos en italiano como mile quattrocento, o primeiro en darlle este nome foi Giorgio Vasari por volta do 1570. O outro período do renacemento italiano é o Cinquecento, no século XVI.

No Quattrocento realízase a evolución das formas medievais ás reinterpretacións clásicas. A cidade de Florencia, eminentemente mercantil dominada pola alta buguesía converteuse no centro de gravidade dunha sociedade que abandonou o misticismo da Idade Media, na cal a orde viña establecida desde o alto, imprimindo unha dinámica humanizante laizante e unha volta ás fontes da civilización occidental, o mundo greco-romano; apareceu no mundo da arte unha figura nova, os mecenas, que xurdiron pola prosperidade económica, a arela cultural e o desexo de ostentación e presitixio, e que chamaban e protexían os artistas para realizaren as súas encargas, os primeiros foron Cosme e Lourenzo de Medici; o artista tamén sufriu un proceso de individualización e personalización como froito do culto humanista polo individuo.

Os novos valores estéticos requirían novos sistemas de representación, coa perspectiva e o estudo das proporcións nun primeiro plano para representar a figura humana, principal obxectivo da representación artística.

Renacemento

O concepto Renacemento aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa (finais do século XV e todo o século XVI).

Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeira vez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento en Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home"..

De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que cualifica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da Europa do norte.

O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades de Florencia e Siena, de onde se espallou cara ó resto de Italia e despois cara a practicamente todos os países da Europa occidental. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en Inglaterra, Alemaña, Países Baixos e, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas.

Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.

(Á dereita, O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci. Aprox. 1492.)

Toscana

Toscana é unha rexión do centro da Italia con 3,6 millóns de habitantes, con capital en Florencia. Ten límites ao norte coa Emilia-Romaña, ao noroeste coa Liguria, ao leste con Marche e Umbria, ao oeste co Mar da Liguria e o Mar Tirreno.

A rexión, bañada polo mar Lígur na parte centro-setentrional e polo mar Tirreno na parte meridional, caracterízase por un litoral continental duns 230 km. O arquipélago toscano está constituído por 7 illas principais e algunhas illas minoritarias, moitas das cales son simples escollos aflorados, facendo un total de 167.

Toscana ademais é coñecida polas súas paisaxes e o seu legado artístico. Seis localidades da Toscana están declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: O centro histórico de Florencia en 1982, o centro histórico de Siena en 1995, a Praza da Catedral de Pisa en 1987, o centro histórico de San Gimignano en 1990, o centro histórico de Pienza en 1996 e o Val d'Orcia en 2004.

Venus Anadiómena

Venus Anadiómena ou "Venus saíndo do mar" é unha representación iconográfica da deusa Afrodita saíndo do mar feita famosa polo pintor Apeles. A representación orixinal de Apeles desapareceu pero se atopa descrita na Naturalis Historiæ de Plinio onde se menciona como anécdota que o pintor usou a Kampaspe, concubina de Alexandre Magno, coma a súa modelo. De acordo a Ateneo a idea de Venus saíndo do mar inspirouse en Friné, a cal durante os festivais Eleusinos e os dedicados a Poseidón nadaba espida libremente polo mar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.